POR CHANTADA presenta a súa candidatura ás municipais

_MG_5127-3

Por Chantada presentou o pasado sábado a lista coa que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio. Co nome de Por Chantada, esta candidatura cidadá ten como obxectivo asegurar un futuro próspero para Chantada e os seus habitantes.
Por Chantada preséntase aos comicios tratando de ser a opción da participación democrática cidadá, amosándose totalmente dispostos a recibir calquera tipo de axuda ou idea chegada desde a xente do común.
A presentación tivo lugar nas proximidades da Casa da Música de Chantada o pasado sábado pola tarde. Despois levouse a cabo unha xuntanza aberta na que se deu a coñecer o programa electoral e se contou coas propostas de todas as persoas que quixeron achegarse.

Nesa mesma xuntanza anunciouse a apertura dunha conta bancaria para, de maneira totalmente voluntaria e segundo as posibilidades de cadaquén, poder recadar fondos para sufragar os gastos da campaña. Do mesmo xeito, confirmouse a celebración de dous actos que terán lugar no casco urbano da vila durante o período de campaña antes da eleccións.
A candidatura está encabezada por Antón Fente Parada, un mozo chantadino licenciado en Filoloxía Galega. O seu nome é o primeiro dunha lista na que destaca a xuventude da inmensa maioría dos candidatos, que malia a complicada situación actual, na que o desemprego ou a marcha cara outros lugares por motivos laborais ou de estudo, decidiron implicarse politicamente. A súa meta principal é tratar de poñerlle fin a algúns dos principais problemas de Chantada, como o despoboamento ou a falta de traballo e oportunidades para a poboación máis nova.
A lista completa é a seguinte:
1. Antón Fente Parada
2. Nerea Noguerol Barrenetxea
3. Ilda Mera Bayón
4. Rafael Lobelle González
5. Sabela Susan López Guravich
6. Diego Rodríguez Ledo
7. Manuel Vázquez Fernández
8. Silvia González López
9. María Luz Fernández Rodríguez
10. Castor Fernández Rodríguez
11. José Ángel Eire Vázquez
12. Ma Teresa Álvarez Rodríguez
13. Xosé Álvarez Bugallo
Suplentes
1. Roberto Fiunte Lobelle

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s