A agrupación Por Chantada levará a cabo o seu acto central con motivo da campaña electoral para as eleccións municipais do 24 de maio. Dito acto terá lugar o vindeiro sábado ás nove da noite na chantadina Praza do Cantón, praticamente 70 anos despois no mitin de Castelao na mesma con motivo da campaña do Estatuto de autonomía.
Coa mesma ilusión e coa mesma aposta pola unidade popular desenvolve a súa campaña en positivo Por Chantada. O evento será distinto ao habitual nas formacións políticas. A comezar porque vai desenvolverse nun espazo público e emblemático da vila.
Estará presentado por Ildefonso Piñeiro Díaz, actual voceiro nacionalista no Concello de Chantada. A continuación, intervirán membros da candidatura e disporase de micro aberto para que todas aquelas persoas que o desexen podan intervir. Finalmente, intervirá o candidato á alcaldía Antón Fente Parada.