Traballar a terra

IMG_20150516_220311

Hoxe tocou despedir a campaña de Por Chantada. Fixémolo coa mesma ilusión que guiou toda a nosa campaña. Coa satisfacción de transmitir unha mensaxe de esperanza e de futuro, unha mensaxe en positivo con propostas para o aquí e o agora, mais tamén unha mensaxe contundente contra os voceiros do medo e da austeridade.

O acto final de campaña transcorreu entre poesía, risos e confianza no porvir, un porvir que só conquistaremos sumando vontades e construíndo poder popular. Xabier, Xaquín e Rafael léronnos poemas propios e alleos, algúns deles inxustamente esquecidos e redixidos por chantadinas e chantadinos. Outros que rescatou Xavier dos programas das festas dos anos sesenta e setenta. “Traballar a terra” recollía un deses poemas. Iso é o que faremos a partir do domingo da man das veciñas e dos veciños.

Rematamos co que nunca nos van poder furtar: o sorriso, a mirada limpa e clara e a confianza en que o ciclo político do medo e da austeridade comezou un imparábel devalo. O futuro é noso, das xentes humildes e abnegadas que fan país e debuxan nos illós da cobiza os laños polos que transita a liberdade e a construción dun futuro máis xusto e humano para tod@s. Traballemos, pois, a terra xuntos.

Adiante Chantada e a ilusión da súa xente!

Adiante a unidade popular!

Por Chantada!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s