Datos financeiros do concello de Chantada nas pasadas lexislaturas segundo o Consello de Contas

logorecorte
Segundo este informe a débeda do Concello de Chantada referida ao ano 2013 (último ano fiscalizado) é de :
1.- Acreedores a longo plazo: 3.951.568.09 euros
Débeda a longo prazo con entidades financeiras e con outras entidades (públicas ou privadas):
1.1- Débedas con entidades de crédito: 1.483.136,81 euros
1.2.- Outras débedas: 2.465.931.28 euros

Acredores a longo prazo: débedas contraídas con terceiros cuxo prazo de exixibilidade é superior a un ano.
2.- Acredores a curto prazo (facturas e outras): 1.773.924,02 euros

Acredores a curto prazo: débedas contraídas con terceiros, cuxo prazo de exixibilidade é inferior a un ano.
TOTAL DÉBEDA: 5.725.492 EUROS

 

COMENTARIOS:
Cando INTA chegou ao goberno tiña unha débeda de 4.1 millóns, a que atopou, a famosa “herdanza”. Segundo as súas propias contas aumentouna en máis de 1.5 millóns de euros, lonxe de “sanear” as contas empeorounas a medio-longo prazo.
Esta conta preséntase no Consello de Contas de Galiza o 14 de outubro de 2014. Son as contas referidas ao ano 2013.
Hai que ter en conta que no ano 2012 se pide un crédito para facer fronte a débedas adquiridas en anos anteriores (2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011), do que xa falamos no correspondente “Informe do Grupo de Traballo institucional de Por Chantada-CUP sobre o estado das contas nas lexislaturas pasadas”.
A débeda a longo prazo (aos bancos) está incluída nesta dación de contas, e suman eses cáseque catro millóns de euros, lóxico, se se pide un crédito aumenta este concepto. Por outra banda, se a débeda a curto prazo (facturas) se paga no 2012 e quedan a cero, un ano posterior, é dicir 2012 – 2013, a xestión de INTA adquiriu débedas en facturas por valor de 1.773.924 euros.
Finalmente, subliñar que estes datos non son afirmacións de Por Chantada, senón que son datos publicados polo Consello de Contas a partir das propias contas emitidas polo Concello de Chantada. En consecuencia, estes datos son dificilmente refutábeis cando son contas rendidas polo propio concello. Outra cousa é se a súa veracidade é completa, xa que nos consta que foi e é norma en moitos concellos facer orzamentos onde hai ingresos inexistentes e diversas irregularidades.

 

FONTES:

Datos da conta xeral correspondente ao ano 2013:
http://www.rendiciondecuentas.es/VisualizadorPortalCiudadano/VisualizadorEstadosPortal.jsp

Datos da conta exercio 2012: http://www.rendiciondecuentas.es/VisualizadorPortalCiudadano/VisualizadorEstadosPortal.jsp

Datos da conta exercicio 2013: http://www.rendiciondecuentas.es/VisualizadorPortalCiudadano/VisualizadorEstadosPortal.jsp

Información censal 2014: http://www.rendiciondecuentas.es/es/consultadeentidadesycuentas/buscarEntidades/consultarEntidad.html En 2014 o concello de Chantada non rendeu contas.

2 comentarios en “Datos financeiros do concello de Chantada nas pasadas lexislaturas segundo o Consello de Contas

  1. […] O alcalde deféndese dicindo que había chamadas para cobrar en 2011 e 2012 e que agora non chama ninguén. Raquel di que en 2007 a xente tamén chamaba. Varela di que se responsabiliza de 400.000€ dos 6.000.000 de débeda. Non hai por onde collelo. [Sobre o tema das débedas do Concello na primeira etapa de Manuel Varela no PP e a posterior débeda viva no goberno PSOE-BNG pódese consultar o seguinte informe de Por Chantada que desmente os dados do alcalde e tamén estoutro] […]

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s