INTA comeza a lexislatura cunha ilegalidade froito do desleixo e a improvisación

images

Por Chantada vese na obriga de facer público que a lexislatura comeza cunha ilegalidade froito do desleixo e da improvisación. En efecto, achamos que só o desleixo, a nugalla e a incompetencia poden explicar que o Concello leve coas piscinas exteriores abertas un mes, cobrándolle aos viciños e ás veciñas polo seu uso sen ter aprobado unha ordenanza que estipule as taxas.

Xa que logo, calquera cidadán pode negarse a realizar ese pagamento por en canto non se aproben os prezos públicos (ou até iniciar medidas legais polo cobro indebido). E aínda que en absoluto se trate de ir polas bravas, a alcaldía ten que asumir este erro maiúsculo e pórlle remedio mediante unha ordenanza en que se contemplen bonificacións para os grupos sociais máis desfavorecidos.

Parécenos un erro imperdoábel que o Goberno estexa cobrando por un servizo que non ten regulado nin estipulado publicamente, máxime cando o actual equipo de goberno debería ter a suficiente experiencia como para coñecer cando se abren as piscinas e como deben regularse.

Nos pasados días demos mostras do noso espírito colaborativo cunha proposta encamiñada a defender o noso rural, da que aínda non recibimos resposta dito sexa de paso, para evitar ter que facer unha moción e dada a urxencia e inminencia das mobilizacións. No entanto, ignorando propostas de sentido común e facendo gala da incompetencia o Goberno está pondo ao límite a paciencia de moitas e moitos cidadáns e, desde logo, demostra nos feitos que é contrario a calquera consenso e que seguen co piloto automático da vella política entre a nugalla, a xestión desastrosa, a desidia, a improvisación e, en suma, a incompetencia.

Desde o 3 de xullo, que envíamos a proposta, non recibimos nin sequera unha resposta indicando que se estudaría a  por parte da alcaldía de Chantada a mesma, o que nos parece unha falta de respecto xa non a nós e aos nosos votantes, senón ao conxunto dos nosos gandeiros e aos sectores afectados pola baixada do prezo do leite que, en Chantada, é a totalidade do escaso tecido económico que se mantén en pé.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s