Esta semana o centro da actualidade política local está nas mobilizacións do sector lácteo galego -cando xa é oficial que a produción medra no Estado español mentres descende en Galiza tal e como advertiamos recentemente (1)-; e, na condena a prisión e inhabilitación para cargo público do alcalde de Monterroso de INTA, recentemente elexido por maioría absoluta. No entanto, este luns día 13 de xullo haberá ás 20:00 horas un novo pleno coa seguinte orde do día: Orde do día pleno 17.
Como sempre, daremos cumprida información do acontecido e das posicións defendidas polo Grupo Municipal Por Chantada-CUP. Aprobeitamos para lembrarvos que podedes facernos chegar calquera cuestión a través do formulario de contacto que temos nesta web ou por medio das Xuntanzas Abertas de cuxa celebración damos conta na páxina do Facebook.
[…] Nota previa: Como xa indicamos no anterior pleno o noso concelleiro, Antom Fente, sofre problemas de saúde e encóntrase recibindo rehabilitación. Por este motivo chegou ás 20:30 horas ao pleno, encontrándose este xa no punto número 8 (aínda que comezara ás 20 horas). [A orde do día pode consultarse aquí] […]
GústameGústame