Informe-guía do Grupo de Traballo de Acción Institucional de Por Chantada-CUP sobre os orzamentos vixentes

Nota previa: Este informe é unha continuación dos “MATERIAS FORMATIVOS DO GRUPO DE TRABALLO INSTITUCIONAL DE POR CHANTADA-CUP: O ORZAMENTO MUNICIPAL” publicado en 11 de xullo de 2015 no noso site: https://porchantada.wordpress.com/

Por Chantada - Participación Democrática Directa

Contidos do informe:

1.- Introdución: como ler os orzamentos

2.- Os orzamentos actuais por conceptos

3.- Comparativa de inversións entre os orzamentos actuais e os orzamentos de lexislaturas pasadas

1.- Introdución

Á hora de elaborar uns orzamentos a equipa de Goberno ten que observar a lexislación vixente, nomeadamente a Lei de Bases do Réxime Local e a Lei de Facenda Local.
Cando un Goberno apresenta uns orzamentos debemos ter en consideración que estes proporcionan información sobre tres cuestións, ao noso xuízo, básicas: o volume total dos recursos que xestiona esa administración, como obtén eses fondos e como prioriza o gasto público (en teoría vector diferencial entre a esquerda e a dereita).
No concello de Chantada os orzamentos vixentes son os do ano 2014, que se prorrogaron para o ano 2015. Manuel Lorenzo Varela de INTA anunciou en Televinte que contempla aprobar os novos orzamentos no mes de outubro –coa comodidade de ter maioría absoluta aínda sendo a minoría maioritaria–.

Os ingresos do concellos proceden de 4 fontes, fundamentalmente:

a.- Impostos
b.- Transferencias do Estado, da Xunta, da Deputación ou doutros organismos (XDR, FEDER, UE…).
c.- Venda de bens (se ben é discutíbel até onde isto é un ingreso ou unha merma do patrimonio público, etc.)
d.- Débeda (que é un ingreso e ao tempo un gasto a medio-longo prazo).

2.- Os orzamentos por conceptos

Liquidación do ano anterior: trátase dun informe que contén a información de cal foi o importe dos recursos (ingresos) obtidos nun ano, de onde proceden eses ingresos [liquidación do estado de ingresos], en que foron gastados eses ingresos (servizo) e por quen foron gastados (concellaría) [liquidación do estado de gastos].

Ingresos: a previsión de fondos que vai ter o concello. Aquí é onde se xoga tamén coas “previsións” para inflar os ingresos o que logo se traduce en déficit e débeda. Moitas veces os concellos non orzamentan sobre a realidade (o que se recada) senón sobre “previsións” que moitas veces se sabe xa no momento en que se fan os orzamentos que non se van cumprir aínda que entre dentro do “previsíbel” legalmente. Con isto faise “enxeñaría financeira”.

A.- Impostos directos:

IBI (Imposto de Bens Inmóbeis) ou popularmente coñecido como “a contribución“. O que cada cidadán paga pola súa vivenda e outras edificacións sexan de natureza urbana ou rural. A liquidación de 2013 este concepto era de 1.371.955€ de natureza urbana e 25.698€ de rural. O “catastrazo” deste 2015 previsibelmente fará aumentar as de natureza rural, ao igual que no Plano de axuste para o pago a provedores o Goberno central aproveitou para subir o IBI.
BICES (Bens Inmóbeis de Categorías Especiais) que se aplican a encoros, eólicos, etc.
IVTM (Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica) hai varios tramos segundo o modelo do carro e os anos do mesmo. A partir de 30 anos os carros non pagan IVTM e as persoas con discapacidade están exentas. A natureza deste imposto debe mudar radicalmente, aplicándose cunha maior progresividade segundo o valor do vehículo e cun sobrecargo segundo o que contamine.
IAE (Imposto de Actividades Económicas) un imposto que foi minguado polo Estado, xa que só o pagan as empresas que declaran ganancias superiores ao millón de euros, que son as menos dado a “enxeñaría financeira”. Chantada por este concepto recaudou só 182.840€.
Plusvalía. Imposto que se paga cando se efectúa unha compra-venda dun ben inmóbel. Pola liquidación recaudáronse 61.000€ por este concepto, aínda que en tempos se orzamentaba moito por este concepto conforme á borbulla inmobiliaria (e se producía tamén moito déficit aínda así porque Chantada non era Marbella).

B.- Impostos indirectos:
ICIO (Imposto de Construción, Instalación e Obras). É un imposto que se aplica a calquera obra que esixa licenza urbanística. Existen bonificacións para edificios con interese histórico-artístico e cultural, nomeadamente no que concerne ao casco histórico da vila.

C.- Taxas, prezos públicos e outros ingresos:

Abastecemento
Saneamento
Recollida do lixo
Recollida do lixo no rural (fíxose a ordenanza para xustificar unha subida de ingresos no Plano de axuste a provedores, mais aínda non se aplicou)
Tratamento de residuos
Licenzas urbanísticas (orzamentaron 7.500€ cando na liquidación se indica que só se recaudaron 1.000€)
Licenzas de apertura de estabelecimentos
Cédulas de primeira ocupación de vivendas
Expedición de documentos
Actividades deportivas
Vaos (ordenanza antiga sen revisar)
Apertura de calas e zanxas
Ocupación de vía pública (terrazas, guindastres)
Pola utilización privativa do dominio público (Fora unha proposta na pasada lexislatura do Grupo Nacionalista para cobrar a bancos, eléctricas, etc. Está sen facer a ordenanza aínda cando se orzamentan cartos por este concepto!)
Servizos asistenciais. Axuda no fogar.
Multas e sancións (orzamentan case 20.000€ por ese concepto, evidentemente nunca se recaudou esa cantidade).

D.- Transferencias correntes

Ingresos que se reciben doutras administracións –que recadan tamén impostos dos nosos cidadáns como o IVE por exemplo–. A lei fixa unha cantidades fixas que dependen da poboación, polo que a desertización demográfica alimenta un círculo vicioso (moito pero cando se conta con pésimos xestores do público) cando na Galiza interior a dispersión, a emigración da mocidade e o envellecemento recomendan xustamente todo o contrario e un plano de inversións para mudar de modelo produtivo, reforzar o tecido produtivo e fixar poboación.
Estado español: 1.631.093€
Xunta de Galiza: 623.035€
Deputación de Lugo: 24.380€
Outros: 25.000€
TOTAL TRANSFERENCIAS: 2.303.508

E.- Ingresos patrimoniais

Recursos derivados da xestión do patrimonio municipal, concesións administrativas, xuros de contas en entidades bancarias, etc.

F.- Alienación de bens

Ingresos pola venda de patrimonio municipal (polo que se perde patrimonio, aínda que se ingrese temporalmente unha cantidade económica).

G.- Inversións

Habitualmente considérase o capítulo máis político dos orzamentos, xa que recolle o que se espera recadar en investimentos doutras administracións (alén transferencias); o grado de cumprimento do programa electoral e das promesas do Goberno, etc.

H.- Remanente doutros exercicios

I.- Ingresos por operacións de crédito

 

3.- Comparativa de inversións (G)

Xunta de Galiza durante a pasada lexislatura de INTA (anos 2011-2013): tres convenios por valor de 140.430€1.
Xunta de Galiza durante a lexislatura 2007-2011 (PSOE-BNG): 19 convenios de colaboración.

Deputación de Lugo anos 2011-2013 (INTA) a través do Plano de Obras e Servizos (POS) da Deputación de Lugo:
2011: Renovación e mellora de espazos públicos da rúa Caixa de Aforros.
2012: Renovación de redes de augas e saneamento no Grupo Bo Xesús e Centulle.

Deputación de Lugo 2007-2011 (PSOE-BNG): alén da débeda do canon (que quedou nuns 5 millóns de obras en inversións), obtívose a ampliación do polígono industrial (por volta de 3 millóns de euros) e o asfaltado de rúas en Chantada e polo POS resultando en máis de 10 millóns de euros (a maior captación de investimentos da historia dos gobernos locais).

Estado español:
2011-2012: 0€
2007-2011: reforma da estrada Lugo-Ourense, incluíndo os arranxos do paseo fluvial pola concesión da competencia desa estrada para o Concello: 1,5 millóns de euros.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s