EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O SERGAS obriga a pediatras do Hospital de Lugo e Vigo a desprazarse ao Hospital de Monforte a cubrir xornadas de varios días no servizo de pediatría, principalmente as gardas da fin de semana.
Neste momento, hai tres prazas de pediatría no Hospital e unha máis a media xornada. A de media xornada é por redución de xornada para a atención das fillas e dos fillos, situación que durará varios anos; outra a xornada de completa acaba de coller unha baixa; as dúas restantes a xornada completa encóntranse unha cuberta e outra está en Lugo, ainda figurando como contratada polo Hospital de Monforte (lembramos que a xerencia se encontra agora en Lugo, desde onde se toman as decisións de toda a área sanitaria).
Esta situación é a que obriga a reforzar con pediatras, que se trasladan desde Vigou ou Lugo para as gardas. No entanto, a maior parte do tempo todo o sur de Lugo só conta cunha praza e media en pediatría en Monforte e é totalmente inxusto que os recortes se ceben nunha área xa de por si deprimida e cada vez máis dependente de centros de decisións alleos ás nosas necesidades.
A lóxica e o cumprimento da lei, no senso de minimizar os riscos laborais e primar o interese sanitario (e, neste caso, tamén económico, pois aforraríanse cartos) debería levar á contratación dun/dunha pediatra para o Hospital de Monforte a tempo completo, eliminando a peregrinación de pediatras desde Vigo e/ou Lugo como acontece na actualidade.
Por todo iso, proponse o seguinte ACORDO
O Concello de Chantada demanda da Xunta de Galiza que se cubra de xeito estábel a tempo completo a cuarta praza de pediatría no Hospital de Monforte.
Chantada, 31 de xullo de 2014.
Asdo.: Antón Fente Parada, portavoz do Grupo Municipal Por Chantada–CUP
[…] Consulta a moción aquí […]
GústameGústame
[…] caso de Chantada elevamos mocións para defender tanto o hospital comarcal como o centro de saúde da vila do Asma. Em ambos casos foron aprobadas por unanimidade, aínda que […]
GústameGústame
[…] di que outra moción, xa en setembro de 2015, para defender o servizo de pediatría en Monforte, que xa arrastra importantes eivas como para agora derivarlle Chantada en canto se nos priva do […]
GústameGústame
[…] Chove sobre mollado, con continuos problemas desde, cando menos, o inverno de 2016. Isto trouxo consigo, en 2017 unha intensa mobilización popular xuntou máis de 4.000 sinaturas, nun Concello de pouco máis de 8.000 habitantes, para exixir unha cobertura sanitaria digna para os nosos menores. A resposta do SERGAS, perante a mobilización social, foi anunciar a cobertura do servizo de pediatría en Chantada por dous días á semana, durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2017. Estes días cubríronse por unha das persoas profesionais de pediatría do Hospital de Monforte: vestir un santo para desvestir outro, cando a comarca de Lemos xa é habitualmente deficitaria en atención pediátrica como vimos sinalando des…. […]
GústameGústame