A candidatura de unidade popular Por Chantada solicita ao Goberno municipal que informe aos estabelecementos de hostelaría das axudas para adecentamento das terrazas.
O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, do que o noso concello forma parte, dispón dunha partida de 100.000€ para subvencionar aqueles estabelecementos de hostalaría que aposten por uniformizar as súas terrazas, de acordo cunha estratexia que procura dar un pulo ao turismo local.
As mesas e as terrazas deberán reunir unha serie de requisitos, como non teren publicidade nin ser de plástico no caso das mesas, ser téxtiles e dunha soa cor (preferentemente burdeos) no caso dos tornasois, etc. Tamén se bonifican os rótulos comerciais, papeleiras, macetas e outros elementos ornamentais en consonancia co mobiliario escollido.
En consonancia, solicitamos:
1.- Que o concello informe a través da súa páxina web destas axudas e mesmo que outorgue asesoramento a aqueles cidadáns interesados nas mesmas.
2.- Que o concello complemente estas axudas subvencionando a rotulación en galego até un máximo de 3.000€ por estabelecemento.
3.- Que o concello bonifique a partir de 2016 as taxas das terrazas daqueles estabelecementos que se acollan a estas reformas para dar un maior impulso ao turismo.
4.- Que o Goberno manteña unha xuntanza coa asociación de hostaleiros para informar destas axudas así como das axudas específicas do concello para o ano 2016, a orzamentar nos vindouros orzamentos.
5.- Que se revisen as taxas das terrazas para axeitalas á conxuntura económica adversa do presente.
[…] harmonizar as terrazas e elementos exteriores dos estabelecimentos comerciais da Ribeira Sacra. Xa o 22 de setembro desde a CUP de Chantada enviamos unha solicitude ao Goberno. A reunión co sector que solicitabamos, entre outras cuestións, aínda se celebrou a semana […]
GústameGústame
[…] día 22 de setembro envíamoslle unha solicitude a este Goberno informando das susoditas axudas e, entre outras cousas, propondo axudas complementarías para o conxunto da hostalaría e unha […]
GústameGústame
[…] día 22 de setembro envíamoslle unha solicitude a este Goberno informando das susoditas axudas e, entre outras cousas, propondo axudas complementarías para o conxunto da hostalaría e unha […]
GústameGústame