A moción presentarase para o seu debate no pleno ordinario de novembro. Descarga a moción en pdf: Moción para declarar a Chantada concello libre de circo con animais
Nos últimos tempos son moitos os concellos que se teñen declarado libres do circo con animais, do mesmo xeito que no comezo do século pasado as lexislacións foron limitando os circos que contaban con seres humanos presentados como “exóticos”. As sociedades evolucionan e os dereitos dos animais preocupan cada vez a máis persoas nas diversas sociedades, tanto que nas recentes eleccións lusas un partidos animalista atinxiu un deputado pola circunscrición de Lisboa.
Hai máis que suficiente lexislación para soster e dar firmeza a esta moción e agardamos pode suscitar a unanimidade do pleno cun acordo moi simple e sinxelo de aplicar. Podemos comezar pola
Declaración Universal dos Dereitos do Animal de 1978 que recolle no seu artigo 4º que «todo animal pertencente a unha especie salvaxe ten dereito a vivir libre no seu propio ambiente natural, terrestre, aéreo ou acuático e a reproducirse» e que «toda privación de liberdade, até aquela que teña fins educativos, é contraria a este dereito». No artigo 10 recóllese que «ningún animal debe ser explotado para esparcemento do home» e «as exhibicións de animais e os espectáculos que se sirvan de animais son incompatíbeis coa dignidade do animal».
A regulación 1739/2005 regula o movemento dos circos con animais entre os estados membros da UE co gallo de uniformizar as normativas entre os estados da unión e aplícase a animais cuxo propósito primario sexa a exhibición pública e o entremento, sendo as especies protexidas os mamíferos (incluídos os morcegos), as aves, abellas, salmóns e troitas… Mais apenas regula o transporte legal dos animais. Xa que logo, para o resto debemos fixarnos na lexislación de cada estado e, no noso caso, na do Estado español.
No Reino de España cáseque non existe lexislación dedicada aos circos. En data tan serodia como agosto de 2009 o Ministerio de Ambiente e Medio Rural e Mariño manifestou o seu interese por aplicar a Lei de Conservación da Fauna Silvestre en zoolóxicos e circos do territorio estatal. No entanto, existen algunhas regulacións a nivel autonómico ou leis do Estado que tocan tanxencialmente os circos:
a.- Instrumento de Adhesión do Estado español do 16 de maio de 1986 á Convención de 3 de marzo de 1973 sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestre (CITES), feito en Washington o 3 de marzo de 1973 (BOE núm. 181, de 30 de xullo de 1986).
b.- Real Decreto 1430/1992, de 27 de novembro, polo que se estabelecen os principios reitores da organización de controis veterinarios e de indentidade dos animais que se insiran na comunidade procedentes doutros estados (BOE 16 de xaneiro de 1993).
c.- Real Decreto 1739/1997, de 20 de novembro, sobre medidas de aplicación do Convenio sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas da Fauna e da Flora Silvestre (CITES), feito en Washintong o 3 de marzo de 1973, e do Regulamento CE 338/97 do Consello, de 9 de decembro de 1996, relativo á protección de especies da fauna e flora silvestres mediante o control do seu comercio. (BOE 28 de novembro de 1997).
d.- Resolución do 5 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Comercio Exterior, pola que se designan os Centros e Unidades de Asistencia Técnica e Inspección de Comercio Exterior (SOIVRE) habilitados para a emisión dos permisos e certificados contemplados no Regulamento CE 338/1997 do Consello, do 9 de decembro de 1996, relativo á protección de especies de fauna e flora silvestres mediante o control do seu comercio, e estabelécese o modelo de «documento de inspección de especies protexidas» (BOE 16 de maio de 1998).
e.- Real Decreto 1333/2006, de 21 de novembro, polo que se regula o destino dos especímenes decomisados das especies amieazadas da fauna e da flora silvestres protexidas mediante o control do seu comercio (BOE núm. 296, do 30 de novembro de 2006.
f.- Lei 32/2007, de 7 de novembro, para o coidado dos animais, na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio (BOE núm. 268, do 8 de novembro de 2007.
Se analizamos todas estas disposicións chegamos á conclusión de que o máis eficaz, barato e ético para un concello como o de Chantada é declararnos como territorio libre do circo con animais. Por exemplo, a convención CITES regula o comercio de especies en risco de extinción para deter a caza furtiva e o expolio da biodiversidade. Até o de agora foi ratificado por 175 estados e ao ser vinculante obrigaría a solicitar do circo o certificado CITES de compra-venda segundo os estándares legais de cada unha das especies protexidas.
De non telo algún animal obrigaría a súa confiscación e reinserción axeitada. Tendo en conta que unha denuncia cidadá mantén desde antes do verán os canís de Chantada clausurados por non axeitarse á normativa legal vixente sería arriscado continuar expóndonos a contar co circo con animais cando non damos respondido eficazmente nin sequera á irrupción de animais domésticos abandonados.
Iso sen deternos nas consecuencias para os animais: climas inaxeitados, longos períodos de transporte en condicións precarias xunto a estancias curtas, sedantes e medicacións sen supervisión axeitada, manexo moitas veces por persoal non cualificado e inexperto… que confiren unha existencia lamentábel aos animais cuxa vida se encadea aos espectáculos circenses.
Outro hándicap é que supoñen un risco e un perigo público pola proximidade ao perímetro urbano. En L’Escala (Girona) un elefante escapouse sementando o caos no caos urbano en datas recentes e en Galiza hai uns anos fora unha serpe de descomunais dimensións que xerou unha inaudita alarma social. Nin que dicir ten que un concello das nosas dimensións non conta coas ferramentas para confrontar unha eventualidade deste teor, polo que o bo senso obríganos a que prime o principio da cautela e prescindir deste tipo de espectáculos.
ACORDO:
1.- O Concello de Chantada declárase como entidade local libre de circo con animais e, en consecuencia, reformará as ordenanzas existentes que podan colidir con este acordo plenario.
2.- O Concello de Chantada elaborará unha ordenanza específica sobre benestar animal, responsabilidade dos donos dos animais domésticos e de sancións ante o maltrato animal.
3.- A ordenanza do punto anterior contará con mecanismos para que a cidadanía e os movementos sociais podan facer achegas e ofrecer os seus puntos de vista.
[…] Chantada apresentará tres mocións, que xa foron publicadas na nosa páxina. A primeira é unha moción para declarar a Chantada concello libre de circo con animais, que foi unha proposta que nos fixeron chegar numerosos cidadáns para incluír no noso programa […]
GústameGústame
[…] Para leres a moción preme aquí ou descárgaa aquí: MOCIÓN PCh-CUP CONCELLO LIBRE CIRCO ANIMAIS. […]
GústameGústame
[…] Solicitamos que o Goberno actúe cos medios ao seu alcance e que publique un bando advertindo á poboación de que non existen evidencias científicas de que o xofre evite as miccións dos animais, así como das sancións ás que se expón quen empregue estas substancias ilegalmente, pondo en perido a saúde pública. De igual xeito, animamos ao Goberno a sumarse a outros concellos para ter un servizo de recollida de animais eficaz e realizar campañas en casco urbano para comprobar que os animais domésticos teñan identificadores, estean en correctas condicións e os seus donos actúen responsabelmente cos mesmos. Para iso é imprescindíbel que o Goberno elabore unha ordenanza tal e como lle solicitamos en reiteradas ocasións, a última a través da moción para evitar o uso de animais no circo en Chantada. […]
GústameGústame
[…] comeza lembrando que Inta votou en contra dunha moción da CUP porque consideraba que o circo era “educativo”, mais dúas educadoras do PSOE que […]
GústameGústame