Acta da comisión informativa de facenda do 31 de agosto
Convocatoria sesión extraordinaria
Acta da Xunta de Goberno correspondente ao 01.09.2015
Intervención do portavoz de Por Chantada-CUP en formato pdf: Informe sobre as contas do concello de Chantada de 2014
O PP abtívose porque, segundo Javier Medela, non estaban naquela altura na corporación e non se pronuncian en consecuencia sobre as contas.
O PSOE felicita a Por Chantada-CUP pola intervención. Súmase á queixa de que non se contestaran as pregunas. Votaron en contra dos orzamentos e vontan en contra da liquidación. O concello só gasta en débeda cos bancos e en gastos de persoal e manipúlase o plano de axuste (apoiado no seu día por todos os grupos que estaban no concello). Non se cumpre co plano de axuste. Raquel pregúntase para que aprobaron o plan de axuste [tanto INTA, como o PSOE, como o PP votaron a favor] se nin se determina o custe dos servizos públicos e se Chantada está entre os concellos con máis morosidade do Estado, tal e como recolle o Faro de Vigo.
Desde a CUP corroboramos esa morosidade, que xa levamos ao pleno ordinario de xuño, saíndo o dato no mes de maio en La Voz de Galicia.
Varela di que é complicado e que Fente (CUP) se equivoca ao facer números, que o 2014 non lle afectou en nada (sic.) e que non ten sentido falar da débeda do pasado [mas si das “herdanzas”]. En 2, 3 ou 4 anos pode amortizarse moita débeda remetando con ela na lexislatura presente [os propios cálculos da intervención son radicalmente diferentes e falan de máis dunha década].
O interventor “asiste” ao Goberno dicindo que en seguida entraremos no período de 30 días [o máximo legal permitido] para o pago a provedores. Di tamén que o plano de axuste é froito da coxuntura e que era para cumprir o expediente moito do que nel se recolle (sic.). Como funcionario opina que no 2014 se axusta á realidade, e que agora se pode axustar o IBI á realidade [estámolo vendo no “catastrazo” o que entenden por “realidade”] e control do gasto [o gasto en persoal en 2015 vai superar novamente o 40% do ingreso]. Engade que está a disposición dos concelleiros para darlles información [aínda que segue sen contestar a preguntas formuladas en pleno e rexistradas en acta, incumprindo as disposicións legais vixentes e sen abertura de expediente por parte do alcalde].
A tesoureira di que é un plan de acuste acumulativo en relación ao ano anterior (2013). a anulación que se fixo foi maior en 2012 e 2013 que en 2014.
Raquel (PSOE) pide datas para os orzamentos que di o Goberno que vai presentar en outubro [a día 29/10/2015 aínda non nos fixeron chegar nada polo que é previsíbel que se retrasen e se pretendan aprobar antes de xaneiro sen participación nin o debido rigor na súa confección].
O interventor di que a armazón dos orzamentos xa está feita.
Varela di que se desmenuzará previamente cos portavoces.
A favor da conta xeral de 2014: INTA (7)
En contra da conta xeral de 2014: CUP (1) e PSOE (3)
Abstención: PP (2).
[…] sobre o seguimento do Plano de axuste no 3º trimestre: PLAN AXUSTE 3T2015 Non imos redundar no que xa lle expuxemos no pleno sobre a conta xeral de 2014. O informe da intervención segue laiándose da falta de medios sen facer ningunha proposta e, por […]
GústameGústame
[…] No novo orzamento de 2016 debullado por partidas vemos como a partida orzamentar 221.00 se corresponde sempre con Servizos de telecomunicación. Esta aplicación pode encontrarse en dúas áreas a Administración xeral de cultura (330) con 3.500€ e a Administración xeral con 20.000€. Así, para 2016 contémplase gastar 23.500€ en “servizos de telecomunicación” fronte aos 24.716’46€ que se gastaron realmente no ano de 2014, segundo a liquidación do exercicio aprovada no mes de outubro de 2015 en sesión plenaria e da que demos conta no seu día. […]
GústameGústame