Resumo do pleno extraordinario correspondente ao 7 de decembro de 2015

Por Chantada-CUP
Por Chantada-CUP

 

Hoxe, ás 20 horas, celebrouse un pleno extraordinario cun único punto na orde do día: Aprobación provisional da modificación puntual para a delimitación dos núcleos de Santo Estevo e A Portada, parroquia de San Salvador de Asma (vid. o doc. proposta modificación puntual plan xeral).

Abre o pleno o secretario Baños facendo referencia a que hai unha cuestión previa ao debate que é rafiticar a urxencia e logo o debate. Apróbase por unanimidade a urxencia.

DEBATE

  • Manuel Varela di que se trata de dúas modificacións puntuais en A Portada e Santo Estevo, dunha banda, e Esmoriz, pola outra. O pleno xa se ía facer o venres, non pudo facerse porque faltaba, no caso de Esmoriz, informes de Patrimonio e mais porque a Confederación Hidrográfica pídelle ao concello ratificar un asunto que, en opinión do concello e así llo fixo saber, depende da propia Condederación. Por estas razóns o pleno faise o luns e lamenta estropear a ponte, pois é un asunto de importancia porque leva desde 2012 en problemas, sendo imprescindíbel adatar o Pleno Xeral e, aínda así, pode ter que ir a contecioso. De aquí para a Xunta que aproba definitivamente.

Desde a Candidatura de Unidade Popular comezouse cunha cuestión de procedemento.  O 27 de novembro sae no xornal El Progreso unha nova en que se di que se aproba un informe de urxencia para evitar derribo tendo o concello que aprobar un pleno extraordinario, ou sexa enterámonos do pleno pola prensa e logo de dirixirno ao tenente alcalde acláresenos que edificación é mais non se nos indica que haberá sesión plenaria o día 7 de decembro cando desde o marte xa o sabiamos por outras fontes. É grave que existindo un procedemento para a ameaza de derribo a unha casa se opte por non tratar esta cuestión procuranco a máxima colaboración entre os grupos polo ben da veciña afectada.

Aínda no caso de que estivesen á espera de incorporar algún outro asunto na orde do día, como xa referido caso de Esmoriz, o normal sería ter comunciado mediante enderezo electrónico, que non custa nada, a posibilidade de que houbera pleno o día 7. Convocándonos o día 4 privaron a oposición de consultar o expediente ou deixáronlle un tempo axustadísimo.

A documentación remitida é un folio polas dúas caras, cando o Expediente 315/002/12 de <<Modificación puntual do PXOU en Chantada para a delimitación de núcleos rurais de A Portada e Santo Estevo>> pasou polo pleno o día 2 de febreiro deste ano (sen que se nos remitise acordo plenario nin ningún informe técnico da secretaría ou do arquitecto municipal) e foron asinados por última vez desde a alcaldía o 30 de setembro de 2015.

A teimosía en tourear a oposición dificulta o noso labor e vai en detrimento de vostedes propios -aínda que pensen o contrario- pois aínda hoxe ao consultar o expediente sobre a limpeza dos centros escolares encontramos algúns elementos mellorábeis e así llos fixemos saber á secretaría. Estamos aquí para axudar ás veciñas e aos veciños e se non se nos deixa… [Neste punto Varela interrompe por primeira vez solicitando que nos cinxamos ao punto en cuestión].

Retomamos a quenda de intervención solicitando que nos casos que están nunha situación semellante de denuncia pola APLU se procede a facernos chegar a información e a documentación en tempo e forma e que non pase o mesmo cos orzamentos agardando que se nos conceda polo menos un mes para estudar  a proposta [ao final do pleno díxosenos que o venres ou o sábado teremos unha primeira xuntanza e que contan aprobalos antes de rematar o ano]. Mais xa que tivemos que vir até aquí podemos aprobeitar para debater sobre urbanismo e para reclamar que se cumpran os acordos adoptados polo pleno.

Aquí aprobouse unha enmenda en defensa do sector lácteo do grupo socialista cunha enmenda nosa para crear unha comisión e estamos aínda á espera cando en Galiza fechan 80 explotacións ao mes e a Chantada vaille a vida… [volve interrompérsenos solicitando que nons cinxamos ao punto a tratar] léolle a enmenda: <<Que se forme unha comusión específica, plujral e aberta dedicada á defensa do noso tecido produtivo con contactos con produtores, cooperativas, sindicatos e organizacións agrarias aos que deberá apoiar nas súas demandas>>. Claro que como se vai convocar esta comisión se, como lembramos no pasado pleno, está sen convocar a que en 2014 se aprobara para estudar vías de futuro para Frilusa. Como seguimos á espera da participación cidadá que todos os grupos celebraron en Televinte.

Hoxe ocúpanos un caso que é como pisar un angazo e que nos bata nos dentes. E éo porque seguimos cun PXOU aprobado o 29 de xullo de 1985, hai trinta anos. En trinta anos, que se di pronto, vostede foi alcalde entre 1995 e 2003 e entre 2011 e 2015: 13 anos. Algo terá que ver con que sigamos sen un plano de urbanismo conforme os tempos. Aínda porriba a última proposta de reforma á que tivemos acceso revelaba que a empresa non pisara Chantada, canto leva cobrado esta empresa cando aínda recentemente figuraba unha factura que o concellos asumía o 10% dun novo pago por valor de 11.187’34€? Gustaríame que botasen as contas.

Ese plano impón un modelo de urbanismo caduco que concentra as zonas verdes no Sangoñedo e aposta polo modelo de cemento á esgalla para o resto. Non hai un proxecto político de humanización e racionalización do tránsito na vila e moito menso teñen un proxecto de urbanismo estratéxico incardinado na modernidade europea. E isto non é unha opinión é un feito constatábel, cales foron as últimas actuacións deste Goberno en materia de urbanismo? Crear unha zona verde ou unha praza diante da casa da música? Non, cementar que non adecentar e crear prazas de aparcamento cando hai aparcadoiros á esgalla pola zona. Levan pintando prazas de aparcadoiro a un ritmo frenético e maior do que se detecta nas cidades galegas e iso só fomenta o caos circulatorio, convindo os presentes en que non ten parangón con outras vilas cunha poboación maior.

[Volve interromperse ao portavoz da CUP para que se centre no punto]. Centrámonos lembrando como no pasado pleno falamos do mosteir do Convento cando é responsailidade do concello facer o Catálogo de Bens a Protexer. Ou lembrando como os dous exemplos de arquiterctura civil medieval que conservaba Chantada no século XX desapareceron ou están en estado ruinoso: a Torre de Arcos e a Torre de Eiriz. Por certo, esta última hoxe é a praza Sergio Vázquez Yebra, outro expoñente das elites conservadoras locais e da súa nefasta contribución para Chantada. Ou como se destrouzou a rúa Xoan XXIII, hipotecando 50 anos a concesión de aguga a Aquagest, empresa que é sinónimo de corrupción (o último caso o ex-alcalde de Ponteareas). De como no pasado pleno Javier Medela preguntou por unha subvención que se perdeu para a praza de Abastos, sendo un edificio ao que non se lle concede a importancia que ten para para a agricultura de proximidade. Tamén está a Praza de Santa Ana onde chegaron a converter a beirarrúa dun edificio ruinoso en prazas de aparcadoiro e a praza é un parking. Ou o Cantón cheo de choches, imaxínanse o mesmo na praza do Obradoiro?

Quremos ouvir os demais grupos, mais votaremos a favor deixando constancia de que o procedemento seguido polo Goberno non nos parece axeitado, que hai responsabilidade política concreta en que levemos décadas sen plan xeral e que estamos traballando en propostas e medidas para mellorar o tránsito e a racionalización da vila.

Javier Medela pide máis celeridade á hora de tramitar o expediente e apremiar ás adminsitracións. A exposición pública pasou por alto para moitos veciños. Pregunta se vai poder modificarse agora. Varela contesta que tivo que chamar el á Deputación e que non toda vez a Xunta proceda á aprobación definitiva. Medela pide, como a CUP, tirar das orellas á empresa redactora. Varela sinala que a modificación do plano xeral comezou no 93, que non se trata de buscar responsabilidades porque están repartidas: a Xunta, os cambios lexislativos… o que non é normal é que siga sen aprobar. Nin é normal o de Vigo. Nin o desta casa. Aos 6 anos de comezar a obra denuncia a APLU. En Vigo había edificios con orde de derribo desde hai moitos anos, mais é máis barato tirar unha casa que un edificio. Isto non e´serio, non o que fan os Gobernos do Estado. Aquí o urbanismo non dá diñeiro polo que era mellor dar outras atribucións e non esar con isto. A aprobación do Plano Xeral está a piques de chegar desde a Xunta de Galiza para estar en consonancia coa Lei do Solo, aínda que esta estase reformando novamente. Esperamos que todos queden como núcleos ruraisxa, aínda que quedan algúns do ano 1985. A tramitación temporal da modificación puntual é menor que a o plano xeral. Medela indicaque agora xa está catalogado o mosteiro.  Varela di que ninguén se acordou entón do mosteiro. Hai que quitar fianzas, mais está feita e dá pena estar con isto e que o concello non teña competencias. Fente lembra que o mosteiro xa aparece no expediente que estamos tratando xunto a outros bens de especial interese.

Raquel di que van votar a favor dados os informes. Pregunta por unha veciña que ten unha solicitude de modificación parcial no lugar de Cardavós [lugar da parroquia de Sabadelle]. Varela di que neste caso é mellor esperar porque vai chegar antes o Plano Xeral. Raquel pide, como no caso que nos ocupa, intentar as dúas cousas. Varela anuncia que vai ir á Dirección Xeral de Urbanismo para tramitar a súa aprobación inicial. O Plano Xeral dixeron que chegaría no que queda de ano e fará a xestión en persoa.

Intevén un veciño de Sabadelle e membro da asociación de veciños (en calidade de familiar da afectada de Cardavós) dicindo que é unha das casas máis antigas da parroquia [chamounos a atención que no pasado pleno non se deixase falar ao público e si desta volta].

Varela afirma que non é o mesmo o IBI rural que o urbano, sendo o rural máis cativo ao ir ao 0’40. Raquel di que agardarán entón. Varela retruca que esquera que non se alongue máis. No 94 cando chega ao concello xa se estaba tramitando e seguimos igual, estando a piques de aprobalo en 2001, mais colleunos a reforma da lei. 22 anos é triste, afirma. O de Esmoriz pódese salvar porque é unha casa que leva feita máis de 20 anos e foi unha pena que pasara a moratoria. Remata dando as grazas en nome dos propietarios e desexa unha boa ponte aos presentes.

2 comentarios en “Resumo do pleno extraordinario correspondente ao 7 de decembro de 2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s