As contas do concello II: o gasto telefónico

12729189_1129643640381306_6698104046186652847_n

En decembro do pasado ano inauguramos unha nova sección no site de Por Chantada que intitulamos “As contas do concello” e na que imos debullando diversos aspectos das contas públicas, en aras da transparencia e do coñecemento dos cidadáns. Coñecer as contas dos organismos públicos consideramos que é algo fundamental e, desde logo, coherente coa nosa aposta pola participación cidadá, a ética na política e a transparencia.

A primeira entrega dedicámoslla ao financiamento da prensa e irase actualizando periódicamente. Tamén  achegamos a documentación relativa ao Orzamento de 2016, contra o que apresentamos alegacións após votar negativamente no pleno (ver resumo do pleno aquí). Esta nova entrega céntrase no gasto telefónico do concello de Chantada.

 

Servizos de telecomunicacións (P.O. 221.00)
330.- Ad. xeral cultura 3.500€
920. Ad. xeral 20.000€
TOTAL ORZAMENTO 2016: 23.500€
TOTAL 2014 (Liquidación conta xeral)

24.716’46€

No novo orzamento de 2016 debullado por partidas vemos como a partida orzamentar 221.00 se corresponde sempre con Servizos de telecomunicación. Esta aplicación pode encontrarse en dúas áreas a Administración xeral de cultura (330) con 3.500€ e a Administración xeral con 20.000€. Así, para 2016 contémplase gastar 23.500€ en “servizos de telecomunicación” fronte aos 24.716’46€ que se gastaron realmente no ano de 2014, segundo a liquidación do exercicio aprovada no mes de outubro de 2015 en sesión plenaria e da que demos conta no seu día.

Outro mecanismo para fiscalizar o gasto real é o seguimento das relación de facturas aprobadas en Xunta de Goberno Local, cuxa acta se nos fai chegar desde a secretaría do concello de Chantada. Así, en 2015, na administración xeral figuran gastos telefónicos contraídos coa empresa R, a actual concesionaria, por valor dunha media mensual de por volta de 1.500€ (1476’58€ concretamente) para os meses de xuño, xullo e setembro (aos únicos que, polo de pronto tivemos acceso como deixamos constancia no ANEXO I).

Xa que logo, o concello de Chantada gasta máis de 1.000€ mensuais en teléfono. Concretamente, en 2014 superou os 2.000€ mensuais. Para este 2016  na Administración xeral orzaméntase unha cantidade que, vendo o volume das facturas, polo de pronto semella axustarse coa realidade alén do elevada que poda parecernos. O máis grave é que non podemos dicir o mesmo dos 3.500€ da área de cultura. No orzamento prorrogado para 2015 (o de  2014) contémplase unha P.O. semellante á referida e non nos consta en 2015 ningunha xustificación da mesma mediante facturas aprobadas no órgano correspondente.

ANEXO I

Mes

Cantidade

Xuño

1.437’73€

Xullo

1.455’87€

Agosto

1.515’81€

Setemnbro

1.496’9

TOTAL CUATRIMESTRE

5.906’33€

PROXECCIÓN 12 MESES (x3)

17.718’99€ (total orzamentado: 20.000€)

GASTO TOTAL 2014

24.716’46€ 

 

3 comentarios en “As contas do concello II: o gasto telefónico

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s