En Chantada o emprego público non cumpre coa equidade e a publicidade

Por Chantada-CUP

 

Novamente, desde Por Chantada vémonos na obriga de denunciar os procedementos de contratación dos concellos do sur de Lugo, neste caso novamente o de Chantada. Entre outras cousas, o concello de Chantada saca neste mes de febreiro 12 postos de traballo cunha mínima publicidade (desta vez iso si na web do concello) e outorgando só 5 días naturais de prazo para que as persoas con interese podan anotarse.

Desde a nosa formación consideramos que este procedemento para 12 postos de traballo de emprego público se caracterizan pola opacidade e un procedemento manifestamente mellorábel que nin beneficia a equidade e igualdade no acceso, nin a necesaria publicidade que estes postos de traballo precisan. Máximo en Chantada, onde un concello con vontade podería anunciar o emprego público en Televinte. No entanto, deliberadamente a vella política prefire a opacidade á transparencia porque é un aspecto fundamental para perpetuar o clientelismo e as vellas prácticas do caciquismo.

Desde Por Chantada-CUP, repetimos – as veces que faga falta – que calquera posto laboral no sector público debe guiarse polos criterios de mérito e igualdade, conforme ao artigo 23 daConstitución do Reino de España e  ao artigo 36 do Decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galiza, e que as présas aducidas normalmente para limitar os prazos e perpetuar a opacidade no procedemento son unha tapadeira e non se xustifican, como non se xustifica o uso e abuso do procedemento de contratación mediante contratos menores para adxudicar cartos públicos a dedo.

O artigo 91 da Lei 7/1985  dispón o seguinte:

1.- As Corporacións locais formarán publicamente a súa oferta de emprego, axustándose aos criterios fixados na normativa básica estatal.

2.- A selección de todo o persoal, sexa funcionario ou laboral, debe realizarse de acordo coa oferta de emprego público, mediante convocatoria pública e a través do sistema de concurso, oposición ou concurso-oposición libre nos que se garantan, en todo caso, os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

Para veres outras denuncias que temos feito sobre contratacións laborais:

Comunicado de Por Chantada sobre as bases que regulan a selección de seis prazas de peóns especialistas para traballos en eventos culturais (22/07/2016). No caso dos dez novos postos que se convocan agora para marzo as bases son mellores que as que denunciamos aquí no seu día. Por exemplo, especifícase a composición do xurado, que se trata de traballos na Feira do Viño, etc. Con todo, hai aspectos polémicos como que o graduado se puntúe con 2 puntos (3 a experiencia e 1 a lingua) e a entrevista con 3. O peor desde logo é outorgar só 5 días naturais e o mesmo no caso da praza de técnico de turismo ou na de socorrista.

Reiteramos, igualmente, que calquera persoa que o desexe pode apresentar alegacións dirixidas á alcaldía. No seu día explicamos como se poden facer e fixemos unha dirixida ao concello de Monterroso, sen prexuízo da vía contencioso-administrativa á que se pode recorrer con posterioridade:  https://porchantada.files.wordpress.com/2015/08/monterroso-s_d.pdf

Un comentario en “En Chantada o emprego público non cumpre coa equidade e a publicidade

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s