[Libro] Capitalismo e turismo en España. Do “miragre económico” á “grande crise”

Con Capitalismo y turismo en España. Del “milagro económico” a la “gran crisis” comezamos a artellar unha pequena sección de recursos que pomposamente denominamos “biblioteca”. Libros, reflexións ou documentais para pensar e construír unha cidadanía crítica.

Descarga aquí o libro en formato pdf aquí: Capitalismo y turismo en España

Preme en ler máis para veres unha reseña sobre o libro.

 

Documentado percurso polos derroteiros do capitalismo no Reino de España, desde a ditadura até as postrimerías da última crise financeira, onde se debullan as principais transformacións socioeconómicas que operaron no Reino desde o estourido da borbulla inmobiliaria até a chegada da crise.

Ivan Murray Mas, o seu autor, é profesor do departamento de Ciencias da Terra da Universidat de les Illes Balears, dando aulas de xeografía. Tamén é membro do GIST (Grupo de Investigación de Sostibilidade e Territorio). Nas súas liñas de investigación combina os enfoques da xeografía radical, a economía política e a ecoloxía política para un enfoque sistémico.

En Capitalismo y turismo de Murray Mas podemos observar as estratexias das clases dirixentes para solventar as contradicións do capital que desembocaron na crise: a devaluación interna mediante a acentuación do réxime de explotación e a precariedade laboral; a recomposición da riqueza social  mediante un proceso que Harvey denomina como acumulación por desposesión; e, por último, aínda que non menos importante, unha tentativa de recomposición da taxa decrecente de gaño -descrita xa no seu día por Marx- mediante unha nova ronda de explotación turística do espazo.

Para o autor, <<cualquiera proyecto transformador debería incorporar la ruptura con el modelo turístico-inmobiliario que ha marcado el devenir del capitalismo español desde la dictadura>>.

 

Boa leitura

Un comentario en “[Libro] Capitalismo e turismo en España. Do “miragre económico” á “grande crise”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s