As contas do concello (III): canto gasta o concello de Chantada en festas?

Como acaba de facer público EuropaPress o concello de Chantada é un dos concellos galegos que máis gasta en festas, en proporción ao seu orzamento. E iso que os datos que oferece EuropaPress son de trazo groso  sen teren en conta que hai gastos no Orzamento de 2014 ou de 2016 que, vinculándose a festexos, non figuran na partida orzamentar específica de festas. Así pois, desde Por Chantada pareceunos atinado aclarar, na medida do posíbel, canto gasta o concello de Chantada por este concepto, así como reiterar as advertencias que temos feito de que estes gastos non se corresponden coa incidencia económica dos festexos xa que non é unicamente cuestión de cartos senón de enfoques.

Segundo EuropaPress, con datos facilitados polas entidades locais ao Ministerio de Facenda a 30 de decembro de 2015, o concello de Chantada destinou 15’60€ por habitantes neste concepto fronte aos 5’24€ que destinou Monforte de Lemos, os 6’16€ do Saviñao ou os 7’91€ por habitante de Taboada. Carballedo destina 12’33€. Así pois, Chantada é o concello da redonda cunha partida maior na aplicación orzamentaria 338 de Festas e festexos, só superado en gasto por habitante neste capítulo por Pantón (25’59€).

A continuación inserimos o mapa tirado do site da EuropaPress para que podades ver os valores nos diferentes concellos. No caso de Chantada, é evidente que o gasto non semella corresponderse nin cunha actividade cultural ben planificada, diversa e variada nin con eventos multitudinarios ou, cando menos, máis concorridos que os de outros concellos da zona (é máis as festas patronais non deixan de perder asistencia ano a ano, incluído o día do Folión de carros a unha hora intempestiva).

https://epinternet.cartodb.com/viz/681653c8-d620-11e5-8363-0e674067d321/embed_map

O gasto en festas e festexos no ano 2016

A continuación, queremos afinar máis os datos anteriormente empregados, xa que dispomos do Orzamento para 2016, contra o que apresentamos alegacións, coas súas diversas partidas. Os gastos relacionados con festas e festexos recóllense fundamentalmente en dúas grandes partidas orzamentarias dependentes da área de Cultura do concello de Chantada. Para 2016 os datos son os seguintes, segundo o orzamento:

Concepto

Partida orzamentar

Gasto (en euros)

Administración xeral de cultura 330 172.323,23
Festas e festexos 338 123.300
TOTAL   – 184.623,23 (21’58€/hab.)

Porén, sería desmesurado imputar todo o orzamento da área de cultura a festas e festexos. Na Conta Xeral do 2014 obsérvase tamén un maior gasto na área de cultura como consecuencia dos xuros e a débeda asociada con gastos feitos en festexos doutras anualidades que aínda estaban sen pagar.

Desgranando a súa composición o lector pode xulgar que se pode ou non imputar a a este concepto, ao que habería que sumar a promesa de restituír no 2016 a subvención de 150€ por parroquia e ano para festas (como “medida estrela” para o rural da administración Varela, o cal xa se califica por si mesmo e ascendería a 5.400€ se as 36 parroquias do concello se acollen a esta medida- non está aínda dotada a correspondente partida de “A institucións sen ánimo de lucro” con eses cartos):

Concepto

Gasto (en euros)

Administración xeral de cultura

(P.O. 330: 3’12% do Orzamento 2016 e 20’14€ por habitante)

Soldos e complementos

49.823,23€

Aluguer edificios e maquinaria

3.000€

Prensa e publicidade

23.500€ (14.900€ en 2014)

Comida e protocolo

2.500€

Teléfono

3.500€

Electricidade

3.000€

Contenciosos

1.000€

Actividades culturais e deportivas

14.500€

Outros

4.700€

Dietas goberno

1.000€

A institucións sen ánimo de lucro

42.800€

Subcontratas

22.000€

 

Concepto

Gasto (en euros)

Festas populares e festexos

(P.O. 338: 2’23% do Orzamento 2016 e 14’41€ por habitante)

Prensa e publicidade

5.000€

Comida e protocolo

3.000€

Actividades culturais e deportivas

40.000€

A institucións sen ánimo de lucro

52.500€

Subcontratas

21.800€

Outros

1.000€

A maiores habería que recorrer as diversas facturas para vermos a que se destinan concretamente eses fondos. Por exemplo, as Festas do Carme reciben máis de 30.000€ de fondos públicos e nelas gastouse máis de 11.000€ en alumeado.

 

Confira tamén outros artigos relacionados:
As contas do concello I: o financiamento da imprensa

As contas do concello II: o gasto telefónico

Orzamento 2016: documentación

2 comentarios en “As contas do concello (III): canto gasta o concello de Chantada en festas?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s