Mañá ás 20 horas o Goberno de Inta convocou un convocatoria pleno 18.03.2016. O pleno convocouse aínda o mércores e na comisión celebrada onte tanto o Goberno canto o arquitecto tiñan un coñecemento moi incompleto do PXOM que se vai aprobar que, en boa medida, segue a ser o mesmo que o aprobado en 2009. Amais, aínda se nos entregou onte a documentación, xa que a empresa EPTISA aínda non lla entregara até o propio día de onte. Novamente estamos perante a #marcaInta: tarde, mal e arrastro, xa que a nova Lei do solo entre en vigor o sábado día 19, un mes despois de aprobarse. Necesariamente, o PXOM de Chantada, que nace vello, terá que adatarse a esta nova normativa.
I.- PXOM, que é o PXOM?
É o instrumento urbanístico por excelencia da administración local para regular os tipos de solo, sinalar os principais fitos paisaxísticos, patrimoniais… En rigor, deberían ser mecanismos para un desenvolvemento harmonioso coa contorna e eficaz, que lle outorgue beleza, dinamismo e vitalidade aos núcleos de poboación, potencie a conservación e a rejabilitación, etc. Na práctica, convertéronse nunha fórmula para o amparo, acubillo e mesmo potenciación das peores prácticas urbanísticas e do feísmo.
II.- Porque agora en plena crise após o estourido da borbulla inmobiliaria?
Chantada continúa rexéndose até o día de hoxe polo PXOU de 29 de xullo de 1985, data en que foi aprobado definitivamente o Plano Xeral de Ordenación Urbana (PXOU). Este instrumento contemplaba unha vixencia aproximada dunha década, no entanto, durou 30 anos e amparou o maior desenvolvemento urbanístico experimentado na vila de Chantada acelerado, especialmente, coa entrada no euro. O aforro do medio rural tivo un impacto moi importante, xa que aproximadamente 30% da nova vivenda construída até o fin da borbulla inmobiliara adquiriuse como segunda vivenda. As principais consecuencias foron:
III. No medio urbano:
a.- Un inxente parque de vivenda baleiro que ronda a metade da vivenda construída na vila, eivando a aposta pola rehabilitación e a eficiencia enerxética. Amais, a existencia dun parque de vivenda que supera con moito a demanda deprime o valor dos inmóbeis nos que se investiron por parte dos pequenos aforradores que os mercaron cantidadades moi superiores ao valor de uso, por mor dun valor de cambio adulterado por unha borbulla inducida.
b.- Ausencia total de planificación, desenvolvendo o núcleo urbano ao ser das principais vías e estradas (de Lugo, de Monforte…) ficando amplas zonas sen desenvolver ligadas ou próximas ao núcleo urbano tradicional. Isto provoca, encaremento dos servizos e é unha eiva que se critica en calquera planeamento urbanístico serio. O novo PXOM lonxe de pórlle remedio agravia esta situación expandido o núcleo até Centulle ou Basán Pequeno en canto deixa zonas como desde Santa Ana até o Pavillón municipal como solo rural.
c.- Proliferación de alturas e de construcións que non son compactas nin harmoniosas entre si coa correspondente degradación da paisaxe urbana. Especialmente grave no caso no caso das proximadades do casco histórico onde existen edificación de sete alturas. Un PXOM feito ben e a tempo non debería permitir vivendas de máis de 4 alturas practicamente en ningunha parte da vila, co cal se reduciría a especulación co chan e se cubrirían os ocos interticiais que fican aínda hoxe. Lonxe diso, o PXOM proposto agrava en vez de paliar estas situacións.
d.- Ao non existir un planeamento urbanístico moderno e eficiente non existen zonas verdes, áreas de recreo e esparcimento públicas, etc. ligadas ás novas áreas residenciais coa perda de calidade paisaxística urbana. O novo PXOM tampouco soluciona esta eiva senón que pretende concentrar todas as zonas verdes nas marxes do río Asma cando xa hai unha protección obrigada de 100 metros e deberían ligarse ao interior das zonas en que se contempla un desenvolvemento urbanístico.
IV. No medio rural
a.- A inexistencia dun ordenamento favoreceu o desenvolvemento irregular dos núcleos rurais, creou inseguridade aos seus habitantes e mesmo conflitos importantes nas áreas de especial protección, a saber, a Rede Natura e a Ribeira do Miño.
b.- Na Ribeira do Miño deteriorouse unha paisaxe e contorna de indubitábel valor e beleza, nalgúns casos dun xeito mesmo irreversíbel. Proliferaron edificacións que nin casaban coa contorna nin se axustaban á racionalidade ou aos usos tradicionais.
V.- E agora que?
Agora chéganos unha proposta de PXOM polo que unha empresa, EPTISA, leva percebindo fondos públicos desde 1993 sen ningún resultado satisfactorio e sen ter feito un traballo de campo rigoroso e actualizado. Os últimos datos do traballo de campo, segundo a memoria enviada pola propia empresa para a Avaliación ambiental estratéxica á Consellaría do Medio Ambiente, son de 2007 antes, xa que logo, da crise e proxectan unha vila de 15.000 habitantes cando todas as parroquias perden poboación e a medida de idade sitúase xa nos 50 anos para os 8.400 habitantes censados no concello de Chantada, dos cales por volta de 50% reside na vila. No entanto o PXOM que se propón contempla 3.104 novas vivendas, aínda cando o concello perdeu 10% da súa poboación entre 1991 e 2007, anos do boom inmobiliario e, maiores:
Os concellos da área funcional de Chantada presentan uns índices de envellecemento altos, superiores a 200, o que indica que hai menos xente menor de 20 anos que persoas de máis de 64 anos. O concello con menor índice de envellecemento é Chantada (200 persoas maiores de 65 anos por cada 100 menores de 19) [Plano Sectorial de Vivenda, páxina 7-8].
Por outras palabras, en canto non conviu a dereita local, por incapacidade ou por un emprego torticeiro e político do planeamento urbanístico, impediu que Chantada se dotase dun axeitado planeamento urbanístico e agora, retoma un PXOM do que o grande responsábel é Manuel Varela e que se vai aprobar tarde (20 anos), mal (cheo de erros, disparates e para unha vila que nin existe nin vai existir) e arrastro (na véspera da entrada en vigor da nova Lei do Solo de Galiza).

VI.- Isto é o que opina Por Chantada? Que din a Xunta de Galiza e outros organismos?
Nesta entrada somos aínda bastante “suaves” se temos en conta o que afirman algúns informes. Por exemplo, o DEMOLEDOR informe previo aprobación inicial da Xunta de Galiza con data de 28 de xaneiro de 2016 e recibido o 1 de febreiro de 2016 polo concello de Chantada.
VII.- Cronoloxía dun desastre: 1985-2016: incompetencia, especulación e arma política
1985: Aprobación do PXOU, cuxa validez se consideraba por 8 anos. Ao longo de 30 anos sufriu menos de 10 modificacións puntuais, a última en decembro de 2015 para A Portada-Santo Estevo. Por Chantada reclamou xa entón (decembro 2015) ter acceso á documentación do PXOM e criticou a responsabilidade de Manuel Varela que interrompeu en 3 ocasións ao noso voceiro xa que “non tocaba” falar do PXOM nun pleno extraordinario para modificar puntualmente o PXOM.
1993: Inicíanse os trámites para elaborar o PXOM cumpridos os 8 anos ditaminados polo PXOU.
28/08/2009 Aprobación inicial polo pleno de Chantada do PXOM que contemplaba que se ían construír 3.813 vivendas e unha superficie de 318.242 metros cadrados dedicadas a espazos verdes. Prazo de alegacións de outubro a decembro.
Consultar a acta do pleno do 28 de agosto de 2009 aquí: 09.- 28-08-2009
30/09/2009 O Goberno de coalición (PSOE e BNG) sube á web do concello o PXOM durante tres meses, período que dura finalmente a súa exposición, para facilitar que se formulen alegacións. Tamén se pode consultar na Casa da Cultura nese mesmo período. No entanto a documentación foi retirada e xa non se pode consultar.
06/03/2010 [Televinte] Manuel Varela e o PP, na oposición, pedían un novo prazo de exposición pública para o PXOM.
08/07/2010 [La Voz de Galicia] O PXOM pasa por unha fase de revisión e alegacións e conta ser aprobado provisionalmente en 2011. En abril de 2010 xa se revisaran 117 alegacións e faltaban aínda outras 400 por revisar. En total apresentáronse 530 alegacións.
10/ 2010 Suspéndese a tramitación do PXOM e do PEP. O goberno (BNG e PSOE) vese superado pola situación. 530 alegacións da veciñanza e de partidos políticos e, finalmente, o aviso da Xunta de que o proxecto colidía coa Lei do Solo que entrar na altura en vigor. O PP, basicamente o que hoxe conforma o actual Goberno de INTA, empregaron o PXOM como arma política.
22/11/2011 [El Progreso] “O concello de Chantada retomará o PXOM a comezos do próximo ano”. Manuel Varela, de novo alcalde da vila, afirmaba que retomaría as xestión do PXOM a comezos de 2012. Para iso a empresa deberá seguir analizando as alegacións e facer as modificacións precisas para adaptar a proposta á nova Lei do Solo [a daquela altura que é a vixente até o día 19 de marzo de 2015]. Varela apelou ao consenso que non conseguiu cando era alcalde polo PP, tendo que paralizalo polas protestas veciñais.
Durante o goberno BNG-PSOE os membros hoxe de INTA (daquela PP) fixeron campaña en contra ao entender que non daba saída ás expectativas de aprobeitamento de áreas do centro, como a que une a Praza de Santa Ana coa zona deportiva, que agora manteñen tal cal na nova proposta de Manuel Varela.
Ramón Reinoso (PP) considera que o concello debe acelerar os trámites para xestionar o PXOM. As últimas tramitacións do PXOM, tanto durante o anterior mandato de socialistas e nacionalistas como cando Manuel Varela foi alcalde do PP, foron infrutuosas debido á “falta de sintonía coa veciñanza”.
08/2012 Nova mudanza lexislativa
06/2013 [Noticieiro Galego]
“A Xunta e o Concello de Chantada acordan traballar de forma conxunta na redacción do PXOM”
A secretaria xeral de ordenación do territorio, Encarnación Rivas Díaz, trasladoulle ao alcalde de Chantada, Manuel Varela Rodríguez, a colaboración do seu departamento para que este concello poida aprobar definitivametne o PXOM. (…) Nova achega económica de case 150.000€
06/2013 [Televinte]
Os nacionalistas de Chantada piden a rescisión do contrato coa empresa do PXOM. A empresa só muda a data e cobra 8.000€ para remitir a Medio Ambiente o plano cando saben que non ía ser aprobada. A empresa leva 17 anos cobrando sen resultados (1996-2013).
21/11/2013-20/12/2013 “Ábrese o período de consultas sobre o PXOM de Chantada” tal e como se anuncia na web da Consellaría de Medio Ambiente. Nese documento dinse cousas como que o Anteproxecto do PXOM contempla a creación de 3.813 novas vivendas a maiores das 5.819 existentes na vila (cando xa estourara a borbulla inmobiliaria!!!). O documento recoñece (p.7) que os datos estatísticos están moi desfasados, sendo os máis recentes do ano 2007!!!
22/05/2014 Traballo topográfico para que Chantada teña un PXOM antes de 2015 e adaptalo ás novas normas urbanísticas. Desde traballo saíu o PEP (Plano de Especial Protección) para o Casco antigo que segue, como xa temos asinalado sen cumprirse e polo que EPTISA (a empresa redactora do PXOM) recibe 63.878,04€ aos que cómpre sumarlle o IVE (11.498,05€). Os traballos do PEP iniciáronse en 2010 e só se aprobou en 2015 ficando nun documento sen maior concreción na práctica en ningunha medida.
13/04/2015 Aprobación inicial do PEP
16/04/2015 [El Progreso] “Chantada non terá PXOM como moi cedo até comezos no ano 2017. O alcalde explicou que o concello recibiu un avance da empresa redactora, mais que aínda se trata dun trámite intermedio”. Coma sempre Varela e o seu Goberno non asumen ningunha responsabilidade. “O concello leva 19 anos (1996-2015) agardando polo documento que ordene o territorio”.
09/12/2015 [Televinte] Por Chantada-CUP pide a documentación relativa ao PXOM, por segunda vez, para a súa análise xa que Manuel Varela cifra en febreiro a súa aprobación inicial. O alcalde di que 80% das máis de 500 alegacións se aceptaran.
07/03/2016 Por Chantada-CUP, no pleno ordinario do día 7 de marzo, adiantado por Inta unha semana, solicita novamente a documentación relativa ao PXOM.
11/03/2016 Recíbese convocatoria sen documentación para unha comisión informativa sobre o PXOM. A documentación entregarase o propio día da comisión (o 17). Ese mesmo día 17 convócase o pleno extraordinario para a aprobación inicial do PXOM ás 14 horas e entrégase un DVD na comisión, que remata pasadas as 21 horas, con toda a documentación (milleiros de páxinas e mapas) para os que a oposición só contará con menos de 48 horas para poder tomar posición para o pleno. A proposta de PXOM, entre as innúmeras deficiencias que apresenta, contempla unha vila de 15.000 habitantes cando as proxeccións máis optimistas, elaboradas cun mínimo de rigor, falan do seguinte escenario a nivel comarcal:
[…] consultar unha entrada-resumo para entender mellor que é o PXOM e como é este PXOM podes premer […]
GústameGústame
[…] o PXOM. Na seguinte ligazón podes ler a crónica do pleno, nestoutra a nosa posición e aquí unha postaxe explicativa. Agora mediante este documento tentamos elaborar unha referencia explicativa para aquelas persoas […]
GústameGústame
[…] da hª do PXOM para o que vos recomendamos estoutra entrada desta bitácora: “O PXOM e Chantada. Cronoloxía dun desastre“. Troúxose as carreiras. Sen documentación previa na comisión informativa. Pleno bronco. […]
GústameGústame
[…] 3.- O PXOM e Chantada: cronoloxía dun desastre […]
GústameGústame
[…] O PXOM E CHANTADA: CRONOLOXÍA DUN DESASTRE […]
GústameGústame