Moción de Por Chantada-CUP para declarar o sector agro-gandeiro como actividade económica de especial interese ou utilidade municipal e impulsar unha nova ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmóbeis

Por Chantada - Participación Democrática Directa

Non imos redundar na devastadora crise que padece o sector primario: produtores de porcino, de leite, hortícola… centos de pequenos produtores e explotacións, que producen e sustentan milleiros de postos de traballo, ao borde do abismo e até en moitos casos adquirindo novas débedas que terán devastadoras consecunecias xa non só económicas senón tamén sociais.

O fin das cotas no sector lácteo; a estafa dos fondos europeos, pois só 60 familias de terratenentes recibiron 250 millóns de euros da PAC desde 2008 no Estado español (o equivalente ao orzamento de 45 anos do noso concello que se di pronto); ou o denominado como catastrazo supuxeron unha nova volta de porca. Ao tempo, un comercio global deprimido entre outras causas, pola financiarización e a especulación, a extrema desigualdade –85 persoas acumulan globalmente tanta riqueza como a metade máis pobre da humanidade: máis de 3.700 millóns de seres humanos– ou as intervencións imperialistas como a da OTAN en Ucraína que potenciaron as práticas de dumping e sobreprodución a nivel europeo.

Unha crise total que non é só conxuntural nin pasaxeira como nos queren facer crer senón tamén de modelo. De persistir na inacción por parte dos poderes públicos as consecuencias sociais, ambientais e económicas van ser terríbeis e van marcar o devalar das próximas décadas, alén de supor a liquidación definitiva do sector produtivo primario galego fundamentado en explotacións familiares social e ambientalmente integradas no territorio.

Para accederes integramente ao texto da moción, xunto co seu acordo e a proposta de nova Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmóbeis preme aquí (PDF): Moción Catastrazo maio 2016 Por Chantada_CUP

6 comentarios en “Moción de Por Chantada-CUP para declarar o sector agro-gandeiro como actividade económica de especial interese ou utilidade municipal e impulsar unha nova ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmóbeis

  1. […] Seguro que podemos as chantadinas e os chantadinos estar tranquilos cando temos un PXOM do que nos esconden cousas tan graves e serias como estas? Canto vale a palabra de INTA e do señor Varela? Seguro que menos que os decretos que aprobou ás agochadas para unha dedicación de 25.000€ e o pago de multas por velocidade con cargo a fondos públicos…  Ao mellor  refírese á tranquilidade de INTA coas eivas da Casa da Música, incapaces de pedir en 5 anos de goberno un informe do técnico municipal até que se fixo pola nosa iniciativa… Ou falarán da flema coa que votaron en contra da nosa proposta para baixar o IBI, bonificar instalacións agro-gandeiras e aplicar bonificacións p…? […]

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s