A candidatura de unidade popular Por Chantada recibiu alertas cidadás en que se puña en coñecemento do noso grupo o emprego de herbicida por parte dunha empresa contratada polo concello de Chantada, extremo confirmado polos propios traballadores que empregaban mascariñas aínda que se negaron a informar sobre o produto empregado.
Os cidadáns xa puxeron en coñecemento do concello e das autoridades medioambientais esta circunstancia que é duplamente grave. Dunha parte, non se está sinalizando de ningún xeito o emprego dun tóxico co conseguinte perigo para a saúde pública en pleno casco urbano, por exemplo na zona do Telecentro, estación de autobuses, tanatorio… Doutra banda, o concello incumpre máis unha vez o que se aproba en pleno, concretamente a “Moción de Por Chantada para prohibir o emprego de herbicidas para usos non agrarios no concello de Chantada” que contou cun apoio unánime e que podedes consultar na nosa páxina xunta a diversos estudos e mesmo directivas europeas relacionadas:
Coa saúde pública non se xoga e os responsábeis políticos desta situación deberían demitir porque é obriga do concello supervisar e, se é o caso, adoptar as medidas pertinentes para velar para que as contratas se axusten á legalidade vixente e máis cando se pon en risco a saúde da veciñanza.
#SomosAlternativa #CUPChantada
[…] coma sempre moitas outras cuestións relacionadas con asuntos que nos fan chegar desde a veciñanza, o último aínda onte, ou relacionados coa nosa función fiscalizadora do Goberno atrapado nas vellas inercias da […]
GústameGústame
[…] herbicidas para usos non agrarios -que após o debate plenario ficou reducida a só glifosato- e aínda hai pouco se empregou a plena luz do día no centro da vila e sen sinalizar. Dicimos isto porque preguntamos en maio que clase de produto era e aínda non se […]
GústameGústame