Resumo do pleno ordinario do 9 de maio de 2016

Por Chantada - Participación Democrática Directa

O pleno ordinario de maio comezou ás 20 horas coa presenza de 10 concelleiros. En total, finalmente, asistiron, 12 concelleiros ausentándose Cándida Carnero do grupo Inta e Goyanes do PP. Como público, alén de Televinte, só asistiu unha persoa.

A continuación facemos un detallado resumo do pleno.

1.- Actas anteriores, correspondentes ás sesión do 7 e do 18 de marzo de 2016

ACTA PLENO 07.03.2016 completa

ACTA PLENO 18.03.2016 completa

Fixemos algunhas precisións á acta do día 7 de marzo de 2016. Da que se aceptaron 2 de 5.

2.- Regulamento de utilización do auditorio municipal de Chantada

PropostaINTA de regulamento para o auditorio

Proposta CUP de regulamento para o auditorio

Na comisión informativa Inta xa aceptou incluír unha modificación da súa proposta ao engadir na base segunda <<Fóra dos horarios con carácter extraordinario>>> fórmula coa que o concelleiro de cultura Manuel Diéguez ratificou que se podería empregar tamén os sábados, domingos e festivos polas mañás sen problema. Pola nosa parte, esta foi a demanda que apresentamos como central e que nos fixo chegar moita xente, achacándoa a adaptar o regulamento ao horario do policía local que pasa a segunda actividade e que non nos parece o óptimo crear un posto de conserxe.

Raquel do PSOE parabenizou a Diéguez e acto seguido contrapuxo isto ao procedemento seguido por Cándida Carnero que evitou traer a regulación das axudas de alimentos ao pleno. O PP coincidiu con Raquel nos parabéns e recrimina tamén o do reparto de alimentos.

Queremos comezar por parabenizar ao concelleiro de Cultura, Manuel Diéguez, por traer ao pleno esta proposta de regulamento (a diferenza do que fixo Cándida Carnero coas bases para os alimentos) e por ter tido en conta parcialmente as achegas da oposición, aspecto que valoramos moi positivamente; se ben xa llas mandaramos en xaneiro. Canto á cuestión de fondo. Imos ir pola orde en que figuran as cousas que queremos comentar na proposta de bases do Goberno.

Botamos en falta unha ordenanza-marco para a cesión dos espazos públicos como paso previo a aprobar un regulamento para o auditorio. Tamén botamos en falta que se poña o acento en que é un espazo público en que cómpre dar facilidades de uso para impulsar actividade continua nel, o que repercutiría tamén positivamente na área de Cultura.

No que concirne ao horario hai un verdadeiro clamor para que os sábados, domingos e festivos se ceda todo o día e non se introduza esa incomprensíbel limitación pola mañá. Creo que este é un dos asuntos máis conflitivos por un erro de fondo que é crear un regulamento en función do horario de traballo dun suposto conserxe, que destinado a facer de ama de chaves sería malgastar un posto de traballo dito sexa de paso.

Na Base 3ª o impreso normalizado debe estar tamén na web a disposición dos cidadáns. No tocante aos días sempre se fala de dez días (unha proposta máis razoábel que os 20 da proposta inicial ben é certo) mais nós apostamos por 5 días, xa que son máis que suficientes para dar resposta a unha solicitude de uso. De feito, o Goberno de INTA fai convocatorias laborais outorgando só 5 días naturais de prazo tratándose dun proceso máis complexo e de publicidade obrigada e non dun procedemento interno. Se queda en 10 días finalmente, agardo que cos postos de traballo amplíen tamén a 10 días naturais como mínimo.

Na base 4ª non se indica o prazo mínimo outorgado para subsanación de requirimentos (nós fixamos 24 horas) e tampouco se o silencio administrativo é positivo e negativo ao fin dos 4 días hábiles.

Na base 5ª tamén botamos en falta que se inclúa que se publicará na Rede un calendario con todas a programación cultural, as reservas do auditorio… actualizándose periodicamente. Cousas que son doadas de facer e que facilitan as cousas a todo o mundo. A maiores, no 1º ponto se hai solicitudes previas non debería ter preferencia o concello.

Tampouco coincidimos nos criterios de baremación para a cesión, onde detectamos varios problemas. Non se puntúa o emprego, promoción e difusión da lingua galega (sen o cal non ten sentido a referencia posterior na base 9ª que se fai na proposta do Goberno). Se non se puntúa non se está favorecendo o seu uso. Igualmente, debería puntuarse que quen solicite o auditorio sexa unha asociación. Igualmente na nosa proposta regulábase a cesión para ensaios que non aparece nesta proposta, cando é un estabelecemento que se vai empregar para ese fin en innúmeras ocasións. Regular os ensaios e estabelecer mecanismos para que ningún ente monopolice a maioría dos seus usos son cousas importantes que non deben deixarse a decisións baseadas na discrecionalmente toda vez que se aproba un regulamento.

A base 8ª na redacción da proposta de INTA impediría actos solidarios de asociacións para recadar fondos (epígrafe B). A epígrafe e) é superflua porque o pago dos dereitos de autor regúlao a lexislación e non é competente o concello para obrigar ao pago destes dereitos (alén de que a Senteza 1787/2016 do Tribunal Supremo denegou ás SGAE o cobro do 10% das entradas polos concertos ratificando o disposto pola Comisión Estatal da Competencia). Na nosa proposta incluímos tamén a posibilidade de cobro de taxas e fianza, cando polas razóns que foren sexa necesario facelo e de acordo cunha ordenanza-marco para a cesión dos espazos públicos.

Na base 9ª parécenos excesiva a prerrogativa de por ceder o auditorio aparecer o concello de Chantada como colaborador, xa que esa “participación” resérvase en todos os eventos a entidades públicas que cofinancian os eventos, o cal non é o caso de ceder un espazo que non deixa de ser todas e todos. Amais, pode ser un aspecto conflitivo xa que o auditorio pode cederse para actividades que axustándose ás bases non deberían identificarse co concello ao non seren nin organizadas nin promulgadas por el.

Diéguez (Inta) fala da proposta da CUP e di que está moi ben e máis adiante pode facerse a ordenanza fiscal e menciona a fianza e as taxas da nosa proposta. Di que no auditorio faltan cousas como as letras de fóra, papeleiras dentro e fóra do recindo, cableado até o cenario, etc. Comprométese a ter en conta todas as recomendacións da CUP agás no tocante á ordenanza municipal que propón “deixala para máis adiante se se ve que fai falta”.

Chega o interventor ao pleno.

Contestámoslle que que imos facer, xa que logo, unha alegación e que como volverá ao pleno de momento ímonos abster.

VOTACIÓN:

A FAVOR: 10 (6 de INTA, 3 do PSOE e 1 PP) ABSTENCIÓN: 1 (CUP)

3.- Informe do arquitecto municipal, consecuencia da moción de Por Chantada-CUP aprobada por unanimidade polo pleno municipal na sesión do 18 de xaneiro de 2016, sobre o edificio da casa da música

INFORME ARQUITECTO EDIFICIOS

Desde o grupo de Goberno non se fai ningunha exposición sobre o feito ou sobre o informe polo que comeza intervindo o PSOE que di que a lóxica dita que estivera na comisión ou no pleno o arquitecto [preguntamos antes do pleno ao secretario se ía vir o arquitecto e dixo que ninguén o convidara, correspondéndolle iso ao Goberno]. Quedouse de facer unha visita ás instalacións para examinar as deficiencias e non se fixo. Varela contesta que cando queiramos. Desde a CUP propomos aprobeitar o día do pleno para o sorteo das mesas das eleccións que, segundo o secretario, será o vindeiro 31 de maio ás 13:00 horas podendo ir ao rematar. Acéptase por asentimento. Varela anuncia que para ese día xa estarán levantadas as máquinas do clima. Raquel engade que nos acordos de xaneiro tamén ía na moción da CUP dar explicacións por parte do Goberno sobre o mantemento e as alternativas e, portanto, había máis có informe técnico e aínda por riba nin ben o técnico. Javier Medela indica que se dan por enterados e con cargo a que partida orzamentar (doravante P.O.) se vai arranxar.

Posicións de Por Chantada-CUP sobre o informe do arquitecto

Manuel Diéguez retruca que se entregou en marzo de 2012, como é posíbel que haxa escola de música no 2010? Contestamos que a data está na web da empresa. Di que xa non figura esa data e envíanos logo captura de pantalla e efectivamente a empresa mudou a data [curiosamente após iniciar o Goberno os requerimentos por faltas na obra en abril de 2016 a instancias da nosa investigación e logo de que en xaneiro nin até o de agora, tampouco no informe de maio se desmintise o noso dato]. En todo caso solicitamos que se aclare o que haxa que aclarar mais que en todo caso desde que Inta formou goberno non fixo ningunha xestión ao respecto, non fixo cumprir a garantía, non executou ningún mantemento… tal e como expoñemos no documento “Posicións de Por Chantada-CUP sobre o informe do arquitecto” que fixemos chegar aos grupos e solicitamos anexar á acta do pleno. Non se aceptaron as propostas da nosa solicitude e moito menos a demisión do responsábel que pedimos.

4.- Adhesión do concello de Chantada ao convenio marco de colaboración entre a administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, a través da Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Federación Galega de Municipios e Provincias en materia de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (Ratificación do acordo da Xunta de Goberno Local do 19 de abril de 2016)

convenio adhesión xestión de residuos eléctricos

O PSOE di que é unha boa medida. Pregunta que obras se van facer e cando, demandando un informe polo miúdo. Castor di que se van facer actuacións subvencionábeis (medios para a pesada, marquesiña para almacenamento para separar electrodomésticos, cartaces distintivos e barreiras para evitar verquidos) e outras non subvencionábeis que debe asumir o concello con medios propios, mais que é barata como a cuberta. Tampouco é subvencionábel unha idea que teñen que é aproveitar a actual zona de electrodomésticos para a recollida de produtos fitosanitarios. Xa foron apercibidos pola Xunta por non teren a cuberta feita polo que teñen que facelo con urxencia para poderen adherirse ao convenio. Raquel pregunta polo prazo. Castor di que en breve. Raquel pregunta polos verquidos existentes de electrodomésticos polas aldeas que seguen pasando. Castor incide que no Ponto Limpo recollíase xa desde hai tempo electrodomésticos só que estaban á interperie. Non hai xustificación para eses verquidos engade. Raquel pide vixiar para evitar que se produzan. Varela intervén para dicir que a culpa é da mala educación da xente, que teñen que facer pedagoxía e que mesmo teñen identificado cousas e obrigado a persoas a desmantelar eses verquidos ou chamaban ao Seprona. Aínda saía en La Voz de Galicia un televisor en Portotide e logo queremos ser punteiros en turismo. Castor di que as empresas de móbeis e colchóns teñen a obriga de ter empresas de recollida, non o están facendo e non van admitir isto. Terían que recoller o vello ao vender o novo. Javier Medela di que é un feito consumado e que o orzamento de 500.000€ da Consellaría entende que é pequeno e que P.O. se vai empregar para complementalo. Varela di que non quedou ningunha P.O. polo que, no seu momento, os servizos económicos do concello dirán cal é. O PP pregunta se hai un proxecto feito. Castor di que a báscula valería 12.000€ trasladala e se se fai con medios propios menos. O Secretario indica que a esencia do convenio financiado pola Xunta, segundo informe da FEGAMP.

Como cuestión previa preguntamos pola reserva que o secretario puxo no acordo e que lendo o artigo da citada lei entendemos que é un formalismo. O interventor e o secretario contesta que si que é así. A continución, dicimos que na páxina 2 fálase dunha Ordenanza local de servizo, u-la? O secretario di que se se menciona haberá que facela (o mesmo se dicía no convenio da Deputación do pasado pleno sobre outra ordenanza e seguimos sen saber nada). Na páxina 6 nas epígrafes c.3 e c.4 fálase de custes de mantemento e subministro que debe asumir o concello. A canto ascenden? Fixeron algún estudo ou teñen datos empíricos que podan pór en común con toda a Corporación ao respecto? Como reflexión queremos deixar constancia que non é normal que aos concellos de máis de 5.000 habitantes se lles faga asumir a xestión de residuos e a reciclaxe cando non temos medios materiais para iso e xa nos cómpre satisfacer outros servizos básicos esenciais. Co financiamento actual é imposíbel que podamos cumprir coas directivas europeas, que por exemplo, non permiten ter os electrodomésticos sen estaren selados para evitar filtracións contaminantes de gases e outros metais pesados. Debería facerse o estudo non vaia ser que nos encontremos cun gasto inesperado de 30 ou 40.000€.

Castor di que non fixeron nada diso e que en ningún caso vai custar iso, de feito o custe da cuberta é cativo. Non moitos cartos e xa fixeron reclamacións á Xunta.

A FAVOR: 7 (Inta e PP) EN CONTRA: 0 ABSTENCIÓN: 5 (4 PSOE e 1 CUP)

5.- Creación da sede electrónica do concello de Chantada

Creación sede electrónica

O PSOE espera que sexa para ben. Que se lle explique a xente nunha “xornada de portas abertas”. A páxina do concello non funciona e o PXOM segue sen colgarse aínda. Diéguez culpa á empresa redactora EPTISA por non remitir aínda os arquivos. Raquel solicita engadir no ponto 8 “segundo a natureza do expediente” concretando a periodicidade. Medela di que é algo regulado pola lei e obrigatorio, que se faga o mellor posíbel. Día e data para comezar (acordo décimo)? O secretario di que entre hoxe (día 9) e outubro de 2017. Varela afirma “non nos gusta vender fume cando estea anunciarase”. Diéguez engade xa mudaran cousas co novo programa de xestión e pregúndanlle ao traballador municipal alí presente para que o ratifique.

Desde a CUP preguntamos polo custe e mantemento.O secretario di que o programa custou 8.000€. O traballador do concello aclara que máis de  9.000€.  Osecretario di que o Goberno optou polo contrato menor para que poda mudarse en anos sucesivos se non vai ben a cousa. Diéguez indica que a ese cuesto habería que engadir o do hadwareO Goberno non contempla empregar o dominio concellodechantada.gal? Din que si. Na epígrafe 9ª porque non se delega no concelleiro de TIC’s que será máis competente en temas dixitais que o alcalde? Após un breve silencio contesta o secretario que é un tema sen maior importancia e o alcalde di que por el cede encantado que así élle menos traballo. Propomos como emenda engadir na epígrafe 5ª  logo de municipal o seguinte: “e garantir que sexan simultáneas”. O secretario di que cando hai dúas publicacións sempre conta desde a última para o administrado. Diéguez di que se pode facer. Varela di que o concello xa ten as portas abertas desde hai moito tempo en Chantada. Raquel di que se concrete a periodicidade dalgún xeito. Diéguez di que pode ser mensual… que están pendentes de subir as actas dos plenos que tiñan erros. O secretario non se atreve a pór un prazo. Varela di que arrincar e logo xa se verá a experiencia. Diéguez di que lle queren dar unha volta á páxina do concello se colle no orzamento.

A FAVOR: 6 (INTA) EN CONTRA: 0 ABSTENCIÓN: 5 (CUP, PSOE e PP)

6.- Moción do Grupo Municipal Por Chantada-CUP para declarar o sector agro-gandeiro como actividade económica de especial interese ou utilidade municipal e impulsar unha nova ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmóbeis

Moción catastro Por Chantada_CUP

Após a nosa exposición da moción o PSOE di que levamos dado moitas voltas ao tema do IBI. Moi interesante a moción e algúns pontos imprescindíbeis. Na moción hai ordenanza que ten cousas en que cocordan (familias numerosas, eficiencia enerxética…) outros pontos deberían estudar con outro tipo de informes. Propón que o equipo de Goberno traia unha proposta de ordenanza e reunirse para ver que se inclúe ou non. Javier medela di que o Consello da Xunta dotou economiamente para asesoría á FEGAMP e que cómpre un informe da intervención para ver o impacto na facenda local. Varela di que ten o compromiso de baixar os impostos na medida do posíbel [a realidade é que leva 5 anos subíndoos]. Para 2017 di que o IBI vai baixar un 10% e que esta propostas aínda aprovándoa non se aplicaría até o 2017. Propón “deixala para mellor estudo” e miralo antes dos orzamentos do 2017. Baixar a rústica ao 0’30 e ver se 90% de bonificación de Silleda e Lalín que aínda o están mirando que foi comer cos alcaldes. “Deixalo para mellor ocasión”. Di que están intentando saír do plano de axuste, o cal pode permitir esa baixada impositiva se non evita cumprir servizos… Di que non tivo queixas dos veciños polo catastrazo e que se lle toca gobernar á CUP hai que ter medios para cumprir cos servizos. Isto tamén é digno de estudo. Se lle preguntamos aos veciños que escollan entre a rebaixa do 80-80% no IBI ou o arranxo de pistas que van escoller? Tampouco esta baixada é a solución ao problema do rural e nisto tamén hai que facer pedagoxía. O interventor di que na reforma da ordenanza levan traballando desde que entrou. Necesitan saír do plano de axuste e cumprir co Período medio de pago a provedores (doravante PMP). Facenda non permite bonificacións fiscais e a reforma debe garantir a estabilidade orzamentar e de xestión sinxela segundo como entende el a doutrina dominante. O ministerio negoulles refinanciar a débeda co Santander. Hai, pois, “obstáculos intrínsecos”. Raquel di que lle gostaría saír do Plano de axuste mais que só se aplica o que interesa e outras cousas non. Hai máis medidas para saír do Plano de axuste como o que se recurriu polas obras. Que non fique isto no caixón do esquecemento, que se faga canto antes e se estude xa. Claro que hai que pagar impostos e sendo de esquerdas quere impostos xustos e non lle parece que o sexa o catastrazo.

Desde a CUP non imos retirar a moción porque o sector primario está ao límite e desde o concello debemos facer o que está na nosa man e non encher a boca con retórica baleira. Se hai vontade política pódese porque o IBI rural son 89.000€ e só amortizando a praza de policía local que pasa a segunda actividade poderíase cumprir co máximo de 40-50.000€ que podería deixar de ingresar o concello. Se hai vontade política pódese, o que pasa é que non hai, nin hai audacia nin hai valentía. “Podo comprender que os señores que están sentados en Madrid ou en Santiago lla refanflinfe o campo, pero os que somos da aldea, os que sabemos o que ir coa facenda ou arrincar no esterco non podemos ficar de brazos cruzados vendo esta hecatombe. Non imos ser cómplices desta desfeita, alá a súa ética e conciencia”. Volvemos facer fincapé que con esta ordenanza o concello aumentaría lixeiramente ingresos por outras vías para compensar a baixada de impostos ao 95% ou máis da veciñanza. Isto é política fiscal progresista indo ao límite do que nos permite a lei a prol dos veciños con bonificacións a familias numerosas, baixada do IBI rural ao mínimo legal do 0’3 e bonificacións para explotacións agrarias e vivendas tradicionais no campo entre o 90 e o 95%. É intolerábel que se estea cobrando como se produciran a mesma riqueza un pallar onde se garda leña e un chimpín que unha granxa de pitas de Coren que factura millóns de euros. Esa é a política fiscal e agraria do Partido Popular. Valera di que se vote e engade todo caso queda para aprovala e contemplara nos orzamentos de 2017 se autoriza o Ministerio.

A FAVOR: 1 (CUP) EN CONTRA: 6 (INTA) ABSTENCIÓN: 4 (PSOE E PP)

7.- Moción do Grupo municipal Por Chantada-CUP para o cumprimento da normativa das prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida e outras medidas urxentes a adoptar en materia de mobilidade

Moción cumprimento normativa aparcadoiros mobilidade e Santa Ana

Comeza intervindo o PSOE “se se infrinxe a normativa mal imos”. A xestión do tráfico é preocupante e xa fixeron unha moción o PSOE e o Grupo Nacionalista (Piñeiro, Olga e Xesús Mazaira). Chantada é un caos circulatorio e un desgoberno completo da ordenación do tráfico. O día de feira o habitual é a dupla fila e os pasos peonís imposíbeis de ver para os condutores. Íase convocar unha xuntanza para iso e seguimos esperando, por iso nos preocupa o “mellor estudo” da moción anterior. Pide chamada ao civismo dos veciños e tomar medidas. Lembra que o PSOE levaba no programa electoral peonalizar rúas no casco antigo. Apoian a moción.

Javier Medela di que coinciden no fondo e se hai normativa hai que aplicala. Van apoiar a moción. Teñen medios e axentes, sexamos máis cívicos e que se vexa presenza policial nas rúas para conseguilo. Varela di “a nós non nos fai falta policía ningún”.

Castor di que Inta van rexeitar a moción. Persoalmente bríndase a ir co concelleiro da CUP a ver esas cousas e debatelas. Defende o correcto emprazamento da praza que está en liña e non en batería e o único que se fixo foi o repintado e ampliación en sentido vertical pois xa existían. Continúa lendo un detallado informe feito pola policía local ad hocGrosso modo a policía local defende o emprazamento escollido pola máxima proximidade ao lugar de cambio de sentido. Ter en conta o volume da furgoneta de Asdeme e o ancho da rúa. Proximidade ao paso de peóns respectando a máxima distancia de 4 metros e púxose alí o peso de peóns por petición do PSOE, polas crianzas que ían á piscina. Recoñece que non existe rebaixe do bordo, xa que é complexo facelo alí pola distancia insalvábel de contrución. O poste xustifícase polo artigo 90.2 RD 1428/2003 desprazándose pola estrada até o paso e o tendido eléctrico non é barreira de ningún tipo ao empregar a rampa metálica para salvar o desnível. Sobre as dimensións insuficientes di que código da consellaría di iso si, que incumpre a anchura, mais non da lonxitude e é polas reducidas dimensións da rúa. Polo ancho da rúa tería que ter sentido único, inviábel ao non ter saída. Buscouse e equilibrio coa seguridade viaria. A Lei 10/2014 de accesibilidade aposta pola seguridade e a comodidade. O código de accesibilidade é unha ferramenta e non un imperativo legal. A sinalización horizontal cumpre coa lei vixente, art. 21.3 Decreto de 21 de xaneiro ao ter sobre o pavimento o símbolo universal. A vertical tamén co símbolo do Réxime Xeral de Circulación. A altura mínima de 2’10 metros non se cumpre efectivamente porque se aproveitou o mástil que xa había. No da peonalización téñeno falado moitas veces. Para iso hai que facer un estudo detallado da ordenación do tráfico. Os maceteiros gardan as dimensións do ancho estándar das cadeiras de rodas. Suficiente anchura e compatíbeis cos peóns. Ornamento non barreira arquitectónica. A praza de Santa Ana a demanda é a falta e aparcadoiros.

Desde a CUP parabenizar á policía local polo informe, pode inaugurar un novo tempo de traballo tendo en conta o importante custo que o concello ten na P.O. correspondente. Queremos unha vila para as persoas, non un aparcadoiro-móbil. Turismo precisa beleza. Fixar poboación e mocidade unha vila habitábel e dos peóns. En ningún momento dicimos que sexa en batería e precisamente o ponto do 4º do acordo da moción está pensado para vehículos como a furgoneta de Asdeme. Se as dimensións son insuficientes, se a sinalización non cumpre a normativa, etc. pois non hai moita xustificación. Sobre o do símbolo universal sobre o pavimento dígannos onde o pomos en cuestión, simplemente con iso queren agochar que o mástil non ten 2’10? Reaproveitárono para outra cousa. Levan 5 anos gobernando e agora veñen dicindo que cómpre facer un estudo detallado da ordenación do tráfico, se é unha broma pasa, senón xa non cola e o tráfico e o caos circulatorio só fixo ir a pior. A solución non é crear prazas de aparcamento senón concentrar estas como en Compostela, onde con fondos da UE se fixo un aparcamento por debaixo da ponte da vía do tren para desincentivar o uso do vehículo. Procurar alternativas como o aparcadoiro do antigo solar dos Sotos e exercer as competencias das administracións locais na regulación do tránsito vial e da circulación. Defender incumprir coas normativas e o caos circulatorio e a desorde do tránsito da vila e logo falar de promoción turística, etc. é triste e dá a medida da falta de proxecto que teñen.

Apoiades facela logo para aparcar no outro sentido? pregúntase Castor. Aparcadoiros teñen o terreo dunha veciña, na avenidade de Ourense e enfronte das piscinas. Aínda así non chega. Santa Ana máis de 1’5 metros. Esticamente feo? Pode ser, mais adaptado á normativa. Varela di que recibe queixas da xente maleducada. En Chantada sobra onde aparcar, mais hai que camiñar. En Monforte tamén caos porque a xente pasa de todo. Educar a xente a base de sancións, é o que queren? A local pagámola todos para empregala por mor dalgúns. Tamén se precisa de reforzo da educación vial no sistema educativo. Fará o posíbel para buscar aparcadoiros. “Isto non é culpa do alcalde, a ver se o din en Televinte e non fan demagoxia co tema. Imos facer dúas prazas para minusválidos no centro de saúde e outra de minusválidos  para o colexio”. Non sabe se unha ou dúas. O do tráfico xa lle parece monotemático nos plenos. Raquel di que naquela moción había un ponto sobre campañas de concienciación que non se fixo. Diéguez di que “iso cos cativos dos coles coa xente maio…”. Varela di que temos que facelo todos como membros da corporación.

A FAVOR: CUP (1) e PSOE (1) EN CONTRA: 6 (Inta) ABSTENCIÓN: 1 (PP)

8.- Moción do Grupo Municipal socialista relativa á Lei 2/2016, de 19 de febreiro, do solo de Galiza

MOCIÓN PSOE MODIFICACIÓN LEI DO SOLO

BORRADOR INSTRUCIÓN GRANXAS

Esta moción é para defender os nosos gandeiros din desde o PSOE. Critican a política do PP en relación ao agro. Agradecen borrador. A publicación do DOGa [entregada xusto ao comezo do pleno] non a leron. O secretario di que pensa que é igual. Retira a moción para analizar a publicación do DOGa. Pide que se faga algún tipo de xornada informativa. Varela agradece a retirada. A CUP di que se faga un bando informativo sobre esta cuestión da Lei do Solo de Galiza. Varela di que pódeno explicar cando vaian “polas parroquias e agradezo retirada para un mellor estudo”.

MOCIÓN RETIRADA POLO GRUPO PROPOÑENTE

9.- Moción dos Grupos Municipais Por Chantada-CUP e socialista para a adopción de medidas urxentes no centro de saúde de Chantada

Moción para medidas centro de saúde Chantada

Comezamos expondo a moción. Ao contido da mesma engadimos un caso aínda recente polo que o centro de saúde ficou sen o servizo de pediatría case toda a mañá. Falamos de dispersión, dos recortes no orzamento da Xunta para os centros de saúde e na necesidade de que o alcalde se reúna coa Consellaría de sanidade urxentemente e se adopten medidas antes de que haxa que lamentar unha desgraza. Pedimos unanimidade porque coa sanidade, coa vida, así como coa educación necesaria para a produtividade, a formación e sairmos da crise non se pode xogar nin se pode aforrar en vida para gañar en morte. Podemos debater sobre se gastar ou aforrar en moitas cousas menos na saúde e menos cando se está disparando  o gasto sanitario para financiar entes privados e degradando o servizo público do SERGAS. Se non hai unanimidade en loitar por un centro de saúde digno e unha sanidade de calidade e pública mal imos. Lembramos que desde o noso grupo aínda na pasada comisión de sanidade do parlamento de Galzia a deputada Consuelo Martínez, do grupo mixto, nunha iniciativa da deputada Tareixa Paz do BNG lembrou  o problema de Chantada. A CUP está neste tema facendo todo o que está da nosa man, espera que todos fagan o mesmo.

O PSOE preguntou que se fixo desde xaneiro. Urxencias a estoupar. Helicóptero no Sangoñedo. Caso que chega ao PAC e ten que ser reanimado pola súa propia filla. Reivindican actuacións xa para evitar lamentacións. Dous pacientes a semana pasada partillando ambulancia. A moción de xaneiro pedía á Xunta cumprir coas súas competencias. Pasan 5 meses e isto segue igual. hai que pór remedio xa. Indica o custe do que custaría unha ambulancia supletoria: 89€ por viaxe [polos cálculos da CUP o servizo podería custarlle ao concello entre 5.000€ e 10.000€ ao ano dependendo do convenio e da empresa coa que se negociase e das incidencias].

Pamela de Inta di que iso sería sen persoal. Raquel retruca que se isto se xestiona ben aínda podería reducirse. O tema requíreo. Hai cousas en que non se pode escatimar. Javier Medela xírase para ollar ao concelleiro da CUP e espétalle que “non xogues con temas tan sensíbeis como a sanidade e a educación polas que aposta o PP e somos os primeiros usuarios do centro de saúde”. Rematado aceno teatral di que hai uns ratios e que se cumpren. Non imputar gasto ao concello e se o poden cumprir outros organismos ou cumpre algo esixilo. Pamela di que “o tema da sanidade é moi sensíbel como para que veñades con el para sacar rédito político”. Cumpriron co acordo plenario remitíndoo a Presidencia e por un erro non se enviou á Consellaría. A ambulancia de apoio vai só o condutor, cuestión da que xa se queixaba io persoal das ambulancias antes cando a había. “Cando falan do centro de saúde de Chantada dá gañas de non ir e fuxil del e para nada”. Non se axusta á realidade o que din. Tema de material básico é falso, haino e se se acaba pídese. Non sabe de onde tiramos iso. “Moito coidado en como se empregan estas cousas”. No PAC xa pediron un segundo equipo hai anos e non llo concederon. Prazas de aparcadoiro non a van pintar cando van levantar a rúa xa llo dixemos. Pendente reunión coa xerencia e logo, en todo caso, coa consellaría. Non van asumir un custe que non lles pertence. Raquel di que non é bonito acusarnos de empregar a sanidade. Varela dille que fale nun ton máis amigábel. Raquel di que Pamela se retracte desas palabras e que a moción recolle as demandas da xente. Varela di que o dubida porque as queixas hai que facelas alí no libro de reclamacións e que non aparecen tantas. Raquel di o das ambulancias coas deficiencias que ten. Desde xaneiro todo o que se fixo foi pedir unha mísera reunión coa xerencia. Varela di que é un traballo máis dos parlamentos. Incidir na Consellaría. Non é un caso só de Chantada. Nos estamos por riba da ratio. Non poñen o segundo apoio ao PAC. Que leven iniciativa parlamentar os do PSOE ou Anova a el non lle da opción de ir ao Parlamento. Si podería reunirse con Almuíña, que é amigo del e ex alcalde de Baiona, e que lle fai? Quedar con cara de tonto e… en fin andar cada 2-3 meses enviando isto á Consellaría. Se queren unha entrevista faina e imos os 3 [refírese a Fente, Raquel e mais el] e quedan con cara de tonto como cando foi el a Fomento e lle dixeron os números dos coches que pasan pola autovía, aínda que seguirá insistindo. É unha irresponsabilidade falar diso porque xa pagan os cidadáns ao Estado por ese servizo para que sexa digno, evitar duplicidades. Din que apoirían a moción nos termos de xaneiro e que se retire o resto.

Desde a CUP non imos entrar no “e ti máis”. Non imos retirar nada porque xa pasaron 5 meses para nada e os casos sucédense. Dicimos que non nos corresponde a nós ir falar con conselleiro, senón a quen goberna, a ver se comezan a exercer. Xa lle darán explicacións aos cidadáns. Lembrar que a moción foi consensuada co propio centro e os seus traballadores, non inventamos nada e os datos son feacentes. A nós correspóndenos propor iniciativas e traer aquí os problemas da xente. Varela di que tamén traer solucións. Retrucamos que cremos que xa demos mostras bastantes de solucións e alternativas, outros non poden dicir o mesmo. “Seguiremos utilizando como din vostedes a sanidade e a educación as veces que faga falta para a defensa da maioría social, pois para iso nos escolleron e para iso vou estar aquí 4 anos dándolles a brasa todo o que faga falta”. Non imos renunciar nunca a isto e como administración local temos a obriga de defender na medida das posibilidades aos nosos veciños traballen. Néganse a axudar ao rural, isto tampouco… pois para que queremos o concello? Varela di que só queremos que voten en contra… “Nós o que quremos son solucións para os nosos veciños non máis excusas”.

A FAVOR: 4 (CUP e PSOE) EN CONTRA: 6 (INTA) ABSTENCIÓN: 1 (PP)

10.- MOCIÓNS E CUESTIÓNS POR URXENCIA

No pleno ordinario de marzo acordouse que se ía convocar unha comisión previa ao pleno ordinario de maio para partillar propostas co gallo de mellorar a transparencia e a eficiencia nos servizos económicos do concello de Chantada, para o que desde a CUP propuxemos limitar ao máximo outorgar contratos a dedo mediante o subterfuxio dos “contratos menores” que son en Chantada a maioría abrumadura dos contratos celebrados. Como nin se celebrou esta comisión nin Manuel Varela incluiu este punto na orde do día, a pesar de solicitar el mesmo que ficase “sobre a mesa para mellor estudo” para o pleno de maio faltando así a súa palabra. Era un imperativo volver a propor esta moción que consideramos é un tema central e máis logo do que pasou co Expediente de crédito 1/2016 e o Suplemento de crédito 1/2016 polo que se paralizou o pago de máis de 600.000€ por non facer as cousas ben [resulta que aínda nin se enviou ao consello consultivo tal e como se acordou no pleno ordianrio de marzo hai máis de 2 meses…].

Moción para a adopción de protocolos de transparencia e eficiencia nos servizos económicos

VOTACIÓN DA URXENCIA:

A FAVOR: 5 (CUP, PP e PSOE) EN CONTRA: 6 (INTA)

 

PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN

11.- Dación de conta da resolución da alcaldía

Vid. rogos e preguntas

12.- Dación de conta de Informe de Seguimento do Plano de Axuste do primeiro trimestre de 2016

Informe PLAN AJUSTE 1T2016(1)

Na sesión ordinaria de xaneiro Inta aprobou unha modificación do Plano de Axuste de Chantada (PACh) para remitir ao Ministerio de Facenda. Alí decíase que o PACh ficaba reducido á medida 1. Pode explicársenos porque, porén, 5 meses despois no informe do primeiro trimestre segue o PACh como antes do aprobado no pleno de xaneiro. Denegou o Ministerio a petición e porque? O interventor di que está pendente de validación co Ministerio… aclárase que non se enviou aínda desde xaneiro.

Volta evidenciarse que en materia de gasto non se fixo nada e aí entra tamén a proposta do procedemento de contratación aberta, reagrupación de contratos menores e esixir que se fagan estudos de viabilidade e se aplique o rigor no gasto público para centrar os recursos no esencial. É complexo di o interventor.

13.- Dación de conta de informe de morosidade do primeiro trimestre de 2016

INFORME MOROSIDAD 1T2016

Período Medio de Pago (PMP) preocupante e duplicouse. Especialmente no que se tarda en pagar ás PEMEs locais que son as que maioritariamente satisfacen estes servizos. Así, por exemplo, no Informe Oficial de Pagos Realizados (a esmagadora maioría fóra de prazo) de media as actuacións de reparación e mantemento tardan máis de 139 días en pagarse desde que se emite a factura e no caso dos fornecedores de materiais e subministros máis de 71 día.  No Informe Oficial de facturas ou documentos xustificativos pendentes de pago hai un total de 479.425’37€, cos cales 282.345,37 xa van fóra de prazo. Novamente dados preocupantes que non comentamos neste pleno aínda que estaremos vixiantes coa súa evolución.

14.- Dación de conta do período medio de pago a provedores

PMP 1T2016

O máximo legal son 3o días e Chantada situouse no primeiro trimestre de 2016 no duplo do máximo legal permitido o que, entre outras consecuencias negativas para as PEME’s non permite saírse do Plano de axuste, do que a comezos de ano se dixo irresponsabelmente que se ía saír en 2-3 meses.

15. Dación de conta da execución orzamentar do primeiro trimestre de 2016

EXECUCION ORZAMENTARIA 1T2016

TOTAL: -202.677’36€

16.- Rogos e preguntas

I.- PREGUNTAS PSOE

1.- Explicacións pola suba do PMP. O interventor respone que a dificuldade deriva do programa de contabilidade ao non dar a empresa atendido o mantemento do programa nas mesmas datas en tantos concellos. Varela intervén que non é por limitar as preguntas, mais que iso ben llo podía preguntar a el e non traer a cousa ao pleno. Raquel di cando teñen previsto saír do plano de axuste. O interventor di que xa contaba estar fóra e que están estudando. Ten dificuldades para explicar algo tan complexo.

2.- Verquidos no río Asma. Castor di que si na zona do Sangoñedo. Xa tiveron aviso de Medio Ambiente. É a rede de sumidoiros de Asdeme que a bomba párase ou queímase e verque ao río. Fai un mes. Augas fecais, bombéanse ao sumidoiro de arriba.

3.- Os alimentos porque non se fixo un regulamento, cales son os motivos? Que conste en acta que o PSOE non fixo achegas porque o borrador puña regulamento e coidaba que viría a pleno. Pamela di que son normas non regulamento. Diéguez di que non ten nada que ver unha cousa para todos (regulamento auditorio) cos alimentos (só para algunhas persoas). Raquel di que no borrador figuraba regulamento. Varela di que se están dando en base aos servizos sociais sen trampa nin cartón.

4.- O centro de día… Varela di que hoxe mesmo comezou a actividade, aínda que non o van inaugurar até despois das eleccións.  O secretario brinca con se Inta vai apresentarse ás eleccións. Varela di que non pero non o van inaugurar igual, a ver para máis adiante… Lembrámoslle desde a CUP que a lexislación prohibe as inauguracións en campaña electoral.

5.- Ponto de recollida de animais. É a 5ª vez que preguntan. Castor di que xa están as salas [de curas] medio feitas, mais estiveron co traslado do centro de día precisamente. Non pode dar unha data.

6.- O Expediente de crédito remitiuse ao Consello Consultivo? O secretario di que non. Porque pregunta Raquel. Porque non está preparado para o envío o expediente contesta o secretario. O interventor di que cria que si e tanto el como o alcalde móstranse sorprendidos e Varela di “pois urxe”. O secretario molesto polo cinismo aclara “estando 2 días á semana acumulado se todo depende de min é complicado”. Raquel insta ao interventor a colaborar.

7.- Pregunta polos herbicidas en Chantada. Castor di que na moción só se aprobou que non se empregase o glifosato e que non o empregan. Son herbicidas practicamente inocuos e en zonas onde sería moi complicado facelo á man.

8.- Héctor pregunta pola pista que vai do Montes a Argozón. Na ponte xa fastidiou un coche o motor. Varela di que van ir estes días, que a culpa é do tempo que estivo chovendo. Héctor pide que se sinalice polo menos.

 II.- Preguntas PP

1.- PMP en 54 días e desaforro. O interventor di que é algo puntual “hai que verlo en el ciclo de 12 meses e no es relevante”.

2.- Exención de vehículos e segue a Deputación pasando recibos á xente. Varela recoñece que hai algúns problemas.

3.- Decreto 66/2016 fala da directora da piscina municipal. Existe no cadro de persoal como tal directora? Castor di que si.

4.- Pista Nogueira-Navallo vai por mancomún en parte e as árvores coas raíces deterioran a pista. Varela di que pasa o mesmo en varios sitios, como Brigos-Eiriz. Ou antes de chegar Ás Casas vindo de Trasouteiro.

5.- Verquido. Estivo toda a semana verquendo. Varela di que non. A ver se dan feito o bombeo de Asdeme directo para aquí, hai que dicir que alí chega de todo que a xente é moi… que chega de todo menos auga.

6.- Pregunta pola rúa Taboada se o soltar é de titularidade municipal ou sigue o litixio co Voces. Varela di que o susposto propietario quere arreglar co concello e que no seu momento saberá o pleno o arranxo.

7.- Pregunta por se chegou o PIA do centro de día. Varela di que leva iso Cándida Carnero e que el non sabe. Fente di que se fala que cando gobernan varios partidos non hai comunicación, mais cando goberna un único partido vese que tampouco…

III. Rogos e preguntas CUP

1.- Mediante o Decreto da alcaldía nº 40/2016, de 14 de marzo de 2016 apróbase o marzo orzamentar para o período 2016-2019 en cumprimento da Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de baril, de Estabilidade orzamentar e sustentabilidade financeira. A nosa formación quere saber que criterios se seguiron para elaborar estes marcos orzamentares 2017-2019. O interventor di se podemos repetir a que nos referimos. Son criterios xenéricos por medio dunha simulación. Non se fixo cunha análise exhaustiva. Non, xa, diso xa se dá de conta calquera ao ver que non hai variacións para tres exercicios. Os concellos téñeno moi complicado…

2.- Desde o 1 de decembro de 2015 o Goberno leva aprobado gastos en penso calórico para as piscinas por valor de 18.521,46 e nas facturas non obran as cantidades en quilos ou toneladas do que se factura, co cal é moi difícil facer un seguimento do que está cobrando a Gestcalor. Facemos fincapé en que nas piscinas deberíase mellorar moito a contabilidade e transparencia das súas contas. Figurarán nos albaráns. Seguramente, nós referímonos ás facturas aprovadas en XGL, en todo caso rogamos que se nos mande a como sae o quilo.

3.- Na P.O. 920.227.99 “Outros traballos realizados por outras empresas” figura un pago de 4.008’37€ á empresa Bona Fide Tributos Locais por asistencia técnica na inspección da taxa polo emprego do solo, subsolo e voo nas vías públicas. Poden explicarnos que é o que realizou esta empresa exactamente e porque no concello non é capaz de facelo? O interventor di que son especialistas en facilitar información para facer actas de inspección a compañías eléctricas e supón gañar milleiros de euros. Contentos. Varela pregúntalle se se pode cuantificar o que supón. O interventor di que sobre 20 ou 30.000€ que el ao principio era céptico, mais que está subindo. Está facendo el de inspector.

Tamén figura nesa mesma P.O. 920.227.99 a empresa de Pontevedra Deplat S.L. por “asistencia técnica en traballos de actualización” sen maior explicación. Poden dicirnos que fixo exactamente esta empresa que percibiu 1.749,06€? Varela di que Deplat fai traballos sobre a regularización catastral para revisar fallos. Devolucións a quen se lle fixo mal.

Vaise contar con esta empresa ou algunha outra para un servizo semellante relacionado coas taxas? Tense prensado traballar con estas ou outras se o permiten as contas ao superar os 18.000€ anuais.

4.- A empresa Wurth factura 522,47€ en silicone de 200 mililitros. Ten que deberse esa factura a algún outro concepto que agradecemos que se nos explique. Non saben. Rogamos que comproben esta factura.

5.- Aparece unha subscrición concertada coa asociación El Enjambre ao xornal La Voz de Galicia e unha a maiores do concello. Rogamos se nos transmita ese concerto que existe coa asociación El Enjambre xa que o descoñecemos totalmente. A maiores, cantas subscricións a este xornal subscribe este concello? Sorpréndelles, ao mellor é algo fraccionado. Dicimos que o noso fallo foi non anotar o número de factura, mais que buscaremos. Din que pode ser… convenio que non hai…

6.- Apareceron as inversións da Deputación de Lugo en diversos concellos entre os que, como era de agardar, non figuraba Chantada. Unha mala e moi triste nova. Alén do espectáculo que está dando a Deputación e que non imos valorar agora,  que investimentos deste organismo con máis de 90 millóns de euros de orzamento vai recibir Chantada alén do cativo POS? Varela di que o POS que será de 92 ou 93.000€ Javier Medela di que 95.000.

7.- Aparece unha sanción por valor de 240,40€ por danos no dominio público, poden explicarnos isto? Será da depuradora, di Varela. O interventor incide en que de cando en cando chegan estas sancións aos concellos por “chorradas”.

8.- Figura na XGL do 19 de abril a asunción do IBI e da comunidade por parte do concello do baixo sito na rúa Ribeira Sacra, 5, que desde hai anos emprega o concello como almacén e polo que non paga aluguer. Polo que si paga é polo Telecentro da mesma propietaria. Non sería mellor celebrar un contrato novo e facer as cousas ben? Coidan que non é necesario.

9.- No pleno ordinario de xaneiro preguntámoslle por un escrito da AMPA do CEIP Xohán de Requeixo reclamando varias melloras. Díxosenos que se ían facer por parte de Manuel Varela e Diego Otero. Que se fixo pois? Diego Otero di que as competencias do concello leváronse a cabo. Non sei se vostede sabe que hai cousa dun mes afundiuse a rúa. Hai un furado dentro do centro, xa ten constancia a Consellaría. Difícil solución. Constancia de que veu un técnico da Xunta. Técnico ou inspector? Varela di que sería un aparalledor e Diego que non era un inspector. No escrito da AMPA pedían baño a carón do comedor. Iso a AMPA debe facerllo chegar ao Consello Escolar que é o que corresponde. Non saben que fixeron con el. O que estaba na súa man todo subsanado. Castor engade que si que remitiron á Consellaría o tema do baño xa que foi el á última xuntanza e non Diego. 

10.- Na rúa dos Pilos, baixando cara o campo da feira hai unha residencia que ten unhas hedras que invaden a beirarrúa. Tendo en conta que é un feche dunha finca debería facerse cumprir a ordenanza e o mesmo cos solares baleiros. Hai veciños que solicitan que se corte. Que se faga cumprir e se non que o limpe o concello e pase a minuta. Neste mes faise informe pola policía local para advertir aos donos. O ideal se se pudera era facelo dúas veces ao ano. A finda dos pilos están fóra, mais é raro. Medela aclara que non se fixo porque o encargado desa finca está enfermo. Varela di que aínda veu onte polo concello.

11.- Decreto da alcaldía 41/2016, de 11 de marzo, polo que se rectifica o Decreto da alcaldía nº 37, de 8 de marzo. Pode explicársenos porque se anulou, tres días despois da súa aprobación, unha axuda de emerxencia social? Van facer unha ordenanza ou regulamentar as axudas de emerxencia social?

12.- No devantido decreto afírmase que a modificación contribúe aos obxectivos acordados no Plano de axuste de 29 de marzo de 2012. Porén, resulta que dunha banda ese Plano foi modificado no pleno de xaneiro –reducíndose ao IBI– polo que en nada interfería esta cuestión e doutra banda non se concretan os obxectivos aos que se fai referencia, facendo unha mención xenérica, abstracta e que aínda por riba non procede.

O mesmo podemos dicir do “estudo detallado do persoal laboral” que non se anexa ao decreto porque non existe e isto é especialmente grave porque unha modificación substancial das condicións laborais debe xustificarse tal e como fixa a lexislación vixente, por exemplo o artigo 41 do Estatuto dos Traballadores: «a dirección da empresa, cando existan probadas razóns económicas, técnicas, organizativas ou de produción, poderá acordar modificacións substanciais das condicións de traballo», ou sexa hai que probalo e hai que facelo explicitamente para alén de que nin se pode despedir nin obrigar a ningún traballador a aceptar isto se non quere. Deixámoslle constancia ao secretario, lémbrase. Di que si. O Goberno non se pronuncia.

13.- DOCUMENTO: multa de tráfico

Mediante Decreto da alcaldía nº 63 do 14 de abril de 2016 ordénase o pago dunha sanción de tráfico por exceso de velocidade que paga o concello. Poden explicarnos porque o concello se fai cargo das sancións por exceso de velocidade? Quen era o condutor e que relación ten co concello? Varela que lle parece raro… Temos o Decreto e figura a matrícula, vostede saberá o que asina, non? Após dubidar din o nome dun traballador do concello. Dicímoslle como pagan unha multa por velocidade. Raquel di que é gravísima. Indignante. Alguén de Inta di que non se pode identificar o condutor. Non nos parece tolerábel… onde queren chegar? Diéguez con moito mellor criterio di que o concello ten que saber quen anda en cada coche en cada momento. [Barullo]

14.- Xa é un clásico que pasen as mocións, teñan ou non unanimidade, polo forro da súa maioría absoluta. O mínimo é que cumpran o que se aproba en pleno e non baleirar a cámara dos representantes do pobo. Aquí aprobouse unha moción para que o concello non empregase herbicidas e resulta que ASCAN fumigou con herbicida (recoñecido polos propios traballadores) media vila de Chantada a pleno día e, o máis grave, sen sinalizar… Se é tan inocuo podería beberse e non é o caso. Pedimos que se consulte que componentes químicos e principio activo ten o produto empregado, xa que teñen obriga de dicirllo ao concello. Castor di que o aclarará.

15.- Varios pais trasladáronos a súa preocupación pola proliferación de cristais e outros elementos perigosos nas inmediacións do pavillón, que se acumulan sen que sexan retirados periodicamente. Rogamos se mellore a limpeza desta zona. Castor di que no contrato do lixo comprometeuse a empresa a todos os luns pola mañá e até entran no centro. Reflexouse no contrato precisamente. Pode quedar algún solto, mais non debería.

16.- Volvemos recibir tamén peticións para fagamos presión novamente para que as rúas nos días de feira se manteñan limpas. Lembrámoslle que xa no se día lles rogamos eficiencia neste sentido e que crearan unha ordenanza para os vendedores ambulantes, etc. A feira pasada chamou a policia local e estaba todo estrado e non empregan as bolsas. Obrigar a facelo e o que non cumpre non volve. Van ao río as bolsas. Intervén Varela após mirar o secretario para pedirnos que vaiamos rematando que non quere verse na obriga de facer un regulamento para limitarnos a dúas mocións por pleno e límite de preguntas. Contestamos que estamos rematando xa [consecuencia saltamos algunhas cuestións].

17.-  Na XGL do día 19 de abril, que durou 30 minutos por certo aínda que se trataron 14 asuntos, aprobáronse as Bases das axudas do programa de alimentos do concello de Chantada. Despois de 5 anos de Goberno, tendo maioría absoluta e sendo un tema delicado e de vital importancia nin pasaron polo pleno nin se considerou para nada o parecer dos restantes grupos. Aínda máis grave faise pasar unha decisión política, por moito que se poda apoiar en maior ou menor medida en técnicos, por unha iniciativa dos servizos sociais. Non partillamos o procedemento nin parte do contido destas bases, van facer regulamento para a emerxencia social? Non se pode regular a emerxencia di Varela, nunca ouviu tal cousa. Creo lembrar que concellos como Salceda de Caselas ou Lalín téñeno. Di que non ve como regular algo así.

18.- A XGL do 5 de abril aprobou unha factura para a Asociación Amigos de Folión por valor de 3.500€ (P.O. 338.226.09) en concepto de “Patrocinio”. Poden explicarnos isto xa que é un pago independente da subvención contemplada no Orzamento de 2016 (9.500€, P.O. 338.489.00)? Porque non se realiza un convenio ou subvención de pago único e se anda con estas historias? Diéguez di que é un pago pendente de 2015. Non se pudo pagar daquela non lembra porque. Da P.O. da subvención de turismo.

19.- A Deputación de Lugo impulsa o Proxecto teatral educativo Buxiganga. Unha boa ocasión para ter nos concellos algo orientado ao público infantil. Debemos ser o único concello da provincia de Lugo que non figura neste circuíto cultural. Por algún motivo? Diéguez di que teñen participado con este proxecto, mais que en xeral experiencias negativas e escasa asistencia. Amais non lle deixaban que fose en agosto na semana do teatro.

20.- Como é posíbel que continúen sen subirse o PXOM á web do concello? Rogamos novamente que se amplie o período de alegacións nun mes máis. Vano facer? Tería que vir a pleno? O secretario di que é interpretábel ao ser ampliar non reducir. Varela di que o estudarán se é necesarioQue actos fixeron nas parroquias? De momento ningún, imos comezar xa. Que días está a empresa en Chantada para solucionar dúbidas? Veu o outro día di Varela e espera que veña esta semana… Diéguez acredita que mañá e dinlle que non que mañá en Lugo… debate entre o Goberno… non queda aclarado o día.

21.- Desde a Rede Galega de apoio ás persoas refuxiadas comunicáronnos que van facer unha iniciativa apresentando instancias para unha acción concreta a desenvolver este día 9 de maio. Cónstanos que a instancia foi apresentada en Chantada. Que valoración ou medidas contempla o Goberno municipal? Chegounos hoxe, di Varela, non nos deu tempo a velo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s