Que é o OCIP?
O Observatorio cidadán da inversión pública (OCIP) é un grupo de traballo, análise e estudo que depende do Grupo de Traballo de Coordinación da candidatura de unidade popular Por Chantada.
Cal é o seu obxectivo?
Complementar a aposta pola transparencia que desenvolve a CUP no tocante ás contas do concello. Xa que logo, o OCIP tentará seguir, explicar e facer transparentes as contas de organismos que, sen seren o concello, manexan importantes sumas de fondos públicos e, en consecuencia, inciden para ben ou para mal na nosa sociedade. Igualmente, consideramos importante que a cidadanía teña referencias para coñecer o destino dos fondos públicos, nomeadamente das axudas públicas a entes privados.
Como funciona?
Os seus integrantes desenvolven un traballo completamente desinteresado e altruísta recabando e analizando datos que son moitas veces de difícil acceso aínda tratándose de fondos públicos. Así pois, o OCIP regúlase internamente entre os seus participantes que reparten aquelas tarefas que son esenciais para o seu funcionamento e funciona por obxectivos concretos.
Como fago para participar?
Se desexas participar é moi fácil, só tes que contactar coa CUP de Chantada mostrando a túa disposición e indicando en que gostarías centrarte, a túa disponiblidade temporal e preferencias metodolóxicas, etc.
#SomosAlternativa #CUPChantada
[…] Observatorio Cidadán da Inversión Pública (OCIP) coa súa vontade formativa e de promoción da acción política comeza a súa andaina […]
GústameGústame
[…] coa serie do Observatorio Cidadán da Inversión Pública (OCIP) facemos unha listaxe dos fondos públicos concedidos mediante subvencións en concorrencia […]
GústameGústame
[…] coa serie do Observatorio Cidadán da Inversión Pública (OCIP) facemos unha listaxe dos fondos públicos concedidos mediante subvencións en concorrencia […]
GústameGústame
[…] dentro da fiscalización que facemos do gasto público e que se complementa tamén co asinalado no Observatorio Cidadán da Inversión Pública (OCIP). Outras entregas poden consultarse nas ligazóns […]
GústameGústame