Por Chantada-CUP apresenta alegacións ao Expediente de vertido de augas residuais no río enviande e aos suplementos de créditos cos que se quere facer pagar ao concello sen dilucidar as pertinentes responsabilidades

logo-por-chantada

 

No día de hoxe, 19 de decembro de 2016, o Grupo Municipal Por Chantada-CUP vén de apresentar dúas alegacións no concello de Chantada que quere dar a coñecer e cuxo coñecemento entendemos que é importante sexa de libre acceso para que os cidadáns podan ter unha análise rigorosa para conformar a súa opinión sobre os asuntos públicos.

A primeira delas é un documento de 13 páxinas que recolle as Alegacións de Por Chantada-CUP e Asociación de Viciños Torre de Arcos ao “Expediente de vequido de augas residuais e obras en dominio público hidráulico” no río Enviande. Antes de máis queremos agraceder a confianza e o apoio da entidade viciñal na defensa do patrimonio natural de todas e todos, non só da viciñanza da parroquia de Arcos. Pola nosa banda, xa anunciaramos que iamos estudar o expediente e apresentar, se procedía, alegacións, perplexos perante a deixadez do Goberno local (as súas razóns terán opostas polo que se ve a velar polos intereses xerais). A seguir, indicar que o documento, pode leerse integramente nesta entrada, consta dunha exposición inicial dos motivos que nos levan a apresentar estas alegacións (pp. 1-5), continuando por 7 alegacións onde detallamos os principais aspectos do proxecto e do vertido que pomos en causa (pp. 5-12) e, por último, unha solicitude composta de 5 pontos (pp. 12-13).

 

O segundo documento é a Reclamación en trámite de exposición pública de expedientes de Suplemento de Crédito 02/2016 e 03/2016 onde explicamos todo o proceso desde o comezo, adxuntamos boa parte da documentación e, entre outras moitas cuestións, sinalamos as irregularidades que, ao entender do noso grupo e fundamentándonos no ordenamento xurídico vixente, existen en todo o proceso: máis de 600.000 euros en obras fraccionadas en contratos menores contratadas verbalmente e a dedo sen proxecto nin consignación orzamentar, prescindindo (tal e como recoñeceu o concello ao declarar a nulidade dos actos) total e absolutamente do procedemento. Consta de 20 páxinas que constitúen un completo dossier sobre todo o proceso mediante o cal procuramos informar á opinión pública ao tempo que evitar que o concello perda nin un só euro por malas praxes e/ou actuacións irregulares.

Todas estas cuestións achamos que poden levar aparelladas responsabilidades patrimoniais e xurídicas que deberán ser esclarecidas a fondo, xa non só polo Concello de oficio senón polo Consello de Contas, entre outros. O que non se pode, desde logo, é “cargarlle o morto” á Facenda local a través dun pleno extraordinario urxente sen entregar a documentación en tempo e forma e sen xustificar a urxencia no momento da convocatoria, aspectos que tamén nos levaron en días pasados a formular unha reclamación.

No caso deste segundo documento, o proceso segue en andamento e non descartamos ningunha actuación para defender os intereses de todas e todos.

CONFIRA OS DOCUMENTOS (PDF):

Reclamación en trámite de exposición pública de expedientes de Suplemento de Crédito 02/2016 e 03/2016

Alegacións de Por Chantada-CUP e Asociación de Viciños Torre de Arcos ao “Expediente de vequido de augas residuais e obras en dominio público hidráulico” no río Enviande

 

#SomosAlternativa #CUPChantada

 

stopfeminicidios

 

3 comentarios en “Por Chantada-CUP apresenta alegacións ao Expediente de vertido de augas residuais no río enviande e aos suplementos de créditos cos que se quere facer pagar ao concello sen dilucidar as pertinentes responsabilidades

  1. […] O PSOE pergunta pola cantidade de Augas de Galiza e Varela que están agardando polos dados dos últimos 3 anos [!]. Prosegue o PSOE dicindo que tamén lles preocupa o Enviande e que espera que non se leva a cabo. Varela di que esa é unha loita distinta e que se a Condeferación e a Xunta lle dan os permisos hai pouco que facer… O PSOE di que espera que non sexa así. [Neste ponto, que non ten a ver stritu senso cos vertidos mencionados na moción lembramos que a CUP levou esta cuestión aos parlamento galego e europeu e que apresentamos as seguintes alegacións]. […]

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s