Seguindo coa serie do Observatorio Cidadán da Inversión Pública (OCIP) facemos unha listaxe dos fondos públicos concedidos mediante subvencións en concorrencia competitiva por parte da Deputación de Lugo ás entidades culturais chantadinas. En días pasados xa publicamos as que subvencións da Deputación para entidades e clubes deportivos.
Incorporamos tamén un cadro final no que lembramos as subvencións nominativas que o concello de Chantada contemplou no orzamento de 2016 para esas mesmas entidadades non ronsel das informacións periódicas que facilitamos para cumprir o noso compromiso coa transparencia e a difusión do emprego dos fondos públicos.
Boa leitura.

Listaxe subvencións de CULTURA da Área de Cultura, PHA, Artesanía e Deseño para o ano 2016 (entidades do concello de Chantada)
Ver resolución publicada no BOP, de onde foron tirados os dados que contén esta entrada (PDF): listaxe-subvencions-de-cultura-da-area-de-cultura-pha-artesania-e-deseno. Para ponderar correctamente dos dados repárese que o concello de Chantada conta con 2.49% da poboación do ámbito provincial (dados INE para 2014). No mesmo BOP tamén aparecen as novas bases laborais do concello de Chantada após o recurso de resosición apresentado por Por Chantada-CUP que paralizou as primeiras por irregularidades.
(Última actualización 19/01/2017 ás 12:45 horas)
ENTIDADE |
CONCEPTO |
CANTIDADE |
SUBVENCIONS PARA ENTIDADES ASOCIATIVAS CULTURAIS. CATEGORÍA ANUAIS PERMANENTES |
||
Asociación cultural Amigos do Folión |
Folión de carros |
1.284 |
Asociación cultural O Castanhazo |
Concurso cantos de taberna, obradoiro de regueifas, magosto e outros |
1.177 |
Asociación Cultural Faro-Miño |
Mostra de teatro popular Maruxa Villanueva |
1.043 |
Asociación cultural Airoá Comunicación |
Proxecto documental O Moredo: a resistencia do Entroido Ribeirao |
1.060 |
Asociación cultural Irmandade Cultural País do Faro |
Publicación revista Alicerces |
1.016 |
Banda de música de Chantada |
Concertos, II Ciclo de outono e exposición |
953 |
Asociación Cultural Casa da Música |
Aulas de música, baile e danza |
926 |
Associação Cultural Liviao de Marrao |
Foliada, rodaxe e produción dun clip e exposicións |
908 |
Asociación cinematográfica Chantada Films |
Rodaxe dunha curtametraxe |
846 |
Coral Polifónica Chantada |
Curso de técnicas vocais, linguaxe musical, solfeo e vocalización |
812 |
Asociación de viciños San Xoán da Alameda |
Actividades culturais 2016 |
Desestimada |
TOTAL CHANTADA |
10.025 (4.01% do total) |
|
SUBVENCIONS PARA ENTIDADES ASOCIATIVAS CULTURAIS. CATEGORÍA EVENTOS |
||
Centro de animación e desenvolvemento cultural Santo Tomé de Merlán |
Feira das cabras de Merlán |
697 |
Asociación cultural O Castanhazo |
Castanhazo infantil: obradoiro e actividades infantís |
678 |
Sociedade cultural e gastronómica luso-galaica |
Escolma etnográfica do Entroido Ribeirao |
666 |
Asociación cultural Amigos do Folión |
Obradoiro de recuperación e posta en valor da tradición dos carros |
647 |
Asociación cultural Airoá Comunicación |
Pingueira 2016. Encontro trendisciplinar de co-aprendizaxe en contexto |
628 |
Asociación cultural Amigos do Románico da Comarca de Chantada |
Acto cultural de igrexa de Pesqueiras románica |
620 |
Asociación Cultural Faro-Miño |
Divulgación na Internet de Ánxo Gómez Montero “Artista e Señor” |
593 |
Asociación Treboada de Ideas |
Posta en valor e divulgación na Internet dos pombais no concello de Chantada |
574 |
Coral Polifónica Chantada |
Festival panxoliñas 2016 |
516 |
Asociación de viciños San Xoán da Alameda |
Viaxe cultural |
397 |
TOTAL CHANTADA |
6.016 (4.01% do total) |
Contía total das subvencións deportivas por entidade |
||
ENTIDADE |
Subv. Deputación 2016 (concorrencia competitiva) |
Subv. Concello 2016 (nominativas) |
Asociación do Carme Festas Patronais |
Non solicita1 |
40.000€ |
Asociación cultural Casa da Música |
926 |
35.0002 |
Amigos do Folión |
1.931 |
9.500 |
O Castanhazo |
1.855 |
3.000 |
Airoá Comunicación |
1.688 |
Non recibe3 |
Coral Polifónica Chantada |
1.328 |
3.000 |
Faro-Miño |
1.636 |
Non recibe |
Asociación conde de Pallares |
Non solicita |
1.500 |
Irmandade Cultural País do Faro |
1.016 |
Non recibe |
Banda de música de Chantada |
953 |
Non recibe4 |
Associação Cultural Liviao de Marrao |
908 |
Non solicita |
Chantada Films |
846 |
Denegada |
Santo Tomé de Merlán |
697 |
Non recibe |
Luso-galaica |
666 |
Non recibe5 |
Amigos do Románico |
620 |
Non recibe |
A.V. San Xoán da Alameda |
397 |
Non recibe6 |
Amigos do Entroido Ribeirao |
Non solicita |
600 |
Asociación Treboada de Ideas |
574 |
Non recibe7 |
TOTAL |
16.041 |
92.600 |
1A Festa da empanada 2016 recibiu unha subvención nomitativa de 3.000 euros da Deputación de Lugo.
2Ao que cómpre engadir o custe do mantemento das instalacións que tamén asume o concello e diversas actuacións relacionadas coas actividades da Casa da Música. Só entre xuño-decembro de 2016 no auditorio e na casa da música (incluída a reforma do ar acondicionado, limpeza cristais, pintura, electricidade…) houbo uns gastos 12.917,23€.
3 O director do documentario O Moredo, David Vázquez, recibiu do concello unha pequena colaboración mediante abonado de factura directa, de 484€. O documentario recibe tamén, através de Airoá unha pequena axuda da Deputación de Lugo,como queda reflectivo no cadro. Por súa parte, con Airoá tamén se relaciona Televinte que recibe tamén fondos municipais, sen convenio e por facturas periódicas e recorrentes, por un total de 12.100€ entre xaneiro e agosto de 2016. A Deputación tamén abonou os custes dun traballador da canle local a través do programa de emprego Ben Empregado, que financia o 100%.
Cómpre lembrar que este procedemento do concello é totalmente irregular perxudicando aos propios beneficiarios pola súa discrecionalidade e arbitrariedade, ao pagar un servizo ou unha subvención encubertamente e sen garantías, pasándoo por un contrato menor. Para un maior detalle do que o concello gasta na imprensa véxase estoutra entrada da nosa bitácora: https://porchantada.wordpress.com/2015/12/17/as-contas-do-concello-i-o-financiamento-da-prensa/
4Recibe, mediante contrato asinado aínda en 2015, 750 euros mensais (9.000 euros anuais), para alén doutras axudas para o Outono cultural, etc. polo método de abonado de facturas directamente sen convenio. Por este método hai varias entidades que reciben fondos municipais, mais non os incluímos no cadro ao non podermos facer neste momento unha relación exhaustiva.
5Recibe mediante o abono de facturas directas unha substancial retribución en relación con gastos de protocolo (comidas) e outros polo Billó de ouro, principalmente. Non podemos, no entanto, dar unha cifra anual neste intre.
6Só nos consta o abono dunha factura directa por parte do concello, a nº 1726, por importe de 300€ e concepto “Realización actividades cultura 6 de agosto”.
7Non nos foi posíbel identificar na rede nada en relación coa subvención que recibe este colectivo da Deputación. Aclarar que leva recibindo apoios deste organismo desde hai xa bastantes anos.