No día 22 de marzo de 2017 o grupo municipal Por Chantada-CUP rexistrou un recurso de reposición ao recoñecemento extraxudicial de crédito 2/2017 ao entender que hai responsabilidades que deben ser derimidas por un uso discrecional dos fondos públicos do Concello e fóra de todo procedemento e control, que cómpre lembrar sufragamos cos nosos impostos toda a cidadanía. Así pois, a CUP entende que estamos perante un caso de nulidade de pleno direito ao existir, en palabras do informe da interventora municipal, «omisión no expediente de requisitos ou trámites esenciais» ao tratarse de «gastos repetitivos no tempo, dos cales Intervención non ten documentación, polo cal, estanse a fraccionar» incumpríndose, entre outras disposicións, o tocante aos requisitos esixidos pola lexislación para a contratación pública.
Polo anterior pedimos que se abra expediente de oficio para determinar as responsabilidades e proceder a resarcilas pola vía procesual correspondente, de tal xeito que non repercutan os custes destas condutas
irregulares e non axustadas a direito na facenda pública, ao tempo que se expediente e sancione o seus responsábeis conforme á legalidade vixente e se remita informe xurídico-económico con epígrafe conclusiva e propositiva ao Consello Consultivo e ao Consello de Contas da Galiza para que se pronucien sobre o mesmo.
Texto completo en pdf: Recurso expediente extraxudicial 2_2017