MOCIÓN PARA IMPULSAR UN ESTUDO SOBRE A INCIDENCIA DO CANCRO NO CONCELLO DE CHANTADA E A ADOPCIÓN DE MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE ESTA DOENZA

 

Moción íntegra en pdf:

Moción de Por Chantada-CUP para impulsar un estudo sobre a incidencia do cancro no Concello de Chantada e a adopción de medidas preventivas fronte esta doenza.

#SomosAlternativa #CUPChantada

Por Chantada-CUP proporá no vindeiro pleno un paquete de medidas en relación co cancro e coa súa incidencia no Concello de Chantada.

En primeiro lugar, na nosa moción propomos instar á Xunta da Galiza para que desenvolva un estudo sobre a incidencia do cancro no noso Concello co alvo de coñecer os factores ambientais que orixinan esta doenza e para adotar medidas preventivas. Tamén propomos instar á Deputación de Lugo a desenvolver medicións e un estudo sobre a incidencia do gas radon na provincia -principal causante do cancro de pulmón despois do tabaquismo-, así como o impacto nas capas freáticas da lixiviación dos minerais expostos aos elementos nas minas abandonadas.

No tocante ao Concello de Chantada, debería efectuar medicións nos edificios públicos e sensibilizar dos perigos do radon á cidadanía. Ao tempo, propoñemos dirixirnos ás universidades galegas solicitando asesoramento e materiais sobre a incidencia do cancro e a perigosidade do radon e dos fitosanitarios.

Para garantir a calidade das nosas augas solicitamos que se licite publicamente a contratación para a realización de
análises trimestrais da totalidade das fontes públicas do concello, cuxos resultados deberían publicarse na páxina web do Concello. Nesta mesma dirección vai a petición da Candidatura de Unidade Popular de solicitar  a Viaqua un informe onde se identifiquen os principais problemas no tocante á calidade das augas e os vertidos que presentan oupresentaron problemas nos últimos 4 anos, indicando o estado actual da cuestión e as medidas correctoras contempladas ou en curso de execución.

Por último, pulamos por lanzar en 2018 o I Congreso sobre a incidencia do cancro no rural galego: alternativas desde o eido local, organizado en parcería polo Concello e as entidades cívicas locais ligadas co eido da saúde.

 

2 comentarios en “MOCIÓN PARA IMPULSAR UN ESTUDO SOBRE A INCIDENCIA DO CANCRO NO CONCELLO DE CHANTADA E A ADOPCIÓN DE MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE ESTA DOENZA

  1. […] ligada ao gas radon. Sobre isto, xa alertamos no pleno ordinario de 8 de maio de 2017, através da Moción de Por Chantada-CUP para impulsar un estudo sobre a incidencia do cancro no Concello de Chan…. No Pleno ordinario de novembro de 2019 formulamos unha pergunta, xa que fomos coñecedores de […]

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s