Para o pleno do 8 de maio rexistramos por escrito a solicitude de aclaracións sobre o PEP (Plano de Especial Protección do Casco Histórico de Chantada) demandando novamente que se volvese a súa aprobación inicial dadas as numerosas irregularidades detectadas na súa deficiente tramitación entre abril de 2015 e febreiro de 2017. Esta deficiencias consistiron en que se ocultou documentación aos concelleiros da oposición no pleno de abril de 2014 ou que non se notificou o acordo aos proprietarios até decembro de 2016, ou sexa fóra de calquera prazo razoábel após a aprobación inicial.
No pleno ordinario de marzo o proprio Manuel Varela dixo o seguinte, así o recolle a acta (páxina 60):
É mellor tramitalo de novo. É un erro. Non hai ningunha ilegalidade e tampouco intención de ocultarlle información, contamos que sexa a primeiros de abril, xa me puxen en contacto co redactor do proxecto e virán a Chantada se fai falta.
No entanto, dous meses depois Inta non só pospón a cuestión até aprobar o orzamento de 2017, senón que tenta descargar na empresa #EPTISA a responsabilidade de non querer volver facer a aprobación inicial para gañar tempo.
É máis, en declaracións a Televinte Chantada o acalde de Chantada restoulle importancia ás pegas ao proxecto de aparcadoiro, defendéndoo coa falaz coartada da peonalización e sabendo que o PEP cos erros na súa tramitación actual non resistiría un contencioso, para alén de que se coartou totalmente a participación cidadá e non se tivo en conta a opinión dos viciños.
Pois ben, desde a CUP, acreditamos que a mellor ferramenta é dar información á cidadanía e que xulgue por ela mesma. E dado que unha imaxe vale máis que mil palabras deixámosvos a mostra da dimensión e do impacto que ten o proxecto de aparcadoiro (a área marcada como UI-1). Como se ve ocupa toda a ribeira do Asma desde onde o Casco Histórico oferece precisamente as mellores vistas, nunha área de alto valor paisaxístico e ecolóxico e que acreditamos que debería ser unha zona verde ou hortas urbanas.
A grande pergunta é… hai algo que non se nos está contanto? Que novidade houbo nos dous últimos meses para este pinchacarneiro de Manuel Varela? Imos permitir que uns poucos que levan facendo e desfacendo 20 anos en Chantada arrasen valores patrimoniais, medioambientais e turísticos como xa aconteceu antes coa praza de Santa Ana, coa Torre de Vilar de Eiriz, con Xoan XXIII, etc.?
Só a presión popular obrigará a que se volva a tramitar inicialmente o PEP e a obrigar a Inta a retirar o esperpéntico proxecto de aparcadoiro. É a hora de defender desde o sentido común o noso futuro!
#SomosAlternativa #CUPChantada
[…] menores e irregularidades na facenda pública, continuos reparos da intervención municipal, proxectos disparatados que poñen en perigo o casco histórico, etc. Chantada non se pode permitir seguir secuestrada por unha minoría que leva 20 anos instalada […]
GústameGústame
[…] xurídico e que pode concretar esa blindaxe que se demanda. Non nos preocupa só a barrabasada do aparcadoiro na unidade de intervención 1 (UI-1) do actual proxecto, mais tamén a xestión de alturas, soterramento de cabos e xestión do […]
GústameGústame
[…] pasada lexislatura Por Chantada alertou do perigo que corrían as hortas urbanas do casco histórico. A reacción viciñal, mesmo recollendo sinaturas, e a indignación xeral da cidadanía frearon, ao […]
GústameGústame