Crónica do pleno ordinario do 08/05/2017

 

O pleno comezou ás 20:08 horas coa presenza dos 13 concelleiros do Pleno mais a secretaria e a interventora municipais. Foi un pleno bronco onde se evidenciou máis unha vez a total falta de repeito pola lei e polo debate democrático por parte de Inta, quen leva meses baleirando o pleno de calquera contido en canto o Concello segue sen iniciativa e na parálise.

1.- Aprobación da acta da sesión anterior do 13 de marzo de 2017.

A voceira do PSOE fai unha corrección e o voceiro da CUP varias. O rascuño da acta do pleno do 13 de marzo de 2017 pode consultarse aquí (.doc): acta pleno ordinario 13-03-2017.

 

2.- Moción de Por Chantada-CUP para impulsar un plano comarcal de compostaxe de residuos.

Texto da moción en pdf.: Moción de POR CHANTADA-CUP para impulsar un plano comarcal de compostaxe de residuos .

Esta moción, así como todas as apresetandas desde Por Chantada-CUP a pesar de remitirse en tempo e forma e seren incluídas como pontos diferenciados na orde do día non chegaron nin a debaterse por decisión de Manuel Varela e do grupo municipal Inta.

Na propria orde do día do pleno xa figuraba un reparo da secretaria municipal, indicando como deben formularse os recursos perante as deficiencias da convocatoria, xa que se convocou o pleno sen facer as preceptivas comisións informativas e, en consecuencia, incumprindo o fixado pola lei (ROF). Isto pode constantarse aquí: CONVOCATORIA PLENO 08.05.2017.

Varela e Inta tentaron encobrir a súa irregularidade votando as mocións de Por Chantada-CUP como se fosen de urxencia. Fente sen chegar a participar da suposta votación invoca unha cuestión de orde e que a secretaria aclare as consecuencias xurídicas desa votación e se o pleno é impugnábel por mor de incumprir a lei e quebrar a conformación da vontade dos órganos colexiados. Varela di que agardaron ao último momento para ver se Fente accedía a mudar o pleno para incluír o orzamento municipal. Fente retruca que non se escude no que non é que con el ninguén falou. Varela di que o chamou e que non lle colleu. Fente di que non que recibiu mail da secretaría sen ningunha aclaración de porque se quería mudar o pleno e que o orzamento non está para a semana que vén, diríxise á interventora e esta di que ela non fai o orzamento que é cousa de Inta. Fente lembra que en decembro se convocou un pleno que logo non serviu para nada xustificado na urxencia e atropelando á oposición. Que en xaneiro accedeu a mudar o pleno de data, mas advertindo que ou se facía un calendario e se xustificaban ben as mudanzas ou non volvería acceder a esta arbitrariedade toda vez que existen obrigas laborais e de axenda que atender.

Fente solicita que a secretaria aclare as consecuencias xurídicas da votación e da non convocatoria do pleno. A secretaria di que xa fixo a advertencia na orde do día. Fente di que debe aclarar o solicitado do ponto de vista xurídico. A secretaria dia que tiña que haber ditame antes do pleno, nas comisións informativas, que son obrigatorias, efectivamente, para os Concellos de máis de 5.000 habitantes. Indica que podería debaterse xuridicamente se as mocións deben pasar polas comisións informativas, mais que está fóra de discusión ao pasaren sempre no Concello de Chantada polas CI (de feito, estas se aprobeiraron en marzo para botar abaixo dúas mocións de Por Chantada). A secretaria entende que a CI é órgano de estudo para o pleno e os rogos e perguntas da mesma serven para controlar tamén a xestión municipal polo que son ineludíbeis do ponto de vista xurídico. A secretaria explica que hai artigos no ROF que poderían permitir esa votación: o artigo 82.3 do ROF permite que o presidente someta asuntos de urxencia a votación sen que foran informados previamente na CI (mais neste caso nin eran asuntos de urxencia nin existiu CI). A propria secretaria aclara que debera convocarse previamente a CI polo que non ten garantía de que este procedemento sexa válido.

Raquel do PSOE intervén para pedir sentido común e que se achegue a un acordo entre as partes e que non convocar a Comisión Informativa foi unha ilegalidade. Di que hai que informar a todos os concelleiros e ter o acordo de todos para poder mudar un pleno. Pergunta á secretaria se se incorre en fraude de lei ou non ao votar.  A secretaria di que non pode dar opinión ao respeito. Pode ratificarse a inclusión no pleno das mocións, en todo caso. A cuestión é que non se convocou a CI. A voceira socialista volve perguntar que consecuencia se deriva se é declarado nulo e toda a Corproación concorda… A secretaria di que a nulidade debe votala a Corporación após ditame do Consello consultivo e que leva tempo, alguén debe, contodo, impulsar a nulidade.

Manuel Varela intervén para dicir que xa que o voceiro da CUP pon en causa as súas propias mocións retira os pontos da orde do día. Fente retruca que non vai votar algo sen saber as consecuencias e o alcance xurídico desa decisión e que o único que fai é velar pola legalidade. Lémbralle ao alcalde quenon ten autoridade para facelo e que, tal e como acaba de explicar a secretaria, hai que votar cando menos se se admiten ou non por urxencia e que aclaradas as dúbidas legais se entende que esta votación non anula a impugnabilidade do pleno, mais tampouco obriga a nada por votar a favor ou en contra ou ten consecuencias. Varela insiste en retirar as propostas. Fente lembra novamente que deben ser votadas. Varela insiste en que se retiran xa que non está seguro de que non se vai impugnar. Fente di que se pode impugnar igual aínda que se retiren como xa explicou a secretaria, xa que o que vicia a conformación da vontade do órgano colexiado é a non convocatoria da comisión informativa e non a inclusión das mocións nin a súa ratificación ou non por urxencia que, en todo caso, é un apaño de dubidosa legalidade para saltar a falta de ditame da CI. O voceiro da CUP engade que parece mentira que sexa o que menos tempo leva no pleno vistas as actitudes e descoñecemento da lei A secretaria intervén para dicir que hai que votalas e unha por unha, efectivamente, intentando darlle amparo ao pleno cos artigos do ROF 82.3, aínda que coa particularidade de que non houbo CI, o 97.3 que remite ao 91.4 (urxencia) e o 126.2 que fai referencia aos asuntos non ditaminados na CI e dos que debe darse conta na segunte comisión informativa.

VOTACIÓN: 4 votos a favor (Por Chantada-CUP e PSOE), 2 abstencións (PP) e 7 votos en contra (Inta).

3.- Moción de Por Chantada-CUP para a aprobación dun protocolo de actuación do Concello de Chantada perante a aplicación de fitosanitarios no seu termo municipal.

Texto moción en pdf: Moción Por Chantada-CUP para aprobación dun protocolo de actuación na aplicación de fitosanitarios.

Votación: 4 votos a favor (Por Chantada-CUP e PSOE), 2 abstencións (PP) e 7 votos en contra (Inta).

4.- Moción de Por Chantada-CUP para impulsar un estudo sobre a incidencia do cancro no Concello de Chantada e a adopción de medidas preventivas fronte a esta doenza.

Texto moción en pdf: Moción Por Chantada-CUP para impulsar un estudo sobre a incidencia do cancro

Manuel Varela propón para axilizar votar os pontos 4º e 5º xuntos e a secretaria dille que non, que deben obrigatoriamente votarse separadamente.

Votación: 4 votos a favor (Por Chantada-CUP e PSOE), 2 abstencións (PP) e 7 votos en contra (Inta).

5.- Moción de Por Chantada-CUP para apertura de expediente de depuración de reponsabilidades no Concello de Chantada por continuadas irregularidades en relación coa facenda pública.

Texto moción en pdf: Moción de Por Chantada-CUP para apertura de expedientes de depuración de responsabilidades no Concello de Chantada por irregularidades na facenda pública.

Votación: 4 votos a favor (Por Chantada-CUP e PSOE), 2 abstencións (PP) e 7 votos en contra (Inta).

6.- Mocións e asuntos de urxencia.

Non se apresentaram. Aqui é onde Inta queria meter as mocións que figuraban na orde do día diferenciadas como pontos de seu. No entanto, incoherentemente con este parecer remataron votando contra a súa “urxencia”. O resultado é que se perverte o funcionamento do pleno e se impide a Por Chantada-CUP e aos restantes grupos o debate e apresentación de emendas nos plenos ordinarios (únicos nos que se poden apresentar mocións, rogos e perguntas).

7.- Dacións de conta de resolucións da alcaldía.

 

Rogos e perguntas

A orde foi PSOE, PP e Por Chantada-CUP. No entanto, imos alterar neste resumo a orde, xa que Por Chantada apresentou perguntas por escrito e orais e sendo estas mais pómolas en primeiro lugar. Por razóns de eficacia numeramos como 9 as perguntas orais do PSOE e 10 as do PP, aínda que na orde do día todas estarían dentro do ponto 8.

8.- POR CHANTADA-CUP

8.1.- Perguntas por escrito de Por Chantada-CUP

Antom Fente Parada, voceiro do Grupo municipal Por Chantada-CUP, invocando artigo 97.7 do ROF e con máis de 24 hora de antelación rexistro os seguintes ROGOS E PERGUNTAS para que sexan contestados na sesión ordinaria do 8 de maio que vai que vai celebrar o PLENO do concello de Chantada. Agradecemos que as respostas sexan tamén por escrito para evitar a súa imprecisión ou demorar innecesariamente a sesión ordinaria. [Non só non se contestou por escrito, senón que nin se traían preparadas as respostas].

8.1.1.- Comisións informativas (non se contestou)

8.1.1.1.- Cal é a razón para non convocar as comisións informativas preceptivas do pleno ordinario a pesar do recollido nos artigos 134 e ss. Do ROF que explicita que deben ditaminarse os asuntos na comisión correspondente e que Chantada ao ter máis de 5.000 habitantes debe celebrar comisións informativas? Non se contestou.

8.1.1.2.- Que consecuencias xurídicas pode ter ao xuízo da señora secretaria este feito? Son os acordos do pleno nulos de pleno direito? Non se contestou.

8.1.1.3.- Pode aplicarse o artigo 47.e) da Lei 39/2015, de 1 de outubre, do Procedemento Administrativo Común de las Administracións Públicas que determina como nulos de pleno direito aqueles actos «ditados prescindindo total e absolutamente do procedemento legalmente estabelecido ou das normas que conteñen as regras esenciais para a formación da vontade dos órganos colexiados»? Non se contestou.

8.1.1.4.- Un incumprimento deste tipo non debería ter un reparo explícito da secretaría municipal a teor do disposto ao respeito en sentenzas como a do xulgado do penal nº 4 de Sevilla (23/05/2013)? Non se contestou.

8.1.2.- RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan subvencións destinadas ao financiamento de plans de formación das entidades locais de Galiza para o ano 2017, no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas.

Acolleuse o Goberno a esta liña de axudas para financiar planos de formación para o emprego? Non, quen máis accións formativas fai é a Deputación de Lugo e teñen pasado por alí as xornadas de formación.

8.1.3.- Resolución do 24 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro do Plan específico extraordinario de investimentos destinado á mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galiza (Diario Oficial de Galiza número 120, do 27 de xuño).

En devandita resolución aparecen numerosos concellos con cantidades por volta dos 30.000€ en axudas (da comarca Carballedo 34.998,90€, da Ribeira Sacra Sober con 33.057,85€ e de máis de 8.000 habitantes por exemplo 28.925,61€ para Salvaterra de Miño). Chantada 0€.

8.1.3.1.- Apresentouse a documentación en tempo e forma? [Varela] Non me dou conta desta liña de axudas.

8.1.3.2.- Non terá algo que ver facer proxectos pouco atractivos ou xustificados superficialmente? Ao mellor depende da contía que debía achegar o Concello e non compensa.

8.1.4.- Resolución do 24 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 21 de decembro de 2015 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións das liñas en concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2016, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais da Comunidade Autónoma de Galiza (Diario Oficial de Galiza número 246, do 28 de decembro).

Figura Chantada con algo máis de 50.000€ nas de natureza non competitiva, mais un concello de entidade moito menor como Carballedo atinxiu sobre 13.500€ por esta vía e nada menos que 32.000 polas de natureza competitiva onde tamén figuran Allariz con Vilar de Santos (máis de 40.000€) ou concellos de maior entidade como Gondomar (32.000).

a.- Optouse a liña competitiva? Chantada recibe 48.000 e pico euros e utilizouse isto xunto a unha achega do Concello de 35-40.000 euros para o selado do vertedoiro. Van 65.000€ máis nos orzamentos de 2017, mais non se van gastar todos nin recibir nunca menos de 48.000€ de subvención.

8.1.5.- Orde do 28 de marzo de 2017 pola que se estabelecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Pediuse? Cando pensan adoptar medidas efectivas para termos un arquivo conforme é debido cun espazo axeitado e que sexa accesíbel a todos aqueles cidadáns que o desexen? Intentouse o ano pasado e daban 2.400-2.500€ e mesmo falou cun rapaz que tiña interese no tema. Nin hai sitio, o local actual é alugalo, e hai que depuralo polo que non compensa. É a súa opinión, vaia. Necesítase local, persoal e dixitalizar desde os anos 90 polo menos e esa subvención así non compensa. [O ano pasado houbo varias propostas de Por Chantada para resgatar do abandono arquivo. Desestimáronse todas. O secretario propuxo recorrer a unha bolsa como vía económica para poder comezar os traballos e tampouco se fixo].

8.1.6.- ORDE do 11 de abril de 2017 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais da Galiza para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude durante o ano 2017, e se procede á súa convocatoria.

a.- Acolléronse á devandita orde? [Diego Otero] Están pendentes o prazo remata o 26.

b- Que iniciativas van pór en marca en relación coa xuventude? Están aínda estudando as propostas.

8.1.7.- Resolución do 11 de abril de 2017 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 29 de decembro de 2016 pola que se estabelecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións a concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos da Galiza, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

A Axencia de Turismo da Galiza concede 5.200€ para a contratación para a contratación de persoal na oficina de información turística.

8.1.7.1.- Que cantidade de fondos propios terá que abeirar o Concello de Chantada para completar o gasto desta contratación? Están traballando e engade fondos propios para comezar en marzo con fondos propios e seguir logo do 15/06 ao 15/09 cos cartos da subvención.

8.1.7.2.- A que aplicacións orzamentares concretas (nº, denominación e créditos actuais e créditos iniciais) corresponden? Non se contesta.

8.1.8.- Orde do 12 de abril de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos concellos galegos, ás asociacións e ás cooperativas de persoas praceiras dos mercados e prazas de abastos para a consecución de mercados de excelencia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

8.1.8.1.- Pediuse ou vaise pedir esta subvención? O ano pasado estabelecéronse alí unhas melloras queren meter agora se dan a subvención un ascensor porque se non se dan metido rampas alí para facela accesíbel. A tramitación está en curso.

8.1.8.2.- Que finalidade ten un blogue (http://concellodechantada.blogspot.es/) que se criou hai meses e que non ten ningunha actividade? Non se contesta.

8.1.8.3.- Non cren que para potenciar este espazo e dar centralidade aos produtos locais habería que desenvolver un proxecto como o que no seu día fixemos desde a CUP con o SLG e que vostedes desprezaron a pesar do seu éxito en Teo e noutros concellos? Non se contesta.

8.1.9.- Orde do 6 de abril de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galiza para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria 

8.1.9.1.- Acolléronse a esta liña de axudas, de 245.000€ a repartir entre os concellos concorrentes, para promoción da nosa lingua? Pedirana sós como Chantada ou con Cea e Carballedo como noutras ocasións? Pensa que se facía con Cea e Carballedo [Varela]. Están esperando resposta [Diego].

8.1.9.2.- Rogamos que non se perda como aconteceu outras veces (2015 por exemplo).

8.1.9.3.- Porque non crean en Chantada un servizo de normalización lingüística permanente aproveitando esta liña de axudas? Non se contesta.

8.1.9.4.- A que pensan destinar concretamente esta axuda? Non se contesta.

8.1.10.- Vaos

Na XGL de 7/3/2017 nos pontos 2.3 concédense dúas licenzas de vao permante (números 462 e 463). Entendemos que hai un erro de copia e pega na acta e por iso se conceden á mesma persoa. Rogamos que se corrixa a acta e se aclare isto debidamente. No final do pleno Fente acláralle á secretaria exactamente o nome dos afectados.

11.- Aval Framiñán S.L. Casa da Música

Framiñán volve solicitar o aval correspondente ao “Edificio municipal de uso cultural de Chantada”. No seu día aprobouse unha moción do noso grupo da que derivou un informe do arquitecto municipal, que cuestionamos en varios ponto.a xestión do Goberno neste particular e o informe discutíbel do arquitecto derivado da moción. Sexa como for, o Goberno non adotou medidas nin compromisos de ningún tipo en relación a ese edificio, para alén do ar condicionado.

Agora tarde e mal solicítanse informes, que agardamos que por deferencia se compartan con todos os membros da Corporación, cando se deixou vencer a garantía, por certo contrariamente ao que informaba o arquitecto no seu día e agora informa favorabelmente a que se devolva o aval en 14/10/2016 o enésimo (e preocupante) exemplo das contradicións no seu labor.

11.1.- Rogamos se nos anexe á resposta os informes solicitados por parte da XGL.

11.2.- Poden explicar as xestións e actuacións, de existiren, en relación a este ponto?

11.3.- Que actuacións na Casa da música se contemplan no orzamento de 2017?

Só se responde que cos informes favorábeis hai que devolvelo.

12.- Aval vehículo incendios

Tamén se pide devolución do aval do vehículo de incendios, que se concede. Neste ponto existe informe de 15/06/2010 do arquitecto municipal que sinala deficiencias e ratificado en informe de 3/8/2010 por un enxeñeiro técnico. Entón en sete anos non se procedeu a adotar ningunha medida e se agora volve a pórse en primeiro plano e pola petición do aval en 2016 por parte Incipresa.

12.1.- Algunha explicación da ausencia de medidas en todo este tempo cando levan 7 anos gobernando e 3 con maioría absoluta? Chamaron desde Madrid e devolveuse o aval, non lle hai nada máis.

8.1.13.- PERSOAL

Volven existir varios procedementos de persoal laboral do Concello que o denuncia, unha situación xa enquistada e crónica para a que non se move un dedo porque no fondo é o procedemento que se encontrou para contratar sen publicidade nin concorrencia, ou sexa, que un xuíz obrigue á indefinición e así sortear as restricións á contratación que atinxen ao Concello de Chantada. Un dos casos que aparecen agora responden a bases contras as que interpuxemos recurso de reposición, parcialmente aceite, e onde bordeamos perigosamente o nepotismo.

No Concello de Chantada contrátase a todo o mundo ben. No SAF e dependencia fanse as probas pertinentes e eles (Inta) non están en ningún tribunal. Se gañan varias veces pola experiencia cando se dá un de conta pasan a indefinidos. Eles collen ás persoas que lles mandan desde a oficina de emprego con bases e tribunal (parece que obvia varios recursos que apresentamos desde a CUP contra numerosas bases, as diversas queixas da veciñanza ou aínda a constatación no pasado pleno de numerosas contradicións e irregularidades na convocatoria da bolsa de 8 auxiliares de cultura).

8.1.13.1.- Porque non volveu ao pleno o ponto retirado no último pleno en relación cunha cuestión laboral? Están pendentes de que a Deputación envíe o expediente [cabería perguntarse entón para que veu ao pleno de marzo se faltaba documentación relevante].

13.2.- Como explican que cada mes haxa varias demandas por parte de traballadores ao concello? Non son tantas, aínda que tomara non houbese ningunha [desde o comezo de ano entre demandas e sentenzas hai máis dunha por mes]. Con 22-23 persoas traballando no SAF xa hai 16-17 indefinidas polo que irán a menos as demandas [manda truco!]. Até que se faga a RPT non hai cobertura legal pra isto. [Que se leve dúas lexislaturas sen ela non debe ter nada que ver con Inta].

13.3.- En que estado se encontra a Relación de Postos de Traballo (RPT) e porque non se convoca todos os anos como é normal nas administracións públicas? Non se contesta.

8.1.14.- PEP

No xornal La Voz de Galicia sae unha información que, pola súa natureza inferimos que procede do grupo Inta, pois descarga na empresa unha decisión política –o famoso aparcadoiro– o cal é unha marca da casa. De todos os xeitos, o preocupante é que seguen sen aclarar se van reiniciar a tramitación do expediente e traelo ao pleno para aprobalo inicialmente e se teñen pensado introducir algunha modificación-actualización do proxecto, bastante obsoleto xa en diversas epígrafes.

14.1.- Rogamos que aclaren se se vai tramitar o PEP inicialmente, reabríndose o período de alegacións e se vai o proxecto sufrir algunha modificación. Xa falamos disto. Ao rematar co orzamento comezarán con isto.

Para que os cidadáns xulguen por eles mesmos e dado que unha imaxe vale máis que mil palabras… A área denominada UI-1 sería o famoso aparcadoiro, como se ve ao pé do río e destrozando así unha área de capital importancia ecolóxica que debe ser posta en valor creando zona verde ou hortas urbanas e non un aparcadoiro. Porque no pleno de maio o alcalde dicía que se ía volver á tramitar a aprobación inicial e agora fai unha fuxida para adiante? Haberá algunha novidade que os cidadáns decoñecemos?

8.15.- Rogo estrada A Ponte-SEAT

Chegounos petición que a estrada A Ponte-Seat segue sen arranxar após máis dun ano reclamando a veciñanza o seu arranxo. O seu estado actual é lamentábel e está cheo de fochancas. Tamén a estrada Seat-Cuqueira se encontra nun estado de abandono preocupante.

O pase de diapositivas require JavaScript.

A zona da Ponte e outras que hai que arranxar. Teñen que esperar a ver se coa equipa de rego poden avanzar e estrada da SEAT foi un aborto e é imposíbel tela ben porque levántanse os coios. De Brigos de Arriba á Cuqueira vai indo e de Faluche á Seat, o resto un desastre. Hai vías alternativas para non ter que usala e queda para tránsito agro-pecuario. Tamén van sacar o PEIN, agora chámase doutra maneira, e serán máis de 100.000€.

8.1.16.- Río Enviande.

16.1.- Obtiveron resposta ás alegacións desde a Confederación Hidrográfica ou teñen algunha novidade en relación co expediente de vertido ao río Enviande por parte de Lácteos Casa Macan? Sen novidades.

8.1.16.2.- Que inversións contemplan no orzamento de 2017 para o sanemanento das nosas parroquias que seguen maioritariamente sen el? Só o do Seixo para bombear e meter ao submidoiro do ponto limpo e que veña polo peso até a Costaña.

8.1.16.3.- Contemplan medidas específicas para mellorar a calidade das augas e evitar a súa contaminación e o control e eliminación dos vertidos existentes? Fixeron control en 8 fontes e só houbo unha pequena deficiencia (sic.) en dúas delas.

8.1.17.- ARCHA-Chantada

A Asociación Alcohólicos Rehabilitados de Chantada (ARCHA) é unha entidade sen ánimo de lucro que vén desenvolvendo unha importante labor social na comarca de Chantada dende 1993 e tamén noutros concellos como Monterroso ou Saviñao.

Hai que destacar que a Asociación ARCHA traballa en coordinación estreita coa administración, tanto co SERGAS, como cos concellos ou co centro penitenciario de Monterroso. A Unidade de Atención á Dependencia de Monforte, que atende a área do sul de Lugo e Valdeorras, en 2016, ten unhas 400 persoas usuarias, das cales o 37% son pacientes que teñen como droga principal o alcohol (tabaco: 21% / heroína: 12% / cocaína / cannabis).

A Asociación dispón dun local do Concello de Chantada e conta con dúas profesionais – traballadora social e psicóloga – que se ocupan de impulsar terapias e programas específicos para as persoas con problemas de alcoholismo.

A Deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, perguntou no parlamento galego porque a Consellaría de Sanidade e/ou Política Social da Xunta da Galiza lle denegaron ou reduciron as subvencións, deixando a viabilidade de ARCHA e os servizos fundamentais que oferece en entredito, toda vez que as as persoas usuarias dos seus servizos non poden facerse cargo dunha cota de asociado/a, pois son na súa maioría persoas con escasos recursos económicos e que, en xeral, prefiren manterse no anonimato.

Verao expuxo como, no ano 2016, á asociación se lle denegou a subvención, de 7.800€ cos que pagaba a traballadora social e a psicóloga, por parte da Consellería de Sanidade sen xustificación fundada por parte da Xunta, xa que a asociación cumpría os mesmos requirimentos que anos anteriores e as condicións da subvención non variaran. Se aínda se mantén operativa é por unha axuda excepcional e directa da Deputación de Lugo (7.800€) para garantir a atención psicosocial para 2016-1017.

Tamén defendeu a deputada soberina máis fondos e persoal público tanto para a Atención Primaria (reivindicando recuperar o Plan de Mellora da Atención Primaria) canto para os servizos sociais municipais.

Polo lado de Por Chantada-CUP vimos subliñando que a política social municipal segue carecendo de fondos suficientes e dunha orientación máis racional e eficiente dos xa existentes. defendemos a cobertura destas necesidades sociais básicas dende o sector público, mais este pode complementarse por parte de entidades sociais que realizan un labor con maior flexibilidade que o sector público. Un exemplo disto último é ARCHA que emprega unha filosofía de autonomía do proprio paciente, lonxe de modelos paternalistas.

O Concello de Chantada orzamentou para a mesma só unha subvención nominativa de 1.000€, a segunda máis baixa da Partida Orzamentar 231.489.00 –só por detrás da Cruz Vermella (500€)–. O verdadeiramente preocupante é a evolución desta partida que en 2014 foi de 41.995,74€ (Xantar na Casa e subvencións), en 2015 de 33.257,20€ (Xantar na Casa e subvencións e no rascuño de orzamento de 2017 (que segue sen aprobarse no mes de maio!) 16.000€.
8.1.17.1- Poden explicar a merma continuada da P.O. 231.489.00 que en dous anos perdeu 26.000€? Non saben.

8.1.17.2- Como se van distribuír os 26.000€ da P.O. 231.489.00 no orzamento de 2017? Non saben aínda (supostamente había que atrasar o pleno unha semana para estivesen os orzamentos…).

8.1.17.3- Rogamos que o Concello de Chantada orzamente en 2017 unha subvención nominativa mínima de 3.000€ alén de seguir cedendo o local a ARCHA. Utilizan un espazo cativo no propio concello e dáselle 1.000€, luz, calefacción, auga… está ben. Non contemplan pois aumentar a axuda. Prefire ir con este tipo de persoas que con outras de traxe e gravata. Están moi contentos co Concello e non tiveron queixas. Falarán con ARCHA a ver se a Xunta lles dá a axuda.

8.1.18.- Decreto 120/2017

Figura o seguinte texto «A Agencia Tributaria sanción por IRPF número de referencia 2017RSC01600046ZG por importe de 473,43 €». A que se debe esta sanción e que explicación poden darlle á mesma? Non sabe dicir a que se debe esta sanción.

8.1.19.- Antecipo de caixa fixa 1/2017 por importe de 445,83€

8.1.19.1- Pode explicar a señora interventora a natureza e regulación dos ACF? [Varela] Faise algunha vez para que o persoal abone as ITV. Ten adiantado el os cartos. Sempre menos de 500€.

8.1.19.2- Neste caso, en que consiste especificamente este ACF e para que se empregou? Non se contesta.

8.1.20.- Decreto 125/2017

Aparece máis unha modificación de crédito (04/2017) para reconstrución dun muro en Santiago de Riba por valor de 8.167,50€.

a.- Como se adxudicou a obra, a dedo e mediante a figura do contrato menor? Está sen facer e pedíronse 3 orzamentos.

b.- De cantos metros de muro falamos? Non se contesta.

c.- Quen realizou a obra? Está sen adxudicar.

d.- Rogamos se nos facilite copia da factura anexada á resposta a esta cuestión. Non se vai facilitar copia da factura, o que as queira ver que se pase polo concello que sempre se lle dá acceso á documentación a todo o mundo.

8.1.21.- Factura muro Arcos.

8.1.21.1- Rogamos que se nos responda a esta cuestión anexando copia da factura da obra feita na fonte pascual de Arcos, xa que meses despois sigue sen figurar entre a documentación que nos foi remitida con versións contraditorias sobre a súa autoría. A asociación tivo axuda da Deputación (12.000€) [realmente a subvención quen a concedeu foi a Xunta] que destinaron a mellorar cousas e adxudicáronlla a unha persoa, a que a eles lles pareceu. Serviulles formigón o Voces e rematouse alí un muro, servíndolles o Concello 1.200€ de formigón. Voces fixo o muro e serviu o formigón, non ten nada a ver coa outra actuación. Non poden anexar copia da factura e advirte ao concelleiro da CUP que teña coidado co que colga nas Redes Sociais que lle pode traer problemas.

8.1.22.- Decreto 128/2017

Inclúe a modificación de crédito 06/2017 por valor de 3.630€ para “Reconstrución muro en Pedrafita en Castro Candaz”.

22.1- Como se adxudicou a obra, a dedo e mediante a figura do contrato menor? Está sen facer o muro polo que non procede responder á pergunta. Solicitaron 3 orzamentos.

22.2- De cantos metros de muro falamos? Non se contesta.

8.1.23.- Decreto 129/2017

Figura a modificación de crédito 05/2017 por valor de 968€ para para a obra «reconstrucción muro en Guxeba pista Belesar-Santiago de arriba, que nestes momentos carece de crédito suficiente».

8.1.23.1.- Como se adxudicou a obra, a dedo e mediante a figura do contrato menor? Igual, está sen facer. Non se dá pasado coa máquina do sulfato. Por darlle aos muros herbicidas estes caen e están até o nariz de erguer muros, os que aguantan os camiños é obriga de reparación do Concello. Gasto importantítismo.

8.1.23.2- De cantos metros de muro falamos? Non se contesta.

8.24.- Modificación orzamentaria 07/2017 (Decreto 156/2017)

8,24.1- Poden xustificar esta modificación e transferencia de crédito por valor de 30.000€? É a do obradoiro de emprego a reserva que hai que facer, 30.000€ Chantada e outro tanto Carballedo.

8.24.2- Que destino concreto se lle vai dar a estes cartos? Materiais, terá que pagar algo o Concello e o persoal págao a Xunta. Parte do mercado gandeiro para garaxe de maquinaria do Concellos.

8.24.3- A que corresponden as P.O. 150-762.00 e 171-762.00 que non figura no Orzamento de 2017? Non se contesta.

8.25.- Decreto 134/2017: Decreto Plano orzamentar medio prazo 2018-2020

8.25.1.– Que criterios se seguiron para elaborar este Plano orzamentar 2018-2020 ao abeiro da “Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubre, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidad Presupuestaria y Sostenibilidad Financiera”? Non se contesta.

8.25.2.– Que implicacións concretas ten, a xuízo da señora interventora, esta orde e o Plano orzamentar para a xestión da facenda localNon se contesta.

8.25.3.– Que leva a considerar uns ingresos constantes no próximo trienio, en todo caso inferiores aos ingresos existentes en anualidades anteriores? Non se contesta.

8.25.4.– Porque os maiores gastos de capital e financeiros se trasladan a anualidades e vencementos alén da lexislatura e por valor superior aos 800.000€?  Non se contesta.

8.25.5.- Podería, a xuízo da interventora, politicamente adoptarse outra decisión en relación co apontado no ponto 25.4? Non se contesta.

Son perguntas para a intervención aquí non as debe contestar a señora interventora se quere vaia falar con ela.

8.26.- Rogo á intervención municipal sobre decreto liquidación

8.26.1.- Rogamos que se nos anexe coas respotas o decreto de liquidación plenamente lexíbel, xa que o remitido coa sinatura electrónico fica con dados e columnas ilexíbeis.

8.26.2.- Pode oferecerse a liquidación máis desglosada ou non é posíbel até termos a conta xeral de 2016?

Non ten lugar aquí, se lle dá o correo ben, senón vaia alí. Está no Concello e no Concello dáselle documentación a todos.

 

8.2.- Perguntas orais de Por Chantada-CUP

Antes de comezar a formular as perguntas Manuel Varela di que “depois do que fixo” como moito faga dúas perguntas. Fente pergunta que fixo e Varela di apresentar todas estas perguntas por escrito. Fente retruca que indicaba que se contestaran por escrito precisamente para axilizar e que non é culpa del que non se fixera así. Comezará por unha pergunta de disciplina urbanística dado que a afectada está presente no pleno. Pide que conste en acta que non se incluíu na orde do día a dación de contas dos informes de reparo da intervención desde o 25/2017 que foi o último incluído en marzo, após escrito en que xustificabamos legalmente e solicitabamos a inclusión nas sesións plenarias deste ponto. Na documentación faise referencia a por volta de 70 reparos no que levamos de ano. Nin a interventora nin o alcalde aclaran porque non se incluíu este ponto.

8.2.1.- Disciplica urbanística Casa Líncora e expediente CITADEL

No Concello de Chantada hai dúas varas de medir no tocante á fiscalidade e á carga impositiva: así, por un lado, vemos como algunhas empresas poden traballar durante anos sen licenza e e sen pagaren nin un euro de impostos municipais; e, por outro lado, na XGL de 7/3/2017 aparece unha rehabilitación dunha vivenda unifamiliar que debe pagar máis de 7.700 € en taxas e licenzas e no outro pleno lembrabámoslle un gandeiro mozo que pagaba por volta de 8.000 € para licenzas para un novo establo.

8.2.1.1- Porque no segundo acordo de paralización se busca o subterfuxio de non saber quen desenvolve a actividade e no primeiro non se indicou nada a pesar de ter documentación e ver na propria imprensa quen desenvolve a actividade con total claridade? Non sabe dicir. Hai 4-5 empresas. Casa Lincora só aluga.

8.2.1.2– Porque non se identifica quen, con nome e apelidos, é o responsábel de proceder a tal identidicación en nome do Concello? Xa se fixo a identificación.

8.2.1.3– Descoñece o Concello de Chantada a lexislación básica que torna responsábel ao propietario Casa Líncora e non a hipotéticos okupas? Fai brincadeiras cos okupas que son moi malos de botar normalmente.

8.2.1.4Non consideran que a oposición debería coñecer se a fiscalía se persoa no Concello de Chantada en relación a este tema ao apreciar indicios delitivos? Non estivo no Concello, mandou escrito e mandoúselle expediente. Tamén pediu o Xulgado nº1 de Chantada.

8.2.1.5.-  Que expedientes consultou e que ditame ten o concello ao respeito? Un tocho.

8.2.1.6.- Que procesos xudiciais abertos contra o Concello de Chantada existen a día de hoxe? Ningún (entón como a fiscalía e o Xulgado poden pedir documentación… en fin).

8.2.1.7.- Como é posíbel que apareza precisamente agora, que oportuno, un suposto expediente a nome de CITADEL S.L. co nº 994/2016 iniciado o 29/09/2016 no gabinete do arquitecto técnico municipal para legalizar a actividade cando a secretaría municipal afirma en XGL que en ningún momento ter constancia do mesmo e o arquitecto informou que non existía ningunha licenza concedida ou en trámite para ese edicicio con posterioridade a setembro de 2016? Non sabe.

8.2.1.8.– No Concello de Chantada non se numeran todos os expedientes e non se recibe a documentación polo rexistro de entrada co seu debido número e data de entrada? Que clase de escusa é achacar isto a duplicidades entre o papel e o electrónico? De entrada son as peticións, será de saída. Fente explica que non que se refire á entrada que daría lugar supostamente ao inicio do expediente. Non sabe dicir.

8.2.1.9.- Porque non se alude ao nº de rexistro de entrada 4.123 da solicitude de Citadel S.L., supostamente do 29/09/2016, até o Decreto 164/2017 do 04/04/2017, ou sexa medio ano despois? Non se responde.

8.2.1.10.- Como pode o Decreto da alcaldía 164/2017 contradicir dous acordos de paralización da XGL e acordar, por exemplo no ponto 3º o seguinte:

TERCEIRO.- Que segundo o artigo 12.2 do Decreto 144/2016, cando a actividade requira a execución de obras ou instalacións, non se poderán iniciar ou desenvolver as actividades ata que estean as obras ou instalacións totalmente finalizadas e se presente a comunicación previa de inicio ou desenvolvemento da actividade acompañada coa documentación indicada neste regulamento.

Polo que se deberá comunicar o remate das obras para a súa comprobación, de acordo coa documentación presentada e debendo en todo momento dar cumprimento á normativa específica para o desenvolvento da actividade.

Non é ilegal, coa comunicación previa non é ilegal. O control da actividade é posterior [isto remarca o “oportuno” que resulta este novo expediente aparecido por arte de maxia no Concello]

8.2.1.11.- Como pode o arquitecto municipal informar favorabelmente para unha licenza sabendo que hai un expediente de legalidade urbanística en vigor e que se incumpre a paralización da actividade? Non sabe, el non é o técnico.

8.2.1.12.- Quen vai proceder a verificar se se detén nalgún momento a actividade até a comunicación do remate das obras que, supostamente, non existían segundo informe do arquitecto municipal desmentido por acta notarial? Dos actos administrativos quen os emite.

8.2.1.13.- Segundo o proprio Concello ese espazo de traballo non só contravén ordenanzas municipais senón que non conta con licenzas sectoriais, municipais nin de ningún outro tipo e de que está traballando en pisos que só se poden destinar a uso residencial. Non sabe se son preceptivos os informes sectoriais. Segundo os informes do Concello os relativos á saúde ou á xestión de residuos si. Mirarano.

8.2.2.- Coches de liña

Existe entre as persoas usuarias de transporte colectivo da comarca de Lemos e Chantada  a  inquedanza  pola  posíbel perda  dun  servizo xa moi deficitario e con redución de paradas nos últimos tempos. Nomeadamente trasladouse a Por Chantada e á deputada Paula Verao a preocupación polas liñas  de Taboada-Escairón-Pantón-Monforte  (Autocares  Vila)  e  na  de  Monforte  de Lemos – Santiago de Compostela, con paradas en Escairón e Chantada (Empresa Monforte,  do  grupo  MONBÚS).  Trátase de  concesións de  servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada da Xunta da Galiza, en proceso de mudanza este ano 2017.
Segundo informa La Voz de Galicia (03/05/2017) Chantada é un dos concellos máis afectados nesta reordenación prevista. Para a elaboración das rutas agrupadas, a Xunta presume de facer un esforzo para escoitar a casuística local celebrando 14 reunións para apresentar o anteproxecto aos concellos afectados.
a.- Apresentouse a Chantada o anteproxecto e, se é así, que coñecen do seu contido?  (Varela)Si. Falouse coa Dirección Xeral de Transporte. Témolo moi complicado porque hai viaxes de liña que recaudan 2’50€.
A Xunta da Galiza afirma tamén que enviou un cuestionario no que solicitaban información sobre a calidade e o nível de satisfacción do servizo, demandas viciñais ou calquera outra proposta. No entanto, dos 279 concellos consultados só responderon 169, dos que só 36 mostraron disposición a eplorar vías de cofinanciamento.
b.- Respondeu o Concello de Chantada a este inquérito? ​Falou persoalmente (Varela), hai servizos ruinosos como os de Nogueira-Senra ou San Fiz… outros van indo como Sabadelle. Matanza ruinoso. O concello non vai pór nada para isto.
c.- Porque non se consultou aos grupos con representación municipal nin as asociación do rural? ​Ninguén se dirixiu ao concello, responde Varela. Eran vostedes quen debían dirixirse…
d.- Recomendamos que estuden alternativas como a do transporte baixo demanda que xa se desenvolven en Euskadi e noutros lugares. Á espera do que faga a Xunta contemplan dar cobertura dalgún xeito ás parroquias que fiquen sen servizo se a solución da Xunta non garante o servizo en todo o territorio? ​Non, di Manuel Varela, a Xunta vai usar o transporte escolar e vémolo ben, que nos coñecemos todos, se ben pode haber algún problema cos menores. É material sensíbel.
e.- Contémplase no proxecto de orzamento de 2017 a nosa vella reinvindicación axudar no transporte para a formación e estudos á mocidade como xa fan outros concellos, por exemplo asinando convenios coas empresas para tirar bonos trimestrais en condicións vantaxosas?  Contémplanse 12.000€ como outros anos. Outros anos? Que anos porque nesta lexislatura nunca se fixo. ​Diego Otero di que en 2009/2010, só se repartiron 4.500€ por falta de demanda​ [hai que ter desvergoña para apresentar como algo proprio o que se fixo durante o goberno BNG-PSOE] .
8.2.3.- Liquidación orzamentar
Fóra do prazo legal que é até o 31/03/2017 e mandouse en abril. Pouca demora é, asinou o decreto cando llo deron.
Polo lado dos ingresos, baixan as transferencias correntes que recibe o Concello en 100.000€ por debaixo do previsto (2.225.781,08€) algo que xa indicamos que sería tónica nos próximos anos pola merma demográfica e que é altamente preocupante. Os concellos galegos reciben transferencias moi por baixo da media estatal sen que estexan coordinando medidas de presión, co cal o único que facemos é perpetuare agravar a nosa condición de subalternidade.
As transferencias de capital, aqueles recursos que atrai o Goberno doutras institucións co seu traballo tamén fican por baixo do previsto outro ano máis (155.473,16€). De feito, recaudáronse 229.769,15€ menos!
O anterior contrasta coa recaudación en taxas e impostos directos onde si que se aplica todo o rigor. Un goberno manso cos poderosos e duro, moi moi duro, coa veciñanza aplicando unha fiscalidade regresiva cada ano maior sen que os aumentos se traduzan en mellores ou novos servizos. Que impostos subiron (Varela)? Diga cales. Minten os números señor alcalde? El non ten culpa da revisión cadastral di e aplícase un tipo de IBI baixo.
Polo lado do gasto, a cifra récorde de impostos directos (IBI, ICIO, IVHTM…) en plena crise (2.541.265,64€) malamente dá para pagar a masa salarial de 2.417.759,65€… e no orzamento de 2017 prevese un incremento de gasto neste capítulo de 400.000€! Pódese explicar cando sexa o pleno do orzamento. A execución orzamentar foi a máis pobre, especialmente grave existindo dúas dedicacións, iso si, permite sacar peito dun remanente de tesouraría en canto temos todo paralizado. Gastáronse 900.000€ menos do previsto, o cal sería bo de aforrarse en gasto improdutivo, mais fíxose a conta das transferencias correntes (SAF, subvencións nominativas, etc.) e das inversións reais, que ficaron en 458.650,29€. Por outras palabras, van aumentar tanto a masa salarial en 2017 como gastaron en inversións reais en 2016, unha execución moi afastada dos 655.461,13€ que se prevían investir (o pior dado en 20 anos se excluímos a anualidade do plano de axuste!). Con 6.000 habitantes menos e 4.000.000€ menos de orzamento Taboada invertiu máis ca Chantada.
O pago da débeda pública tamén foi dos máis baixos da lexislatura (434.924,84€ aos que cómpre sumar 33.059,90€ de gastos financeiros) que explica parte do “remanente” e fican facturas pendentes nos caixóns por volta de 900.000€ e destinar por lei parte do remanente a amortizar débeda polo que máis dun millón de euros se evaporarán ipso facto do tan cacarexado remanente (1.900.000€). Canto van destinar a amortizar débeda en 2017? Non o vai dicir, sería faltar ao respeito ao PP e ao PSOE que non llelo dixo na Xunta de voceiros á que vostede (A. Fente) non asistiu. Para que se non falaron dos orzamentos e só eran 6 follas?
8.2.4.- Reparos da intervención.

Seguen aparecendo reparos da intervención, por volta de 70 no que levamos de ano, e nin se dá conta deles no pleno nin se pon remedio a esta situación. Son pola luz. Non minta son por unha xestión nefasta, por abuso do contrato menor, por fraccionamento… Diga que facturas. Fente comeza a enumerar os reparos asociados a facturas que figuran nun dos Decretos da alcaldía. Varela ampárase novamente en Fenosa e en que son 320 contadores que non poden ir nunha soa factura. Fente di que non se pode incumprir a Lei de contratos do sector público e que hai unha cousa que se chama licitación pública. Varela di que así a luz sairía máis cara amparándose nun suposto estudo que se fixo. Non só són as facturas da luz, non minta, hai fraccionamento e moitos outros conceitos; centos de facturas por valor de centos e centos de milleiros de euros. Acusa a Fente de inventar e manipular. Non o digo eu, retruca Fente, dino os continuos reparos e informes da interventora. Cita textualmente onde se di que hai abuso do contrato menor e se incumpre a Lei de contratos do sector público. Se tantas cousas ve búsqueas e hai outras canles. Está suxerindo que en vez de esgotar as vías ordinarias e mellores para a facenda local e os intereses dos cidadáns debemos xudicializar a política para que se cumpra a legalidade neste Concello? É cousa súa ir á vía xudicial di Varela, non llo digo eu. Negociar coas empresas e conseguen os mellores prezos. Por iso as medidas 9 e 10 do plano de axuste sobre estudos gasto-beneficio e limitación do contrato menor non se cuentifican nin se aplican non? É mentira. Entón a interventora é mentirosa porque isto está nos informes de seguimento do plano de axuste? 

 

9.- Rogos e perguntas PSOE.

9.1.- Na XGL (Xunta de Goberno Local) do 4/4/2017 aparece o procedemento 40/2016 en relación ao SAREB. Varela di que non sabe de que pode ser (é imposíbel non sabelo cando é o único procedemento da SAREB en curso e xa foi levado a pleno polo PSOE e pola CUP noutras ocasións).

9.2.- Pergúntase pola explicación que fai a secretaria sobre a APLU (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística). A secretaria di que son actuacións informativas solicitadas pola APLU e que se está aínda traballando na contestación. Raquel pergunta porque se inclúe na XGL. Limítase a contestación a aclarar que se informou do procedemento e que a XGL é a competente en materia de legalidade urbanística. Manuel Varela di que chegan moitos informes, agora as competencias dos concellos aumentaron e a APLU fai rondas e solicita licenzas ao Concello que contesta e dá copia das licenzas. Tamén denuncian feísmos, por exemplo 3 en Pincelo. A voceira socialista inquire se se está seguindo o procedemento fixado pola secretaria en todos os casos. Varela di que imaxina que si.

9.3.- Camión no mercado gandeiro segue no mesmo sitio. Non hai novidade, dan 750€ por el, mais non se pode vender de palabra e hai que facer un expediente. Que o fagan rápido, di o PSOE, ou tomarán outras medidas.

9.4.- PEP (Plano Especial de Protección do Casco Antigo de Chantada). Varela di que chamou 3 veces a EPTISA (empresa redactora) e que teñen que pór data ao pasar o pleno extraordinario para os orzamento, que será polo 22 de maio, non ten porque ser luns agora poden tomalo con tempo. A empresa redactora, segundo Varela, di que é complicado volver á aprobación inicial e an explicar os pros e os contras. Varela non sabe se tería cobertura legal un novo período de alegacións e habería que facer consulta diante da Dirección Xeral de Urbanismo. En declaracións a Televintehttps://youtu.be/tddnUc_8TtY reíncidese na vontade de seguir adiante cando no pleno de marzo o alcalde dixera que se ía volver a facer a aprobación inicial (véxase a acta, ponto 1º). Haberá algunha novidade que descoñecemos os cidadáns?

9.5.- Denegación Telecentro. Xa perguntaron no pleno anterior desde o PSOE e díxoselles que se denegara por lucro oralmente, se ben por escrito a denegación falaba de indisponibilidade horaria. Como non estaba o concelleiro de Cultura vólveo perguntar. Penela di que el non é o encarregado do Telecentro. Varela di que Segundo Navaza é o encargado. Este, presente no pleno, intervén para lembrar que el non concede nada diso (é a XGL) e que se limita a facer cadrar os horarios e organizar o Telecentro que é o seu traballo. Ouvíu algo de que había lucro na actividade. Penela di que se vai informar e respostará.

9.6.- Plano único da Deputación. Roga informe coas actuacións que se propoñen desde Chantada por parte de Inta por se o PSOE ten algunha engádega.

9.7.- Curso natación bebés. Viciños piden cambiador. Castor di que xa está encargado na carpintaría Líncora.

9.8.- Problemas na recollida do lixo en San Fiz, que só foron 1 día en 2 semanas. Castor di que non ten constancia. Varela engade que nestes casos a xente ten que avisar e chamar ao Concello para mandar á policía local e que faga un informe. O PSOE di cal é a periodicidade por contrato. Varela contesta que no inverno dous días e no verán 3 días por semana.

9.9.- Colexio Eloísa Ribadulla. Falaron coa AMPA ou pensan facer algo diante da Xunta despois das queixa dos pais (ver o vídeo do Televinte)? Varela di que os pais non se dirixiron a el. Pamela intervén para dicir que falaron con ela e o Concello puxo a súa disposición todo o que queiran, mais falaron co delegado territorial e non é posíbel desdobrar ao haber prazas baleiras no Xoán de Requeixo. Varela di que é un problema de diferentes horarios e transporte. Raquel se non hai presión suprímense liñas e ofertas. Varela di que hai desdobre e prazas arriba. Raquel di que cómpre loitar para conseguir o desdobre abaixo. Varela di que ten que dicir unha cousa que é que na gardaría probabelmente faga falta outro módulo, o cal é unha grande nova.

1o.- Perguntas orais do PP.

10.1.- XGL do 30/03/2017. Escola-obradoiro con Carballedo. Que se consulten os módulos. Aparecen 216.000€ sen beneficio industrial e iso non se pode computar ao facelo desde unha administración pública. O ano pasado xa houbo problemas por isto na xustificación da subvención. Varela di que non se dá conta, e que lles ten que dicir aos concelleiros unha cousa que é que se van pagar con remanetne as últimas facturas pendentes do obradoiro.

10.2.- Decreto 162/2017 da Liquidación. Medela di que é o paso previo á Conta Xeral e pergunta porque non figura na orde do día como ponto diferenciado. Varela di que eses temas é mellor tratalos en comisións informativa (negouse a contestar todas as perguntas de índole económica neste pleno e non só non se incluíu a liquidación como ponto diferenciado na orde do día, senón que tampouco se deu conta dos reparos da intervención).

10.3.- Problema de seguridade cidadá en Santa Ana. Nenos facendo selfies no edificio, hai que tomar medidas xa que tiran pedras á rúa e soben ao tellado. Varela di se non teñen pais. Medela di que hai que aumentar a vixilancia. Isto é o do SAREB di Varela -antes non se lembraba- perderon o contencioso e pedíase até o derribo. Fente di que na XGL se especifica que o Goberno municipal renuncia a seguir co procedemento. Varela di que non dá lugar a seguir adiante ao esgotar a vía do contencioso e que hai que volver comezar. Non sabe se puido ir mal fundamentado. Outra opción é compralo (a interventora rise e dálle á cabeza ao ouvir isto) Engade o alcalde que había contratistas interesados no edificio, mais que non houbo acordo.

10.4.- O pulido da pista do pavillón non quedou ben. Castor di que viñeron pais a felicitar, mais que saen os nenos todos brancos. Foron ver o arquitecto e o Voces (adxudicatario da obra). O problema é que leva sen chover todo o inverno. Regárono coa carroceta. Ten que lavarse varias veces. Medela di que ese pó pode ser tóxico. Varela di que falta pór alí dous focos na parede do pavillón e que o fresado que se botou alí é imposíbel que filtre, segundo o Conde, polas tubaxes empregadas. De feito, o manancial deu moi ben.

10.5.- O 26/04/2017 apareceu em La Voz de Galicia unha nova sobre un aparcadoiro para o casco vello de Chantada. Isto vai contra os grupos políticos e a opinión dos viciños di Medela. O pobo é de todos. Varela di que o PEP sempre é un proxecto e quere que se faga á perfección e intentará vivir os máis anos que poda en Chantada. Os cidadáns van ter toda a opinión (como se se nega o período de alegacións e se tramitou o PEP cheo de irregularidades?). Non van botar 400 m3 de formigón alí, mais se se quere peonalizar o casco hai que buscar alternativas e sitios para os carros. Raquel di que alí é o pior sitio, a carón do río. Varela di que só xunto ao pombal e na traseira da Kiss. Campelo di que é moi certa do río e que se hai vertido de gasoil ou aceite vai para o río.

10.6.- Porque o Plano único non vai nos orzamentos? Non se contesta.

10.7.- Baranda no campo de fútbol. Orzamentado en 2017, di Castor, para repor iso todo e hai permiso para pór o valo até o campo de fútbol. Que problema hai co Sangoñedo pergunta Medela. Castor di que é sorprendente, mais non se aclara máis a cuestión.

10.8.- O 15/04/2017 Espacouse un rateiro. Medela pergunta se a policía local pasa algún tipo de controis (de forma física). Cándida Carnero di que se esforzaron, mais que o ladrón tiña vantaxe porque se avisaron tarde.

 

 

3 comentarios en “Crónica do pleno ordinario do 08/05/2017

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s