Na nosa defensa dos direitos cívicos entendemos que debe gardarse a lei e garantir o acceso igualitario ao emprego público por parte de todos as persoas, para alén de garantir os direitos democráticos fundamentais á participación política dos representantes da cidadanía.
Por Chantada entende que tanto o pleno do día 8 (convocado sen celebrar as comisións informativas, onde se retiraron abusando da maioría absoluta as mocións do noso grupo e sen dación de contas da liquidación orzamentar e dos reparos da intervención) canto as bases (aprobadas por resolución da alcaldía para a selección de auxiliares de policía local e para o Depuemprego) apresentan irregularidades.
Por iso rexistramos no día 18 de maio os seguintes recursos de reposición:
Recurso de reposición pleno ordinario 5 de maio de 2017 (pdf)
Recurso reposición Depuemprego e auxiliares policia local (pdf)
#SomosAlternativa #CUPChantada
Outra documentación de interese:
Resumo do pleno ordinario do 8 de maio de 2017
BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE DOUS
AUXILIARES DE POLICÍA LOCAL NA TEMPORADA DE VERÁN DE 2017
[…] Prorrógase a contratación de persoal técnico, mais como prorrogamos unha encomenda de xestión – competencia do pleno- que non aprobamos plenariamente. Novamente hai confusión coa pergunta e téntase explicar a problemática (xa que puido haber adopción dun acordo por órgano manifestamente incompetente, xogándose a sobrevivencia dun servizo e prexudicando así a outros concellos por vulnerar a lexislación). Non se aclara para nada a cuestión e só se insiste en que o que se debanda agora é unha prórroga e que se pide todos os anos. O voceiro da CUP di que debe ser parvo e por iso non o entende. Insiste en que novamente os informes da secretaria e da interventora municipais estaban prontos no mes de abril e tería que traerse a cuestión ao pleno de maio, mais deliberadamente decidiuse esvaciar ese pleno toda vez que o proprio alcalde é perfeitamente coñecedor da súa nulidade ao non respeitar a conformación da vontade do órgano colexiado e tendo como resultado a vulneración dos direitos cívicos dos concelleiros da oposición, entre este…. […]
GústameGústame
[…] Por Chantada apresenta senllos recursos de reposición ao pleno do 8 de maio de 2017 e ás bases do … […]
GústameGústame