O vindeiro 8 de xaneiro celébrase máis unha sesión do Pleno da Cámara municipal de Chantada ás 20 horas. No mesmo, desde Por Chantada-CUP, formularemos dúas mocións que incluímos con carácter previo ás comisións informativas para que, obrigatoriamente, se debatan no pleno.
A primeira destas mocións visa sobre disciplina urbanística, exixindo transparencia e adoptar medidas contra o edificio ilegal propriedade actualmente da SAREB e sito na praza de Santa Ana, un espazo degradado por anos de descontrol urbanístico e políticas de ti vai facendo.
A segunda das mocións foca os problemas das listaxes de agarda e a crecente privatización da educación prescolar por parte do PP, cando consideramos que é de vital importancia ter servizos dignos, públicos, de calidade e en galego no medio rural.
Accede ao contido íntegro das mocións (PDF) nas seguintes ligazóns:
Moción CUP disciplina urbanística SABEB praza Santa Ana_signed
MOCIÓN CUP a prol das escolas infantís_signed
#SomosAlternativa #CUPChantada
[…] servizo digno de pediatría no noso Concello. O 22 de decembro de 2017 rexistramos no Concello a Moción de Por Chantada-CUP a prol das escolas infantís na provincia de Lugo desenvolvendo tamén diversos e rogos e cuestións en relación coas mesmas ao longo da pasada […]
GústameGústame