A Canditadura de Unidade Popular Por Chantada rexistrou hoxe senllos recursos de reposición contra os acordos 5º e 6º do último pleno (resumo aquí), por entendermos que, como xa anunciaramos na sesión plenaria, concorren circunstancias que poñen en tea de xuízo tanto a idoneidade canto a legalidade deses acordos. Trátase dunha parte da suba aplicada á Taxa da auga, non ficando claro o período de devengo e, portanto, que sexa aplicábel neste 2018; e, doutra parte, a modificación do PXOU onde explicamos os diversos motivos que nos levan a pedir a nulidade de pleno direito do acordo.
Desde a CUP seguimos loitando por facer da isonomía unha realidade e un principio inquebrantábel dos nosos principios ético-políticos.
Recurso de reposición ao acordo 5º Modificacion das tarifas do servizo da auga e sumidoiros
Recurso de reposición ao acordo 6º “Rectificación do PXOU
#SomosAlternativa #CUPChantada
[…] alcalde e Inta van rectificar erros do PXOU desde a CUP no recurso de reposición que apresentamos ao ponto 6º do pleno de xaneiro contra o que dispón a secretaría municipal, que coincide no seu informe co que expuxemos sobre o […]
GústameGústame