Observatorio da Inversión Pública (OIP):
Listaxe de subvencións concedidas na anualidade 2017, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades asociativas culturais da comarca de Chantada por acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, en sesión celebrada o 22 de decembro de 2017, (BOP nº 4 do 5/01/2018). Esta liña de axudas totalizou, para toda a provincia 280.000€.
Entidade |
Nome da actividade |
Subvención |
Concello |
Asociación Treboada de Ideas |
Posta en valor dos cruceiros e petos de ánimas do Concello de Taboada mediante as TIC |
698 |
Chantada |
Asociación cultural Amigos do Folión |
Folión de carros |
1.721 |
Chantada |
Asociación cultural Argalleiras Teatro |
Obradoiros de teatro e contacontos |
821 |
Chantada |
Coral polifónica de Chantada |
Panxoliñas e obradoiro musical |
1.145 |
Chantada |
Asociación Cinematográfica Chantada Films |
Posprodución e montaxe documentario rock bravú |
937 |
Chantada |
Asociación cultural O Castañazo |
Outono cultural: concurso de cantos de taberna, exposicións, xogos tradicionais, actividade s infantís e outros |
1.109 |
Chantada |
Asociación Faro-Miño |
Mostra de teatro popular Maruxa Villanueva |
1.145 |
Chantada |
Asociación cultural Irmandade cultural País do Faro (en constitución) |
Publicación de Alicerces. Revista de estudos do Miño Medio. |
1.037 |
Chantada |
Asociación cultural veciñal deportiva Lugdunum |
Talleres, charlas e viaxes culturais |
929 |
Chantada |
Círculo recreativo cultural de Chantada |
Magosto |
421 |
Chantada |
Asociación educativo-cultural Airoá Comunicación |
Obradoiros interxeracionais en TIC’s para mulleres do rural |
1.217 |
Chantada |
Asociación amigos de Manuel Jorge de Chantada |
Actividade educativo-cultural para a recuperación da figura do arquitecto e pintor chantadés Manuel Jorge |
1.001 |
Chantada |
Asociación amigos do románico da comarca de Chantada |
Acto cultural na igrexa románica de Pesqueiras e apresentación do libro de Manuel Regal Ledo no auditorio municipal de Chantada |
812 |
|
TOTAL CHANTADA |
12.993 |
4.54% |
|
Asociación Cultural O Garabullo |
Ruta do penedo do mouro |
983 |
Carballedo |
TOTAL CARBALLEDO |
983 |
0.35% |
|
TOTAL COMARCA |
13.976 |
4.89% |
Notas:
-
Amigos do Folión recebe, como é ben sabido, cadansúa axuda pública da Xunta e do Concello de Chantada. Cómpre lembrar que conta con declaración de Festa de interese turístico, categoría que, proximamente, esperemos que tamén atinxa o noso Entroido Ribeirao. Así as cousas, a entidade organizadora do Folión de carros recebeu en 2017, vía administración local, un total de 10.500€ (P.O.: 334.489.01), ao que se engaden estes 1.721€ (as Deputacións entran dentro da administración local).
-
A Coral Polifónica tamén recebe fondos do Concello: 3.000€ (P.O.: 334.489.01).
-
A Asociación Cultural O Castanhazo recebe do Concello 3.000€ (P.O.: 334.489.01) de subvención nominativa ao que cómpre engadir, en 2017, 1.500€ vía pago dunha factura emitida directamente sen convenio nen acordo de nengún tipo que foi reparada pola intervención municipal e precisou pasar polo Pleno vía Recoñecemento extraxudicial de crédito.
-
A Asociación Faro-Miño recebe do Concello 3.000€ sen convenio, contrato nen subvención nominativa aprobada. Faise mediante o abono de facturas directas e polo mesmo conceito có que agora se subvenciona desde o ente provincial.
[+ Información]
As contas do Concello VII: Subvencións nominativas concedidas polo Concello de Chantada en 2017.
OIP: subvencións en concorrencia competitiva entidades deportivas en 2016.