Desde Por Chantada-CUP levamos toda a lexislatura insistindo na potencialidade do noso medio rural e na necesidade de facer unha política centrada nel e na construción dun futuro económico o máis diversificado posíbel. Sabedores das dificuldades que viviu o sector, mais tamén das erradas políticas que está desenvolvendo a Xunta da Galiza -xunto á crónica inoperancia e inactividade total do Concello- dedidimos impulsar a seguinte Moción de Por Chantada-CUP para a adopción de medidas en apoio ao sector da castaña.
Baixa (formato PDF) a nosa moción: Moción de Por Chantada-CUP para a adopción de medidas en apoio do sector da castanha.