Por Chantada-CUP non fica impasíbel perante á agresión perpetrada ao Patrimonio.

 

Este domingo 18 de novembro, centenario da I Asemblea nacionalista de Lugo, Por Chantada-CUP dirixiu senllos escritos de queixa á Valedora do Pobo, de comunicación e denuncia á Dirección Xeral de Patrimonio e solicitude ao Concello de Chantada para a reposición da legalidade urbanística e a adopción de medidas en relación á demolición dun hórreo, tal e como se fixo eco a imprensa o día 17. Sobre este asunto xa formulamos tamén pergunta no Pleno ordinario do día 12 (min. 1:41:20) contestándosenos que non constaba ningunha comunicación previa ou solicitude de licenza municipal para as obras que conduciron á demolición do último hórreo da vila, sito na Alameda ao pé do Casco histórico.

Tamén a deputada de Em Marea, Paula Vázquez Verao, anunciou que levará esta grave agresión ao Patrimonio material ao Parlamento galego.

 

Se queremos legar ás vindeiras xeracións un país con identidade e Patrimonio é obriga colectiva proceder enérxicamente á súa defensa e demandar que as administracións públicas fagan cumprir as leis vixentes en materia de Patrimonio e urbanismo. #STOPimpunidade

 

Disponiblizamos en PDF escrito remitido ao Concello: Escrito de denuncia de Por Chantada-CUP por incumprimento da legalidade urbanística e demolición de hórreo no casco urbano.

 

Foto cortesía de Iago Lestegás Tizón

 

 

 

 #SomosAlternativa #CUPChantada 

Un comentario en “Por Chantada-CUP non fica impasíbel perante á agresión perpetrada ao Patrimonio.

  1. […] Falan de Ourense e de Ferreira e a páxina da Deputación de Lugo dentro da historia das augas da provincia cita a Mouriscados, que foi unha referencia, se ben lonxe da potencia en termalismo que ten Ourense. A moción parécenos correcta e poderiamos subscreber case palabra por palabra o seu contido, como en todas as iniciativas sobre o patrimonio que temos traído a esta cámara. […]

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s