Por Chantada decide impulsar unha candidatura centrada en alternativas para os problemas de Chantada

O pasado sábado 16 de febreiro celebrouse a asembleaanual ordinaria de Por Chantada-CUP, dándonos cita máis de 20 chantadeses para aprobar varios dos puntos que contiña a orde do día, entre estes as contas e modificacións do regulamento. Isto dá conta do noso constante exercicio de transparencia e participación.

De por parte, as participantes decidimos impulsar unha candidatura plural e centrada no país do Faro, de acordo coa nosa crenza na unidade popular e a suma de forzas para resolver os nosos problemas desde aquí, coa forza de alternativas realistas pensadas desde e para o noso territorio e a nosa xente, como continuación dun proxecto centrado na constante formulación de propostas desde o rigor. Un proxecto aberto a todas as persoas sen máis subordinacións que a defensa dos intereses da maioría social.

Antes de falarmos de nomes  afondamos no proxecto e nas causas que consideramos fan necesaria esta candidatura, de medidas programáticas para tirar o noso Concello da apatía e do piloto automático co que goberna, e xa van alá máis alá de 20 anos, a equipa de Manuel Varela. Chantada afronta problemáticas profundas, como a crise demográfica, a precariedade e o desemprego, a necesidade de mantemento de infraestruturas e a urxencia de ter unha administración local eficaz, moderna e ao servizo dos colectivos sociais. Algo que viñemos observando e demostrando ao longo da lexislatura con traballo humilde, mais constante. En resumo, Chantada precisa de futuro e non camiñar cara o deserto verde que é onde conduce a parálise e a improvisación do Goberno local.

Finalmente, lembrar que as nosas xuntanzas son abertas á participación de todas aquelas persoas que estimen que é necesario transformar este Concello e facelo sen deixar a ninguén atrás.

 #SomosAlternativa #CUPChantada 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s