No día de hoxe rexistramos Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP para a adopción de medidas a prol da igualdade. A moción debaterase no vindeira sesión ordinaria do Pleno do Concello de Chantada,a celebrar na quinta feira 28 de novembro, xunto á Moción de Por Chantada-CUP sobre adopción de medidas na escola infantil e para a ampliación das prazas públicas.
Desde o noso grupo, recollemos unha serie de demandas que, en síntese, visan exixir un financiamento local suficiente e xusto para desenvolver as competencias municipais contra a violencia machista; elaborarmos unha Ordenanza municipal de Chantada para a igualdade na diversidade; facer da prevención unha política prioritaria e transversal; dotar de recursos orzamentares municipais á loita contra a violencia de xénero; deseñar un plano de acción específico para a coeducación e o respeito desde a infancia e a adolescencia; atender ao machismo no desporto; e que o Concello non subvencione entidades que empreguen o corpo das mulleres de xeito sexista como reclamo publicitario.
Podes consultar a moción íntegra aquí: Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP para a adopción de medidas a prol da igualdade.