Através da deputada Paula Vázquez Verao, as propostas de Por Chantada-CUP chegarán ao Hórreo. Así, nos #Orzamentos2020 da #XuntadaGaliza proporanse as seguintes emendas:
💧 Mellorar a depuración e tratamento das #augas residuais.
👵Aumentar os fondos que a Xunta achega ao Servizo de Axuda no Fogar (#SAF) e rematar coa precariedade laboral no sector.
👶 Incrementar as prazas da #GaliñaAzul, xa que temos demanda, e unha partida para dotar de cociña a nosa escola.
⛪ Dotar, con carácter prioritario, partidas para actuacións de conservación do noso #patrimonio, a comezar polo mosteiro de San Salvador de Asma.
🌏 Universalizar a #bandalarga nas comarcas rurais.
🍷 Orzamentar unha campaña específica de apoio á promoción da #viticultura e o viño galego no exterior.
❄ Fondo para axudas por #danos provocados por sarabias e xiadas no sector primario.
🐄 Liñas de financiamento para as #explotaciónslácteas.
🚍 Melloras no #transporte do #rural.
🌳 Dotar cun millón de euros anual o Plano de xestión da #ReservadeBiosfera #RibeiraSacra-Courel-O Iribio, así como facer unha campaña de #participación no territorio.
#Construírfuturo #InteriorGalegoVivo
Podes consultar a nota de imprensa da deputada Paula Vázquez Verao premendo aquí (PDF): Emendas orzamentos 2020 Xunta da Galiza para o sul de Lugo e o interior galego