Zona catastrófica ou alcalde catastrófico? Don Manuel e o bálsamo de Fierabrás.

Zona catastrófica ou alcalde catastrófico

Como é ben sabido o día 16 de xuño a pedra ou saraiba castigou as ribeiras de Chantada, nomeadamente nas parroquias de San Fiz, Pesqueiras e Sabadelle. Nese mesmo día diriximos á Consellaría de Medio Rural e ao Concello de Chantada un escrito para, entre outras cuestións, declarar zona de desastre natural e impulsar desde a Xunta unha liña de axudas análoga á aprobada en 2016 no Concello de Sober (en época preeleitoral). Transcurrida máis dunha semana aínda non recebemos resposta de nengún tipo, nen por parte do alcalde de Chantada nen do conselleiro de Medio Rural.

Máis grave aínda é o que se desprende das diferentes declaracións na imprensa que fomos rastreando desde entón: fóra do envío dos técnicos non se fixou aínda nengún tipo de axudas, remitindo para os seguros que, tal e como explicamos no noso escrito de 16 de xuño, non se adaptan á realidade galega en xeral, e á da Ribeira Sacra en particular.

Nos días posteriores ao desastre natural, San Fiz foi unha pasarela ou un photocall por onde desfilaron o conselleiro de medio rural, José González Vázquez, e outras personaxes. Lonxe de anunciar solucións remitiu os afectados aos técnicos e as axudas para seguros, que quere vender como o bálsamo de Fierabrás.

Á indicencia do conselleiro súmanselle as declaracións do senador e alcalde de Chantada. Após días de mutismo ou declaracións ambiguas agora anuncia o seu grande contributo: unha liña de axudas a infraestruturas públicas desde Medio Rural e unha iniciativa no Senado para ser zona catastrófica que, por certo non se pediu para Sober en 2016 cando gobernaba Mariano Rajoy. Corresponde impulsar ao Concello a zona catastrófica, que debería xestionarse  desde a unanimidade dos grupos e cunha soa voz, antepondo a viciñanza ao xogo político PP-PSOE.

O comportamento do  alcalde é bochornoso. Dun lado, porque permite que se discrimine a Chantada non aplicándolle desde a Xunta o mesmo tratamento que a Sober en 2016, será porque non hai eleicións como naquela altura? Doutra banda, tratándonos coma parvos e erguendo unha cortina mediática de cruce de acusacións ao trasladar a cuestión ao Senado sen facer desde o Concello o que corresponde. Este tipo de compotamentos é o que progresivamente afasta máis e máis a cidadanía dos partidos políticos e afonda a crise de representatividade.

Fronte ás palabras ocas e a adiar o problema para deixar que vaia esmorecendo e saíndo do foco mediático desde Por Chantada exiximos solucións, como as que puxemos por riba da mesa o proprio día do desastre. Amais, coñecendo xa que foron atinxidas 300 hectáreas, das que 110 foron severamente afectadas, é necesario que a Xunta saque axudas directas e para infraestruturas por volta de 2.5 millóns de euros. Pouca cousa a carón dos 74 millóns de euros que anunciou a Xunta para a impulsar a candidatura a Patrimonio da Humanidade da Ribeira Sacra, que, como explicamos en días pasados, após o informe da UNESCO é outro bálsamo de Fierabrás.

 

Un desastre que atinxiu por volta de 300 hectáreas.

Se ben na semana pasada a Xunta da Galiza falaba de 60 hectáreas e o aínda presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez, falaba de 70 Ha afectadas, o 5% da Ribeira Sacra, das que 30 estarían dentro do Consello Regulador da Ribeira Sacra. Comezaba o baile de cifras. Para o Consello foron atinxidos 120 viticultores e 12 adegas, das que 4 perderon 100% da colleita.

No entanto, esta semana Iván Vázquez, o xefe de área dos Servizos de Extensión Agraria, oferecía unha realidade ben máis complexa e abranxente. A saraibada atinxiu 300 hectáreas, situándose 40 hectáreas en San Fiz no nível 3 e outras 70 hectáreas no nível 2, co que totalizan 110 hectáreas. Concretamente, os dados achegados distribuiríanse segundo os níveis de afectación estabelecidos polos técnicos da seguinte forma:

veis de afectación

Alto

(100% de mingua, só resistiu a cepa e a madeira vella)

679 parcelas

40 hectáreas

San Fiz

Medio

(follas destruídas e máis de 50% de mingua nos acios)

1.225 parcelas

70 hectáreas

San Fiz, Pesqueiras, Sabadelle

Baixo

(danos na folla e nalgún racimo, mingua variábel da colleita)

 

150 hectáreas

San Vitorio e outras parroquias de Taboada.

Para solventar dúbidas e solicitar asesoramento, os produtores e adegueiros atinxidos poden contactar cos técnicos da OAC de Monforte o teléfono é 982 889 112. De por parte, o prazo de contratación das liñas de seguro subvencionadas pola Xunta para uva de vinificación remata o 1 de outubro e a axuda correspondente recébese no momento da contratación. Para horta xa rematou o prazo o 1 de xuño e a cireixa o 1 de xaneiro.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioG0426-281220-0003_gl.pdf

 

ESTIMACIÓN DOS DANOS E AXUDAS PRECISAS

Este ano todos os viticultores coinciden en que a colleita ía ser excelente. Daquela, para a nosa estimación debemos botar mao do máximo rendemento permitido polo Consello Regulador, que é 9.500 quilogramos por hectárea. Tendo en conta que 110 hectáreas foron gravemente atinxidas estariamos falando de 1.045.000 quilos de uva. A isto teriamos que sumar os danos en adegas, muras e outras infraestruturas que aínda son difíciles de cuantificar con precisión. Só arredor de 10 Ha pertencerían a adegas, sendo as restantes propriedade de pequenos viticultores.

 

Tendo en conta eses dados e xa sen irmos ao rendemento medio que unha hectáreas pode oferecer de media a unha adega nun ano de colleita excelente deberíase arbitrar unha liña de axudas que abonase como compensación 1 euro por quilo de uva estragado, xa que logo, deberíase licitar unha liña de axudas por valor mínimo de millón e medio de euros para axudas directas á viticultura e outros sectores (horta, castaña…) desde a Consellaría de Medio Rural, complementada con outro millón de axudas para as infraestruturas atinxidas (muras, pistas, teitumes de adegas…).

 

Finalmente, podes consultar tamén o noso escrito de 16 de xuño íntegro no seguinte PDF:

Solicitude de Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular para a declaración de zona catastrófica ou de desastre natural das ribeiras do Concello de Chantada atinxidas pola saraiba o 16 de xuño de 2021.

 

Captura de pantalla 2019-04-21 a las 10.27.36

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s