Por Chantada apresenta moción para trasladar á Deputación a necesidade dun plano específico contra a exclusión financeira

Captura de pantalla 2019-04-21 a las 10.27.36

No vindeiro pleno a candidatura de unidade popular defenderá unha “Moción de Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular en relación á perda de servizos bancarios nos concellos do interior galego“, que podedes consultar integramente no seguinte PDF:

Moción de Por Chantada perda de servizos bancarios interior galego

Desde IGV entendemos que, como cooperativa de crédito de ámbito galego con morada en Lugo   a entidade Caixa Rural Galega pode facer parte da solución contando xa con 33 oficinas. Propomos un convenio entre Caixa Rural Galega e a Deputación de Lugo para abrir novas oficinas, lanzar unidades móbiles e dispor de caixeiros multientidade en todos os concellos. É algo que entra dentro das competencias da Deputación e que outros entes teñen feito ao longo do Estado.

Só no espazo da denominada Ribeira Sacra lucense fecharon 27 sucursais e 4 viron reducido o seu horario. Desta arte, atopámonos nunha das zonas máis afectadas pola exclusión bancaria, que require un movemento solidario dos municipios do interior galego para rebelarse contra os ditados da gran banca e a buscar posíbeis solucións. A próxima será a do Banco Sabadell en Monforte de Lemos.

Un retroceso brutal de emprego e de actividade, de financiamento da economía galega, acompañado da precarización das condicións de traballo das persoas que quedan e que explican a perda de peso das actividades financeiras na Galiza, que se cuantifica na caída de 25% da súa contribución ao PIB galego desde 2009. Un verdadeiro espolio financeiro.

Con case tres millóns de euros a propria Xunta que liquidou as caixas galegas fomenta agora o feche de sucursais de Abanca con fundos públicos.

 

Na primeira da moción parte facemos unha diagnose da exclusión financeira no interior galego que parte do traballo conxunto da plataforma Interior Galego Vivo (IGV) e na segunda explicamos as nosas propostas e outras que se desenvolveron xa noutras latitudes. 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s