Benvidas e benvidos

Captura de pantalla 2019-04-21 a las 10.27.36.png

 

Quen somos?

_MG_0484recortada.jpg

Somos un grupo de veciños que nos unimos para formar unha candidatura popular para pór Chantada no centro das preocupacións do concello.

Vivimos tempos moi difíciles e é precisa valentía, audacia e sumar forzas e vontades para que este sexa un lugar con futuro onde vivir e traballar dignamente. Somos persoas de diversa procedencia que non nos resignamos a ver como Chantada se converte nun deserto verde e pulamos por construírmos un mundo máis xusto e fraternal.

 

Que queremos?

Por Chantada pretende facer política dun xeito novo, defendendo enerxicamente os intereses das clases populares, a solidariedade e o ben común por riba dos intereses persoais. Queremos contar co parecer de todas as persoas que desexedes participar das nosas decisións para desenvolver unha política ao servizo da maioría social, tanto dentro como fóra do concello.

Unha nova política fronte á podredume dos partidos tradicionais, das institucións e das burocracias, ao servizo dos poderosos e que nos rouban o futuro.
Cunha gravísima crise, que pon contra as cordas os nosos sectores produtivos, non nos podemos permitir un goberno local que non sexa enérxico e faga todo o posíbel por desenvolver as potencialidades da nosa comarca. Tampouco podemos tolerar a corrupción e falta de democracia, ética ou transparencia.

eaf71767-95cf-47ea-9e50-ad23493047a8.jpg

O concello que queremos, a Chantada das persoas

Por Chantada aposta por iniciativas ao servizo da maioría social. Por iso apostamos por un programa participativo con medidas claras e realizábeis. Temos afouteza e valentía para plantar cara aos recortes económicos e sociais, como primeiro paso para retomar o rexurdimento de Chantada e as súas parroquias e mellor as condicións de vida das chantadinas e dos chantadinos.

Temos que rematar coa resignación coa que as traballadoras e os traballadores do país do Faro aceptamos a ruína e o abandono a que nos someten e para iso precisamos xuntar forzas e construír unidade popular: desde abaixo e desde a esquerda.

 

A candidatura da unidade popular. A túa candidatura
A candidatura da unidade popular. A túa candidatura

 

Como nos organizamos?

Por Chantada fixa con total honestidade os seus compromisos, comezando pola participación directa de veciñas e veciños na nosa toma de decisións. Para iso recorremos tanto ás novas ferramentas telemáticas e ás redes sociais, como a xuntanzas abertas: verdadeiras asembleas da unidade popular.

Democracia, horizontalidade, transparencia e participación. Cooperación e non competición. Solidariedade dos de abaixo como expresión da fraternidade de clase.

Precisámoste para sermos cada vez máis as irmás e irmáns que partillemos un obxectivo común: construír o noso futuro entre todas  e todos, coas nosas mans, evitando que uns poucos nolo rouben.

 

Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular

3 comentarios en “Benvidas e benvidos

Deixar un comentario