Baixa o díptico da nosa candidatura en formato PDF: Por Chantada díptico candidatura 2023
Asistiron 12 dos 13 concelleiros, ausentándos Cándida Carnero (PP). Igualmente, estaban presentes o secretario accidental e a interventora municipal, para alén do conxerxe municipal. No público dúas persoas.
Acta da sesión plenaria extraordinaria do día 9 de marzo de 2023 (PDF): Acta_pleno_extra_090323
A) Parte resolutiva
1.- Aprobación da acta da sesión anterior, ordinaria, do día 26 de xaneiro de 2023.
UNANIMIDADE.
2.- Modificación Orzamentaria nº 05/2023.-Suplemento de Crédito 01/2023 por importe de 1.014.825,89 euros.-Aprobación definitiva.
PROPOSTA APROBACION DEFINITIVA MP 052023 SUPLEMENTO DE CREDITO 01
INFORMES DE INTERVENCION 2023-0007 [ALEGACIÓN SUPLEMENTO CRÉDITO]
Xa na CI votamos en contra de que se desestimen as nosas alegacións en base a unha suposta falta de lexitimación activa dos concelleiros que segue unha doutrina de direitas máis ca de Direito.
A STC 18/10/20047 e a STC 26/11/2009 recoñecen ás persoas concelleiras, pola súa condición de membros do Concello –non de órgano do mesmo-, lexitimación para impugnar a actuación da Corporación á que pertencen fundamentándoo no interese concreto que ostentan no correcto funcionamento da mesma. Amais, subliña o TC que ao carón da lexitimación xeral existe unha lexitimación ex lege por razón do mandato representativo recebido dos eleitores para poder impugnar actos ou actuacións que contradigan o ordenamento xurídico.
Na propria CI xa indicamos tamén que a STC 10/05/2012 anula calquera dúbida sobre a doutrina a aplicar e lexitima aos concelleiros e concelleiras para alegaren ao orzamento ou ás modificacións orzamentares, xa que a lexitimación deriva directamente da súa condición de representantes populares para alén da abastracta defensa da legalidade e sempre e cando votasen en contra no Pleno do asunto conforme o artigo 63.1.b da LRBRL. Esta sentenza e os razoamentos expostos queremos que figuren na acta da sesión.
O TS apoia a tese de que os concelleiros poden alegar na exposición pública, entre outras cousas, para evitar ulteriores procesos xudiciais (art. 19.1 da Lei 29/1998, de 13 de xuño, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Por se isto fora pouco, e tal razoamento tense feito nesta mesma lexislatura, o artigo 170.1 do TRLRFL lexitima a todos os habitantes do territorio da entidade local a alegaren polo que se poderían desbotar as alegacións polos motivos que fosen, mais nunca por falta de lexitimación activa como se fixo e resulta escandaloso.
Así pois, fica no vento a resposta ás alegacións, como no cantar rebelde de Bob Dylan. En síntese:
Non se xustificaron expresamente os proxectos nen se identificaron fisicamente as necesidades, non se indicou tampouco a existencia de proxectos ou memorias valoradas. Incúmprese artigo 37.2 do RD 500/1990: «a.- O carácter específico e determinado do gasto a realizar e a imposibilidade de demoralo a exercicios posteriores».
Non se aclarou o incumprimento da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de estabilidade orzamentar e financeira (LOEOF) e entendemos que non se segue o disposto no artigo 188 do TRLRFL.
Non se responde ao evidente eleitoralismo que rezuma este SC, que sen especificar absolutamente nada vai ser investido con total discrecionalidade e incumprindo a LCSP (como xa acontecera noutras campañas diste alcalde) na tramitación, no límite e na natureza dos contratos. En resumo, acabouse unha peste (a da COVID) mais seguimos coa peste do caciquismo.
Como non se correxiron as deficiencias nen se respondeu ao contido das alegacións o procedente é seguir mantendo a nulidade de pleno direito do acordo de SC 1/2323 por importe de 1.014.825 euros. Estamos a favor de arranxar as infraestruturas e de dotar de servizos a viciñanza, mais non destas formas de facer política onde os investimentos só existen cada catro anos como se a viciñanza fose parva.
A FAVOR: 6 (PP)
EN CONTRA: 2 (Por Chantada)
Abstención: 4 (PSOE)
3.- Orzamento do exercicio 2023.-Aprobación definitiva.-G1278/2022.
PROPOSTA APROBACION DEFINITIVA ORZAMENTO 2023
INFORMES DE INTERVENCION 2023-0008 [INFORME ALEGACIÓNS]
Volveuse negar a lexitimación activa que nos asiste como concelleiros e como viciñas de Chantada e non se responderon as nosas alegacións. Citamos novamente a STC 10/05/2012, pois anula calquera dúbida ao respeito e mantemos entón o criterio da nulidade do acordo ao non correxiren as deficiencias sinaladas das alegacións.
Deficiencias que tamén existían no expediente que ían traer para aprobar definitivamente un proxecto de 2008 en Santa Ana que favorecese a prórroga dunha licenza de 2005 sobre o antigo edificio de Vialmar, obviando a caducidade, o procedemento e aínda a existencia de expedientes de reposición da legalidade asinados polo memos alcalde que agora pretendía aprobar todo sen calquera informe sobre a legalidade do asunto. Están totalmente desbocados e iso é preocupante, porque dana a democracia, dada a seguranza xurídica e dana a credibilidade institucional.
Advertímoslle que non hai Plano estratéxico de subvencións e que incumpren o artigo 8.1 da Lei Xeral de Subvencións e o principio de planificación recollido na Lei 40/2015 do Réxime Xurídico do Sector Público. A consecuencia disto, segundo Sentenza 26/06/2012 todas as subvencións son nulas de acordo co artigo 47 da LPAC. Non sei se son conscientes do problema que poden criar e de que invalida a legalidade do anexo de subvencións do Orzamento.
Outra cuestión a recalcar é que a OPE e a RPT aprobada inicialmente (era difícil por certo facela pior) non se axustan a direito ao excluíren cinco traballadoras da limpeza para alén de non preveren complementos e retribucións análogas para funcións e corpos equiparábeis. Entedemos entón que os créditos non son suficientes e que tampouco é correcto o anexo de persoal. O das traballadoras tamén llo di a CIG, mais tampouco atenderon as súas demandas.
O colmo xa é que aleguemos cuestións concretas do anexo de persoal e unha delas a aceiten cando alega a propria traballadora, mais non cando a formulamos nós. En Acción social comunitaria figura só un TS como laboral fixo mais isto non coincide co disposto na RPT e na OPE. Outros erros que igualmente se cometen en relación co persoal, nalgún caso até mediando sentenza, fíxolles igualmente caso omiso promovendo así que continúe o regueiro de sentenzas en relación ao persoal do concello.
EN CONTRA da desestimación das alegacións.
A FAVOR: 6 (PP)
EN CONTRA: 6 (Por Chantada e PSOE)
4.- Regulamento Organizativo do Servizo Madrugadores do Concello de Chantada.-G1171/2022.
ANEXO Á PROPOSTA REGULAMENTO NORMALIZADO E LINGUAXE INCLUSIVO
INFORMES SECRETARIA 2023-0003 [INFORME ALEGACIONES]
AlegaciónsPCh_Madrugadores_1222
Na aprobación definitiva deste regulamento, que se vai producir presuntamente hoxe día 9 de maio de 2023, terán que explicar como é posíbel que o servizo comezase a funcionar a 1/02/2023 sen ter o regulamento definitivamente aprobado. Unha temeridade maiúscula e máxime cando se fai através dunha empresa. Resulta preocupante que non respeiten absolutamente nengún procedemento legal e que gobernen como se tratase dun feudo e non dunha institución democrática.
Logo din que admiten a linguaxe inclusiva, mais o servizo segue chamándose Madrugadores e non Servizo Madruga como sempre defendemos. Ou non entenden o que é a linguaxe inclusiva ou un xa non sabe moi ben que pensar. Improvisación como na xestión e petición das instalacións cos conseguintes problemas cos centros, falta de cumprimento dos procedementos legais…
Certamente, alégranos que se criase un servizo Madruga que axuda á conciliación (aínda que fose a meses de rematar a lexislatura e non no comezo do curso que sería o seu) mais está claro que se podía ter feito moito mellor e sen necesidade de vender que o ían xestionar con persoal proprio cando sabían desde o comezo que ían recorrer a unha empresa privada.
A FAVOR: 6 (PP)
EN CONTRA: 2 (Por Chantada)
Abstención: 4 (PSOE)
5.Proxecto de Urbanización da Rúa do Rego.-Aprobación definitiva.-G95/2023.
Decreto_2023-0219 [RETIRADA EXP PLENO 09-03-2023 PROYECTO URBANIZACIÓN RÚA
INFORME PROYECTO URBANIZACIÓN RÚA DO REGO RETIRADA EXPEDIENTE
ASUNTO RETIRADO APÓS PETICIÓN DE INFORME DE SECRETARÍA E DE EXPEDIENTES POR PARTE DOS GRUPOS DA OPOSICIÓN.
Asistiron os 13 concelleiros, a interventora, o secretario accidental e o conserxe. Só unha persoa asistiu como público, mais era empregada do concello, comezando ás 20:05 horas.
AUDIO DO PLENO COMPLETO: https://drive.google.com/file/d/1EMxDAnV9x7Rg4M0uS4Qp6LHIYcsTSrJP/view?usp=share_link
DOCUMENTACIÓN E POSICIÓNS DE POR CHANTADA – INTERIOR GALEGO VIVO NO PLENO
1.- Aprobación da acta da sesión anterior correspondente ao 1 de decembro de 2023.
Resumo, audio e vídeo explicativo aquí: https://porchantada.wordpress.com/2023/01/25/resumo-pleno-ordinario-1-de-decembro-de-2023-audio-e-video/
Acta oficial: Acta_pleno_011222
Solicitamos que ser inclúa a xustificación de motivos das mocións, xa que consideramos que son cuestións importantes.
2.- Modificación Orzamentaria 05/2023.-Suplemento de Crédito 01/2023.-G069/2023.
INFORMES DE INTERVENCION 2023-0004 [SC012023]
Non coñecemos aínda hoxe os proxectos e os investimentos que hai por detrás deste SC 1/2023 polo que se nos pide asinar un cheque en branco. O artigo 37.2 do RD 500/1990 indica que «a.- O carácter específico e determinado do gasto a realizar e a imposibilidade de demoralo a exercicios posteriores». Porén no expediente, e tampouco na CI, non se xustificou expresamente que proxectos se engloban no SC, nen se identificou a necesidade e onde se encontra fisicamente, é dicir, se é para financiamento de obras debería haber xa proxecto ou, cando menos, memoria valorada.
Por outro lado, como xa dixemos na CI vénse en ano eleitoral cun SC con cargo a RTGX de máis dun millón de euros despois de anualidades cunha execución orzamentar moi baixa, nomeadamente, no capítulo VI de investimentos.
O informe de intervención sinala con claridade, aínda que non fai os cálculos aproximados como si se facía con anterioridade e botamos de menos informe sobre a estabilidade orzamentar, que suporá romper coa regra de gasto o que pode ter incidencia no exercicio de 2024 cando se restauren as regras fiscais podendo levar a un Plano económico financeiro (PEF). O noso grupo quere subliñar que xa no exercicio 2021 se incumpriu coa estabilidade orzamentar cunha necesidade de financiamento por importe de 199.761,13€, seguramente pola desleixo total no controlo de execución de ingresos e gastos por parte do Goberno e polo emprego do RTGX. Imaxínense cal vai ser o grado de incumprimento cando en 2024 retorne o corsé da ortodoxia fiscal e a hipoteca que suporá para o período de goberno 2023-2027. Incúmprese o principio de prudencia financeira e, de feito, a intervención municipal lémbralles «a obriga de prudencia e responsabilidade na xestión financeira», se é que len os informes que teño dúbidas.
Se este millón é, fundamentalmente, para arranxar pistas, deberían ter feito máis durante toda a lexislatura (e nas lexislaturas pasadas pois leva 24 anos gobernando) e non agardar, coma os malos alumnos, ao último momento para regar a campaña con cimento.
Estamos a favor de arranxar as infraestruturas e de dotar de servizos a viciñanza, mais non destas formas de facer política onde os investimentos só existen cada catro anos como se a viciñanza fose parva.
APROBADO cos votos a favor do PP (7), os votos en contra de Por Chantada (2) e a abstención do PSOE (4).
3.- Proxecto orzamentario 2023.-G1278/2022.
Orzamentos 2023 [documentación]
Este ano o Concello recebe 10% máis de recursos pola elevación na Participación dos Tributos do Estado, os fundos PERTE mais o aumento substancial das contribucións da Xunta da Galiza que se acordou de Chantada algo máis niste 2023, aínda que sexa porque hai cita coas urnas.
No 2021 RTGX de 959.369,83€ e desde o 2019 as execucións do orzamento están moi lonxe de cifras normais, polo que fican moitos créditos sen gastar que se suman ao remanente de exercicios anteriores.
Portanto, hai máis fundos ca nunca, en parte porque se agardou até este ano para gastar e executar en investimentos (decisión política) e en parte polo contexto de crise financeira que comeza coa pandemía da COVID-19 e se espalla até a previsíbel recesión diste ano, preludio no entanto dunha coxuntura ben máis adversa a partir do ano 2024 coas subas da taxa de xuro para blindar os especuladores do BCE e polo retorno ás regras fiscais. Está todo calmo, mais é a calma do ollo do furacán.
Nesta tesitura de chegarmos cos deberes feitos (o cemento ben empregado no seu momento e non parches ou crónico desleixo de pistas) poderiamos estar falando de investimentos estratéxicos e de anteciparnos ao cenario complexo que deberemos enfrontar co agravante da perda poboacional (2023 será o último ano en que estaremos por riba dos 8000 habitantes). Porén, nada diso, pois en 24 anos de goberno a maioría dos núcleos de poboación teñen os accesos machacados.
2023 podería ser o ano da esperanza e da ilusión impulsando políticas novidosas, mais vai ser o ano do cimento, que en retrospectiva non é pouco tamaña é a miseria que arrastramos desde hai décadas cun medio rural sen rede de sumidoiro, traída de auga pública ou recollida selectiva de lixo; e cunha vila hostil para peóns e persoas con discapacidade, onde o tránsito é totalmente caótico e onde o urbanismo se caracteriza pola lei da selva.
A maiores, no tocante ao persoal, non se pode desligar o orzamento da RPT e esta deixa moito que desexar. Faltan prazas que se precisan (e moito) e falta maior dotación económica para que haxa xustiza na retribución de todo o persoal e igualdade.
Nas subvencións o terceiro sector sae trasquilado. Caritas cun alude de peticións segue con 3000 euros cando o ano pasado falaban de subir a 6000 euros, Cruz Vermella 500 euros e o Recuncho Solidario 0 euros. O fundo de emerxencia social dótase con 45.000 euros, mais no 2021 volvemos ver como a súa execución non chegou ao 50%. Ou un ve moi mal cando anda polas rúas de Chantada e coñece as historias de vida de parte das súas xentes ou a súa acción social é un estrepitoso fracaso.
De por parte, no capítulo de investimento non se detalla a que se van destinar a maior parte dos fundos e non se contou coa oposición para tratar nada sobre o orzamento municipal, xa que practican a política Juan Palomo e logo quéixanse cando a oposición alega ou interpón recursos como se tivese calquera outra vía para corrixir as eivas e deficiencias que observamos nas súas decisións políticas. Tampouco contar coa oposición mudaría nada á luz das emendas que temos apresentado durante a pandemía e que, no esencial, foron desouvidas cando eran trece liñas de actuación con múltiplas propostas para mellorar Chantada.
En conclusión, Chantada encadea dúas anualidades con orzamentos expansivos debido á conxuntura que elevou notabelmente as transferencias externas e ao aforro interno debido a unha deficiente execución orzamentar. No entanto, esta excepcionalidade non se empregar para preparar a entidade de cara ao futuro inmediato de fin da flexibilización cuantitativa e suba dos tipos de xuro e recrudecemento das regras fiscais. Portanto, perdemos unha oportunidade única de corrixir a continuada diverxencia do noso territorio do interior e rural a respeito doutros e lamentarémolo no futuro.
APROBADO cos votos a favor do PP (7), os votos en contra de Por Chantada (2) e do PSOE (4).
4.- Aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Chantada.-G034/2023.
PROPOSTA ACORDO aprobación inicial RPT
INFORMES DE INTERVENCION 2023-0003
Estrutura, proposta e RPT CHANTADA
Certificado 2023-0001 [RESULTADO MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN RPT]
DECRETO 2022-1078 ADXUDICACION CONTRATO MENOR SERVICIOS ACTUALIZ
Unha RPT é algo exixíbel legalmente aos concellos e moi necesarios mais que Chantada aínda comece o 2023 sen ela só ten un responsábel tendo en conta que vostede leva 24 anos sendo alcalde. Todo ese tempo sen unha RPT cronificou problemas na estrutura e deturpou as canles legais de acceso ao emprego público con reiterados informes de interevención que durante anos advertiron da fraude legal que se cometía e dando como resultado cun grao de laboralización elevadísimo e superior ao 50% (fronte ao 30% na Xunta ou o 20% na administración do Estado) e tarefas idénticas ou semellantes atribúense nuns casos a persoal funcionario e noutros a persoal laboral violando o principio de igualdade de tratamento de traballadores.
Igualmente, a “produtividade” que agora encadramos no complemento específico revela até que pondo esta RPT non trata a todo o mundo por igual e, do mesmo xeito, entendemos que faltan prazas básicas (como persoa técnica de normalización lingüísticas e unha persoa auxiliar de biblioteca) e outros que hai son discutíbeis. Tampouco figuran cinco traballadoras da limpeza excluídas torticeiramente.
Hai por tanto moitas cuestións e decisións que son políticas e que explican disparidade de criterios á hora de dotar financeiramente as prazas ou de indicar os requisitos formais de formación. Todo isto trae consigo que sexa necesario alegar para mellorar esta proposta inicial e adoptar aquelas medidas que foren necesarias para contribuír a igualdade.
O alcalde tenta amparar nunha empresa as súas escollas e decisións persoais, mais non cola. Abonda coller a RPT de Salceda de Caselas, feita pola mesma empresa e con páxinas inteiras de corta e pega, para comprobar como as valoracións dos postos e, en consecuencia os complementos e os salarios, varían substancialmente na maioría dos postos. Desde logo, en Salceda non hai casos flagrantes de traballadores que se discriminan en relación con compañeiros polo mesmo traballo (retribución relativa) e, por norma xeral, son superiores as retribucións absolutas. Esta desigualdade só pode explicarse ou ben por favoritismo ou ben por non ter dedicado o tempo suficiente para ponderar e estudar o documento garantindo uns baremos equivalentes para todas persoas traballadoras do mesmo corpo.
Entrando nas contías, os Servizos Sociais están por baixo dos emolumentos que receben noutros concellos mentres outras prazas están moi por riba, por exemplo as de arquitecto. En xeral dotaron economicamente ben os postos que xa estaban mellor retribuídos e foron tisaños con aqueles postos financeiramente pior dotados. Xusto o revés do que é xusto e en consonancia coas privatizacións que afectaron só a mulleres e as que tiñan as piores condicións laborais (SAF e limpeza).
En definitiva, esta RPT quere saír do atolladeiro ao que levou o desleixo de décadas de pasar de todo coa mínima factura e malia ter a oposición da CIG, esquecendo que debe responder á estrutura realmente existente así como a necesaria e desexábel e aí débense observar os direitos de todas e todos.
APROBADO cos votos a favor do PP (7), os votos en contra de Por Chantada (2) e do PSOE (4).
5.- Mocións e asuntos de urxencia.
B) Actividade de control
6.- Dación en conta de decretos da Alcaldía. Números 995 a 1147 de 2022 e 1 a 63 de 2023.
7.- Reparos de Intervención do 27 ao 38.-Xaneiro.-G370/2021.
8.- Control Financeiro exercicio 2021.-Informe 2022-0027.-Exte.-G237/2022.
INTERVENCION 2022-0027 [CONTROL FINANCIERO 2021]
INFORME SERVIZO SELECCION PERSOAL EXERCICIO 2021
INFORME SERVIZO DE CONTRATACIÓN LISTADO CONTRATOS EXERCICIO 2021
INFORME LICENZAS TRAMITADAS A EFECTOS DE CONTROL ECONÓMICO FINANCEIRO EXERCIZO 2021
Asinálase o expediente 77/2022 con, cando menos, 1482767,46 euros en facturas reparadas e di a interventora que se advirte [ao alcalde] que debe levar a cabo unha actuación correctora inmediata, pois incumpre a LCSP ao non tramitar os expedientes de contratación, supérase o límite do contrato menor, fracciónase o obxecto do contrato ou é plurianual.
Tampouco se cumpre coas obrigas de publicidade activa da Lei de Transparencia, acceso á información pública e bo goberno (que nolo digan a nós) nen se fai un correcto seguimento dos prazos de garantía e das condicións de execución das obras e servizos.
No tocante ao persoal, non se somete a fiscalización previa, non se cumpre cos principios de publicidade activa e a documetanción non ten asento do rexistro municipal.
Que pensan facer para corrixir estas graves iregularidades? Non concreta nada. Só di que sempre intentan corrixir as irregularidades.
Contemplan elaborar un novo convenio colectivo xa que en 12 anos ininterrompidos de goberno continuou co convenio do bipartito que sempre deosta tanto? Sen resposta.
9.- Informe Resumo exercicio 2021 nº 2022-0028.-Exte.-G476/2021.
INFORMES DE INTERVENCION 2022-0028 [INFORME RESUMO 2021]
INFORMES DE INTERVENCION 2021-0009 [INFORME RESUMO]
C) Rogos e preguntas
I.- Axudas e subvencións.
1.1.- Temporal da Noitevella.
Un Noitevella un fenómeno climático de intensidade notábel sacudiu o noso territorio. O alcalde anunciou na imprensa que “estudaría” demandar a zona catastrófica para Chantada.
Que pasos concretos para alén da declaración no xornal deron niste sentido? Recoñece que a declaración é inviábel e que a Xunta faga estudo para através da FEGAMP solventar deficiencias e que se non o conseguen terán que desviar parte dos fondos que tiñan pensado dedicar a pistas a estas cuestións. Lamenta que os vehículos afectados polo temporal se pagasen a 1000 euros e a 1800 euros polo Consorcio. Di que a xente ten que ter os seguros ben e non queixarse.
Por que en San Fiz desantederon a nosa proposta (o nome correcto é zona de desastre natural) e se negaron en redondo a actuar? Sen reposta.
II.- Saúde pública e seguranza cidadá.
–
III.- Deportes.
3.1.- Piscina.
A piscina tivo que fecharse ao anegarse.
Cal foi o alcance dos destrozos? Cobre todo o seguro? Abrem o 30 de xaneiro. Agardan que o seguro cubra todo.
Reabren o 1 de febreiro? Arranxaron o vaso que ten areas no fundo que saen das xuntas dos azulexos que están sen recintar desde hai anos? Porque non se fixo aprobeitando este parón? Non fixeron esta actuación. Non saben explicar por que non.
Desde que se aplicou a suba pola modificación da ordenanza o padrón non deixou de diminuír mes a mes. Isto xa non é novo e reflicte desencanto coa xestión das piscinas. Que pensan facer ao respeito?
Padrón piscinas (exp. 50/2021) |
|
Decembro 2022 (D-1088/2022)* |
10.637,05 |
Novembro 2022 (D- 1006//2022)* |
11.052,86 |
Outubro 2022 (D- 897/2022)* |
11.074,46 |
Setembro 2022 (D-795/2022)* |
10.746,76 |
Agosto 2022 (D-678/2022 de 19/08)* |
10.861,96 |
Xullo 2022 (D-sn/2022 de 28/07)* |
10.725,66 |
Xuño 2022 (D-494//2022 de 9/06)* |
9.347,81 |
Maio 2022 (D-356-2022 de 24/07) |
9.172,59 |
Abril 2022 (D-2652022) |
9.390,54 |
Marzo 2022 (D-198/2022) |
9.074,04 |
Febreiro 2022 (D-113/2022) |
9.008,39 |
Xaneiro 2022 |
8.403,49 |
* Aplícanse as taxas após a suba no tarifario derivada da modificación da ordenanza fiscal reguladora. |
Di que volverán subir a recadación e que volven abrir a sauna como medida para atraer máis xente.
3.2.- Pista pádel pavillón.
A). Había varias pandillas de mozos e mozas que utilizaban a pista deportiva (4 canastras e 2 portarías) que estaba situada detrás do pavillón para ir xogar ao fútbol ou ao baloncesto.
Onde se van ubicar as canchas de baloncesto e fútbol que se eliminaron para instalar a pista de pádel detrás do pavillón? De momento non teñen ubicación.
Onde van poder ir xogar a baloncesto ou fútbol estes mozos e mozas a partir de agora? Non contestan.
B). Porque motivo está a nova pista de pádel orientada NE-SO, exactamente igual que a pista das piscinas, se é nesa dirección por onde se pon o sol, e despois das queixas por este motivo que se supón tamén recibirían vostedes? Tivo que facerse así polo terreo.
3.3.- Pavillón.
Hai un cristal roto no ximnasio do pavillón que leva así moito tempo e xa llo dixeramos nunha ocasión. Cando pensan arranxalo? Non hai que arranxar, hai que evitar que se rompan.
IV.- SERVIZOS PÚBLICOS e INSTRUCIÓN PÚBLICA.
4.1.- Servizo MADRUGA.
Contabamos coa resolución das alegacións neste pleno para pór en marcha o servizo no mes de febreiro.
Por que atrasan a súa posta en marcha cando ao comezo dicían que se ía comezar o antes posíbel? Farase un pleno extraordinario antes de rematar o mes.
Que demanda houbo en cada colexio? Non se demanda almorzo desde as familias.
Poden explicar por que van privatizar o servizo coa empresa Vitae animación que non se caracteriza precisamente polas súas boas condicións laborais? Contarán cunha empresa para comezar.
V.- MEDIO RURAL E MEDIO AMBIENTE.
5.1.- . Pista Seoane que sube da 1002 (exp. 451/2022 por procedemento aberto simplificado. Fevisa Vías y Obras S.L. 97300 euros con axuda de AGADER: Camiños Seoane 1, Soane 2 no Lote1: 88.200€- e Arcos -lote2: 9100€; expedientes relacionados 116/2022 (solicitude), 535/22 P; 732/2022 C; 776/2022 PS; 1052/2022 Cxus. Ampliación de garantía 12 meses).
Quen recepcionou a obra para facer o pago e a conta xustificativa? O director da obra. Senén Prieto.
Por que o groso do firme non se corresponde co proxecto e após dous meses xa ten fochancas. Xaquín di que non ten.
Tendo en conta que se lle concedeu a obra a esa empresa por procedemento aberto simplificado amparándose naampliación de garantía de 12 meses a que agardan para activar a garantía? Recoñecen que hai unha balsa de auga onda o cemiterio de Laxe, mais ca do resto está ben. [só hai que ver a foto e como días despois taparon a fochanca]
5.2.- PE MAXAL.
Apresetaron alegacións ao PE Maxal que impactará de cheo cunha LAT no noso territorio? Alegaron algo en relación coa LAT Maxal-Belesar? Teñen prevalencia. Fente lémbralle que os concellos teñen competencias en urbanismo e insrumentos de planificación urbanística. O alcalde contesta que xa hai moitas torretas de alta tensión.
5.3.- Carros abandonados.
En anteriores plenos indicamos varios vehículos que deben ser retirados ao estren abandonados na vía pública e conforme o artigo 106 da Lei de Seguridade Vial. Adoptaron algunha medida? Sen resposta.
5.4.- Plásticos nas pólas polo paseo por mor da chea.
Revisarán.
5.5.- Papeleiras nas rúas.
En moitas non hai para botar deposicións de cans. Non se contesta ao caso e négase a maior.
VI.- CULTURA E PATRIMONIO.
4.1.- Mosteiro de San Salvador de Asma.
Temos elaborado varias propostas e iniciativas encol o Mosteiro de San Salvador de Asma e a última vez díxosenos que a Xunta disporía dunha partida para investir no 2023. Houbo algún avance? O alcalde asegura que nistes días falará do asunto con Alfonso Rueda e Fente retruca que xa sabe que vai vir a Chantada.
VII.- ADMINISTRACIÓN E ASUNTOS XURÍDICOS.
7.1.- Plano estratéxico de subvencións.
Levamos varios plenos e mesmo ano lembrándolles a obriga legal que ten este Concello de dotarse dun plano estratéxico de subvencións, así como da necesidade de facer unha memoria anual das concedidas desde a alcaldía con arranxo ao disposto na lei.
Queremos que conste en acta que o principio de planificación, contemplado na Lei 40/2015 do Réxime Xurídico do Sector Público, foi reforzado en sentenza do TS (Sala do Contencioso-Administrativo), ao ditar que é requisito esencial e previo á concesión de calquera subvención o comprimento do Plano estratéxico de subvencións, contemplado no artigo 8.1 da Lei Xeral de Subvencións, polo que Chantada estaría concedendo as subvencións en nulidade o que xera unha manifesta inseguranza xurídica para as asociacións e entidades benefactoras. Seguindo a doutrina da Sentenza de 26/06/2012 a concesión dunha subvención sen o devandito plano é un vicio substancial e non formal, entrando xa que logo na nulidade do artigo 47 da LPAC.
7.3.- Falta de entrega de documentación.
Queremos que conste en acta que levamos meses agardando documentación e que non se nos dá acceso aos expedientes, isto imposibilita que exerzamos o noso labor de fiscalización do Goberno local tal e como vimos reiterando nos últimos tres plenos. Falou co secretario para que a pase mais que non pode un funcionario facer 1000 fotocopias. Fente dille que é dar acceso através do Gestiona e o que non hai é vontade nen interese algún na transparencia e no cumprimento da lei.
_______________________________________________________
Vacas en pastoreo extensivo e con produción de leite ecolóxico na parroquia de Esmoriz. Foto: Por Chantada – Interior Galego Vivo.
Así pois, e infelizmente, a Corporación de Chantada foi un dos escasos foros institucionais onde houbo algo de debate cando se estaba no período de negociacións, aínda que fose pola insistencia de Por Chantada, sobre esta cuestión de vital importancia para o sector primario e para o interior galego. A ausencia de debate social e de atención mediática e política sobre a PAC dá a medida da orfandade política do sector primario e do mundo rural.
É dunha manifesta e incomprensíbel irresponsabilidade deixar fóra desde a Xunta ao 43% das hectares solicitantes, nomeadamente cando desde maio tiñan os dados na Consellaría e había fundos do PDR. A falta de planificación crónica no agro galego e a intensidade das axudas através da PAC e de fundos nacionais para a agricultora ecolóxica noutros estados da UE (Alemaña, Dinamarca, Austria, Franza…) sitúa nun beco sen saída a agricultura ecolóxica galega se se exclúe destas axudas.
Afondando no exposto, a perda das axudas á produción ecolóxica asóciase a risco de feche de exploracións, nomeadamente naquelas con solicitantes de nova incorporación polo castiga aínda máis a aquelas iniciativas da mocidade e, daquela, con futuro no territorio. Estas persoas cómpre saber que renunicaron ás axudas agroambientais que viñan cobrando en convencional por seren incompatíbeis coa ecolóxcio, aumentaron o gasto en asesoramento entre 1.200 e 1.400 euros, cotas de inscrición no CRAEGA (450 euros en media), corrección de incidencias na transición e adaotacións (milleiros de euros), maior custe nos insumos (só no penso 15 céntimos en quilo), perda de ingresos inicial polo descenso da produción… En síntese, é deixar desamparado e co cu ao ar as iniciativas máis valentes e de futuro por unha desastrosa previsión.
Ao tempo, Por Chantada e IGV subliñan que na Galiza a produción ecolóxica anda aínda arredor de 5%, moi afastada do 25% que marca o horizonte de 2030 da PAC. Este obxectivo é de importancia estratéxica para preservar a biodiversidade, reducir o exceso de fertilizantes (cada vez máis caros ao seren importados) e fitosanitarios e, en definitiva, para a seguranza e soberanía alimentares.
De por parte, o anteriormente exposto atinxe tamén a granxas e iniciativas da comarca de Chantada, xa que, aínda non habendo facendas afectadas directamente ao sermos alta montaña si que houbo denegacións por outras razóns e pode afectarnos no período da nova PAC, xa que segundo o CRAEGA temos 2 facendas de leite en ecolóxico nas parroquias de Esmoriz e Vilaúxe, así como apicultura e outras iniciativas susceptíbeis de verse afectadas. Na comarca, Taboada conta con outras facendas de leite en ecolóxico. Así as cousas, a provincia de Lugo é a que máis se xoga.
O día 3 de febreiro publicouse a resolución da convocatoria do 2022 de incorporacións, planos de mellora e pequenas explotacións. En primeiro lugar, resolveron cando xa estaba aberta a nova convocatoria do ano 2023, co cal moita xente non sabía se tiña que pedir outra vez ou non. En segundo termo, é inconcibíbel que queden fóra da axuda persoas que se queren incorporar á actividade agrícola ou gandeira e que cumpren os requisitos para ter esta axuda, nun país que perde SAU e explotacións e que ten unha falta de xente que produza alimentos moi preocupante: 6 de cada 10 persoas que teñen granxa nestes momentos, estarán xubiladas en 2030. Ao tempo, a Xunta e o marco lexislativo favorecen o acaparamento de terras por diferentes vías desde os fundos de investimento, ávidos de adquirir terras en todo o mundo.
Concretamente, os dados foron os seguintes:
Axudas |
Concedidas |
Denegadas |
Incorporacións |
353 |
76 |
Planos de mellora |
485 |
180 |
Pequenas exploracións |
166 |
67 |
Resulta evidente que non se está facendo unha xestión acertada dos fundos da PAC nen unha aposta desde a Xunta polo rural e por facilitar que a mocidade e novas labregas e labregos se incorporen á actividade agraria.
De esquerda a direita: Paula Verao, Antom Fente, Lidia Senra e Olga Otero nunha rolda de impresa conxunta. Foto: Por Chantada – Interior Galego Vivo.
Exiximos que a Xunta complete o orzamento da orde de axudas do ano 2022 na cantidade precisa até acadar os 5.6 millóns de euros necesarios para cobrir 100% das solicitudes apresentadas en ecolóxico e o mesmo para as axudas ás producións ecolóxicas para o novo período 2023-2027 da Política Agraria Común.
De por parte, reclamamos que se manteña o pago por hectárea para aumentar a SAU en ecolóxico e a biodiversidade produtiva apostando pola degrevisidade e o tope de hectáreas en caso de que non houber fondos suficientes, aplicando un criterio racional de xustiza fiscal e redistributiva. En consonancia co anterior, consideramos insuficiente o incremento do 10% no importe das primas con respecto ao 2015 e que se volva ao aprobado no anterior PEPAC.
MOCIÓN ÍNTEGRA EN PDF: Moción_PCh_PAC-ECO
GRUPO MUNICIPAL POR CHANTADA – INTERIOR GALEGO VIVO.
Asistiron os 13 concelleiros, a interventora e o secretario accidentais e o conserxe. Só unha persoa asistiu como público comezando ás 20:05 horas.
AUDIO DO PLENO COMPLETO: https://drive.google.com/file/d/1jmiIMkAsrdeq1MLe-fbxk19cl6vUnNEr/view?usp=share_link
Acta oficial do pleno en PDF: Acta_pleno_011222
DOCUMENTACIÓN E POSICIÓNS DE POR CHANTADA – INTERIOR GALEGO VIVO NO PLENO
1.- Aprobación da acta da sesión anterior
Cuestión de orde: se unha moción é ditaminada favorabelmente pola comisión ten que incluírse na orde do día. Debería ser o ponto 7º de acordo co ROF (art. 93 ROF e 97 e 126; entre outros supletorios coma o 135, 136 e 137).
Art. 93.
La consideración de cada punto incluido en el orden del día comenzará con la lectura, íntegra o en extracto, por el Secretario, del dictamen formulado por la Comisión Informativa correspondiente o, si se trata de un asunto urgente, no dictaminado por la misma, de la proposición que se somete al Pleno. A solicitud de cualquier grupo deberá darse lectura íntegra a aquellas partes del expediente o del informe o dictamen de la Comisión que se considere conveniente para mejor comprensión.
Si nadie solicitare la palabra tras la lectura, el asunto se someterá directamente a votación.
Artigo 97
1. Dictamen, es la propuesta sometida al Pleno tras el estudio del expediente por la Comisión Informativa. Contiene una parte expositiva y un acuerdo a adoptar.
Art. 126.
1. Los dictámenes de las Comisiones informativas tienen carácter preceptivo y no vinculante.
2. En supuestos de urgencia, el Pleno o la Comisión de Gobierno, podrá adoptar acuerdos sobre asuntos no dictaminados por la correspondiente Comisión informativa, pero, en estos casos, del acuerdo adoptado deberá darse cuenta a la Comisión informativa en la primera sesión que se celebre. A propuesta de cualquiera de los miembros de la Comisión informativa, el asunto deberá ser incluido en el orden del día del siguiente Pleno con objeto de que éste delibere sobre la urgencia acordada, en ejercicio de sus atribuciones de control y fiscalización.
APROBADA POR UNANIMIDADE.
2. Modificación Ordenanza Fiscal da Taxa pola Rede de Sumidoiros e a Taxa pola Subministración de auga. Actualización de tarifas. Exte.: G1206/2022
21.- PROPOSTA IPC REDE SUMIDOIROS-SUBMINISTRACION AUGA 2023
22.- Informe_ INTERVENCION 2022-0024
No 2022 Viaqua vai recadar en Chantada, segundo os padróns bimestrais publicados polo Concello, 785.000 euros. Coa suba do 8,9% do IPC do desastroso contrato, que vostede (lembremos) ampliou ao máximo legal permitido, Viaqua vai embolsar 70.000 euros máis en 2023, é dicir, para o ano esta empresa extraerá de Chantada 853.910 euros.
No entanto, temos os sumidoiros atascados, rede aínda de fibrocemento, falta de separación de pluviais e fecais e unha depuradora insuficiente. Negocio redondo a privatización da auga: socialización dos problemas, ausencia de investimentos e privatización dos gaños.
Non mencionemos as parroquias sen abastecemento nen saneamento, a ausencia dun plan de seca… Non esquecemos tampouco a venda de auga ilegal e de custas ao Concello. Tivo consecuencias? Nen un expediente se abriu. Igualmente, non hai cláusulas sociais para aplicar a quen máis sofre con esta crise e a crecente desigualdade que vostedes tamén levaron ás ordenanzas da auga: rebaixa para grandes consumidores, suba do 8.9% para todos os demais e 853.910 euros en 2023 para unha empresa que non deixa nada en Chantada e que se demostrou que fomentou, cando se chamaba Aquagest, a corrupción.
Coas privatizacións fixo vostede un pan coma unha bica.
APROBADO cos votos a favor do PP (7), os votos en contra de Por Chantada (2) e a abstención do PSOE (4).
3. Acordo Regulador do Prezo Público pola prestación do servizo: Madrugadores.-Exte: G1171/2022.
1.- Resolución_ACORDO REGULADOR_PREZO PUBLICO Madrugadores
2.- Informe_INTERVENCION 2022-0025
3.- Informe_ECONOMICO-FINANCEIRO SERVIZO MAGRUGADOES
Vaia por diante que esta medida é unha medida incluída no noso programa e que, portanto, apoiamos en canto servizo e mesmo celebramos que, finalmente, se faga nos dous colexios e non só nun. No entanto, hai que sinalar que a competencia é da Xunta da Galiza. A mostra é que tiveron que pedir autorización para poder exercer unha competencia impropria. Aquí a Xunta fala de conciliar da boca para fóra, poden consultar en Castela e León, onde goberna o mesmo partido, e si que oferta a CA o servizo por 16 euros ao mes e 3 euros ao día os esporádicos. Na Galiza, outros concellos coma Cambados teñen un prezo, para o servizo mensual (sen almorzo), de 4 euros ao mes desde 2015.
Neste sentido, achamos que podería reducirse a contía do servizo asumindo maior carga o Concello, xa que, segundo o informe de intervención, coas cotas actuais o Concello só asumiría 9.000 euros como custe do servizo (diferenza ingresos – gasto). Aínda que neses cálculos para bonificacións por exclusión social e familias numerosas aínda non se descontan 1000 euros e os dados de partido tiveron pouca participación e non son reais (pouca participación nos Inquéritos feitos nos CEIP)…
Sexa como for, tamén é máis xusto demandar a declaración da renda a ter que pedir informes nos servizos sociais e recoller dalgún xeito os criterios de renda e que só atende a situacións de exclusión social sen progresividade e alimentando unha visión de inxustiza nas políticas sociais en determinadas faixas da poboación, que, con recursos xustos aínda que traballan duro, vense excluídas sempre das bonificacións porque estas só atenden a casos extremos.
Como remarcamos na comisión informativa, desexamos tamén que o servizo sexa de xestión directa e non privatizado.
Entrando xa prorpiamente no texto da ordenanza, cómpre comezar unha reflexión, xa que a calidade das leis, dos decretos e das normativas configura un chanzo fundamental da seguranza xurídica e da calidade democrática dun estado de direito. No entanto, semella que este criterio non é todo o observado que se debera no marco das institucións do Reino de España. En particular, as ordenanzas do Concello de Chantada, ora por antigüidade, ora por redaccións feitas ás présas ou copiando por outras, merecerían unha revisión en conxunto para a súa mellora co que gañariamos todos. Non é unha cuestión esta necesariamente de cores políticas, aínda que si recollen decisións políticas, senón que refiro fundamentalmente a que sexan precisas, claras e sobretudo coherentes.
Para comezar, unha ordenanza que se fundamenta na corresponsabilidade e no III Plano de igualdade do Concello de Chaantada (PIOM) debería empregar a linguaxe inclusiva. Porén, o artigo 3º fala de pais e de titores, mais non de mais e tiroras, e fala de nenos, mais non de nenas. Son cousiñas, mais están aí e aínda no anterior pleno se lles advertiu que hai que mellorar no uso da linguaxe.
Como defendemos nas comisións informativas debería haber unha única ordenanza para o servizo, que se expuxese ao público como determina a lei, e non un regulamento que, amais, colide con aspectos da ordenanza. Por exemplo, a ordenanza regula as baixas, mais non as altas no servizo. O regulamento recolle as altas mais non o anexo co documento normalizado que cita. Fálase de expulsar a quen non pague dous meses do servizo, mais os recibos serán na modalidade permanente trimestrais o que é totalmente incongruente. Amais, recibos trimestrais supoñen unha contía importante para moitas familias, pois semella que sempre lexislamos desde unha posición pouco consciente da situación económica de moitas familias.
De por parte, se hai almorzo hai que regular a dieta. Debemos pór por escrito a aposta por produtos de proximidade e de temporada sempre que for posíbel mais por unha dieta elaborada por unha especialista en nutrición infantil que haberá que programar cunha temporalidade transparente.
En definitiva, un servizo necesario, mais ímonos ver na obriga de apresentar alegacións para mellorar a ordenanza, tanto na súa congruencia interna, canto na mellora do servizo que regula.
APROBADO cos votos a favor do PP (7) e a abstención do PSOE (4) e Por Chantada (2).
4. Regulamento Organizativo do Servizo de Madrugadores do Concello de Chantada.- Aprobación Inicial.-G1171/2022
1.- Resolución_REGULAMENTO DO SERVIZO DE MADRUGADORES
2.- Informe_SECRETARIA 2022-0032 [REGULAMENTO SERVIZO MADRUGADORES]
3.- REGULAMENTO SERVIZO MADRUGADORES
En primeiro lugar, atendendo aos dramáticos dados de emprego da lingua galega entre a mocidade, deberíase estabelecer como lingua vehicular do servizo a lingua galega. Tampouco hai referencia á formación ou perfil que terán os adultos do servizo, así como ás súas funcións.
Do mesmo xeito, non vimos por nengunha parte mención aos cocientes do servizo, esta cuestión importante deberíase regular. Hoxe os textos legais que regulan os servizos sociais tenden a incluír esta cuestión. Segundo o Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia recóllese entendemos que procedería aplicar un cociente 1/20.
Mención á parte merecen os criterios de admisión que deben asociarse a puntuacións para seren obxectivos podendo reunir varios algunhas familias demandantes. Propomos asociar unha pontuación a cada criterio:
CRITERIO DE ADMISIÓN |
VALORES |
Familias en situación de exclusión social |
40 |
Familias monomarentais e monoparentais cando aquela que ostente a garda e custodia e acredita estar traballando / estudando |
35 |
Familias en que traballan / estudan os dous proxenitores ou persoas tiroras |
30 |
Familias con crianzas que teñan recoñecido grao de discapacidade igual ou superior ao 33% |
25 |
Familias numerosas |
20 |
Familias onde cada proxenitor percibe 110% ou menos do SMI e acrediten traballar / estudar |
15 |
Todas estas achegas que facemos agora na comisión e no pleno poderíanse en parte corrixir habendo vontade de diálogo previo, mais non se fixo ben coas AMPAS, que nalgúns concellos xestionan o servizo (Coles) como para facelo coa oposición…
Como xa dixemos débese refundir ordenanza e regulamento expóndose ao público durante 30 días un único documento.
APROBADO cos votos a favor do PP (7) e do PSOE (4) e a abstención de Por Chantada (2).
5. Moción do Grupo Municipal Por Chantada-CUP para inclusión prioritaria no mapa de axudas rexionais da UE das provincias de Lugo, Ourense e Zamora, atendendo ao elevado índice de avellentamento, a dispersión poboacional e á demotanasia.
Esta semana o Ministerio aceitou compensar a Aragón pola súa elevada produción de enerxía renovábel. Chantada e o interior galego seguen sen seren compensadas, talvez porque non temos peso político e forza para impor o que é xusto.
Non pode ser que Madrid sen nengún parque eólico e sendo o principal consumidor reciba de premio a sede fiscal das grandes corporacións. Non só iso, o modelo de Ayuso e Esperanza Aguirre foi o do dumping fiscal cunha deslealdade absoluta que lembra aquel Castelao que lle indicaba aos españolistas que «os verdadeiros separatistas sodes vós». Abofé que si, hai poucas capitais, por non dicir nengunha, que sexa tan insolidarias e nocivas para o resto do territorio. Hai que desmadrilizar a política para darlle futuro á Iberia baleirada, que non baleira, polas políticas que por acción e omisión alimentan a demotanasia.
APROBADA POR UNANIMIDADE.
6.- Moción do Grupo Municipal Socialista do Concello de Chantada para a ampliación do Polígono Industrial de “Os Acivros”.
Como xa indicamos na comisión informativa parécenos unha moción ben elaborada e cuxos acordos nos semellan moi necesarios, de feito, agardamos que o ponto primeiro xa se estea dalgunha forma cumprindo. Amais, o terceiro acordo incide na necesidade de que a Xunta aposte en serio por Chantada, xa que non ten feito investimentos coa mesma intensidade ca noutras comarcas desde unha perspectiva diacrónica e sincrónica.
De feito, a Lei 3/2022, de 18 de outubro, de áreas empresariais da Galiza dispón o procedemento e a normativa para o desenvolvemento de equipamentos, aínda que o PP fíxoa non pensando en Chantada mais en como furtar a participación cidadá e tentar acurtar prazos de exposición das DIA dos macroparques eólicos, para favorecer a grandes corporacións que levan o beneficio dos nosos recursos en troca de nada.
A moción é oportuna, que non oportunista como dixo o alcalde na comisión, e agardamos que saia de aquí un acordo dos tres grupos a prol da ampliación dos Acivros.
APROBADA POR UNANIMIDADE.
7.- Moción do Grupo Municipal Por Chantada-CUP con motivo do 25N, Día Internacional pola eliminación das violencias contra as mulleres.
APROBADA POR UNANIMIDADE.
8.- Mocións e asuntos de Urxencia
B) Actividade de control
9.- Dación en conta de decretos da Alcaldía. Números 788 a 988
10.- Dación en conta en materia económica.
C) Rogos e preguntas de POR CHANTADA
I.- Axudas e subvencións.
1.1.- Renuncia subvención e obra de rehabilitación do edificio nº 8 da rúa Manuel Formoso Lamas para uso sociocultural (exp. 1095/2022).
Poden explicar por que deixaron perder máis de 66.000 euros dunha subvención (regulada por Orde do 17 de xaneiro de 2022) para facer a moi necesaria nova biblioteca que se comprometeron a ter nesta lexislatura?
Que alternativas barallan? Demandamos que se orzamente e execute con fundos proprios en 2023.
Resposta do alcalde: a subvención eran só 20.000 euros e van falar co GDR para facelo através dese organismo.
II.- Saúde pública e seguranza cidadá.
2.1.- Fontes Lama das Quendas.
É necesario proceder á limpeza das dúas fontes da praza da Lama das Quendas, xa que hai presenza de lixo e cristais escachados. Rogamos que o fagan coa maior brevidade.
Resposta do alcalde: xa tiveron peticións nese sentido.
2.2.- Fonte Tarrío en San Fiz.
Un particular (Construcciones Voces) apropriouse dela e privatizouna, a pesar de que a viciñanza comunicoulle mediante burofax a súa oposición. O alcalde tamén foi informado do asunto, mais pasan os meses e non temos coñecemento de que se incoase nengún expediente ou se adoptase algunha medida.
Que pensa facer a alcaldía sobre este asunto? Resposta do alcalde: non sabe nada e fala dunha traída.
2.3.- Lavadeiro de Santo Estevo cara ás Córneas.
O lavadoiro ten auga todo o ano e estase perdendo a auga ao levar roto máis de dez anos. Rogamos que interveñan para solucionar isto. Está en Santo Estevo cara ás Córneas.
Resposta do alcalde: xa foron ver.
2.4.- Rúa Benigno Ledo.
Cando e como van solventar a chapuza de aparcadoiros en batería que fixeron e que non permiten entrar e saír das garaxes á viciñanza?
Resposta do alcalde: xa avisaron á empresa.
III.- Deportes.
IV.- SERVIZOS PÚBLICOS e INSTRUCIÓN PÚBLICA.
4.1.- Servizo de atención temperá.
No pasado pleno xa formulamos algunhas cuestións sobre este servizo, nomeadamente sobre as deficiencias que detectamos no espazo que non se axustan á orde reguladora. Agora vimos que se vai facer un salva-chanzos na rúa que limita con Avelino Gómez Ledo, mais non lle vemos a utilidade se o ascensor funciona moi mal.
Cando contemplan reparar un ascensor que se estraga día si e día tamén practicamente?
Resposta do alcalde: xa pediron todo á Xunta, que di que non se use mentres non se arranxe. Cándida Carnero di que se está usando. O alcalde di que confianza absoluta até agosto en estar alí, despois parasarían ao edificio da policía local.
V.- MEDIO RURAL E MEDIO AMBIENTE.
5.1.- Arranxo de pistas.
A viciñanza, para alén das pistas que xa lle temos indicado noutros plenos, tamén nos fixo chegar as seguintes demandas:
Ponte Barxela – Pedrafita. Vén desde a Santa Rosa a Mosteiro vai a Pedrafita e a ponte da Barxela e vai dar ao límite de Sobrecedo (Taboada).
Ponte Barxela – San Roque. Zahorra e é do Concello.
Cardavós – Pesqueiras
Sen resposta do alcalde.
5.2.- Carros abandonados.
Ao longo de dúas lexislaturas trouxemos en numerosas ocasións a problemática dos carros abandonados, mais continuamos sen ver resultados.
Lembramos que abandonar un vehículo na vía pública está considerado unha falta grave que debe ser sancionada conforme o artigo 106 de la Lei de Seguridade Vial e a autoridade competente de tráfico poderá ordenar a destrución e descontaminación do vehículo, trasladándoo a un Centro Autorizado de Tratamento (CAT). Todos os vehículos que sinalamos cumpren todos os requisitos: levar abandonado máis de dous meses sen que ninguén alegue nada; ter signos claros de deterioro e abandono ou levar máis dun mes estacionado (con ou sen placa de matrícula).
A Concellaría de Medio Ambiente do Concello debe adoptar medidas ao ser un residuo nocivo para a saúde e o medio ambiente podendo ser sancionado (até 30.000 euros) e todos os gastos que orixine a retirada do vehículo erán por conta do condutor infractor, ou na súa falta, polo condutor habitual, arrendatario ou o titular, como último responsábel.
Na Rúa da Barxela, no “aparcadoiro municipal” hai varios vehículos abandonados que levan desde antes do verao.
Nas inmediacións do pavillón, na rúa Poeta Añón, hai un vehículo destrozado que leva así moitos meses.
Tres abandonados na rúa Taboada, fronte á Fisioterapia Queitano.
Na Avenida de Ourense hai outros 2 aproximadamente á altura dos Recambios.
Rogamos que se adopten medidas xa.
Resposta do alcalde: a policía local tomou nota.
VI.- CULTURA E PATRIMONIO.
4.1.- Auditorio.
É necesario proceder a arranxar asentos no auditorio, xa que se afunden.
Sen resposta do alcalde.
VII.- ADMINISTRACIÓN E ASUNTOS XURÍDICOS.
7.1.- Plano estratéxico de subvencións.
Lembrámoslle máis unha vez a obriga legal que ten este Concello de dotarse dun plano estratéxico de subvencións, así como da necesidade de facer unha memoria anual das concedidas desde a alcaldía con arranxo ao disposto na lei.
Queremos que conste en acta que o principio de planificación, contemplado na Lei 40/2015 do Réxime Xurídico do Sector Público, foi reforzado en sentenza do TS (Sala do Contencioso-Administrativo), ao ditar que é requisito esencial e previo á concesión de calquera subvención o comprimento do Plano estratéxico de subvencións, contemplado no artigo 8.1 da Lei Xeral de Subvencións, polo que Chantada estaría concedendo as subvencións en nulidade o que xera unha manifesta inseguranza xurídica para as asociacións e entidades benefactoras. Seguindo a doutrina da Sentenza de 26/06/2012 a concesión dunha subvención sen o devandito plano é un vicio substancial e non formal, entrando xa que logo na nulidade do artigo 47 da LPAC.
Sen resposta do alcalde.
7.2.- Contratos limpeza.
Queremos que conste en acta que nos parece unha chapuza todo o procedemento e que condenamos a falta de transparencia e información cara ás traballadoras. Tamén nos opomos a que se subroguen cando figuran na estabilización de emprego.
Sen resposta do alcalde.
7.3.- Falta de entrega de documentación.
Xa llo dixemos no anterior pleno e reiterámolo niste. Temos pendente que se nos entreguen varios expedientes, queremos que conste en acta que levamos meses agardando documentación e isto imposibilita que exerzamos o noso labor de fiscalización do Goberno local.
Sen resposta do alcalde.
_______________________________________________________
PROPOSTA APROBACION ORZAMENTO 2023
LIBRO INFORMES SECRETARIA 2023-0002
INFORMES DE INTERVENCION 2023-0002
C_LIQUIDACION_ORZAMENTO_INGRESOS_2022
C_LIQUIDACION_ORZAMENTO_GASTOS_2022
ORZAMENTO DE INGRESOS 2023- POR CLASIFICACION ECONOMICA
ORZAMENTO GASTOS RESUMO POR CAPITULO E AREA
ORZAMENTO GASTOS RESUMO POR CAPITULO E ARTIGO
ORZAMENTO GASTOS RESUMO POR PROGRAMAS
ORZAMENTO GASTOS RESUMO POR AREA E POLITICA DE GASTO
ORZAMENTO DE GASTOS 2023 – CLASIFICACION ECONOMICA
ORZAMENTO GASTOS POR CAPITULO , ARTIGO E CONCEPTO
ORZAMENTO GASTOS POR AREA DE GASTO E ARTIGO
ORZAMENTO GASTOS POR PROGRAMAS
D_ANEXO PERSOAL.-PLANTILLA-ART 168.c)
D_ANEXO PERSOAL .- CADRO CUSTOS
E_ANEXO INVESTIMENTOS 2023.ART. 168.1.d)
F_ANEXO BENEFICIOS FISCAIS. ART. 168.1.e)
G_ANEXO CONVENIOS .ART 168.1.f)
H_SUBVENCIONS NOMINATIVAS -COTAS
I_INFORME ECONÓMICO-FINANCEIRO
DECRETO 2023-0007 [PRÓRROGA ORZAMENTARIA DO ANO 2023]
Informe_INTERVENCION 2022-0027 [CONTROL FINANCIERO 2021]
INFORME SERVIZO SELECCION PERSOAL EXERCICIO 2021
INFORME SERVIZO DE CONTRATACIÓN LISTADO CONTRATOS EXERCICIO 2021
INFORME LICENZAS TRAMITADAS A EFECTOS DE CONTROL ECONÓMICO FINANCEIRO EXERCIZO 2021
INFORMES DE INTERVENCION 2022-0028 [INFORME RESUMO 2021]
INFORMES DE INTERVENCION 2021-0009 [INFORME RESUMO]
Preme aquí para visitares a páxina de Interior Galego Vivo.
Xuntanza de traballo de Interior Galego Vivo. Foto: Por Chantada.
Confira as nosas alegacións íntegras en PDF: