Acto de Nós-Candidatura Galega en Taboada e de En Marea en Chantada

Como é sabido a candidatura de unidade popular Por Chantada solicita que o 20 de decembro exerzamos o dereito ao voto contra os partidos proausteridade e a prol dos intereses das clases populares galegas. Aínda lamentando que non houber unha única candidatura da esquerda galega, solicitamos o voto para Nós-Candidatura Galega ou para En Marea! porque son as únicas forzas afíns ao que nós representamos en Chantada.


 

 

 

Vídeos pleno ordinario novembro 2015

5.- Iniciación de expediente para declarar o mosterio e claustro de San Salvador de Asma (Convento), Ben de Interese Cultural (BIC)

4.- Ordenanza reguladora das axudas á rehabilitación da vivenda

6.- Moción do Grupo Municipal Por Chantada-CUP para que Chantada se declare como concello libre de circo con animais

7.- Moción do Grupo Municipal Por Chantada-CUP relativa á declaración do concello de Chantada como zona Liber do Tratado Transatrlántico de Comercio e Inversións (TTIP)

 

8.- Moción do Grupo Municipal Socialista sobre a elaboración de Ordenanza de reparto de alimentos

9.- Moción do Grupo municipal Por Chantada-CUP para apoiar a marcha estatal contra as violencias machistas do 7 de novembro de 2015

10.- Moción do PP en defensa CC.AA e a Constitución do 78

17.- Rogos e preguntas

 

Zona Vella e contorno de Belesar, espazos de especial afluencia turística

 

A nova trata sobre o punto 3 da orde do día do pleno da segunda-feira día 9 de novembro de 2015. Podes ler o resumo completo do pleno aquí: https://porchantada.wordpress.com/2015/11/11/resumo-da-sesion-ordinaria-municipal-do-9-de-novembro-de-2015/ Este punto aprobouse por 12 votos a favor (INTA, PSOE e PP) e 1 abstención (CUP).

3.- Determinación de espazos de maior afluencia turística a efectos das subvencións convodacadas polo consorcio de turismo Ribeira Sacra en materia de uniformidade das terrazas

ESPAZOS TURÍSTICOS TERRAZAS

Neste punto desde a CUP quixemos salientar que a convocatoria de axudas saíu o día 21 de setembro no BOP, sendo preceptivo a publicación por parte do concello dos espazos que se poden acoller a estas axudas.

O día 22 de setembro envíamoslle unha solicitude a este Goberno informando das susoditas axudas e, entre outras cousas, propondo axudas complementarías para o conxunto da hostalaría e unha reunión co sector.

Con todo, esa reunión non se produciu até a última semana de outubro, ou sexa un mes despois, ea aprobación dos espazos non se deu até o 9 de novembro rematando o día 15 de novembro o prazo. Como xa dixemos no anterior punto, estase sempre bordeando os límites nos prazos e se se xoga con lume hai altas probabilidades de queimarse.
Aínda que na comisión se nos dixo que non era preceptivo o punto 4º da Convocatoria para a concesión de subvencións en materia de uniformidade das terrazas do destino turístico Ribeira Sacra, ano 2015 non deixa lugar a dúbidas. Cito textualmente: «Os espazos de maior afluencia turística serán determinados por cada Concello e incorporados a ordenanza reguladora segundo acordo plenario de data 06 de agosto de 2015. Os interesados terán que facer consulta ao respecto nas dependencias municipais e solicitar o informe que acredita como local ubicado en punto de afluencia turística». Por outras palabras, até o martes 10 non se poderá emitir ningún estes informes e o día 15 remata o prazo. Non é serio cando avisamos hai máis dun mes, o 22 de setembro.
Logo, na comisión preguntamos sobre os criterios para determinar as zonas de afluencia turística. A contestación foi parca e non nos quedou nada claro cales foron eses criterios alén do camiño de inverno. No entanto, o camiño de inverno non pasa só por Belesar nin é Belesar a zona de maior afluencia turística no rural, cando menos a parte que é de Chantada. En relación con outro punto deste pleno hai numerosos monumentos románicos e parroquias con estabelecementos hosteleiros que se poderían ter incluído e até outras zonas da vila como a Costaña e os catro camiños.
Entón, volvemos á improvisación e non vemos rigor nin criterios claros á hora de tomar decisións. Hai un problema engadido volvendo ao punto 4º. Nel recóllese que os estabelecementos para acollerse deben ter licenza urbanística e licenza para uso do espazo público destinado a terraza e «regulado por odenanza municipal»… u-la ordenanza municipal? Até onde nós sabemos non existe.
En consonancia con esta harmonización turística tamén estaría ben apostar por placas artísticas como as que hai en Ourense, con explicación da denominación e primando as denominacións tradicionais do noso rueiro, cando menos no casco histórico.
Como tampouco se respondeu a nosa solicitude e, en virtude do exposto, imos absternos en sinal de protesta, xa que o noso voto non é decisivo para que o acordo saia adiante e instamos ao Goberno a ter maior diálogo nestas cuestións e a preparar unha ordenanza reguladora das terrazas.

Manuel Varela indicou, por súa parte, que o camiño de inverno coincide co casco antigo no caso de Chantada, non así noutros núcleos da Ribeira Sacra. Fóra de Belesar no camiño só está a de Penasillás e como moito Limiñón perto. Se o ano que vén sae a axuda de 200.000€ que prometeu a Xunta pódense ampliar os espazos.

 

Resumo do pleno extraordinario sobre a conta xeral de 2014 (outubro 2015) e intervención de Antón Fente

Acta da comisión informativa de facenda do 31 de agosto

Convocatoria sesión extraordinaria

Acta da Xunta de Goberno correspondente ao 01.09.2015

Intervención do portavoz de Por Chantada-CUP en formato pdf: Informe sobre as contas do concello de Chantada de 2014

O PP abtívose porque, segundo Javier Medela, non estaban naquela altura na corporación e non se pronuncian en consecuencia sobre as contas.

O PSOE felicita a Por Chantada-CUP pola intervención. Súmase á queixa de que non se contestaran as pregunas. Votaron en contra dos orzamentos e vontan en contra da liquidación. O concello só gasta en débeda cos bancos e en gastos de persoal e manipúlase o plano de axuste (apoiado no seu día por todos os grupos que estaban no concello). Non se cumpre co plano de axuste. Raquel pregúntase para que aprobaron o plan de axuste [tanto INTA, como o PSOE, como o PP votaron a favor] se nin se determina o custe dos servizos públicos e se Chantada está entre os concellos con máis morosidade do Estado, tal e como recolle o Faro de Vigo.

Desde a CUP corroboramos esa morosidade, que xa levamos ao pleno ordinario de xuño, saíndo o dato no mes de maio en La Voz de Galicia.

Varela di que é complicado e que Fente (CUP) se equivoca ao facer números, que o 2014 non lle afectou en nada (sic.) e que non ten sentido falar da débeda do pasado [mas si das “herdanzas”].  En 2, 3 ou 4 anos pode amortizarse moita débeda remetando con ela na lexislatura presente [os propios cálculos da intervención son radicalmente diferentes e falan de máis dunha década].

O interventor “asiste” ao Goberno dicindo que en seguida entraremos no período de 30 días [o máximo legal permitido] para o pago a provedores. Di tamén que o plano de axuste é froito da coxuntura e que era para cumprir o expediente moito do que nel se recolle (sic.). Como funcionario opina que no 2014 se axusta á realidade, e que agora se pode axustar o IBI á realidade [estámolo vendo no “catastrazo” o que entenden por “realidade”] e control do gasto [o gasto en persoal en 2015 vai superar novamente o 40% do ingreso]. Engade que está a disposición dos concelleiros para darlles información [aínda que segue sen contestar a preguntas formuladas en pleno e rexistradas en acta, incumprindo as disposicións legais vixentes e sen abertura de expediente por parte do alcalde].

A tesoureira di que é un plan de acuste acumulativo en relación ao ano anterior (2013). a anulación que se fixo foi maior en 2012 e 2013 que en 2014.

Raquel (PSOE) pide datas para os orzamentos que di o Goberno que vai  presentar en outubro [a día 29/10/2015 aínda non nos fixeron chegar nada polo que é previsíbel que se retrasen e se pretendan aprobar antes de xaneiro sen participación nin o debido rigor na súa confección].

O interventor di que a armazón dos orzamentos xa está feita.

Varela di que se desmenuzará previamente cos portavoces.

A favor da conta xeral de 2014: INTA (7)

En contra da conta xeral de 2014: CUP (1) e PSOE (3)

Abstención: PP (2).

A tractorada (vídeos)

GZ Vídeos (canción: “Tractorada” dos Rastreros de Chantada)

Televinte: Chantada e o sur de Lugo berraron en defensa dos gandeiros nunha gran tractorada

Televinte: Águeda Capón e opinións dos gandeiros

Televinte: Isabel Vilalba do Sindicato Labrego Galego (SLG), Elías Somoza (FRUGA) e outros representantes sindicais e de organizacións agrarias integrados na Plataforma en defensa do sector lácteo galego

 

Televinte: opinións das autoridades locais