Reunida a militancia e simpatizantes de Por Chantada-CUP, o pasado sábado, aprobouse, por unanimidade, a seguinte análise e valoración dos resultados das #municipais2019:
Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular non pode congratularse polos resultados, xa que supoñen máis catro anos de maioría absoluta de Manuel Varela, agora no PP, e a perda dunha oportunidade histórica para a mudanza que Chantada precisa. No entanto, fomos a forza que máis medrou en apoios (+8,25), obtendo 966 votos e o 18,56% dos apoios e ficando a 75 votos de obter o terceiro concelleiro e, con el, derribar a maioría absoluta. É o máis importante a nosa implantación social viuse amplamente reforzada permitindo encarar con optimismo o período 2019-2023.
Neste sentido, podemos parabenizarnos por sermos un revulsivo eleitoral e disputarlle a hexemonía a quen acumula xa 20 anos no poder con consecuencias perniciosas visíbeis para todo o Concello. As forzas tradicionalmente hexemónicas en Chantada obtiveron o pior resultado da súa historia e mesmo foron superadas polas forzas a prol do cambio en 279 votos. De feito, Manuel Varela, a pesar de traballar coa maquinaria ao 100%, obtivo os mesmos apoios practicamente ca en 2015 con Inta e cunha moi importante baixada se metemos na ecuación os que tiña o PP. Infelizmente, a lei eleitoral, novamente, agasallou coa maioría absoluta a Manuel Varela.
Compre lembrar que se partía dun cenario complexo e difícil por factores diversos:
-
dunha parte, Inta e o PP totalizaban 9 concelleiros e 60,75% dos apoio;
-
as forzas proclives ao cambio ían en exceso divididas, en tres candidaturas, co procedente de 2015, cando Inta obtivo a maioría pola lei eleitoral ao ficar o BNG sen representación;
-
o traballo e o labor de oposición non foi socializado todo o axeitadamente que cumpría;
-
as eleccións estatais e a coincidencia das europeas non eran o mellor cenario para unha candidatura veciñal e independente, aínda así podemos dicir que superamos as eivas cunha campaña preciosa, en positivo e centrada en propostas para construír futuro e mellorar Chantada;
-
desde xaneiro a nosa vila vive un apagón informativo, polo feche de Televinte, e as RRSS só chegan a unha parte da poboación sen termos aínda unha implantanción uniforme e axeitada nas 36 parroquias e tendo moi pouca presenza na imprensa.
A aposta pola unidade popular que sempre defendemos, acreditando na pluralidade e na soma de continxentes diversos centrados na mellora de Chantada, revelouse máis unha vez como certa e aprezada por amplos sectores sociais, conseguindo ilusionar e consolidando un proxecto soberano, centrado nas veciñas e veciños de Chantada, cada día máis enriquecido, e con enorme potencial.
Por Chantada-CUP fixa como obxectivo atinxir a confianza dunha maioría social que nos permita acceder á alcaldía en 2023, para o que debemos mellorar a relación e comunicación coa cidadanía, mellorar a nosa implantación territorial e traballar, desde xa, en mellorar Chantada: propostas e alternativas que desenvolvan o noso programa, diálogo social, traslado das problemáticas da viciñanza ao Pleno e procura de solucións… Para todas estas tarefas, a asemblea elixiu, por unanimidade, unha Coordinadora que desenvolverá diferentes áreas de traballo e liñas de actuación para conseguir o noso horizonte estratéxico: a transformación do Concello para polo ao servizo da viciñanza rematando co abandono e as políticas de piloto automático que provocan o devalo do noso potencial e do noso territorio. En definitiva, non desfalecer e #construírfuturo.
Municipais 2015-2019: evolución resultados totais. |
||||||||
2019 |
2015 |
Diferenza |
||||||
Partido |
Votos |
% |
Concelleiros |
Votos |
% |
Concelleiros |
Votos |
% |
PP (+Inta) |
2.428 |
46.65% |
7 |
3.216 |
60,75% |
9 |
– 788 |
– 14,1 |
PSOE |
1.471 |
28.26% |
4 |
1.194 |
22,55% |
3 |
+ 277 |
+ 5,71 |
CUP |
966 |
18.56% |
2 |
546 |
10,31% |
1 |
+ 420 |
+ 8,25 |
BNG |
270 |
5.19% |
– |
224 |
4,23% |
– |
+ 46 |
+ 0,96 |
2019: último escano asignado PP. Candidatura máis próxima: CUP a 75 votos. |