- A ausencia de debate social e de atención mediática e política sobre a PAC dá a medida da orfandade política do sector primario e do mundo rural.
- A sobrevivencia de centos de granxas e do modo de vida de centos de familias está en xogo, mais tamén que haxa fumo e vida en centos de aldeas e parroquias do interior galego.
- A Xunta NON axuda as persoas que se queren incorporar á actividade agrícola ou gandeira e que cumpren os requisitos para ter esta axuda, nun país que perde SAU e explotacións e onde 6 de cada 10 persoas que teñen granxa nestes momentos estarán xubiladas en 2030.
- Mentres outros partidos están entregados á especulación coas listaxes dos comicios municipais ou enfrascados na carreira caciquil de votos por cimento, Por Chantada continúa decote acarón dos problemas da viciñanza e procurando solucións para os problemas do interior galego.
Vacas en pastoreo extensivo e con produción de leite ecolóxico na parroquia de Esmoriz. Foto: Por Chantada – Interior Galego Vivo.
A Xunta castiga a produción en ecolóxico contravindo a estratexia comunitaria.
Así pois, e infelizmente, a Corporación de Chantada foi un dos escasos foros institucionais onde houbo algo de debate cando se estaba no período de negociacións, aínda que fose pola insistencia de Por Chantada, sobre esta cuestión de vital importancia para o sector primario e para o interior galego. A ausencia de debate social e de atención mediática e política sobre a PAC dá a medida da orfandade política do sector primario e do mundo rural.
É dunha manifesta e incomprensíbel irresponsabilidade deixar fóra desde a Xunta ao 43% das hectares solicitantes, nomeadamente cando desde maio tiñan os dados na Consellaría e había fundos do PDR. A falta de planificación crónica no agro galego e a intensidade das axudas através da PAC e de fundos nacionais para a agricultora ecolóxica noutros estados da UE (Alemaña, Dinamarca, Austria, Franza…) sitúa nun beco sen saída a agricultura ecolóxica galega se se exclúe destas axudas.
Afondando no exposto, a perda das axudas á produción ecolóxica asóciase a risco de feche de exploracións, nomeadamente naquelas con solicitantes de nova incorporación polo castiga aínda máis a aquelas iniciativas da mocidade e, daquela, con futuro no territorio. Estas persoas cómpre saber que renunicaron ás axudas agroambientais que viñan cobrando en convencional por seren incompatíbeis coa ecolóxcio, aumentaron o gasto en asesoramento entre 1.200 e 1.400 euros, cotas de inscrición no CRAEGA (450 euros en media), corrección de incidencias na transición e adaotacións (milleiros de euros), maior custe nos insumos (só no penso 15 céntimos en quilo), perda de ingresos inicial polo descenso da produción… En síntese, é deixar desamparado e co cu ao ar as iniciativas máis valentes e de futuro por unha desastrosa previsión.
Ao tempo, Por Chantada e IGV subliñan que na Galiza a produción ecolóxica anda aínda arredor de 5%, moi afastada do 25% que marca o horizonte de 2030 da PAC. Este obxectivo é de importancia estratéxica para preservar a biodiversidade, reducir o exceso de fertilizantes (cada vez máis caros ao seren importados) e fitosanitarios e, en definitiva, para a seguranza e soberanía alimentares.
De por parte, o anteriormente exposto atinxe tamén a granxas e iniciativas da comarca de Chantada, xa que, aínda non habendo facendas afectadas directamente ao sermos alta montaña si que houbo denegacións por outras razóns e pode afectarnos no período da nova PAC, xa que segundo o CRAEGA temos 2 facendas de leite en ecolóxico nas parroquias de Esmoriz e Vilaúxe, así como apicultura e outras iniciativas susceptíbeis de verse afectadas. Na comarca, Taboada conta con outras facendas de leite en ecolóxico. Así as cousas, a provincia de Lugo é a que máis se xoga.

Incorporacións e plans de mellora.
O día 3 de febreiro publicouse a resolución da convocatoria do 2022 de incorporacións, planos de mellora e pequenas explotacións. En primeiro lugar, resolveron cando xa estaba aberta a nova convocatoria do ano 2023, co cal moita xente non sabía se tiña que pedir outra vez ou non. En segundo termo, é inconcibíbel que queden fóra da axuda persoas que se queren incorporar á actividade agrícola ou gandeira e que cumpren os requisitos para ter esta axuda, nun país que perde SAU e explotacións e que ten unha falta de xente que produza alimentos moi preocupante: 6 de cada 10 persoas que teñen granxa nestes momentos, estarán xubiladas en 2030. Ao tempo, a Xunta e o marco lexislativo favorecen o acaparamento de terras por diferentes vías desde os fundos de investimento, ávidos de adquirir terras en todo o mundo.
Concretamente, os dados foron os seguintes:
Axudas |
Concedidas |
Denegadas |
Incorporacións |
353 |
76 |
Planos de mellora |
485 |
180 |
Pequenas exploracións |
166 |
67 |
Resulta evidente que non se está facendo unha xestión acertada dos fundos da PAC nen unha aposta desde a Xunta polo rural e por facilitar que a mocidade e novas labregas e labregos se incorporen á actividade agraria.

De esquerda a direita: Paula Verao, Antom Fente, Lidia Senra e Olga Otero nunha rolda de impresa conxunta. Foto: Por Chantada – Interior Galego Vivo.
Que demandamos que aprobe a Corporación para trasladar á Xunta?
Exiximos que a Xunta complete o orzamento da orde de axudas do ano 2022 na cantidade precisa até acadar os 5.6 millóns de euros necesarios para cobrir 100% das solicitudes apresentadas en ecolóxico e o mesmo para as axudas ás producións ecolóxicas para o novo período 2023-2027 da Política Agraria Común.
De por parte, reclamamos que se manteña o pago por hectárea para aumentar a SAU en ecolóxico e a biodiversidade produtiva apostando pola degrevisidade e o tope de hectáreas en caso de que non houber fondos suficientes, aplicando un criterio racional de xustiza fiscal e redistributiva. En consonancia co anterior, consideramos insuficiente o incremento do 10% no importe das primas con respecto ao 2015 e que se volva ao aprobado no anterior PEPAC.
MOCIÓN ÍNTEGRA EN PDF: Moción_PCh_PAC-ECO
GRUPO MUNICIPAL POR CHANTADA – INTERIOR GALEGO VIVO.