Dado que algunhas subvencións foron modificadas das previsións orzamentares iniciais, consideramos un exercicio de transparencia interesante informar sobre os montantes finais, subscritos mediante convenios. As subvencións nominativas, a diferenza das de concorrencia competitiva, concédense a dedo.
En negrito márcanse aquelas subvencións nominativas cuxo importe superou o orzamentado en 2017 e, xa que logo, fíxose unha modificación posterior ao aprobado plenariamente:
- Asociación O Carme: 58.000€ (P.O.: 334.489.01)
- Asociación Casa da Música: 40.000€ (P.O.: 334.489.01)
- SD Chantada: 15.000 € (P.O.: 341.489.01)
- Asociación Amigos do Folión: 10.500€ (P.O.: 334.489.01)
- Escudaría Chantada: 8.000€ (P.O.: 341.489.01)
- Asociación Amigos de Galicia: 6.000€ (P.O.: 231.489.01)
- Asociación Coral Polifónica: 3.000€ (P.O.: 334.489.01)
- Asociación Familiares enfermos de Alzeimer (AFA): 3.000€ (P.O.: 231.489.01)
- Asociación Cultural O Castanhazo: 3.000€ (P.O.: 334.489.01)
- Círculo Asociación Círculo Chantadés de Xadrez: 2.500€ (P.O.: 341.489.01)
- Asociación El Enjambre: 2.500€ (P.O.: 231.489.01)
- Asociación Clube Atlético Chantada: 2.500€ (P.O.: 341.489.01)
- Asociación Empresarios (AECH): 2.000€ (P.O.: 334.489.01)
- ASDEME: 2.000€ (P.O.: 231.489.01)
- Asociación Amigos do Entroido Ribeirao: 1.800€ (P.O.: 334.489.01)
- Convenio Asociación Conde Pallares: 1.500€ (P.O.: 334.489.01)
- Asociación Chantada contra o cancro: 1.000€ (P.O.: 231.489.01)
- Asociación ARCHA: 1.000€ (P.O.: 231.489.01)
- Convenio Clube Tenis Chantada: 1.000€ (P.O.: 341.489.01)
- Convenio Clube Ciclista Chantadés: 600€ (P.O.: 341.489.01)
- Asociación Chantada Karate Club: 500€ (P.O.: 341.489.01)
- Asociación Cruz Vermella: 500€ (P.O.: 231.489.01)
Esta información publícase dentro da serie As contas do Concello, que fomos elaborando ao longo da lexislatura como parte do noso labor informativo dentro da fiscalización que facemos do gasto público e que se complementa tamén co asinalado no Observatorio Cidadán da Inversión Pública (OCIP). Outras entregas poden consultarse nas ligazóns seguintes:
As contas do concello VI: as Festas do Carme e o Folión de Carros en 2016.
As contas do concello V: a Feira do Viño de 2016.
As contas do concello IV: gastos repetitivos e periódicos.
As contas do concello (III): canto gasta o concello de Chantada en festas?
As contas do concello II: o gasto telefónico.
As contas do concello (I): o financiamento da prensa.