As contas do concello VI: as Festas do Carme e o Folión de Carros en 2016

Foto do Folión de Carros na década de 30 do século XX (arquivo persoal de Alfredo Pardo Hermida).
Foto do Folión de Carros na década de 30 do século XX (arquivo persoal de Alfredo Pardo Hermida).

Seguindo coa nosa aposta pola transparencia e o seguimento das contas públicas que facemos desde Por Chantada-CUP damos continuidade á serie As contas do concello con esta xa sexta entrega. Como NOTA PREVIA indicar que os dados manexados nesta entrada da nosa bitácora foron extraídos da documentación á que temos acceso (Decretos alcaldía, actas da XGL…). Xa que logo, poden existir erros ou imprecisións debendo manexarse estas cifras a modo orientativo.

Última actualización: 07/02/2017 ás 17:45 horas.

Seguir lendo

[Crónica] Pleno ordinario de xullo de 2016

 

Por Chantada - Participación Democrática Directa

 

O de xullo é o pleno ordinario no que o Goberno chega co chip das ferias, pois é o previo ás vacacións oficiais do alcalde e, habitualmente, ten escasa carga. Isto determinou tamén a súa brevidade. Comezando ás 20:04 horas e rematando sobre as 23:00 horas. O concelleiro do PP Manuel Javier Goyanes incorporouse co pleno xa comezado e o de INTA Diego Otero Veiga non asistiu ao encontrarse de vacacións en Sevilla, a pesar de comezar a traballar aínda o día 1 de xuño, o que xunto á negativa de Manuel Varela de facer públicas as súas funcións, amparándose na maioría absoluta con pouco máis do 40% dos votos, é unha evidente falta de respecto á cidadanía de Chantada e unha concepción da política a desterrar.

A continuación damos unha detallada crónica do mesmo.

Seguir lendo

Coñece as nosas propostas para o pleno ordinario do 9 de maio

Por Chantada - Participación Democrática Directa

O vindeiro luns día 9 de maio celebrarase o pleno ordinario de maio. Desde Por Chantada levaremos a este pleno tres mocións que conteñen propostas achamos que vitais para a nosa vila.

Na proposta íntegra de nova ordenanza que anexamos propomos, entre outras cuestións de relevancia, rebaixar o tipo xeral do IBI rústico ao mínimo legal do 0’3%, aplicar bonificacións a aquelas vivendas que fan esforzos para cumprir coa eficiencia enerxética, a familias numerosas, ou bonificacións entre 90-95% para os inmóbeis ligados a explicacións gandeiras ou núcleos tradicionais do medio rural recoñecidos polo ordenamento urbanístico como tales. Trátase, en suma, dunha proposta de ordenanza fiscal moito máis completa e actualizada que a existente, que mesmo insire certa progresividade e que, de aplicarse, suporía unha baixada deste imposto para máis do 95% dos veciños.

Alén do exposto formularemos coma sempre moitas outras cuestións relacionadas con asuntos que nos fan chegar desde a veciñanza, o último aínda onte, ou relacionados coa nosa función fiscalizadora do Goberno atrapado nas vellas inercias da inacción que sempre lle foron propias e que a maioría absoluta só fixo aumentar.

De especial relevancia son a nosa proposta de regulamento para o auditorio municipal ou as nosas consideracións sobre o estado, deficiencias e alternativas para a Casa da música, a raíz dun informe do arquitecto municipal que conseguimos que se fixera mal que ben a raíz dunha proposta que apresentamos en xaneiro. A respecto da proposta sobre o regulamento municipal desde o concelleiro de cultura de Inta fixo afirmacións sesgadas sobre a mesma. Entregámola en xaneiro sen obtermos resposta e primando as asociacións e o seu uso aberto a todas e todos. Publicaremos ambas as propostas xunto co resumo do pleno.

 

Aprobeitamos tamén para denunciar que a concelleira de servizos socias levase as bases que rexirán o reparto de alimentos só a Xunta de Goberno Local sen contar coas propostas da oposición nin atreverse a debaterse en pleno esta cuestión de vital trascendencia.

#SomosAlternativa #CUPChantada

 

 

As contas do concello IV: gastos repetitivos e periódicos

Por Chantada - Participación Democrática Directa

 

Mediante o Decreto da alcaldía 57/2016, de 5 de abril de 2016, apróbase a seguinte retención de crédito para gastos repetitivos e periódicos para a anualidade presente. En aras de ir clarificando as contas municipais, reproducimos o contido de dito decreto no que figuran algunhas partidas que figuran mes a mes na relación de facturas aprobadas en Xunta de Goberno.

Preme en seguir lendo para veres o decreto ou confíreo en pdf aquí: Decreto alcaldía 57_2016 Retención de crédito gastos repetitivos e periódicos

Seguir lendo