Lídia Senra denuncia na CE a falta de participación das comunidades afectadas no BIC Ribeira Sacra

 

 

 

En días pasados, a eurodeputada Lidia Senra e a deputada Paula Verao apresentaron en Arcos un interesante libro a prol da igualdade entre mulleres e homes. Aquela ocasión aprobeitámola para facerlle chegar a Lidia Senra as nosas inquedanzas sobre a opacidade e a falta de transparencia na xestión da declaración BIC da Ribeira Sacra. Desta arte, Lídia Senra denunciou na Comisión Europea a falta de participación das comunidades afectadas no BIC Ribeira Sacra, en consonancia co que xa expuxemos desde a CUP nas nosas alegacións.

A eurodeputada entende que é censurábel que a Xunta da Galiza non estexa a informar sobre o procedimento e consecuencias de declarar a área Ben de Interese Cultural precisamente aos habitantes dos territorios atinxidos. A este respeito, Senra lembrou que as conclusións europeas de gobernanza participativa no patrimonio cultural son inequívocas e inclúen que se promova a participación das partes interesadas nas decisións.

 

Pódese acceder a unha copia da pregunta rexistrada na Comisión Europea por Lídia Senra aquí: PE-BIC-Ribeira-Sacra-040518

Para aceder ao documento de Conclusións aquíOJ_C_2014_463_FULL_PT_TXT

 

#SomosAlternativa #CUPChantada

O acto que impulsamos desde Por Chantada-CUP sobre a declaración BIC e o seu impacto no territorio contou cunha nutrida asistencia, demostrando o interesese e as inquedanzas que este suscita na poboación.

[OIP] Subvencións concedidas en concorrencia competitiva a entidades culturais pola Deputación de Lugo para 2017

Observatorio da Inversión Pública (OIP):

Listaxe de subvencións concedidas na anualidade 2017, en réxime de concorrencia competitiva, a entidades asociativas culturais da comarca de Chantada por acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, en sesión celebrada o 22 de decembro de 2017, (BOP nº 4 do 5/01/2018). Esta liña de axudas totalizou, para toda a provincia 280.000€.

Entidade

Nome da actividade

Subvención

Concello

Asociación Treboada de Ideas

Posta en valor dos cruceiros e petos de ánimas do Concello de Taboada mediante as TIC

698

Chantada

Asociación cultural Amigos do Folión

Folión de carros

1.721

Chantada

Asociación cultural Argalleiras Teatro

Obradoiros de teatro e contacontos

821

Chantada

Coral polifónica de Chantada

Panxoliñas e obradoiro musical

1.145

Chantada

Asociación Cinematográfica Chantada Films

Posprodución e montaxe documentario rock bravú

937

Chantada

Asociación cultural O Castañazo

Outono cultural: concurso de cantos de taberna, exposicións, xogos tradicionais, actividade s infantís e outros

1.109

Chantada

Asociación Faro-Miño

Mostra de teatro popular Maruxa Villanueva

1.145

Chantada

Asociación cultural Irmandade cultural País do Faro (en constitución)

Publicación de Alicerces. Revista de estudos do Miño Medio.

1.037

Chantada

Asociación cultural veciñal deportiva Lugdunum

Talleres, charlas e viaxes culturais

929

Chantada

Círculo recreativo cultural de Chantada

Magosto

421

Chantada

Asociación educativo-cultural Airoá Comunicación

Obradoiros interxeracionais en TIC’s para mulleres do rural

1.217

Chantada

Asociación amigos de Manuel Jorge de Chantada

Actividade educativo-cultural para a recuperación da figura do arquitecto e pintor chantadés Manuel Jorge

1.001

Chantada

Asociación amigos do románico da comarca de Chantada

Acto cultural na igrexa románica de Pesqueiras e apresentación do libro de Manuel Regal Ledo no auditorio municipal de Chantada

812

TOTAL CHANTADA

12.993

4.54%

Asociación Cultural O Garabullo

Ruta do penedo do mouro

983

Carballedo

TOTAL CARBALLEDO

983

0.35%

TOTAL COMARCA

13.976

4.89%

 

Notas:

  • Amigos do Folión recebe, como é ben sabido, cadansúa axuda pública da Xunta e do Concello de Chantada. Cómpre lembrar que conta con declaración de Festa de interese turístico, categoría que, proximamente, esperemos que tamén atinxa o noso Entroido Ribeirao. Así as cousas, a entidade organizadora do Folión de carros recebeu en 2017, vía administración local, un total de 10.500€ (P.O.: 334.489.01), ao que se engaden estes 1.721€ (as Deputacións entran dentro da administración local).

  • A Coral Polifónica tamén recebe fondos do Concello: 3.000€ (P.O.: 334.489.01).

  • A Asociación Cultural O Castanhazo recebe do Concello 3.000€ (P.O.: 334.489.01) de subvención nominativa ao que cómpre engadir, en 2017, 1.500€ vía pago dunha factura emitida directamente sen convenio nen acordo de nengún tipo que foi reparada pola intervención municipal e precisou pasar polo Pleno vía Recoñecemento extraxudicial de crédito.

  • A Asociación Faro-Miño recebe do Concello 3.000€ sen convenio, contrato nen subvención nominativa aprobada. Faise mediante o abono de facturas directas e polo mesmo conceito có que agora se subvenciona desde o ente provincial.

 

[+ Información]

OIP: Subvencións concedidas en concorrencia competitiva a entidades deportivas pola Deputación de Lugo para 2017.

As contas do Concello VII: Subvencións nominativas concedidas polo Concello de Chantada en 2017.

OIP: subvencións en concorrencia competitiva entidades deportivas en 2016.

Crónica do pleno ordinario do 14 de xullo de 2017

O pleno non comezou até as 20:06 xa que desde Inta fixeron tempo para que chegasen os seus concelleiros. Asistiu toda a Corporación, agás Manuel Diéguez (Inta) e a interventora, aínda habendo asuntos de índole económica. Tamén asistiu o funcionario Segundo Navaza. Canto a cidadás que asistisen só tres persoas se achegaron na tónica xeral da lexislatura, polo que semella que existe un fondo desisterese polo Pleno e a política local por parte da maioría da sociedade chantadina.

Seguir lendo