Resumo Pleno ordinario correspondente ao 30 de xaneiro 2020 [audio]

O Pleno comezou ás 20:05 horas coa presenza dos 13 concelleiros e concelleiras da Corporación, a interventora e a secretaria municipais e 3 funcionarios (un administrativo e dous policias locais). Como público asistiron sobre 20 persoas, a maioría delas ligadas co Servizo de axuda no fogar (SAF). Confire o audio do Pleno aquí: https://drive.google.com/file/d/1kTk9IHLAOy-26ch7fS3ZyqSSPlfX796O/view?usp=sharing

 

Antes de comezar a concelleira do PSOE, Raquel, invoca unha cuestión de orde para queixarse pola mudanza da data do Pleno sen avisar á oposición, do retraso no envío da documentación, non se receben as actas das Xuntas de Goberno Locais en tempo e forma, métense continuamente cousas por urxencia etc. En definitiva, estase a dificultar o labor da oposición. Manuel Varela retruca que se mudou porque tivo que asistir a Fitur e que non oculta nada. Mesmo afirma que había compañeiros do PSOE que preferían a mudanza de data. Daniel do PSOE nega que dixera iso.

1.- Actas anteriores, correspondentes ás sesións: Ordinaria do día 28/11/2019.

Rascuño acta Pleno 28/11/2019

Desde o PSOE din que no ponto do horario dos Plenos se abstiveron e que no ponto 8º na intervención non se indica.

Por parte de Por Chantada, indícase que as actas deberían paxinarse para podermos indicar as deficiencias detectadas con maior axilidade. Na quenda de debate da epígrafe 3ª (p. 9) contestouse polo noso grupo que é falso que se emitira recurso no último día do prazo, senón que se fixo ao comezo do mesmo. Isto non se recolle na acta. Na páxina 21, quenda de debate da epígrafe 8ª, propuxemos exixir á Deputación e á Xunta o arranxo das deficiencias do Polígono (fronte as discrepancias entre PP e PSOE) e tampouco se recolle na acta. Na páxina 24, rogos e perguntas do noso grupo, indícase nunha cuestión que nos contesta o señor Manuel Diéguez Carballo, algo bastante improbábel tendo en conta que non asistiu ao Pleno. Na seguinte pergunta non se recolle que a concelleira Cruz Fernández Rodríguez desmentiu que só se queixase unha persoa do asunto da rúa do Parque ao existir escrito da Comunidade Viciñal rexistrado no Concello no seu día.

Con estas modificacións, apróbase a acta por unanimidade.

2.- Inadmisión Recurso Potestativo de reposición de Por Chantada-CUP. Expediente Suplemento de Crédito 05/2019 (G-1021/2019).

Recurso de reposición de Por Chantada-CUP ao SC 5/2019

Informe resurso Suplemento de crédito 5/2019

PROPOSTA DE ACORDO AO PLENO

  • Desde o PSOE din que é a terceira vez que este asunto vén ao Pleno e reiteran os seus argumentos. É algo grave, obras en período eleitoral que se queren blanquear co SC 5/2019. Cando se inadmitira a reclamación de Por Chantada xa dixeron que faltaba ir ao fondo da cuestión e agora reiterase o mesmo. Agora arguméntase que non cabe apresentalo e desde o grupo municipal socialista son respeituosos co informe xurídico. O triste son as actuacións e revisión de fondo.

Desde Por Chantada explícase que este asunto xa foi debatido anteriormente, ou máis ben a oposición fixo un monólogo e o Goberno obviou calquera resposta e explicación ao caso, algo ao que nos ten acostumados. Como na medicina premoderna ou na economía ordoliberal contemporánea, para calquera doenza a receita sempre é a mesma: aplicar máis unha sangría ao paciente aínda que se vexa que iso só fai piorar o seu estado.

Novamente non se nos contesta a nada do fundo do asunto, obviando que se incumpriu a LCSP, que se abusou do fraccionamento e do contrato menor, ou que foron obras desenvolvidas en pleno período eleitoral e polos motivos expostos nos diferentes recursos apresentados susceptíbeis de seren declaradas nulas de pleno de direito e dar lugar a un expediente de oficio de depuración de responsabilidades.

Esta forma de xerir os asuntos públicos, tapar as irregularidades que son continuadas e sistemáticas, e negar calquera diálogo ou revisión para solucionar deficiencias é irresponsábel e contribúe a xudicializar a política e non a mellorar a xestión.

Solicitamos a votación nominal (art. 102 do ROF) e en contra de desestimar o noso recurso potestativo de reposición.

 

Votación nominal: a favor Por Chantada e PSOE (6); en contra PP (7).

Votación inadmisión recurso potestativo de reposición de Por Chantada-CUP: a favor PP (7); en contra Por Chantada (2); abstencións PSOE (4).

 

3.- Aprobación expediente contratación SAF, expediente G-37/2020.

01 PROVIDENCIA DE MODIFICACIÓN DO INFORME

02 FISCALIZACION DE INTERVENCION 2020-0009 [INFORME ECONOMICO-FINANCIERO SAF

03 INFORME TRABALLADOR SOCIAL

04 RESUMEN PPTO PRORROGADO 2020

05 FISCALIZACION DE INTERVENCION 2020-0011 [RECURSOS ORDINARIOS DO ORZAMENTO

06 ESTUDO ECONÓMICO SAF CHANTADA FINAL

07 memoria xustificativa

08 informe insuficiencia medios saf

09 informe non división lotes saf

10 PCAP SAF

11 PPT SAF

12 RC CONTRATO SERVIZOS SAF

13 LIBRO INFORMES SECRETARIA 2020-0005 [INFORME DE SECRETARIA]

14 FISCALIZACION DE INTERVENCION 2020-0012 [FASE A CONTRATO SAF CONFORME ARTI

15 FISCALIZACION DE INTERVENCION 2020-0013 [FASE A FISCALIZACION PLIEGOS SAF]

16 PROPOSTA DE ACORDO AO PLENO DA CORPORACIÓN

Desde o PSOE cualifican este ponto como outro capítulo da agonía e morte do SAF de Chantada. Abraiados perante esta licitación sen o orzamento para 2020. Trangallada con Modificación de crédito e Transferencia de crédito. Só con o SAF o 8% do orzamento non nato xa comprometido e a isto engadirlle o ponto de urxencia sen informar nen falar. Raquel acusa de incompetencia e comodidade ao PP. Comprometen xa entre 15-20% do orzamento sen sequera debatelo. Externalizan un servizo facéndoo un 10% máis caro do que supuña a xestión pública, só en IVE 36.000€, ao que cómpre engadir un coordinador do servizo e 5% de beneficio industrial.

Os pregos provocan dúbidas na bancada socialista, polas súas ambigüidades. A cláusula 27ª debería ser máis concreta nos limites da subcontratación. A situación das traballadoras non se sabe ben como fica <<tenas aquí>>. Raquel acusa ao PP de dicir que non mudaría a situación, mais non ve que se manteña o convenio actual con 6-7 días de LD, asistencia a familiares no médico, trienios… iso recóllese no convenio colectivo.

Faltan medidas claras no controlo do servizo e sobre a empresa. A mesa de contratación non a debe presidir o alcalde, só debería estar integrada por técnicos e non a concelleira 4 anos como responsábel.

Unha chapuza con aleivosía de quen espera a pasar as eleicións para externalizar, cun orzamento hipotecado e mostrando incompetencia para favorecer o lucro empresarial. Un ataque á xestión pública. Conflito laboral desde outubro e cercenando o direito á greve con servizos mínimos abusivos de máis de 90% e denegando todas as licenzas sen piedade e solventando os continuos reparos de intervención. O único responsábelk é a equipa de goberno e o alcalde.

Desde Por Chantada-CUP comézase con retranca, dicindo que as bases son bastantes rigorosas, vindo de vostedes, vese que renderon os 1.800€ do bufete de avogados que contrataron. En todo caso, nen se pode ocultar a privatización até, cando menos, 2024, nen a mingua de direitos laborais, nen moito menos que imos pagar moito máis que coa xestión directa e pública 100% do servizo. Isto sen contarmos que se negaron a calquera diálogo ou consulta coa oposición e desouviron estudar a criazón dunha empresa pública, que mesmo podería ser mancomunada con concellos limítrofes.
No prego de cláusulas administrativas particulares na cláusula 1 pon moi claro que «O Servizo de Axuda no Fogar é un servizo público de carácter local consistente en oferecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia (…)» co cal están dicindo que é un servizo público e a súa vez estano privatizando, isto é unha contradición moi clara.
É curioso ver que para ceder parcelas do público ao privado a lexislación é ben flexíbel e pouco importa que se incremente o gasto e que nos vaia saír máis caro. Iso si, para reverter privatizacións os concellos teñen que facer pinchacarneiros e xustificar moi ben a poupanza económica. A súa aposta estratéxica sempre foi favorecer o privado en detrimento do público, aínda que funcionase pior (lémbrese o caso das piscinas, por exemplo) e saíse en condicións ruinosas para o conxunto dos contribuíntes. Daquela, non partillamos os fracos argumentos da motivación da necesidade (Memoria, 9.c e Informe insuficiencia de medios), cando existen numerosas alternativas, que nen foron valoradas: estudar a criazón dunha empresa pública, racionalizar a distribución dos fogares e do servizo, impulsar cadrantes anuais das traballadoras e unha bolsa de reserva horas para cobrir eventualidades (baixas, imprevistos, asuntos proprios…), máis traballadores mediante RTP etc.

No Prego de cláusulas administrativas particulares do contrato do SAF do Concello de Chantada (PCAP), na cláusula 21ª indícase que o local da empresa podería estar en Chantada ou nos Concellos limítrofes. Entendemos que debería estar si ou si na vila do Asma, xa que estamos falando dun desembolso económico moi importante por parte da cidadanía.
Canto ao custo, estipúlase un custo de 3.639.571,36€ para o período 2020-2024, que achamos, no entanto, insuficiente e irreal (AO 231.227.99.04). A comezar porque nen contempla o IPC nem as subas salariais. Non obstante, se imos ao Anexo I do mesmo documento xa se fala de 4.199.505,41€ atendendo ao 20% das modificacións (909.892,84€ por ano con IVE incluído do 4% + 20% das modificacións). Por outras palabras, o lucro mínimo da empresa vai ser de 209.976€ durante a vixencia do contrato, aínda coas contas que se aquí se nos presentan. Unha aposta segura.
Porén, na CI díxoselle á miña irmá Cruz que as 66 persoas en listaxe de agarda entraban no cómputo actual e non no 20% das modificacións contempadas no PCAP, porén iso contradise coas traballadoras calculadas, xa que por cada traballador do SAF hai entre 1 e 4 utentes dependendo das horas estipuladas. Á parte habería que computar os quilómetros polo que incrementaría o prezo que se nos trae hoxe aquí.

SUPOSTO DE CÁCULO
Supoñendo que os utentes da listaxe de agarda son dependentes de grao 2 corresponderíalles 2horas diarias, isto suporía 10 horas a semana , 40 ao mes, 480 o ano e por 66 usuarios farían un total de 31.680 horas. Se multiplicamos as horas, sen contar feriados nen fins de semana, obtemos un custo de 551.232€ (31680×17,40= 551.232€) ao que habería que engadirlle os quilómetros a percorrer para atender a estes dependentes a maiores (unha media de 15km diarios x 5 días=75; semanais x4=300; mensualesx12=3.600 anuais x 66 usuarios=237.600×0,19km=45.144€): 45.144€. Falamos entón de 596.376€ anuais que non se están computando neste momento. Por outras palabras, mais 2.385.504€ no período de vixencia do contrato que, sen o 20% de modificacións, ascendería a 6.025.075,36€ e co 20% a 6.585.009,41‬ no total.

Estas discrepancias, falamos de máis de dous millóns de euros o cal non é peccata minuta, moito me temo que vai ser como o que falamos das horas. Nós indicabámoslle que andarían sobre 18€ e vostedes falaban de 14 ou 15. Resulta que aproximamos moito mellor. Claro que admitir un custo de 1.646.253€ suporía deitar por terra a suficiencia dos medios financeiros e imposibilitaría a privatización nestes termos.

De por parte, contémplase nos pregos que se debería cobrir o servizo de 8:00 a 22:00, cando o mesmo traballador social estima que a maioría dos fogares só queren o servizo de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00, entón cal sería o motivo da ampliación do horario se xa se contemplaba por necesidades do servizo en casos específicos?

Na memoria xustificativa fálase da adecuación á normativa laboral do convenio sectorial de aplicación dos contratos do persoal traballador do servizo. Por unha banda, dise que teñen que pasar coas mesmas condicións que teñen no Concello e, pola outra, dise que se lles ten que aplicar o convenio estatal de axuda no fogar prexudicando as traballadoras, xa que perderían dereitos pasando do convenio de persoal laboral a outro inferior. Nos pregos non observamos que se especifique o convenio de aplicación, que defendemos debe ser o galego, tal e como reclamou a delegada sindical das traballadoras. Só se recolle na epígrafe 7ª da Memoria (p. 9) que debe ser o Convenio Colectivo laboral do sector da axuda no fogar na Galiza, mais ponse entre parénteses.

Igualemente, quero salientar que existe solicitude de días por lactancia (13, RE 4779) dunha traballadora, da que tomou razón a XGL do 9/1/2020- No entanto, cal foi a nosa surpresa ao comprobarmos que non aparece na subrogación, a pesar de levar prestando os seus servizos no concello de Chantada dende o ano 2017. Pouco importa editar o III PIOM se logo actuamos deste xeito e non respeitamos unha baixa por maternidade de alguén que aprobou o exame da bolsa e solicitou a licenza por lactancia á que, evidentemente, ten direito. Esta é a conciliación e a igualdade que vostedes queren promover? Pola contra, outra traballadora que se apresenta por vez primeira á bolsa e, aínda negándose 3 veces a traballar alegando motivos persoais, nen se bota fóra da bolsa e resulta que si figura na subrogación. Isto non é para nada coherente. En todo caso, recapaciten en inclúan as dúas.

Tampouco o é nomear responsábel do contrato a concelleira de Servizos Sociais e que logo sexa suplente na mesa de contratación, cando ao noso xuízo, ambas figuras (a presidencia da mesa e o responsábel deberían coincidir).

Como lle dixemos no seu día, saía máis barato privatizar o Goberno, incapaz de xerir o servizo, do que o proprio servizo… claro que este Goberno se callar xa é máis privado e privativo do que un conxunto de servidores públicos ligados polo compromiso de fideicomiso cos seus cidadáns. Ou por que non levaron isto no programa e incumpren todo o que levaron nel?

Mantemos o voto en contra xa emitido na CI.

 

Por parte do PP dise que se se vai á CI será para vir informados e non con retaílas para estar en contra do que se fai en Monforte, Saviñao, Sarria ou Ribadeo. O PSOE debería usar outro tipo de adxectivos e non insultar, Varela acúsaos de na CI afirmaren que é o que queren as traballadoras. Raquel tenta contestar. Varela dille que non o interrompa. Están aquí as traballadoras e van mellorar e é falso que non se reuniran con elas, tal e como recolleu a imprensa. Non van dar máis explicacións, traballan para os cidadáns. Manteñen o voto da CI.

Raquel intervén para acusar a Varela de terxiversar as súas palabras, na CI a pergunta era se todo ficaba como estaba como é que segue a greve das traballadoras do SAF. Varela aféalle que siga insultando, que por ese camiño o PSOE de Chantada vai moi ben.

A favor: PP (7).   En contra: Por Chantada e PSOE (6).

Neste momento sae a maior parte do público e comeza a manifestación do SAF nas rúas contiguas á sala de Plenos.

4.- Aprobación de facturas mediante recoñecemento extraxudicial de crédito (REC 01/2020) por importe de 74.378,83 69.978.63€. Expediente 42/2020.

Informe de fiscalización_OMISION DE FISCALIZACION 2020-0001 [OMISION FISCALIZACION FACTURAS REC 01-2020 OF 01-2020]

01 PROVIDENCIA APROBACION FACTURA

02 PROPUESTA RESOLUCION APROB FACT PLENO A FISCALIZAR

03 MEMORIA XUSTIFICATIVA

04 PROPUESTA APROB FACT PLENO

Raquel acusa a Varela de mentir na CI ao dicir que eran sancións da CH e resulta que son facturas. Varela deféndese dicindo que non dixo iso, entendería mal.

Prosegue o PSOE dicindo que son 70.000€ de gastos que non se planificaron. Constantemente ocorre isto e o Concello está submido nun caos absoluto. Reparos por fraccionamento de contratos supón estar no fío do arame con adxudicación continuas ás mesmas empresas.

Desde Por Chantada dise que non podía faltar á cita un REC, que totaliza desta volta 74.378,83€ (69.978,63€ en facturas mais 4.400,20€ en sancións da Confederación Hidrográfica, outro clásico). Veñen acompañadas dunha Omisión de fiscalización 1/2020, de 24 de xaneiro, da intervención municipal, para comezarmos ben o ano. Dinos ese documento que non existía crédito axeitado e suficiente para esas facturas e que se incumpriron varias disposicións da lexislación, como o RDL 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno ou a LCSP. Existen mesmo 3 facturas emitidas por comunidades de bens que non poden contratar con entes públicos e outras que fan referencia a gastos recorrentes e que superaron o ano polo que se incumpre o deber de licitación con transparencia, igualdade e publicidade. Tamén nos di que existen facturas pendentes de tramitar que son anteriores ás que imos aprobar, incumpríndose a prelación de pagos.

Non sería especialmente grave se acontecese unha vez, mais esquecéronse de dicir na Memoria xustificativa REC 01/2020, de 24 de xaneiro, asinada polo alcalde, que isto non é excepción senón norma. E que o uso e abuso do contrato menor é un procedemento sui generis da súa xestión, a pesar dalgunha moción que lle temos traído, como a de febreiro de 2016, Moción para a adopción de protocolos de transparencia e eficiencia nos servizos económicos do Concello de Chantada, nomeadamente no relativo á contratación e seguimento dos contratos menores. Folga dicer que se negaron a aprobala, como desouviron a nosa proposta máis recente, en 2019, de impulsar unha Central de Contratación Local.

Deberían lembrar tamén que a axilidade e eficiencia que invocan non pode contradicir as leis, pois vostede non é Luís XIV para dicer «L’Etat ce moi». Por exemplo, teñen a empresa que xere as RRSS 6 meses sen cobrar (parte vén agora a este REC 1/2020) e resulta que xa cando se contratou lle advertimos que era necesario facer unha licitación. Se iso é “eficiencia”… máis ben son probas continuadas e palpábeis da súa deficiente xestión.

Pola súa banda, o PP recoñece na figura de Manuel Varela que a oposición ten parte de razón. Porén, xa verán que difícil é gobernar cando lles toque. A plataforma de contratación do Estado mirárona, mais saia máis caro. En todo caso, eles están alegres porque aínda facendo REC non teñen que ir a operacións de crédito como en 2011. Non hai un millón de euros de débeda, iso era en 2018, agora case non hai a imprensa non pode mentir así. Sempre miran as melloras ofertas e peden 3 prezos para poupar aí cartos. Todos os subministradores baixaron os prezos porque pagamos máis ou menos ao día. Nas facturas do REC anterior había cousas do obradoiro de emprego e van solicitar outro e se houbese orzamento non o poderían contemplar aínda e terían que ir a unha modificación de crédito.

A favor: PP (7) En contra: Por Chantada e PSOE (6).

5.- Moción do grupo municipal socialista sobre servizos no rural. Expediente G-36/2020.

MOCION DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE SERVIZOS NO RURAL

Defende a moción do PSOE Raquel. Di que visa mellorar o rural. A primeira parte céntrase nos servizos básicos e urxentes (traídas de auga e saneamento). Case todo o rural sen elas. Problemas na época de seca.

Interrompe Varela (PP) para indicar que as traballadoras do SAF perderon a razón pola manifestación vergoñenta que están facendo. Outros sindicatos non defenden isto e dálle pena, vaia país que estamos criando. Acusa á oposición de alentar estas actitudes coas súas intervencións.

Continua Raquel. Non foron capaces de escoller unha parroquia, daí a súa proposta de comisión para facer baremos e reflectir nos orzamentos as máis urxentes. Os pontos 3º e 4º son menos urxentes. Trátase do convenio da FEGAMP e envexan a Sober polo proxecto de fibra óptica en todas as súas parroquias. Isto require anos, trataríase de sentar as bases.

Desde Por Chantada ven a moción interesante. No tema da auga existen numerosas problemáticas en diferentes lugares. Podemos cáseque dicer que non hai parroquia sen conflitos ou deficiencias na auga, porque cada vez fican menos viciños, a auga non se “busca” e o mantemento das traídas é insuficiente (ao tempo que aumentan as necesidades). Todo o noso apoio á creación desa comisión para o estudo das necesidades de cada parroquia en saneamento e auga. Cómpre lembrar que concellos con 500 ou 600 habitantes da provincia de Ourense levan 20 anos con saneamento integral e Chantada con máis de 8.000 habitantes ten o 90% do rural sen el, sen colectores do lixo para reciclar e con moitos lugares que no verao fican sen auga.

Tamén apoiamos a demanda de fibra óptica ao Goberno do Estado e á Xunta da Galiza, outro campo onde se manifesta a desigualdade e o abandono que padece o interior galego e que é fundamental para moitas empresas e explotacións, cada vez máis. O problema é que a fibra óptica para os lugares do noso Concello sería unha millonada e temémonos que o rural ficaría novamente cun servizo de terceira ou cuarta categoría. En Laponia foi a propria comunidade a que puxo a fibra óptica con fondos europeos.

O máis factíbel é estudar fórmulas para que o Concello poida ter unha conexión óptima e de balde e que a espalle ao rural, mais para iso é necesario dotármonos de nodos e infraestrutura. Este debería ser o camiño e a dirección na que traballar. Poden consultar con Xinzo de Limia, que puxo tiradas de fibra óptica municipal.

A Mancomunidade de Santa Águeda (San Amaro, Coles, Vilamarín etc.) ten pontos de graza e de balde nos concellos. No Macizo Central, dez concellos, van pór a Internet de balde por apenas 3.000€ cada un, para un proxecto semellante que financia 90% o GDR. Aquí, en Chantada, levamos anos sen ver un peso do GDR porque este rexeita proxectos deficientes e pouco interesantes.

No que discordamos, pois, desta moción é no convenio entre AMTEGA e a FEGAMP. En primeiro lugar, porque existen outras alternativas a estudar. Por exemplo, o Proxecto Guifi.net, que surxiu en Catalunya e outorga banda ancha a prezos irrisorios con nodos funcionando no Courel ou en Sarria xa (o custe por utente e ano é sobre 70-90€) e máis de 100.000 utentes no Estado. É unha rede libre e aberta toda vez nos dotemos da infraestrutura. En Euskadi, concellos de Bildu, contan con rede de balde para todos os empadronados e un informático que xestiona a rede e nas horas que lle sobran traballa para o Concello. O prezo son 10€ por utente. Aquí, neste Concello, temos un informático e facemos contratacións externas para calquera reparación e mantemento de computadores. Algo falla… mais para chegar a iso primeiro traballaron, insisto, en dotarse da infraestrutura certa para a súa orografía e necesidades reais.

O convenio da FEGAMP é unha chapuza porque non ten en conta a cobertura, por non falar que o prazo remata esta semana e se atenderán as demandas por orde de chegada (coma sempre imos tarde). Exixiríannos dúas cousas para que sexa a rede de balde para o Concello: informar dalgunha aldea sen cobertura de nengún tipo na actualidade e ceder 10 m2 de finca para a torre de celosía, que instala RTGAL, empresa pública. Onde temos esa finca en tan pouco tempo e ben ubicada? A Xunta dá, como máximo, 30.000€ para a acometida eléctrica, xa que os emprazamentos ideais distan normalmente do subministro.

Tampouco indican que compañía vai dar o servizo, xa que sae a concurso a posteriori. Pode resultar enton que a empresa X teña pouca rede de cobertura no noso ámbito e non solvente para nada as nosas necesidades.

É máis, vendo o convenio temos claro que isto non vai solucionar nada e temos que buscarnos a vida con iniciativas e medidas máis audaces. Claro que nengunha delas está na axenda deste goberno… De todas formas a torre de celosía si sería una boa adquisición que permitiría, ao ser do Concello, impulsar unha radio local e outros usos, aínda que non nos solventase a problemática da Internet.

O PP di que lle parece ben a moción e que na CI de urbanismo poden estudar isto conxuntamente cos orzamentos. O 50% do canon enerxético estaba previsto para saneamento e o resto para outras cousas necesarias no Concello, mais non se fixo así. O GDR investiu no centro de día máis de 200.000€ e este ano 180.000€ en Palas, non todos os anos vai levar Chantada partidas, sobretudo lévaas para servizos sociais. Insta a reunirse antes dos orzamentos e estudar as cantidades a destinar. Tamén fala de traer a auga desde o Faro, que sería un investimento importante e necesario, ora é inviábel atender 300 núcleos sen saneamento habitados. Rexeitan a moción, mais estudarán as necesidades.

A favor: Por Chantada e PSOE (6). En contra: PP (7).

6.- Moción de Por Chantada-CUP por uns servizos sanitarios dignos para o interior galego. Expediente G-36/2020.

Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP por uns servizos sanitarios dignos para o interior galego.

Defende a moción de Por Chantada Antom Fente que le os acordos e fai unha síntese da exposición de motivos e as iniciativas que leva desenvolvendo Por Chantada neste eido.

Raquel (PSOE) di que nos últimos anos o PP leva atacando moito a sanidade pública, que se está desmantelando e o tema da pediatría tócalle a Chantada en primeira liña. A política debe buscar solucións: ambulancias, listaxes de agarda etc. Monforte pode ser o seguinte, como xa se indicou na defensa da moción. En Verín rectificouse pola presión popular, mais lamentábel ouvir que <<un parto non é un infarto>>. Apoian a moción na defensa da sanidade pública e as manifestacións.

O PP, por medio de Varela, di que receben mocións do PP e que non as traen ao Pleno. A moción anterior atinxe a Chantada, esta non. Sobre as transferencias de capital aos concellos a infección vén de atrás, xa que o Goberno central non financia ben as CCAA e a Deputación de Lugo está discriminada pola extensión, 92.000 millóns fronte os 160 millóns da Cruña. Lévano defendendo na FEGAMP, mais non os atenden. A ver se o defende tamén no Senado. O tema de Verín correxirase e espera que non volva ocorrer. Non hai cartos. Que loite o PSOE agora que está en Madrid. O tema da dependencia non se dotou de forma suficiente. A CCAA paga 9’70€, o utente 2€ e até os 17-18 hora ten que pagalo o Concello sen receber máis do 13% dos fondos do Estado. Que suban até o 25%. Lamenta moito e na situación que está agora terá que berrar con estas cuestións, mais vir ao Concello dicir que hai que facer cousas cando pagamos impostos coma todos e logo pagamos máis pola porta de atrás, pagamos duplamente. Sobre Portugal e o hospital privado de Chaves tiñan que ir a Porto ou a Verín por cobertura europea. En Portugal fano ben actualmente, mais o norte está abandonado.

A favor: Por Chantada e PSOE (6). En contra: PP (7).

7.- Moción de Por Chantada-CUP para declarar a emerxencia climática no Concello de Chantada e sobre adopción de medidas no eido local para un horizonte sen carbono. Expediente G-36/2020.

Moción de Por Chantada-CUP para declarar a emerxencia climática no Concello de Chantada e sobre adopción de medidas no eido local para un horizonte sen carbono

Por parte de Por Chantada defende a moción Antom Fente expondo os acordos e sintetizando a exposición de motivos. Acéitase a emenda do PSOE.

Desde o PSOE intervén Daniel. En primeiro lugar para indicar que as traballadoras do SAF están defendendo os seus direitos. Vostedes que son tan constitucionalistas respeiten ese direito, espétalle ao PP.

Varela (PP) indica que teñen direito da subdelegación do goberno, mais xa pasan da hora e non lle vai dar leicións de ética e respeito o PSOE. Pédelle a Daniel que se limite ao ponto a tratar.

Volve intervir o PSOE. A moción parécelles oportuna polo momento en que vivemos. Cada día que pasa é unha batalla perdida e condenan as voces negacionistas da ultradireita e a direita dócil como Rajoy que mencionaba un curmán seu.  O novo Goberno estatal do PSOE ten como ponto nuclear a loita contra a mudanza climática na figura da vicepresidencia de transición ecolóxica e aprobouse a declaración de emerxencia climática e púxose enriba da mesa facer unha lei de mudanza climática en 100 días. Desde o PSOE están de acordo coa moción: emerxencia climática, fixación de carbono, medicións e debe ser tamén autonómico ao ter a Xunta as competencias exclusivas en ordenación do territorio, mais ao PP dálle igual isto, polo que agarda que se produza o cambio na Xunta. As ECV provocan sombras e mais humidade e deterioros, xiadas, caída da folla, raíces… problemas que cumpre ter en conta na elaboración do protocolo. Ofrece colaboración para facelo. O PSOE apresenta unha emenda de engádega que pasaría ao ponto 4º sobre eficiencia enerxética nos edificios públicos e para novos edificios. A construción ten unha grande pegada de carbono e espallalo a outras administracións veno ben.

O PP di que rexeita a moción. Participou como alcalde das xornadas sobre mudanza climática na Consellaría de Medio Ambiente até 2030. Desde Chantada non lle imos dirixirnos a todas as administracións. Teñen axudas de 200.000€ do Ministerio para substitución de luminarias na Avenida de Monforte con 55% de poupanza; en Uxío Novoneyra tamén novo alumeado con 75% de poupanza… Traballar todo o que pede a moción requeriría destinar todo o persoal do Concello a isto e teñen outras prioridades. Ir facendo na medida do posíbel.

A pesar do anterior, na votación – imaxinamos que por erro- a moción apróbase:

Votación moción con emenda: unanimidade.

Votación moción sen emenda: a favor Por Chantada e PSOE (6) e en contra PP (7).

8.- Mocións e asuntos de urxencia.

8.1.- Modificación orzamentar 03/2020 mediante crédito extraordinario 01/2020 de 550.000€.

Intervén Fente (Por Chantada) para pedir a explicación da urxencia, xa que é algo que <<non decidirían hoxe pola mañá ao levantarse estupendos>>.

O PP explica que a urxencia é porque aínda hoxe receberan unha das dúas ofertas dos dous edificios que se queren mercar. Defende Varela que é un tema sinxelo e tiñan intención de mercar estas casas na zona antiga desde hai tempo. A antiga Academia queren comunicala co actual Concello cun corredor e a outra para albergar biblioteca e arquivo como é debido, que o actual está nunha situación perigosísima cada vez que hai que ir buscar algo. Facer un estudo para albergar todos os servizos do Concello. Amais, hai departamentos da Xunta esperanto por estudos detallados para investir, xa que en Chantada hai moito que non se investe en edificios desta índole e están na mellor disposición de acceder a isto.

Fente pregunta que edificios son e Manuel Diéguez di que son a antiga Academia e o inmóbel onde estaba o antigo Pub Boys, o nº6 da Rúa Formoso Lamas.

Votación da urxencia: a favor: Por Chantada e PP (9). Abstención: 4 PSOE.

Varela (PP) indica que este diñeiro que se pede se o RTGX axuda xa se solventaría en 2020 e se non en 5 anos, a razón de 50.000 anos cada 6 meses e cun ano de carencia.

O PSOE critica novamente que a documentación sexa insuficiente e se remitira o mesmo día do Pleno. Xa na CI meteron ponto por urxencia e non mandaron a documentación. Tampouco receberan as XGL.

A secretaria di que pensa que se mandaron. Fente di que de novembro non teñen e Daniel di que están na sede electrónica. A secretaria di que pediu expresamente que se eneviaran, que a ela é imposíbel.

Varela (PP) di que eles non se meten niso, que é cousa de Secretaría, que chamen desde o PSOE por telefone ao Concello e se informen. Que se alguén lles nega información que llo digan.

Raquel (PSOE) defende que para operacións desta índole o orzamento debería estar aprobado e sería bon telo para isto.

Varela explica que é compromiso, polo que 2020 sería o ano de carencia e, ao mellor, ao rematar o ano de carencia xa se amortiza; non afecta ao orzamento, nen este é a panacea. O orzamento de 2019 que teñen prorrogado non é tan desastroso e Pedro Sánchez aínda traballa con orzamento de Mariano Rajoy e o deste ano a ver se ben para xuño, que é difícil, canto mellor o fagan mellor para todos.

Raquel di que compadece a Sánchez por seguir cun orzamento do PP, mais el non ten maioría absoluta como o PP en Chantada. O PSOE di que é boa idea a compra, mais non viron a documentación en tempo ao remitírselle na mesma mañá do Pleno en horario laboral.

Varela di que houbo reunión no Concello e que a da Academia chegou antonte e a outra xa a tiñan e prepararon expediente Secretaría e Intervención, que el até non estaba. Gostaríalle facere isto por unanimidade, xa que é algo para todos os cidadáns e para as sucesivas corporacións que veñan. Poden dar ideas desde a oposición. O Concello está nunha situación que podería pedir 2-3 millóns de euros de crédito, xa que a capacidade do Concello é absoluta.

Raquel insiste en que lles parece ben a compra, como sempre dixeron, mais precísase ver a documentación e non tiveron tempo material. Abstención, aínda que segura de que a compra sexa boa deben ler os informes.

Varela di que leu a documentación hoxe pola tarde, que é un expediente fácil de ler.

Fente (Por Chantada) parécenlle ben os edificos. Certa incidencia non ter o orzamento. Contraditorio dicir que non hai débeda e remanente e logo ir a crédito. A urxencia polas eleicións autonómicas para receber axudas.

Varela di que hai boa predisposición da Xunta, por aí vai ben non é por votos. Diéguez que había predentes.

Fente indica que van dar un voto de confianza polo tema da biblioteca e da accesibilidade. Non gostaron das formas, que leva a receos e a desconfianzas.

Hai que pensar en ubicar aí os sindicatos e tirar o edificio da Praza da Galiza. Vaian pensando niso, gostaríalles ver tirada aquela casa.

Fente recalca que un dos edificios en todo caso vai ser para biblioteca e arquivos.

Varela di que si, que son sobre 680 m2 en total. O do Boys 280.000€ o resto para a Academia.

A favor: Por Chantada e PP (9). Abstención: 4 PSOE.

Sobre este ponto queremos lembrar o ponto 15.7 do noso programa, do seguinte teor: <<Adquisición de edificios contiguos á Casa Consistorial para mellorar a accesibilidade e construír unha nova biblioteca>>.

PARTE DE CONTROLO DA XESTIÓN.

9.- Dación de conta de resolucións da alcaldía (Decretos 544/2019 a 47/2020).

10.- Rogos e pergunta.

10.1.- Rogos e perguntas PSOE.

(vid. audio)

10.2.- Rogos e perguntas Por Chantada.

I.- Indicacións a cuestións formuladas con anterioridade.

1.1.- Axudas ao transporte. Rogo para incrementar contías caso haxa poucas solicitudes e evitar os excesivos remanentes que están ficando nesta partida. A concelleira Concepción indica que así farán na seguinte anualidade, mais que non lle deu tempo aínda ao acabara de incorporarse en maio.

1.2.- Lama das Quendas. Pontoalízase que, tendo falado coa asociación, o que pede esta é insonorizar os locais. Contesta Manuel Varela que se vai adquirir un aparato para realizar as medicións de ruídos.

II.- Subvencións.

2.1- Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se estabelecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas no medio rural e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU501B).

Acolleuse o goberno a esta resolución? Con que proxecto? Pamela contesta que si, que van facer máis un mirador, neste caso en Tarrio. Fente retruca que máis un mirador… que logo hai que mantelos.

2.2.- Para actuacións de mellora paisaxística e de mellora de bens e recursos que se encontren no Camiño de Santiago (DOG, nº 229, terza feira 2 de decembro do 2019). Acolleuse o Concello a esta liña de axudas (remataba o prazo o 2/01/2020) de até 15.000€ para Concellos e 10.000€ pra persoas físicas ou xurídicas privadas (75%)? Diego Otero indica que se gastará no Casco antigo para substituír placas co nome das rúas que aínda non están en galego e unhas letras de “Chantada” para que os visitantes podan fotografarse diante da Casa da cultura. Están estudando a peonalización.

2.3.- Para rehabilitar e reformar mercados municipais e prazas de abastos (DOG, 21/01/2020, 45 días para facer a solicitude e fondos FEADER, PDR). Acolleuse o goberno a esta resolución? Con que proxecto? A concelleira Pamela non ve a idoneidade de acollerse a esta resolución. Queren reorganizar a praza e apagar barreiras arquitectónicas. Pór queixos, viños e produtos locais para dinamizala. Porén, este ano correspondería facer a ordenación e logo pedir subvencións.

III.- Medio rural.

3.1- Rexistros e canalización de auga no lugar de Uriz.

Xa trouxemos hai medio ano aquí a cuestión da canalización de Uriz, producíndose inundacións pola falta de limpeza dos rexistros dadas as abundantes choivas. Rogámoslle novamente que o goberno teña en conta a situación e proceda a súa limpeza, que debería incluír a limpeza desde o manancial para asegurar tamén a existencia de auga no verao.

3.2.- Sinalización estrada San Lucas-Limiñón.

Colocáronse algúns indicadores recentemente, foi o Concello ou son privados? Manuel Varela indica que son de natureza privada.

IV.- Seguranza vial e infraestruturas.

4.1.- Fochancas na Cruz en Barrio.

Rogamos o arranxo de fochancas de dimensións considerábeis na cruz , no acceso a Barrio (parroquia de Muradelle).

4.2.- Pista de Pesqueiras-Airoá-Soilán.

Rogamos o arranxo da mesma dado o seu estado.

4.3.- Camporramiro-Polígono (a que pasa por Señorín).

Rogamos o arranxo da mesma dado o seu estado.

4.4.- Pista Río Pedroso até O Romeo.

Arranxada hai pouco xa volve ter fochancas, polo que rogamos se tomen medidas. Manuel Varela di que no cruce, polo peso do tránsito é incorrexíbel.

4.5.- Pistas da Deputación LU-P-1807 na parroquia de Brigos (Congostra Fonda e entrada a Eiriz) e LU-P-1805 (entre o Solar e Vilar de Eiriz).

Rogamos se demande á Deputación o seu arranxo, xa que hai fochancas considerábeis neses trechos da estrada e mesmo se produciron pinchazos en rodas. O PP non contesta. Os concelleiros do PSOE toman nota.

4.6.- N-540.

Apresenta importantes fochancas xa, precisamente na zona do Polígono. Rogamos que se actúe e non se volva a agardar a que estexa intransitábel para reaxir.

4.7.- Talude en Doutor Fleming.

Rogamos a rehabilitación do mesmo.

4.8.- Canto da rúa dos Pilos coa Alameda.

Non hai paseo (beirarrúa) e a vexetación da sebe entra na rúa. Rogamos que se actúe. O proprietario ten algún ao cargo do mantemento, mais deixou a poda ciscada.

4.9.- Pista de Fornas.

Comezaron os arranxos da pista de Fornas para a que se recebeu unha subvención da Xunta da Galiza segundo informou o alcalde nunha CI? Varela contesta que falou con Infraestruturas nesta semana e que, cando o tempo o permita, comezarán as obras con aglomerado en quente.

4.10.- Pista Surribas- Quinzán da Vila até o rego do Caño do muíño.

Solicítase o seu arranxo encontrándose nun estado de deterioro total.

V.- Educación.

5.1- Prescolar na casa.

Durante a pasada lexislatura, tanto sendo concelleiro educación Castor Novoa canto sendo Diego Otero, desenvolveuse o programa de Prescolar na casa. Para o mesmo o Concello outorgaba apenas unha achega de 1.300€ e a cesión dun local. No entanto, este curso aínda non se encontra operativo e, desde a asociación Antonio Gandoy, confirmáronnos que a nova concelleira non está polo labor de facer unha achega económica, aínda cando existen numerosas familias interesadas na súa existencia. Contestouse á solicitude de local formulada en 27/12/2020 en sentido negativo e sen dar alternativas e aínda o día 21/01/2020 receberan a notificación de cesión de local para xuntanza… celebrada en decembro!

  • Por que, de repente, se segue o mesmo goberno se están pondo tantos problemas con este servizo que contribúe á crianza e á conciliación e ten demanda por parte das familias?

  • Van ceder o local para que podamos ter no Concello de Chantada este servizo que contribúe para a crianza activa e a conciliación?

  • Que día e en que horario?

A concelleira Concepción di que a estas perguntas contestará noutro momento, que apostan polo público. Fente lémbralle a moción do pasado Pleno sobre a escola infantil que rexeitaron. Ao rematar o Pleno explícasenos que se quere implementar o Plano madruga e que, portanto, non acreditan que o axeitado sexa prescolar na casa e que o Telecentro tampouco é axeitado.

VI.- Patrimonio e cultura.

6.1.- Entroido ribeirao.

Declarado o Entroido Ribeirao BIC, resiste no Moredo e en Santiago de Riba, cando non fai tanto que se espallaba por Líncora, Vilauxe, A Sariña ou Nogueira. A asociación está facendo un traballo inxente e o día 9 de febreiro numerosos entroidos da Galiza visitarán a vila de Chantada. Coidamos desde o noso grupo que xa non sabemos como rogarlles que arranxen a casa escola do Moredo e o campo, así como incremente a subvención nominativa ao noso maior elemento elemento do patrimonio inmaterial xunto coa lingua e o Folión de carros.

Indícase que neste ano se vai substituír a varanda e Manuel Diéguez di que teñen compromiso de corrixir a situación e incrementar o apoio á Asociación do Entroido Ribeirao.

VII.- Medio ambiente.

7.1.- Colectores soterrados da rúa Nova.

O seu estado é deplorábel e dá má sensación nunha das entradas ao casco antigo e nunha das principais rúas da vila. Cando menos, rogamos que se baleiren.

7.2.- Decreto 615/2019 de 31 de decembro, devolución 9.971.72€ da anualidade 2018 por importe non xustificado da Rede Natura.

Os fondos da Rede Natura, outorgados pola Consellaría de Medio Ambiente, territorio e vivenda, non son suficientes para a xerir correctamente estes espazos e involucrar as poboacións locais. No entanto, sorprende que o Concello de Chantada perdese case 10.000€ por non xustificar o importe. Poden explicar isto? Varela indica que a tardanza dalgúns informes necesarios dalgúns departamentos atrasa todo e xa se queixaron na Xunta de Cultura, Patrimonio e da Confederación Hidrográfica. É imposíbel cumprir así os prazos e, para o rexedor, eran mellor transferencias directas aos concellos. Varela contesta que tiveron que readaptar cartos do Plano Único de Mondín porque a Confederación Hidrográfica exixe abastecemento de auga e complica todo para o arranxo da casa da escola. Acreditan pozo de 50 anos, mais non lles vale, e a concesión tarda un ano.

VIII.- Urbanismo.

8.1.- Decreto 578/2019, do 4 de decembro.

Polo mesmo, déixase sen efeito a encomenda fixada na resolución da alcaldía 509/2019, de 7 de novembro, e efectuase unha nova encomenda da defensa e representación do Concello de Chantada no Procedemento abreviado 331/2019 do Contencioso-administrativo, nº2 de Lugo a instancias de PRONOR Chantada S.L., a favor dos letrados da Asesoría Xurídica da Deputación Provincial. Non pasaba nada por darnos a razón no pasado Pleno de novembro cando lle advertimos que estaban cometendo unha ilegalidade e lembrámoslle que a lexislación non permite que cargos eleitos contraten a familiares directos en nengunha modalidadeNon se contesta.

8.2.- MP con ordenación detallada do PXOU en Pousada (Convenio urbanístico de planeamento coa mercantil Mirta Properties S.L.U.).

Mediante Decreto 639/2019 de 20 de decembro dáse trámite de audiencia aos titulares cadastrais afectados, total ou parcialmente, pola área de afección da MP en cumprimento do artigo 401 do Regulamento da Lei do Solo da Galiza (Decreto 143/206, de 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo da Galiza). No entanto o prazo fixado para alegacións ou adhesións ao convenio, 15 días, e a circunstancia de que rematase o mesmo día da reunión informativa (10 de xaneiro) invalidan o procedemento, xa que primeiro debe informarse axeitadamente e logo dar o prazo para formular alegación, se for o caso.

  • Vai o Goberno municipal convocar un novo prazo de alegacións, xa que mesmo a empresa redactora da MP recoñeceu que este procedemento era irregular? Varela di que as alegacións son despois e que só son 3 os afectados. Pode alegar calquera cidadán de Chantada.

  • Non debería na reunión informativa informar sobre Plano de como fica cada parcela e se hai mudanza do solo, posibilidade de expropriación etc.?

  • Rogamos que se poña solución a estas deficiencias e se abra un novo período de alegacións e información que siga os procedementos legais estabelecidos.

Varela di que só houbo perguntas dos concelleiros do PSOE e que noutros sitios non se informa os viciños. Neste momento sen coñecemento que se vai alegar?

Pleno ordinario 1 de agosto de 2019 [audio]

O 1 de agosto celebrouse sesión ordinaria do Pleno de Chantada, a primeira da 11ª lexilatura do período democrático. Comezou ás 9:36 horas e finalizou ás 12:45 horas.

Asistiron os 13 concelleiros da nova corporación (polo PP sete, polo PSOE catro e polo noso grupo dous), a secretaría María Yebra-Pimentel López, a interventora accidental Susana Martínez e o funcionario municipal Segundo Navaza. Incorporouse mediado o ponto 5º e até o final do 7º o técnico municipal de urbanismo Juan García Pérez. Canto ao público, asistiron 3 cidadáns e un xornalista.

Audio íntegro da sesión plenaria na seguinte ligazón: Audio da sesión ordinaria do Pleno de Chantada correspondente ao 1 de agosto de 2019

1.- Acta da sesión organizativa, correspondente ao 2/07/2019.

ACTA da sesión organizativa do PLENO de 02.07.2019 completa

Aprovouse por UNANIMIDADE, incorporando algunhas correccións indicadas polo grupo socialista, que indicou votar favorabelmente ás comisións de goberno.

2.- Aprobación “PROXECTO MODIFICADO 1 MELLORA DE CAMIÑOS DE TITULARIDADE MUNICIPAL (AGADER 2019-2020)”. EXPEDIENTE G-749/2019.

INFORME URBANISTICO SECTORIAL VIABILIDADE

PROPOSTA ALCADÍA PARA PLENO APROBACIÓN PROXECTO MELLORA DE CAMIÑOS 2019-2020

Aprovouse por UNANIMIDADE. Deben estar rematados antes do 31/12/2019 e son catro pistas que figuran na documentación do ponto e que totalizan 3.773 quilómetros cun orzamento de 108.006,77€.

Camiño Argozón-Moreiras (1.252 metros)

Camiño Vilanova-Riazón (655 m)

Camiño San Cristovo-Nande (1.271 m)

Camiño de Bermún (595 m)

A maiores, soubemos despois do Pleno que a Xunta concedeu axuda para arranxar, con aglomerado a pista de Fornas, que se atopa nun estado lamentábel.

3.- Delegación de competencias plenarias na XGL. EXP. G-777/2019.

Proposta Pleno aprobación de proxectos pola Xunta de Goberno Local

A favor: 7 (PP) En contra: 6 (Por Chantada-CUP  e PSOE).

Neste ponto o ACORDO adoptado é o seguinte:

ÚNICO.- Delegar na Xunta de Goberno Local polo Pleno da Corporación a seguinte atribución:

1.- Aprobación dos proxectos de obras e servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión, e cando non estén previstos nos orzamentos.

 

4.- Modificación orzamentar 16/2019 mediante Suplemento de crédito 03/2019 a cargo do RTGX por importe de 26.277,05€. Resolución de alegación. [Exp. 387/2019]

Reclamación Por Chantada-CUP SC 3_abril 2019

2FISCALIZACION DE INTERVENCION 2019-0050 [INFORME ALEGACIÓNS AO SUPLEMENTO CREDITO 03/2019]

PROPOSTA ALEGACION DO SUPLEMENTO CREDITO 03/2019

A favor: 7 (PP) En contra: 2 (Por Chantada-CUP) Abstencións: 2 (PSOE).

A nosa reclamación figura na documentación que incluímos no ponto. Desestímase, sen informe xurídico e co único informe da intervención, ao considerarse unha reclamación contra o orzamento e non contra o acto administrativo e o procedemento, tal e como entende o noso grupo ao acordar pagar, sen crédito, unha sanción de 2015 da Confederación Hidrográfica por valor de 15.000 euros, cuxo pago foi ordenado no seu momento sen existir partida para tal efecto e, contravindo, xa que logo, varios artigos da lexislación vixente e incorrendo no vicio de nulidade de pleno direito.

5.- MOCIÓN DO PSG-PSOE, SOBRE ORDENACIÓN DO TRÁFICO. EXP. G-777/2019.

20190723_Outros_MOCION

A Favor: 6 (Por Chantada-CUP e PSOE) En contra: 7 (PP) 

A moción é rexeitada cos vostos do PP. Debateuse sobre a cuestión dos problemas do tránsito en Chantada, expondo as diferentes visións de cada grupo sobre o asunto. O PP pediu seis meses para ir facendo cousas e que a policía local poda facer os informes que eles consideran necesarios.

6.- Moción de Por Chantada-CUP para controlar a proliferación de apostas en liña, máquinas comecartos de apostas deportivas e casas de xogo na Galiza e proposta de medidas de prevención perante a ludomanía. EXP. G-777/2019.

Moción de Por Chantada-CUP para controlar a proliferación de apostas e proposta de medidas de prevención perante a ludomanía.

Os acordos da moción foron adoptados por UNANIMIDADE, ao aceptarse a emenda do PP, apresentada in voce durante o debate da nosa moción, e ficando o ACORDO coas seguintes modificacións a respeito da proposta orixinal:

a.- Incorpórase unha liña inicial ao texto do ACORDO que di:

Dirixirse á FEGAMP e á FEMP para que estude as seguintes medidas:

b.- Suprímese integramente a epigrafe 3ª, os asuntos relativos ao nivel municipal, que en todo caso asume o Goberno como recomendacións ou propostas de Por Chantada para estudar.

c.- A epígrafe 4ª pasa a ser a 3ª.

7.- Urbanismo: proposta convenio Hotusa-Concello. Expediente 790/2019.

Chantada_PresentacConvenio

ChantadaHotusa_Convenio

PROVIDENCIA SOLICITUDE DE INFORMES

Informe técnico

INFORME XURIDICO

FISCALIZACION DE INTERVENCION 2019-0060 [INFORME DE INTERVENCION DE EXPDTE CONVENIO URBANISTICO]

A favor: 7 (PP) En contra: 2 (Por Chantada-CUP) Abstencións: 4 (PSOE).

Neste ponto produciuse un intenso debate entre os tres grupos políticos, coas intervencións técnicas do técnico de urbanismo e mais da secretaria municipal. Ao rematar o Pleno solicitamos copia do expediente relacionado co convenio e que non veu ao Pleno, o cal consta de varios centos de follas e planos que constrastan coa parca información transmitida aos grupos antes e durante a sesión plenaria, non entendendo pola nosa parte que hai que ocultar para actuar con total transparencia se todo é tan idílico e positivo como o trazan nos papeis do convenio.

O ACORDO adopatado é o seguinte:

PRIMEIRO.- Autorizar ao Alcalde do Concello de Chantada para negociar o convenio de planeamento proposto por Mirta Properties SLU, apresentado por Rexistro de Entrada número 131, e para efectuar a tramitación estabelecida no artigo 401 do Regulamento da Lei do Solo da Galiza.

8.- MOCIÓNS E ASUNTOS DE URXENCIA: Modificación Pontoal do PXOU de 1985 no lugar de Esmoriz.

20190130_ADF_201901_Modificación Puntual NR Esmoriz

A favor: 11 (PP e PSOE) Abstención: 2 (Por Chantada-CUP).

Trátase dun instrumento de planeamento urbanístico no lugar de Esmoriz para solventar unha problemática urbanística e que afecta á ordenación de todo o lugar.

9.- DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (DECRETOS 244 A 334).

10.- DACIÓN DE CONTA DE REPAROS DE INTERVENCIÓN E OMISIÓN DE FISCALIZACIÓN. (21 A 34 DE 2019).

REPAROS 2019-0034 FDOP ANTICIPO 100 DA ESCUDERIA CHANTADA IR332019

REPAROS 2019-0033 FD CONTRATACION PLT AUXILIAR POLICIA LOCAL IR 32

REPAROS 2019-0032 FO NOMINAS XUNO PAGA EXTRA POLICIAS REPARO 31201

REPAROS 2019-0031 5052018 FD CONTRATACION SOCORRISTA IR 302019

REPAROS 2019-0030 6352019 FO NOMINAS XUNO REPARO 292019

REPAROS 2019-0029 INF INTERV DOMICILIADOS IR 282019

REPAROS 2019-0028 01 FACTURAS SIN CREDITO IR 272019

REPAROS 2019-0027 6592019 APROBACION FACTURAS IR 262019

REPAROS 2019-0026 6342019 FD CONTRATACION TURISMO

REPAROS 2019-0025 6002019 APROBACION FACTURAS IR 242019

REPAROS 2019-0024 4702019 REC 092019 REPARO 232019

REPAROS 2019-0023 FA CONVOCATORIA PLT AUXILIARES POLICIA LOCAL 201

REPAROS 2019-0022 FA CONVOCATORIA PERSOAL LABORAL TEMPORAL APROL R

REPAROS 2019-0021 INFORME AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL REPARO 202019

Hai 14 reparos da interventor municipal desde o último pleno ordinario (13/05/2019).

11.- ROGOS E PREGUNTAS.

ROGOS E PREGUNTAS DE POR CHANTADA

1.- Patrimonio.

No DOG do 24 de xuño de 2019 saíu publicada a Resolución do 14 de xuño de 2019 pola que se convoca, para a anualidade de 2019, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (código de procedemento VI438A). Acolléronse á mesma e, caso afirmativo, con que proxecto?

Contestouse que non sabían. Posteriormente, Diego Otero explicounos que non se solicitou ao non estar o proxecto feito e que, se volve saír para o ano, meterán o edificio onde se encontra actualmente a policía local.

2.- Infraestruturas I: camiños San Salvador de Asma.

Nas Córneas hai unha pista principal feita pó, cunha fochanca onde revolve o bus todos os días e ten problemas, non só porque o lugar sexa estreito. No entanto, hai un mes decidiron asfaltar unha pista que só dá servizo a unha casa e non arranxaron a principal.

Poden explicar esta actuación?

Contesta Manuel Varela indicando que é un servizo para unha casa que non tiña, botouse formigón e a outra pista é de asfalto. Indicamos que se rexenere en canto for posíbel e que se inclúa a que vai a Outeiro.

3.- Infraestruturas II: camiño antigo que vai desde a ponte de Portotide até Nogueira e que pasa por Soto.

No devandito camiño primitivo, que ía de Castro até Chantada, o estado é lamentábel. Cómpre lembrar que por el subían as carrocetas e agora está cerrado por un particular, plantáronse árbores e aumentouse un muro, non podendo case xa pasarse a pé.

  • Conta con licenza municipal algunha destas actuacións?

  • Que medidas teñen previsto adoptar?

 

Contesta o alcalde indicando que irán ver que acontece ao lugar indicado.

 

4.- Infraestruturas III: Plano único Deputación de Lugo.

Contemplábanse unha serie de actuacións, algunhas urxentes no rural. Cal é a razón da demora na súa execución?

Contéstase que están para facer, tamén a de Vilardamos.

5.- Axudas ao transporte.

Cando teñen previsto tramitar as axudas ao transporte reflectidas nos orzamentos e nunca executadas como é debido?

Contestan que as queren sacar antes de comezar o curso (as do curso 2018/2019 non saíron).

6.- Auga: extracción de auga no Polígono de Chantada.

No Polígono dos Acivros estase extraendo auga novamente por parte dunha empresa falando de milleiros de metros cúbicos ao día, cando a auga é un ben escaso.

Na CI da segunda feira o Goberno dixo descoñecer o asunto e, xa que logo esa auga non se está cobrando, solicitando o noso grupo que se dirixisen a Viaqua, á Policía Local e a outros organismos para aclarar o asunto. 

Manuel Diéguez entregounos un documento de Viaqua no que recoñece que estaba ao tanto da venda. O Goberno di descoñecer o asunto e vai investigar. Semella que seguen reacios a abrirlle un expediente a pesar de incumprirse o contrato da concesión por enésima vez.

7.- Urbanismo I: Informe xurídico de 15/3/2018 da Deputación de Lugo en relación co procedemento xudicial relacionado co edificio da praza Santa Ana de titularidade do Sareb (A.X. 3/18).

Seguen sen adoptarse medidas nen executar o acordado na moción apresentada polo noso grupo, aprobada por unanimidade, sobre a praza de Santa Ana e sen seguir o disposto no Informe xurídico 15/3/2018 da Deputación de Lugo1. Rogamos se adopten medidas coa máxima celeridade.

8.- Urbanismo II: hórreo e pallar Alameda.

Hai uns meses o derribo dun hórreo en Chantada foi nova e semellaba que a intención de construír firme. No entanto, pasados os meses, en que estado de tramitación no Concello se encontra o proxecto?

Responde o alcalde que teñen dúbidas xurídicas, en relación ás alturas, que poden ser seis ou tres. Di que comprende o cabreo.

9.- Seguranza vial. Maceteiros no paso de peóns.

Nunha das vías con máis tránsito, como xa comunicamos na CI, existen dous maceteiros do Concello que restan visibilidade aos condutores e supoñen un perigo para a integridade dos peóns. Rogamos a súa inmediata retirada.

Contéstase que se vai proceder á súa retirada e reubicación coa máxima celeridade. Tamén se fala de retirar o paso de peóns á altura do Quinzán.

10.- Rozadura de gabias.

Rogo urxente para o comezo das actuacións e solicitar o mesmo da Deputación de Lugo.

Dise que van ter dous tractores para darlle máis axilidade en próximos días.

11.- Maleza nos solares.

Indícanse os seguintes: entre a Viñoteca e o Mar, o canto xunto ao Tropic, Ribeira Sacra con Pardo Bazán, Ribeira Sacra con Carlos Otero e xunto á fonte da Lama das Quendas.

A concelleira de Parques e xardíns tomou nota e van proceder á súa limpeza.

12.- Terrazas.

Anos pedindo unha nova ordenanza, fóra de control.

13.- Axudas de emerxencia social.

Anos tamén pedíndoa e produce reparos de intervención que perxudican a quen máis o precisa.

14.- Reparo intervención 28/2019 de 12 de xuño.

Figuran varias facturas, moitas coinciden con actuacións desenvolvidas no mes de maio, durante a campaña eleitoral.

O alcalde nega calquera intencionalidade, que todos os meses se fan moitas obras.

1 O informe serve de pouco, para alén, de evidenciar que o Concello non seguiu o procedemento que debera, pois, segundo a Sentenza 70/2017, de 6 de marzo, ditada polo xulgado do Contencioso-administrativo nº2 de Lugo:

«si el Concello entiende que el edificio (…), a medio hacer, carece de licencia y además representa un peligro para la seguridad de las personas, lo que debió incoar fue un expediente de reposición de la legalidad urbanística, y en su tramitación optar por alguna de las soluciones a las que se refería el art. 209.3 LOUGA, tal como por otra parte, insistimos, claramente ya se pronunciaba el técnico municipal en su informe de 12 de mayo del 2014».

O cumprimento do acordado por unanimidade por este órgano colexiado era:

«Informe xurídico onde se sintetice o proceso xudicial até este momento, se contemplen as posíbeis neglixencias e responsabilidades, a lexislación de aplicación, o procedemento a seguir nestes casos (tendo en conta a actual fase do proceso) e se eleve proposta de actuación, tanto para garantir o desenvolvemento da disciplina urbanística, canto para defensa dos intereses locais».