O pleno non comezou até as 20:06 xa que desde Inta fixeron tempo para que chegasen os seus concelleiros. Asistiu toda a Corporación, agás Manuel Diéguez (Inta) e a interventora, aínda habendo asuntos de índole económica. Tamén asistiu o funcionario Segundo Navaza. Canto a cidadás que asistisen só tres persoas se achegaron na tónica xeral da lexislatura, polo que semella que existe un fondo desisterese polo Pleno e a política local por parte da maioría da sociedade chantadina.
cancro
Crónica do pleno ordinario do 08/05/2017
O pleno comezou ás 20:08 horas coa presenza dos 13 concelleiros do Pleno mais a secretaria e a interventora municipais. Foi un pleno bronco onde se evidenciou máis unha vez a total falta de repeito pola lei e polo debate democrático por parte de Inta, quen leva meses baleirando o pleno de calquera contido en canto o Concello segue sen iniciativa e na parálise.
MOCIÓN PARA IMPULSAR UN ESTUDO SOBRE A INCIDENCIA DO CANCRO NO CONCELLO DE CHANTADA E A ADOPCIÓN DE MEDIDAS PREVENTIVAS FRONTE ESTA DOENZA
Moción íntegra en pdf:
#SomosAlternativa #CUPChantada