O Concello de Chantada perdeu 6 meses sen adoptar accións para adaptar a vila a nova normativa de circulación nas vías urbanas.

IMG_20210511_132626_1

Imaxe do mesmo día en que entra en vigor o novo regulamento. O Goberno municipal, a diferenza doutros concellos galegos, non adoptou nengunha medida nos seis meses que se daban aos entes locais para adaptar a sinaléctica e a normativa local ao novo regulamento.

 

Chantada, 11 de maio de 2021. 

 

O Consello de Ministros (Goberno de España) aprobou o pasado 10 de novembro unha modificación do Regulamento de Circulación no que se estabelecen novos límites de velocidade en áreas urbanas. Esta modificación concedeu 6 meses para a súa entrada en vigor, para facilitar que os gobernos municipais tiveran tempo suficiente «para adaptar a sinalización e/ou infraestrutura».

Así pois, desde o 11 de maio está en vigor o novo límite de velocidade de 30 km/h en todas as vías urbanas que teñan un carril por cada sentido da circulación. A redución da velocidade a 30 kms./h. en vías urbanas, como recoñece a propia DGT, reduce:

  • nun 80% o risco de morte en caso de atropello;
  • as emisións de CO2, e por tanto o fume e a contaminación;
  • o ruído nas rúas da vila.

No entanto, como de costume, o Goberno de Chantada deixou pasar medio ano sen facer nada e o piloto automático municipal alimenta o caos circulatorio na vila. Debera modificar a ordenanza de circulación, proceder a sinalizar correctamente as vías, etc. 

Por tanto, a partir de hoxe a velocidade no casco urbano de Chantada será de:

  • 20 kms./h. en «vías que dispoñan de plataforma única de calzada e beirarrúa» (por exemplo Rúa do Parque, Rúa da Barxela, Praza de Santa Ana ou Praza da Galiza).
  • 30 kms./h. en «vías dun único carril por sentido de circulación», é dicir, en todas as rúas do núcleo urbano de Chantada, a excepción das que estean na situación anterior.

 

IMG_20210511_133907_1

Por Chantada considera que:

  • O goberno municipal debe de dar explicacións sobre o motivo polo que NON tomou ningunha medida con relación aos novos límites de velocidade: nen sinalización nen cambio en infraestruturas.
  • É necesaria unha reconfiguración da mobilidade na vila de Chantada que:
    • Permita unhas rúas transitábeis para todos e todas: nenos e nenas, persoas maiores e persoas con mobilidade reducida ou calquera outro tipo de diversidade funcional.
    • Aumente a seguranza das persoas.
    • Favoreza o benestar de todos e todas, especialmente das persoas máis vulnerábeis.

Por Chantada solicita que o Concello de Chantada:

  1. Implemente con carácter de urxencia as medidas de seguranza viaria (sinalización horizontal e/ou vertical, adecuación das travesías, etc…) que se adapten á nova normativa de circulación que estabelece os límites de 20 kms./h. e 30 kms./h. e axuden a condutores e peóns.
  2. Modificación da ordenanza municipal de tráfico para adaptala á nova normativa e ás novas necesidades sociais.
  3. Medidas de restrición e racionalización do tránsito que nos leven a cumprir coa normativa autonómica, estatal e europea de mobilidade e accesibilidade universal.
  4. Revisión do mobiliario urbano e sinalización (altura das sinais, colocación, etc…) para que cumpran coa normativa autonómica, estatal e europea de mobilidade e accesibilidade universal.
  5. Medidas para reducir a perigosidade en áreas especialmente sensíbeis: contorna dos centros escolares da Lama das Quendas (CEIP Xoán de Requeixo e IES Lama das Quendas) e entorno da Residencia de Maiores.

 

IMG_20210511_132522

Por Chantada, de sermos goberno, propón para o período 2023-2027:

  • Reestruturación do tráfico e dos aparcamentos na Praza de Santa Ana, con medidas que impidan o aparcamento en toda a praza, agás para a carga e descarga dos comercios, convertendo Santa novamente nun lugar amábel para as persoas.
  • Reestruturación do tráfico e dos aparcamentos nas rúas Xoán XXIII, Ánxel Gómez Montero, Fonte Arcada, entre outras.
  • Auditar os recursos e as accións desenvolvidas pola Policía Local, para mellorar o exercicio das súas competencias e promover as medidas que sexan necesarias co propósito de racionalizar os recursos municipais.
  • Modificación da ordenanza municipal de tráfico para adaptala á nova normativa e ás novas necesidades sociais.

 

IMG_20210511_134556

 

Finalmente, achegamos tamén como anexo o “Manual de aplicación dos novos límites de velocidade en vías urbanas”, elaborado conxuntamente pola Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e pola FEMP: GuíaReducida30

 

Chantada, 11 de maio de 2021.

Grupo de traballo de mobilidade da Comisión política de Por Chantada – Candidatura de Unidade Popular.

Captura de pantalla 2019-04-21 a las 10.27.36

Resumo do Pleno ordinario de Chantada correspondente ao 24 de setembro de 2020.

 

Asisten 13 concelleiras e concelleiros (todos os integrantes da Corporación), o secretario accidental, a interventora, un funcionario e un viciño.

 

Accede ao audio íntegro da sesión plenaria premendo aquí.

 

1.- ACTAS ANTERIORES, CORRESPONDENTES ÁS SESIÓNS: EXTRAORDINARIA 09/03/2020.

ACTA DO PLENO MESAS ELECTORAIS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 09-03-2020

Apróbase por UNANIMIDADE. A acta da sesión ordinaria de 30 de xuño aínda non está feita, segundo explicou o alcalde por ferias do secretario titular.

2.- APROBACIÓN CONTA XERAL 2019. EXP. G-286/2020.

Documentación da Conta Xeral 2019.

1.-PROPOSTA APROBACION CONTA XERAL 2019

Comeza intervindo o grupo municipal socialista por medio da súa voceira Raquel López. Expón que a conta xeral reflecte uns orzamentos desvirtuados cun 15% de inexecución e que espella improvisación e falla de previsión, aínda que non todo se pode prever. Se se volve a vista a 2012 seguen os mesmos problemas: reparos de intervención, omisións de fiscalización, pagos atrasados, contratos menores, planos que non se cumpren e outros problemas endémicos do Concello de Chantada que dificultan ter información. Esperan que en 2021 o Orzamento modifique algúns destes aspectos para podelos apoiar.

Como xa dixemos na CI correspondente a liquidación do Orzamento 2019 aprobouse por Decreto da alcaldía 168/2020, do 27 de abril, polo que debera darse conta dela na sesión extraordinaria do Pleno de xuño e non se fixo.

O primeiro que cómpre destacar é que a execución orzamentar bateu un récorde. 15,96% do orzamento ficou sen executar, a pesar do estado da infraestrutura, da listaxe de agarda no SAF e as problemáticas noutros servizos, das eivas da limpeza ou da necesidade de novas políticas. Non é de recibo ter 1.627.234,25€ de remanente de créditos nun orzamento de 6.489.949,56€, cando a estabilidade orzamentar e o teito de gasto permitían aínda gastar 1 millón máis. Este altísimo volume de inexecución fala dunha má planificación, xestión e concreción do orzamento e explica o aforro neto de 829.606,57€, en todo caso bastante inferior ao que debería dada a execución deficiente do orzamento, mais que se explica polo elevado volume de facturas de exercicios anteriores que se pagaron no 2019 e as que aínda se están pagando neste 2020, como demostran os 11 recoñecementos extraxudiciais de crédito (REC) que levamos en 2020, moitas facturas son de 2019 e 2020.

Dentro da xestión deficiente atópase o uso e abuso do contrato menor, contornando a LCSP. Tamén con eivas na contratación do persoal entre outras innúmeras cuestións que fomos asilanando no seu momento. Así as cousas, o 2019 fechou con 65 Reparos de intervención e 41 Omisións de fiscalización por parte da intervención municipal.

A consecuencia deste tipo de procedemento é que se fecha o exercicio con 68.778,38€ en facturas pendentes de pago e un RTGX de 672.701,42€, mais a 24 de setembro de 2020 levamos 547.588,84€ en pagos pendentes de 2019.

Relación de pagos do ano 2019 abonados en 2020

Recoñecementos extraxudiciais de crédito 1, 23 e 28/2020

74.378,83€

Suplemento de crédito 1/2020 con cargo ao RTGX

125.486,77€

Transferencia de crédito no orzamento prorrogado de 2019 para abono de xuros de demora a Fevisa (obras ilegais adxudicadas a dedo, sen contrato e sen crédito dispoñíbel en maio de 2015)

120.140,43€

REC 11/2020

227.582,85€

TOTAL pagos 2019 (e 2018) abonados en 2020

547.588,84€

Por outras palabras, desvirtúase totalmente a contabilidade por abusar do contrato menor e non licitar os principais servizos e fornecementos aos que recorre dun xeito reiterado o Goberno local, así como obras e outras actuacións nas que non se licita por xunto senón que se fraccionan como contratos menores, por exemplo numerosas actuacións feitas durante os meses de abril e maio de 2019. O RTGX real se non se producise este desfase sería, xa que logo, de 227.582,85, menos da metade. Cómpre engadir que se gastou 1.008.518,82 do RTGX durante 2019.

Polo lados dos ingresos, a previsión definitiva de ingresos era de 8.117.183,81€, mais o defeito de previsión é moi elevado, de 1.614,649,05€, o que, de persistir, pode ocasionar tensión de caixa e afectar ao período medio de pago a provedores.

Canto ao gasto,prodúcense moitas modificacións de crédito (MC) e, nomeadamente, transferencias de crédito (TC) e, por veces, fanse posteriormente ao gasto. Atinxiron en 2019 un volume desmesurado: 1.744.068,93€.

Aínda que na campaña eleitoral defenderon que o Concello estaba en “débeda 0” o certo é que en 2019 destináronse 436.245,39€ para amortizar débeda e a área de gasto 011 ascendeu a 441.498,19€, que se ben é menos que outras anualidades onde o servizo da débeda superaba o millón de euros, segue sendo considerábel.

O gasto en persoal, capítulo 1, situouse en 2.672.919,80€ superando os 2.625.594,24€ dos capítulos 1 e 2 de ingresos. Por outras palabras, todos os impostos directos e indirectos –a pesar da suba substancial dalgúns como o IBI ou o ICIO– non abondaron para abonar os custes de persoal.

No capítulo 4, de transferencias correntes, destacar a baixa execución nas Axudas de emerxencia social (48904), xa que se gastaron 6.994,62€ e ficaron sen executar 2.005,38€. Por pedir unha ordenanza axeitada non foi. E a bolsa de transportes (48906), sobre a que demandamos mudar as bases para aproveitar o orzamentado, tamén ficou cun remanente de 8.600€ moi superior aos 3.400€ repartidos. Dixeron que o ían estudar e resulta que en 2020 desaparecen.

No capítulo 6, inversións reais, pasa o mesmo que en 2018, un grao de execución baixísimo. Do 1.211.246,43€ de créditos definitivos só se executaron 653.799,63€ ficando un remanente de 557.446,80€. É dicir, o 47% das inversións comprometidas non se executou a pesar do estado calamitoso de moitas infraestruturas en Vías públicas (157) foi máis o non executado (90.472,45€) có executado (67.256,14€), o que ten difícil explicación.

Canto ao pendente de cobro e de pago de exercicios anteriores:

  • 2.032.413,78€, dos que 1.196.926,48 pertencen aos anos 1991-2012 e, xa que logo, son de dubidoso cobro.

  • 293.208,33€ pendentes de pago, dos que 290.667,42€ son de 1991-2012.

É necesario adoptar medidas para evitar a prescrición dos direitos pendentes de cobro e unha depuración dos pagos, analizando cales son lexítimos e procedendo, en consecuencia, á súa liquidación. Persistir nesta situación adultera as contas e afecta á exactitude coa que se pode configurar o RTGX, polo que redunda en prexuízo da administración local.

En conclusión:

  • 1.627.234,25€ de remanente de créditos nun orzamento de 6.489.949,56€ (15.96%) sen executar, especialmente sangrante no capítulo 6 de inversións reais ou en emerxencia social.

  • 68.778,38€ en facturas pendentes de pago e un RTGX de 672.701,42€, mais a 30 de xullo de 2020 levamos 320.005,99€ en pagos pendentes de 2019, que se incrementarán hoxe co REC 11/2020 (125.112,58€). Portanto, o RTGX “real” sería menos da metade de pagarse en tempo e forma: 227.582,85.

  • Moitas MC e TC por importe de 1.744.068,93€ o que, unido ao defeito de previsión de ingresos moi elevado, de 1.614,649,05€ pode ocasionar tensión de caixa e afectar ao período medio de pago a provedores.

  • É necesario adoptar medidas para evitar a prescrición dos direitos pendentes de cobro e unha depuración dos pagos, analizando cales son lexítimos e procedendo, en consecuencia, á súa liquidación.

 

Intervén polo grupo municipal popular o alcalde Manuel Varela. Todo o que dixo a oposición recoñece que pode estar ben, aínda que hai cousas coas que non coincide. Ora ben, a conta xeral ou se aproba ou nbon se aproba e a baixa execución orzamentar págase agora, por exemplo coas facturas de FENOSA. A ver se entran na central de contratacións da FEMP e licitan a electricidade antes de rematar o ano. Defende que todos os parámetros da Conta Xeral dan ben e son correctos e que o Consello de Contas, ou ben nunca le as de Chantada, ou están ben porque nunca lles turraron das orellas. Segundo a oposición todo vai mal, cando todo vai á perfección, segundo o alcalde.

 

Votos a favor: 7 (PP) En contra: 6 (Por Chantada e PSOE). Apróbase.

3.-RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO (REC) Nº 11/2020 por importe de 125.112,58€. EXP. G-822/2020.

1.-PROPOSTA AO PLENO APROBACION REC 11-2020

2.-REPAROS 2020-0028 [FISCALIZACION INTERVENCION]

Raquel López lembra que os REC son un ponto fixo da orde do día. Caos no Concello pagando aínda facturas de 2018 e 2019. Non poden votar a favor cun reparo da intervención. Celebran que queiran solventar o da electricidade antes de rematar o ano, mais hai outra factura reparada por contratar cunha comunidade bens, o cal é ilegal que facturen cunha administración.

Este é xa o enésimo REC que vén este ano. Levamos 11. Desta volta facturas de 2018 e 2019 que se abonarán aínda en finais de 2020 e por importe total de 125.112,58€. Como sinalabamos anteriormente desvirtúan por completo a contabilidade anual e os recursos reais do Concello, por un lado, e incúmprese a LCSP polo outro.

Xa fai anos que lles demandamos limitar o abuso do contrato menor e licitar a luz, estudando alternativas ás grandes eléctricas, como as cooperativas enerxéticas galegas. Fai uns anos a Deputación de Ourense licitou a luz, poden pedirlle os pregos a Baltar.

Portanto, isto era evitábel e trátase dun problema recorrente por non ter o servizo licitado, o cal non podemos partillar nen apoiar.

A maior abastanza, o informe da intervención sinala que procedería facer primeiro a revisión de oficio que declarase a nulidade de pleno direito e despois proceder a facer o REC. Así llo temos pedido xa en varios recursos apresentados, mais eluden calquera responsabilidade e seguir os procedementos legalmente estabelecidos.

Manuel Lorenzo di que están na boa liña e antes de comprometer gasto é certo que teñen que comprobar que exista crédito. No entanto, onte visitouno Luís Aragunde [ex-alcalde do PP de Cambados, até 2015] e contoulle que deixou a alcaldía con 35 reparos e a actual rexedora [PSOE] ten 78. Ou se levantan reparos ou se paraliza todo. O Concello de Lugo [PSOE e BNG] vén de aprobar un REC por importe de 28 millóns de euros. Agradece en todo caso o ton das intervencións e dálle pena que haxa xente sen cobrar por estas cousas. Hai cousas que non se poden prever, deben deixar unha partida de imprevistos, mais é difícil calcular e hai urxencias [manipula porque estamos falando da luz que non é nengunha urxencia, senón un gasto elevadísimo e recorrente todos os meses polo que non pode seguir como contrato menor]. Agora teñen que facer un muro no camiño das Córneas e non teñen financiamento (8-10.000€) polo que terán que buscar outras partidas.

Votos a favor: 7 (PP) En contra: 6 (Por Chantada e PSOE). Apróbase.

4.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE MEDIDAS PARA A VOLTA ÁS AULAS. EXP. G-835/2020.

Moción do grupo socialista sobre medidas para a volta ás aulas.

Expón a moción Raquel López, conforme a exposición de motivos e os acordos da moción.

No pleno do 29 de xullo xa transmitimos un rogo e varias perguntas sobre esta cuestión, en concreto rogabamos que o Goberno municipal estudara as nosas propostas para chegar a setembro coas tarefas feitas. Infelizmente, coidamos que non foi así.

Queremos, pois, lembrar as alternativas que propomos, algunhas xa contidas na moción:

  • No acceso e na saída dos centros sempre se producen aglomeracións, pola COVID-19 cómpre adoptar medidas decididas. Débese falar coas direccións dos CEIP para optimizar as entradas e saídas1. Asemade, cómpre incrementar o espazo de acceso aos colexios para as crianzas e acompañantes, estudando a nosa proposta de camiño escolar enunciada no seu momento.

  • Para a conciliación é o momento de estudar tamén implementar o Plano madruga, vendo o número de solicitudes e contratando ao persoal necesario. Desde Por Chantada mostramos a nosa disposición para apoiar o cambio orzamentar que se requira para pór en marcha este programa, así como a participar da elaboración dos seus protocolos.

  • Limpeza e desinfección do centro. Contratouse moi pouco persoal para todo o que demandan dos protocolos. Entendemos que o Concello seguirá a asumir a limpeza e desinfección dos centros de primaria – de xeito impropio, pois debería estar coberto por Educación – e que precisa un reforzo orzamentar nesta partida. Un informe xurídico da Deputación de Pontevedra e outro da Deputación da Cruña asinalan que os custes extraordinarios de desinfección e limpeza xerados pola COVID-19 «non son competencia propria dos concellos e supoñen unha ampliación das mesmas». O Concello debe asumir, pois, esta necesidade polo ben da comunidade educativa local, mais logo repercutir os gastos á Xunta da Galiza, que recebeu 92,9 millóns de euros de fundos extraordinarios do Estado para educación.

  • A situación sanitaria vaise manter, previsibelmente, máis aló deste curso, co cal, os nenos e nenas de Chantada vanse ver privadas de facer moitas actividades dentro e fóra da aula que habitualmente facían en conxunto, como poden ser os festivais de Nadal e fin de curso, excursións pola zona ou, simplemente, xogar no parque en conxunto de xeito habitual. Entendemos que dende o Concello se pode contribuír a manter a conexión do alumnado dos CEIPS mediante o recurso a actividades en liña. Por iso, consideramos que se debe reforzar esta área de animación sociocultural e dotala dos recursos necesarios para que durante todo este ano se fomente a conexión dos nenos e nenas con actividades lúdicas e educativas.

  • O PP votou no parlamento galego contra o sufraxio das máscaras que pasarán ao cativo orzamento escolar. Ante a obrigatoriedade do uso de máscaras na aula e dado o custe que vai supor para as familias, uníndose ao custos habituais do inicio de curso, entendemos que é o

    momento de que o Concello realice unha nova dotación de máscaras dirixida á poboación escolar, tanto de Primaria como de ESO, FP e Bacharelato. Aínda que o Concello xa dotou aos nenos e nenas de máscaras estas vanse deteriorando co uso, polo que entendemos que sería importante comezar o curso cunha nova doazón de máscaras á poboación escolar, toda vez que, neste momento, xa se dispón de máis modelos homologados no mercado, tanto reutilizábeis como cirúrxicas dun só uso.

  • Partillamos dos acordos da moción tamén que a pandemía fai necesario impulsar o Consello escolar municipal, con reunións periódicas para o seguimento da situación sanitaria e das necesidades dos centros e da comunidade educativa.

1 O CEIP Eloísa Ribadulla abre portas ás 9:00 horas e o Xoán de Requeixo ás 9:30 horas e no primeiro saen ás 14:00 e no segundo ás 16 horas. No Eloísa Ribadulla á hora de entrada e saída hai aglomeracións no exterior, conflúen as crianzas e acompañantes que chegan a pé cos que chegan de carro (o transporte escolar accede ao recinto polo que non afecta ao exterior).

No Xoán de Requeixo á hora de entrada e de saída conflúen no exterior todos e hai aglomeracións no espazo habilitado de agarda (rúa poeta Añón) e diante da cancela de entrada. Para maior agravante o tránsito non se interrompe aumentando a conxestión e a beirarrúa onde baixan as crianzas do transporte escolar é moi estreita e coinciden coas que acceden a pé.

O alcalde di que non está disposto a darlle unha patada ao presidente da Xunta ou ao Conselleiro aprobando esta moción. O PP obtivo maioría absoluta. Se son incompetentes, como defende o PSOE, que nas próximas eleccións os cidadáns tomen nota e os boten fóra. Non concorda co que di a oposición. Con maior previsión recoñece que poderían derivarse alumnos a Carballedo ou Taboda ou mesmo usar escolas rurais, mais pensa que en Chantada non hai problemas de lotación de alumnado. Reforzouse a limpeza dúas horas ás mañás e están facendo bolsa de traballadores. Prorrogáronlle a empresa o contrato até setembro de 2021 e a partir de aí licitarán mellor a limpeza. No Xoán de Requeixo xa hai área habilitada e acceso desde o pavillón e mais desde García Árias. Os pais deberían ter maior conciencia e no IES non é posíbel seguramente que se poña a policía local por mor do horario. Canto ao consello escolar asisten aos de cada centro e están contentes coas actuacións do Concello [non é o que nos consta desde Por Chantada como temos demostrado nalgún pleno]. O diñeiro para medios dixitais pode estudarse cando se estuden os orzamentos para 2021. Hai pontos da moción que van tentar cumprir de aquí a finais de ano e debater o orzamento antes de rematar o ano, mais non se van dirixir á Xunta cando xa comezou o curso e defende que o Goberno galego funciona á perfección. Ao mellor o PSOE debería preocuparse máis polo ingreso mínimo vital, que só entregaron 10%, ou os ERTEs. O Concello axudará ás familias con necesidades e ás persoas maiores.

Raquel lamenta como profesional e como viciña que o PP vote en contra e di que eles critican calquera administración da cor que sexa. Preocupante a defensa fechada da Xunta. Varela retruca que iso dio ela. Raquel di que ten a mesa do primeiro alumno pegada a dela. Varela dille que en que Concello é iso, que apresenten alí a moción. Raquel retrúcalle que onde están os cartos do Goberno central entregados á Xunta para educación. Varela dille que xa dixo Antón que ían en parte para computadores. Eles cumpren cos cidadáns de Chantada e cada catro anos hai oposicións nas urnas e a Xunta revalidou unha maioría aplastante.

Votos a favor: 6 (Por Chantada e PSOE). Votos en contra: 7 (PP). Rexeitada.

5.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POR CHANTADA-CUP A PROL DUNHA PAC AXEITADA PARA O INTERIOR GALEGO. EXP. G-835/2020.

Mocion Por Chantada PAC

Expón a moción o voceiro de Por Chantada, Antom Fente, sintetizando a exposición de motivos.

Desde o PSOE, Raquel López, di que é unha moción densa, aínda que entenden que o tema é complexo. O PSdG leva décadas traballando no tema da PAC e seguirá facéndoo. Coinciden nalgúns aspectos da moción: paisaxe, relevo xeracional, mudanza climática, calidade alimentar etc. Neste momento non tiveron en conta a situación da COVID-19, que é unha variábel a ter en conta. Tomara teñan en conta a moción os grupos do parlamento galego.

O PP di que non teñen inconveniente en apoiar a moción. Gobernando o PP en Madrid pasaban en gobernar en Europa sen reunións coas CCAA e sería bon que as fixesen. Ve ben pasarlle esta exposición de motivos á Xunta, ao Ministerio e aos grupos políticos e agarda que a teñan en conta. O Ministerio de Agricultura do Goberno estatal ten un ministro que é competente e cumpre chegar a Europa con unidade e sen confrontación.

Aprobada por unanimidade, Por Chantada (2), PP (7) e PSOE (4).

6.- RENUNCIA CONDICIÓN DE CONCELLEIRA DE DONA MARÍA VARELA RODRÍGUEZ (PSG-PSOE). DITAME DA COMISIÓN INFORMATIVA. EXP. G-834/2020.

1.-PROPOSTA DE ACORDO

2.-Informe de Secretaría

3.-LISTA PS de G-PSOE

4.-Providencia de Alcaldía solicitando Informe

5.-Renuncia María Varela

Só interviu o alcalde agradecendo a presenza e o labor da concelleira do PSOE, a pesar de pertencer á Corporación apenas un ano. Desexoulle sorte no plano profesional e laboral e lamentou que se fose unha das “caras máis amábeis do Pleno”. Non se abriu rolda de intervención para os voceiros do grupo socialista e de Por Chantada.

7.- MOCIÓNS E ASUNTOS DE URXENCIA.

Non se produciron.

8.- DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (DECRETOS 400/2020 A 495/2020).

9.- ROGOS E PREGUNTAS.

9.1.- Ornato público e lixo.

9.1.1.- Actividades insalubres en Vista Alegre.

En Vista Alegre recebemos queixas viciñais polo botellón, prohibido pola lexislación actual da COVID-19, e o denominado popularmente como mirador ten cada vez máis lixo. Rogamos que se execute a correspondente limpeza e se incremente a vixilancia, tamén no parque da feira vello, pois recebemos queixas de actividades ilícitas.

Contesta o alcalde, que tamén hai que reforzar a vixilancia nas escolas rurais, que son do Concello e mesmo algunha alugouse. Vaise arranxar a rúa Vista Alegre.

9.1.2.- Sumidoiros atascados.

Rogamos que antes da temporada de choivas máis fortes se proceda a revisar os sumidoiros, xa que existen varios que están totalmente atascados, por exemplos, na rúa de Portomarín e no mercado gandeiro, até con terróns de herba.

Concordan que é necesario, que normalmente se fai en outubro.

9.1.3.- Colectores.

Moitos colectores da vila precisan de ser reubicados e, en todo caso, deben estar limpos. Os amarelos e os de vidro son os que pior están e non se limpa debaixo deles. A imaxe de moitos deles dista moito do desexábel e máxime nesta situación de pandemía. No rural hai varios totalmente rotos. O horario de tirar o lixo só ten sentido se coincide co de recollida inmediatamente despois e hai que mellorar a distribución dos colectores en varios pontos. Os colectores están mellor nun solar sen edificar, pois repartidos quitan prazas de aparcamento. Cada tonelada de cascallos son 80€ van ter que revisar a ordenanza.

9.1.4.- Limpeza rúas.

Nas inmediacións da praza de abastos ou na rúa da Flora, por pór só algúns exemplos.

9.1.5.- Praza Santa Ana.

Rogamos novamente que se arranxen os elementos do pavimento que o precisan con urxencia, así como vernizar os bancos e limpalos por baixo. Debe vixiarse que se aparque mellor.

Van arranxar os bancos en breve.

9.1.6.- Camión abandonado.

Hai un camión abandonado nun solar fronte ás piscinas e está criando maleza polo que rogamos que se actúe.

Hai outro nun solar alugado polo Concello. Toman nota.

9.2.- Peonalización Cantón.

Rogamos que se vixíe o mal uso dos aparcadoiros existentes na nova zona peonil a horas en que non está xustificado o seu uso.

Negan que haxa problemas.

9.3.- Xardín da infancia (Galiña Azul).

Para alén de que coa escusa da COVID-19 se impuxo o mesmo catering que opera no centro de día, tanto en Chantada canto en Taboada, Antas e Pantón, a escola infantil segue sen pintar. Coidamos que este ano disporíase de fundos suficientes para facelo, xa que non comprometería unha contía moi elevada. Rogamos, pois, que se pinte a escola infantil.

Toman nota e verán se se pode facer xa neste 2020.

9.4.- Piscinas municipais.

Cando contemplan abrilas?

Se poden o 2 de outubro.

9.5.- Rozado na parroquia de Arcos.

Desbrozaron mal en Arcos e non volveron a pasar a pesar das queixas viciñais. Por exemplo, o camiño da parte de arriba de Souto non se desbrozou e en Gomesende. Rogamos se solucione.

Están rematando coas ribeiras e empezarán outra vez que cumpre en San Vicente etc. Este ano houbo tres meses perdidos pola pandemía.

9.6.- Pistas.

9.6.1.- Arcos.

Aínda que xa trouxemos unha relación na moción que veu ao pasado Pleno e que está a comisión de seguemento das infraestruturas por constituírse, transmitíronnos que urxe o arranxo das seguintes pistas:

  • A pisa que sai da Cruz de Outeiro até Casteda.

  • Pedrafita a Casteda.

  • Arsilleiros desde Casteda á cima da Cruz.

  • Igrexa – Arcos, o firme está moi deteriorado.

  • Vilanova (estrada a Antas), a pista non se anda.

  • Rogamos que se faga, como solicitamos, unha relación polo nível de deterioro e que se liciten conxuntamente, xa que se están contratando como contratos menores todas con FEVISA Vías e obras, empresa á que aínda recentemente se lle abonaron 120.143,43€ en xuros de demora (Decreto 446/2020 de 12 de agosto).

  • Cando se prevé criar a comisión de infraestruturas? Facer unha ou dúas e na dos orzamentos facer estudo das que fican sen arranxar.

9.6.2.- Devolución AGADER.

Mediante Decreto 405/2020 de 24 de xullo acordouse devolver á Consellaría de Medio Rural os fondos non xustificados AGADER 2019 por importe de 39.431€. Estes fondos correspondían ao expediente PM19-291 Mellora de camiños municipais da Consellaría de Medio Rural da Xunta da Galiza. Poden explicarnos isto? Provabelmente naquele intre o Concello non lle podía facer fronte ou ben incumpriron o prazo da xustificación.

9.7.- Sentenzas (Decreto 430/2020 de 4 de agosto).

Abonáronse 11.087,1€ a varias persoas en conceito de expropriación e xuros pola Sentenza 86/2020 do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo do 12 de xuño de 2020. Pódennos explicar isto? Non se concreta na resposta nada.

9.8.- Guía de linguaxe inclusiva (Decreto 426/2020 de 3 de agosto).

Contratouse con Coeduca Consultora de Coeducación por importe de 2.194,78€.

  • A quen se vai dirixir? Primeiro aos funcionarios e logo a outros colectivos pouco a pouco, como asociacións.

  • Cantos exemplares en papel se van facer? A subvención inclúe a impresión de 20 exemplares.

  • Disponibilizarase na web para baixar libremente? Rogamos que así se faga. Din que se fará.

10.- Muradelle. Cruceiro e patrimonio.

Propomos como rogo que o Concello de Chantada se dote dunha Guía de restauración, conservación e xestión do patrimonio. Están de acordo.

Resumo do Pleno ordinario de novembro de 2019 [Audio]

 

 

Asistiron 11 concelleiros, ausentándose Manuel Diéguez do PP e María Varela do PSOE. Tamén asistiron a secretaria, a interventora e un funcionario. O Pleno comezou ás 9:35 horas e finalizou ás 12:36 horas. Como público, só asistiron dúas persoas e non houbo presenza da imprensa.

 

Audio do Pleno: https://drive.google.com/open?id=1nts08qOgZ1Ee5yRLHGh7i-5K3Xm_OAVI

 

1.- Actas anteriores, correspondentes ás sesións: Ordinaria do día 03/10/2019, extraordinario de 17/10/2019, extraordinarias urxentes dos días 21/10/2019, 29/10/2019 e 04/11/2019 (sorteo mesas). [Audio min. 0-3]

Acta PLENO ordinario 3_10_2019

O resumo da sesión do 3/10/2019 pode escoitarse premendo na seguinte ligazón: resumo pleno ordinario outubro 2019.

 

Neste ponto, desde Por Chantada salientamos que nos parecía excesivo e, sen correspondencia noutros concellos, celebrar 3 plenos polo sorteo das mesas eleitorais. O noso voceiro propuxo que non se cobrasen os plenos dos sorteos eleitorais e, após un pequeno debate, decidiuse que non se cobrarían os dous extraordinarios urxentes convocados por este motivo.

 

 

2.- Modificación ordenanza fiscal da taxa pola rede de sumidoiros e a taxa pola subministración de auga (G-1123/2019). [Audio min. 3-14:04]

PROPOSTA IPC  REDE SUMIDOIROS-SUBMINISTRACIÓN AUGA

FISCALIZACION DE INTERVENCION 2019-0117 [INFORME ACTUALIZACION IPC

Informe_INFORME XURÍDICO

Escrito Viaqua

 

Subirá, portanto, 0.5 conforme ao IPC. Contrasta que esta ordenanza sempre se actualice co desleixo que se ten coas demais. A empresa, que vendeu auga ilegalmente e sen contador, segue facendo o que quere e a intervención municipal xa solicitou dúas veces por escrito unha auditoría externa que o alcalde segue sen facer.

 

A favor: 6 (PP). En contra: 0. Abstencións: 5 (CUP e PSOE).

 

3.- Suplemento de crédito 05/2019 por importe de 80.719,97€ (expediente G.-1021/2019). [Audio min. 14:20-21:53]

Reclamación Por Chantada-CUP SC 5_2019

INFORME ALEGACIÓNS AO SUPLEMENTO CREDITO 05/2019

PROPOSTA ALEGACIÓN DO SUPLEMENTO CREDITO 05/2019

O 29/11/2019 xa se publicou no BOP a aprobación defintiva. Son múltiplas actuacións feitas en período eleitoral, sen dispor de crédito e contravindo tamén a LCSP no tocante aos contratos menores. Os argumentos do alcalde merecen ser escoitados, esta convencidísimo de quen non hai quen lles gañe e se gastando isto conseguen nas próximas a maioría estaría orgulloso e son uns “fenómenos”.

Un proceder que xa se desenvolveu en 2015, daquela con máis de 650.000€, aos que cómpre somar agora por volta de 150.000€ dunha sentenza xudicial en conceito de xuros de demora cando, de facerlle caso á interventora, terían que ter abonado 400.000 e non 600.000€. Claro que son cartos de todos e así paga calquera.

 

(Votábase rexeitar a alegación de Por Chantada-CUP ao Suplemento 5/2019): a favor 6 (PP). En contra: 5 (CUP e PSOE). Abstencións: 0.

 

 

4.- Modificación horarios sesións plenarias. [Audio min. 22:03-31:10]

PROPOSTA ALCALDÍA MODIFICACIÓN HORARIOS CONVOCATORIA PLENO.doc

DECRETO 2019-0541 [DECRETO modificación horario Xunta de Goberno Local.doc]

Emendas de Por Chantada ao ponto 2 da Comisión Informativa de Réxime Interior de 25 de novembro

 

O PSOE tamén apresentou unha emenda antes xusto de iniciar o Pleno, que non podemos pór ao entregársenos en papel. En todo caso tampouco foi aceite. Por Chantada demandaba que os plenos fosen o venres ás 20 horas. O alcalde dixo que a súa proposta era innegociábel e que se facía para atender a dous compañeiros seus que traballan na empresa privada e non na pública, que eses non teñen problema (en alusións a algúns integrantes da oposición).

 

Votación emenda Por Chantada-CUP (mudanza día Pleno de xoves a venres): a favor 2 (CUP), abstención 2 (PSOE) e en contra 6 (PP).

Votación emenda PSOE (mudanza comisións informativas para a tarde): a favor 5 (PSOE e CUP), abtencións 0 e en contra: 6 (PP).

Votación proposta PP (mudanza horario Pleno das 9:30 para as 20:00 horas): a favor 6 (PP), abstención: 3 (PSOE) e en contra 2 (CUP).

 

 

5- Moción grupo municipal Por Chantada-CUP para a adopción de medidas a prol da igualdade. [Audio min. 31:39-44:03]

Moción do grupo municipal Por Chantada-CUP para a adopción de medidas a prol da igualdade_signed

A favor: 5 (CUP e PSOE). En contra: 6 (PP).

6.- Moción de Por Chantada-CUP sobre a adopción de medidas necesarias na escola infantil e para ampliación das prazas públicas. [Audio min. 44:10-1:04:4]

Moción de Por Chantada-CUP sobre adopción de medidas necesarias na Escola Infantil e para ampliación das prazas públicas

A favor: 5 (CUP e PSOE). En contra: 6 (PP).

7.- Moción que apresenta do grupo municipal socialista do Concello de Chantada sobre transparencia e bo goberno. [Audio min. 1:04:12-1:27:27]

Moción PSG-PSOE sobre transparencia e bo goberno.

A favor: 5 (CUP e PSOE). En contra: 6 (PP).

 

 

8.- Moción do grupo municipal socialista do Concello de Chantada sobre o subministro eléctrico no polígono dos Acivros. [Audio min. 1:28:00-1:49:30]

Moción PSG-PSOE sobre o subministro eléctrico no polígono industrial dos acivros.

O PP culpa á Deputación e o PSOE á Consellaría de Industria, centrando nisto o debate. Sae tamén a problemática dun gandeiro de Camporramiro. Por Chantada propón que se mude o acordo para exixir á Xunta e á Deputación á resolución do problema. Non se acepta.

A favor: 5 (CUP e PSOE). En contra: 6 (PP).

9.- Mocións e asuntos de urxencia.

Non se produciron.

10.- Dación de conta de resolucións da alcaldía.

11.- Dación de conta do acordo de incorporación en conxunto dos funcionarios que perciben asistencia sanitaria por ADESLAS ao Réxime Xeral da Seguridade Social.

Este asunto non debería figurar na orde do día do Pleno, si na comisión informativa. O que debería figurar é a mudanza de horario das Xuntas de Goberno Local (XGL).

12.- Dación de conta de informe de control financeiro de acordo co Plan anual financeiro para o exercicio 2018. [2:20:25-2:22:00]

FISCALIZACION DE INTERVENCION 2019-0089 [CONTROL FINANCIERO PROVISIONAL 2018]

Precioso o documento. Non deixa títere con cabeza e revela máis unha vez a súa deficiente xestión, con aspectos gravísimos. Paga a pena lelo. Aclarámoslle ao alcalde que a interventora xa pediu auditoria externa sobre a empresa dúas veces. Tamén que moitas ordenanzas actuais, que xa están feitas, non se actualizan nen se aplican.

13.- Dación de conta da resolución da alcaldía pola que se aproba o Plano de Igualdade entre Mulleres e homes do Concello de Chantada. Expediente 1132/2019. [2:22:00-2:23:22]

III PIan Igualdade_Concello de Chantada

Valoración e emendas de Por Chantada-CUP ao III PIOM

II Plan_Igualdade_de_Oportunidades_Chantada

Propostas Actividades Plan de Igualdade de Chantada

Por Decreto 515/2019 de 8 de novembro (exp. 1145/2019) aprobaron F/2019/33, correspondente á elaboración do III PIOM por importe de 4.495,15€. O compromiso de ingreso efectuado polo Instituto da Muller e para a igualdade de oportunidades e a FEMP, para o Plan de Igualdade ten un por importe de 3.703,00 €. Puxo o Concello os 792,15€ de diferenza? Si. Cuestionamos tamén que se afirme que se cumpriu 70% do II PIOM.

14.- ROGOS E PREGUNTAS.

14.1.- Preguntas PSOE. [Audio min. 1:50:00-2:20:26]

14.2.- Rogos e perguntas Por Chantada-CUP.

0.- Perguntas por escrito Pleno outubro. [2:23:23-2:24:00 + 2:52:56-3:01:06]

PREGUNTAS DE POR CHANTADA-CUP por escrito para o Pleno ordinario de setembro 2019_signed Foron presentadas conforme ao ROF e deberían terse respondido xa no outro Pleno.

1.- Decreto 119/2019, do 19 de setembro, polo que se regulan os criterios hixiénico-sanitarios das piscinas da Galiza. [2:24:00-2:24:50]

Analizaron o novo Decreto da Xunta e como pode impactar na xestión da piscina? Responde Diego Otero (PP) indicando que está en estudo e que no site de Sanidade hai novos protocolos. Xa está feito o das piscinas interiores e con revisión da inspección de sanidade.

2.-Consello escolar CEIP de Requeixo. [2:24:50-2:28:25]

A quinta-feira 7 de novembro celebrouse Consello escolar no CEIP Xoán de Requeixo, para aprobar o seu Plano Xeral Anual (PXA). Novamente, ninguén do Goberno se dignou en aparecer e iso, que no pasado Pleno ordinario, trouxemos a cuestión do IES Lama das Quendas, onde levan anos sen aparecer. [Panela indica que se disculpou]

Na páxina 55 do devandito documento hai unha referencia a unha obra de accesibilidade na escola non desenvolvida polo Concello. Concretamente dise:

Neste curso, creouse unha unidade específica de educación especial, resaltar que aínda que contamos con todos os recursos, tanto humanos como materiais, a aula non está funcionado, debido a que non hai acceso a ela debido ás barreiras arquitectónicas existentes. Era un compromiso do Concello eliminalas durante este verán, pero seguimos á espera. A dirección do centro fixo todas as xestións que estaban na súa man, pero non se conseguiu nada ata o momento. A Xefatura Territorial é coñecedora deste problema, xunto con Inspección e unidade técnica (enviouse un escrito solicitando se solventase o problema con data 1 de outubro de 2019).

Poden explicar por que é que non se desenvolveu esta actuación e cando teñen pensado pórlle remedio a esta deficiencia? [Varela di que non é competencia municipal e que o farán, en todo caso no Nadal]

Agora, o Consello Escolar, por unanimidade, aprobou unha queixa ao Concello dado o incumprimento continuado de diferentes intervencións de mantemento e outras de accesibilidade (RE-08/11/2019). Xa o 19/04/2019 remitiuse desde a Dirección escrito ao Concello solicitando unha rampla que dese acceso ao edificio antigo do colexio, onde se localiza a xa mencionada unidade de educación especial, para pícaros con NEAE, algúns deles con mobilidade reducida. Deron compromiso verbal, como fan sempre, mais aínda non fixeron nada e a aula está inutilizada por este motivo.

As demandas urxentes do CEIP son:

  • Rampla de acceso para a unidade de educación especial coa que se comprometeron, mais segue sen facerse.

  • Inspección das instalacións eléctricas, pois o inspector da Consellaría de Industria dixo que tiñan que ser feitas inminentemente, xa que caducou a data límite para facer a revisión por parte do Concello e segue a velas vir. [Varela di que xa está pedida]

  • Limpeza das baixantes dos diferentes edificios, pois está entrando auga no comedor. [Varela di que iso é da Consellaría e que parece que as direccións teñen medo a chama á Delegación e que procuran aforrarlle os cartos]

  • Solventar as deficiencias na limpeza dos patios, nomeadamente a segunda-feira polos restos que fican da fin de semana. Este ano, na véspera de comezar o curso aínda estaba o patio sen limpar, con árbores caídas e o céspede sen rematar de cortar. [Varela nega a maior e nega isto]

  • Reposición de azulexos caídos e mantemento variado.

  • Retirada de pintadas existentes nos diferentes edificios.

  • Modificación no muro situado entre o edificio principal e o comedor.

En definitiva, que o Concello deixe a un lado o seu proverbial desleixo e o abandono total das súas responsabilidades e atenda ás necesidades dos cidadáns e do ensino público.

 

3.- Fosa séptica en Nogueira. [2:28:26-2:28:44]

Hai meses solicitamos mediante un rogo que se baleirase a fosa séptica de Nogueira, o cal se fixo, mais esta apresenta importantes fugas polos laños e fisuras coas que conta, expondo a cheiros e vertidos incontrolados as inmediacións.

Rogamos máis unha vez que se proceda, o antes posíbel, á súa reparación.

 

4.- Robaliza comunicación. [2:28:44-2:28:57]

Desde a pasada lexislatura as RRSS do Concello de Chantada están xestionadas por Robaliza Comunicación. Segundo este grupo ten entendido, a empresa acumula impagos nos últimos seis meses. Que explicación dan desde o Goberno a este atraso? [Pamela di que non é certo. Ao rematar o Pleno Pamela acláranos que había unha factura mal por parte da empresa e que xa foron abonadas algunhas delas.]

 

5.- Pista Pincelo. [2:29:03-2:29:13]

A pista de Pincelo indicámoslle no pasado Pleno que estaba con madeira caída e comunicóusenos que fora retirada. Para a nosa sorpresa comprobamos aínda o 19 de novembro, que isto non é así, e que os problemas sinalados persisten dous meses despois. Rogamos novamente que o Concello actúe.

 

6.- Pistas Caíbe e Vilardamos. [2:29:14-2:30:00]

Esta pista precisa ser arranxada con urxencia. Rogamos se faga canto for posíbel.

Tamén vimos que a pavimentación do núcleo de Vilardamos foi adxudicado a Construcións Voces por importe de 25.410€. Cando van comezar estas obras que xa se contemplaban no Plano Único da Deputación e que parte achega o Concello? [Varela indica que a Deputación achega o 100% do financiamento e que ao Concello non lle custa nada e que, canto ao inicio da obra que depende agora da empresa]

 

7.- Rúa do parque. [2:30:00-2:32:39]

Transmitimos queixa viciñal para a mellora da Rúa do parque, entre Santa Ana e o Campo da Feira Vello, que eviten o aparcamento indebido e en relación cos bolardos.

En xeral, a ordenación do tránsito urbano, primeiro ponto do programa eleitoral do PP nas pasadas municipais, segue igual que estaba. Que accións contemplan neste eido? [Varela nega que haxa problemas e que só se queixa unha viciña. Cruz lémbralle escritos da comunidade de viciños á que pertence, xa hai tres anos. Varela di que se chame á policia local]

 

8.- Biblioteca. [2:32:40-2:33:12]

Rogamos, desde este grupo municipal, que se recupere o horario de apertura en fin de semana da Biblioteca. Por que se suprimiu? [Falta de persoal, indica o alcalde]

Que xestións se fixeron para a consecución da nova biblioteca desde o Goberno? [Non hai novidades, pendentes da compra duns edificios]

9.- Alumeado público. [2:33:15-2:35:08]

Temos reiterado en varias ocasións que o alumeado público precisa dunha revisión e optimización, para alén de apostar polas lámpadas de poupanza enerxética e de mellora da eficiencia. Rogamos o arranxo do alumeado nocturno do paseo fluvial, concretamente no treito que vai dende a Ponte Peonil (altura da piscina municipal) ata a Alameda, que neste momento é inexistente e xa se acumulan varias caídas pola falta de visibilidade. [Varela di que está reposto agora. Falta unha marxe por arranxar, a direita. Di que se van gastar 198.000€ para aforro enerxético e que son independentes dos 46.000€ que se investiron en Uxío Novoneyra coa empresa Rabelas e que suporán 70% de aforro, financiándose co fondo de compensación]

 

10.- Casa da música. [2:35:08-2:35:46]

Recentemente, como consecuencia dunha caída dado o esvaradío da superficie, tivo que ser trasladada unha persoa en ambulancia. É un tema que traemos todos os invernos e segue sen solventarse. O Goberno apenas colocou un balado de obra que non solventa ren. Rogamos se feche con garantías o teito da Casa da música entre os meses de outubro e abril.

 

11.- Pista de padel. [2:35:47-2:37:17]

Falando de teitos, a coberta da pista de padel que custou 41.932€ (dos cales o Concello achegou 2.046,64€ e o resto a Deputación através do Plano Único 2018) e leva pouco feita semella que non está cumprindo axeitadamente a súa función e a auga segue penetrando.

  • Contemplan solucións? [Varela di que de momento non. Diego di que é eficiente e que non hai problemas. Diego di que o proxecto foi feito polo arquitecto e o técnico deportivo. Algo sempre entra cando fai vento. Varela di que non xoguen cando fai mal tempo, que aínda quererán ar acondicionado no verao. Hai necesidades máis urxentes]

 

12.- Rúa Rosalía de Castro. [2:37:18-2:38:26]

Cimentouse a parte da beirarrúa que caiu, mais deixáronse os balados de obras do Concello que están ciscados e dan unha imaxe lamentábel. Rogamos a súa retirada e que, no sucesivo, se fagan mellor estas actuacións. [Foi unha rotura. Vaise arranxar cando non chova con formigón impreso]

 

13.- Piscinas. [2:38:27-2:41:36]

Hai lixo e neveiras fóra e dentro do cuarto das piscinas de fóra, xunto aos baños, comida apodrecendo que ficou da Wolf race, cando temos un banco de alimentos e xa pasou o mesmo no pasado ano. Nas duchas ficou todo cheo de bulleiro, tendo que limpar o servizo municipal. Xunto ao río ficaron garrafas de auga de plástico, que remataron no curso fluvial. Desa mesma carreira ficaron varios outros elementos sen retirar. Cal é o motivo deste proceder? [Varela di que haberá que darlle un tirón de orellas á asociación e retirarlle a axuda se volven reincidir]

Na beira de fóra afundírase o terreo e non funciona a depuradora, mais aí colocouse unha lanzadeira que pesa e segue sen recoller. Rogamos que se recolla. [Diego que ficará aí para o ano pasado. Indica que as garrafas de auga se recolleron ao día seguinte]

Nas piscinas de dentro a ventilación non funciona e a condensación está derramando a madeira do vestíbulo. Rogamos que se arranxe. [Diego di que só leva 3 meses así e que se vai arranxar]

Cal é o motivo polo que a cafetaría leva meses fechada e non se licita? [Esta fechada, de momento non se vai licitar]

 

14.- Fincas expropiadas. [2:41:37-2:44:44]

Vemos que pagaron a expropiación dunha finca por tras do IES Val do Asma por valor de 89.657,38€. Que uso lle teñen contemplado dar? [Varela di que, se callar, para horta escolaar, como no grupo escolar de arriba]

Tamén na rúa Pardo Bazán, por importe de 28.411,27‬€, cal vai ser o seu destino? [Tratar comprar as fincas colindantes para facer un parque]

 

15.- Sentenza 254/2019 (120.140,43€ en xuros de demora). [2:44:45-2:46:10]

A sentenza estimatoria do xulgado Contencioso-administrativo nº1 de Lugo, de data 27/09/2019, con número 00254/2019, que ten o carácter de firme, dá dez días para a súa execución solicitando o Concello unha moratoria para facer o pago através do Orzamento de 2020. Trátase de 120.140,43€ en xuros de demora.

A que fai referencia exactamente a sentenza?

Cando teñen previsto traer a Pleno o Orzamento de 2020?

[Varela di que agora quere todo papeis, que non se fía das palabras. Que é para indemnizar a empresa FEVISA polas obras de 2015. Fente mostra a indignación que lle produce ter gasto en período eleitoral e sen crédito máis de 640.000€, a pesar de que a interventora defendía que eran pouco máis de 400.000€ o que lles correspondía a Fevisa e Oviga. Agora isto. O orzamento contemplan que veña xa en decembro se se poñen xa a traballar nel]

16.- Terrazas. [2:46:11-:2:47:14]

Volvemos facer o rogo para que se desenvolva unha ordenanza actualizada e axeitada ás nosas necesidades para as terrazas e a ocupación do espazo público. Vimos o Decreto 488/2019, de 29 de outubro polo que se dá a coñecer que no 2019 se recaudaron 5.335,60€ por este concepto, por volta de 2.000€ máis que na anualidade pasada. [Varela di que é urxente revisar o que se cobra, que é axudar demais]

17.- Reparos e omisións de fiscalización.

Non se están enviando. Lembramos un informe do anterior secretario, Baños, a instancias do noso grupo sobre este asunto. Se non se remite pedirémolos por escrito mes a mes, co cal é pior para todos e todas.

 

18.-Pronor Chantada S.L. [2:47:15-2:48:02]

Mediante Decreto 509/2019, de 7 de novembro de 2019 o Concello de Chantada encomenda a defesa xurídica do procedemento a José Antonio Carnero Blanco e non ao Servizo da Deputación de Lugo, como vén sendo habitual. Cal é o motivo? [A Deputación estalle perdendo todos os xuízos, non lles convence]

Coidamos que non é procedente que o Goberno contrate a persoas relacionadas por parentesco directo, xa que incumpre as disposicións legais. [O PP di que se consultaron e que non hai problema]

19.- Luces Nadal. [2:48:03-2:49:01]

Canto se vai gastar? [Varela di que coma o ano pasado, sobre 12.000€]

20.- Pregos privatización SAF. [2:49:02-2:50:10]

Aprobáronse? [Están niso, afirma o alcalde] Cando se van aprobar? [Virán a Pleno] Que vai pasar coas 15 traballadoras que rematarán contrato a 31/12/2019? [Indican que todas, que a ver se son capaces de anotarse á bolascurioso cando sacan unha bolsa de emprego e nen eles saben realmente que van facer-] Como se conxuga a privatización, cunha bolsa de emprego en marcha e cunha empresa externa funcionando? [O alcalde di que vai para largo, que se privatizará en maio ou máis adiante, non en xaneiro]

21.- Capela do Faro. [2:50:11-2:50:26]

Que xestións fixo o Concello perante a falla de licenza? [O presidente da Corporación unicamente sinala que se encamiñou un informe a Cultura, a petición desta Consellaría]

22.- Níveis elevadísimos de gas radon na casa do concello. [2:50:36-2:52:53]

Inquerimos se lembraban como se riran de nós cando apresentaramos a Moción de Por Chantada-CUP para impulsar un estudo sobre a incidencia do cancro no Concello de Chantada e a adopción de medidas preventivas fronte esta doenza. [Varela di que non é risa e que ninguén se riu da moción. Fente lémbralle a acta correspondente. Di que o van arranxar cuns ventiladores].

Sobre isto deixamos algúns materiais a maiores do exposto no seu día sobre a relación entre altas taxas de radon e o incremento exponencial do cancro, nomeadamente de pulmón:

4.6_WEB

ICRP_Publication_103-Annals_of_the_ICRP_37

Radon_gas_in_homes_increases_lung_cancer_risk

Resumo do pleno do día 18 de xaneiro

Por Chantada-CUP
Por Chantada-CUP

O pasado día 18 de xaneiro celebrouse un dos plenos máis importantes do ano, con 16 puntos na orde do día, entre eles os polémicos orzamentos cunha nova dedicación parcial de 4 horas para Diego Otero Veiga, pola que percibirá 24.070’28€ brutos (soldo máis Seguridade Social). Inicialmente prevíase que fose aínda superior. En todo caso foron moitas outras as cuestións que se trataron. Para veres o resumo íntegro preme en ler máis.

 

Consulta a convocatoria do pleno ordinario correspondente ao 18.01.2016 premendo no hipervínculo.

 

Seguir lendo