O pleno non comezou até as 20:06 xa que desde Inta fixeron tempo para que chegasen os seus concelleiros. Asistiu toda a Corporación, agás Manuel Diéguez (Inta) e a interventora, aínda habendo asuntos de índole económica. Tamén asistiu o funcionario Segundo Navaza. Canto a cidadás que asistisen só tres persoas se achegaron na tónica xeral da lexislatura, polo que semella que existe un fondo desisterese polo Pleno e a política local por parte da maioría da sociedade chantadina.
compostaxe
Por Chantada lamenta a desidia do Concello de Chantada na problemática do lixo

Desde a candidatura de unidade popular lamentamos que o Goberno municipal sexa incapaz de adotar medidas no tocante ao lixo: vertedeiros incontrolados en todas as parroquias, taxas de recollida selectiva ínfimas, problemas de recollida do lixo no rural, incumprimento da normativa do ponto limpo, ausencia de planificación….
Por Chantada considera que non é de recibo que se culpabilice a veciñanza, que demostrou con iniciativas cidadás de recollida voluntaria e limpeza dos montes sensibilidade e iniciativa, mentres se obvian as serias deficiencias no servizo e as reponsabilidades do Goberno. Por exemplo, foi Manuel Varela e non os veciños quen nos conduciu a un modelo privatizado da xestión e tratamento do lixo, máis caro e deficiente que o desenvolvido noutros concellos con xestión pública. Se non se predica co exemplo de pouco valen os brindes ao sol e a situación só empiorará.
Fronte á inacción e a desidia de Inta temos análises e propostas pensadas para o beneficio da veciñanza e feitas desde a aplicación do sentido común. É de lamentar que desde o Goberno con moitos máis medios se sexa incapaz de propor, implantar ou desenvolver políticas para avanzarmos colectivamente e situar a Chantada no lugar que lle corresponde.
Crónica do pleno ordinario do 08/05/2017
O pleno comezou ás 20:08 horas coa presenza dos 13 concelleiros do Pleno mais a secretaria e a interventora municipais. Foi un pleno bronco onde se evidenciou máis unha vez a total falta de repeito pola lei e polo debate democrático por parte de Inta, quen leva meses baleirando o pleno de calquera contido en canto o Concello segue sen iniciativa e na parálise.
MOCIÓN PARA IMPULSAR UN PLANO COMARCAL DE COMPOSTAXE DE RESIDUOS
Moción íntegra en pdf:
Moción de Por Chantada-CUP para impulsar un plano comarcal de compostaxe de residuos